Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29640

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2016.

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 120, do 27 de xuño de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

Nas páxina 26971 e 26972, no artigo 6.1.b), onde di: «...€/plantacións de planta portaenxerto...» debe dicir: «...€/hectárea, plantacións de planta portaenxerto...».

Na páxina 26974, no artigo 7.3), elimínase «...na Orde do 16 de abril de 2007 (DOG nº 77, do 20 de abril)».

Na páxina 26981, no artigo 11.3.i), onde di: «20 puntos», debe dicir: «15 puntos».

Na páxina 26985, no artigo 12.4, onde di: «Datos Sixpac», debe dicir: «Datos Sixpac: anexo XIII debidamente cuberto».

Na páxina 26989, no artigo 14.2.f), elimínase «(anexo XIII)».

Na páxina 26992, no artigo 16.1, onde di: «Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación...», debe dicir: «Esta inspección poderá realizarase antes da resolución de aprobación...».

Na páxina 26993, no artigo 17.2, onde di: «...antes da data que se estableza na convocatoria de axudas...», debe dicir: «...antes da data que se estableza na resolución de aprobación da axuda...».

Na páxina 26995, no artigo 18.3.b), onde di: «No caso de solicitudes cunha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas, a acreditación deberá estar asinada por un enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal ou equivalente», debe dicir: «A acreditación deberá estar asinada por un enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal ou equivalente, excepto, no caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual cunha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas».

Na páxina 26996, no artigo 18.3.e), onde di: «...excepto no caso de superficie inferior a 10 hectáreas», debe dicir: «...excepto no caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual cunha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas».

Na páxina 27014, no anexo VII, na epígrafe «Outros datos» elimínase o parágrafo que di: «No caso de montes veciñais en man común sen ingresos nos últimos exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude de axuda: 10 puntos».

missing image file
missing image file
missing image file