Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31148

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2016-2017, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, atribúelle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás comunidades autónomas polo artigo 148.1.20 da Constitución española.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais para Galicia, establece, no seu artigo 58, que as competencias en materia de servizos sociais se corresponderán á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e ás corporacións locais de Galicia, así como, se é o caso, ás demais entidades públicas previstas no Estatuto de autonomía de Galicia ou establecidas nesta lei. Así mesmo, a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no seu artigo 5, establece que as actuacións que se desenvolvan desde as administracións públicas para a aplicación das medidas establecidas nesta lei se rexerán tamén polo principio de responsabilidade pública e solidariedade social, polo que os poderes públicos galegos desenvolverán as medidas reguladas nesta lei mediante a rede pública de servizos sociais e de emprego, sen prexuízo do fomento da participación e da colaboración complementaria das entidades de iniciativa social tanto na aplicación de recursos contra a exclusión como na mellora continua do sistema.

A Consellería de Política Social, segundo a estrutura orgánica fixada polo Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, é o órgano que ten asumidas as competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de inclusión social e as relativas á poboación inmigrante que lle corresponden á Xunta de Galicia.

A Unión Europea asume como prioridade converterse nunha economía intelixente, sustentable e inclusiva que desfrute de altos niveis de emprego, de produtividade e de cohesión social.

Para lograr a converxencia con España e a Unión Europea, Galicia deberá aumentar a súa taxa de emprego, mellorando as condicións de empregabilidade e propoñendo oportunidades de integración social e laboral, especialmente entre aqueles grupos que teñen unha menor participación no mercado de traballo e que presentan un maior risco de exclusión.

Nesta liña, aumentar a participación no mercado laboral e mellorar a calidade e produtividade do traballo, impulsando a igualdade de oportunidades e a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos, son os principais obxectivos do presente período 2014-2020.

Este enfoque da inclusión social activa, recollido na Estratexia para a inclusión social de Galicia 2014-2020, está consolidado como unha das prioridades da Unión Europea e dos Estados membros e é prioritario para os fondos estruturais. Neste sentido, o Regulamento UE 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no seu artigo 3, establece que o FSE apoiará, como prioridade de investimento, en relación co obxectivo temático «promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», a inclusión social activa, con vistas a promover a igualdade de oportunidades, a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego.

Así mesmo, a presente orde reguladora recolle tamén outra das prioridades establecidas na Estratexia para a inclusión social de Galicia 2014-2020 e inclúe axudas dirixidas ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social regulados na Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social coa finalidade de reformar e/ou adaptar os ditos equipamentos ás necesidades das persoas usuarias, ofrecéndolles servizos que redunden nunha mellora en calidade da atención dispensada.

Con base en todo o exposto, a Consellería de Política Social, en virtude das súas competencias en materia de inclusión social, considera de especial interese a posta en marcha de medidas dirixidas a compensar as dificultades que presentan determinados colectivos e impulsa o desenvolvemento de actuacións como as que son obxecto da presente orde.

Así, por un lado, establece unha liña de axudas destinada á construción, reforma, adaptación e equipamento de centros de inclusión e emerxencia social, os cales constitúen, en moitos casos, un primeiro nivel de atención que brinda ás persoas usuarias o acceso ao resto dos recursos dispoñibles. Esta tipoloxía de axudas será financiada con fondos Feder do Programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1, en atención ao principio de complementariedade de fondos reiteradamente recomendado pola Unión Europea no emprego dos fondos estruturais.

Por outro lado, a presente orde reguladora pretende impulsar programas baseados principalmente na atención a persoas que atravesan por procesos de debilitamento dos seus vínculos persoais e/ou sociais e que precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inserción social e laboral. Dentro deste contexto, os perceptores de rendas mínimas, persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana e os inmigrantes, entre outros, considéranse grupos vulnerables e, polo tanto, susceptibles de seren destinatarios de accións que os acompañen no seu proceso de cambio. Esta tipoloxía de programas será financiada con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxetivo temático 9: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 9.1: a inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de encontrar un emprego, obxectivo específico 9.1.1: mellorar a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción.

Polo que respecta aos programas, a inclusión nunha mesma base reguladora de diferentes colectivos de alta vulnerabilidade exixe que a ferramenta administrativa coa cal se pretendan atender aprecie as súas características comúns e incida nas súas problemas singulares.

Coincidindo en que a atención ás persoas baixo un principio corrector ou de reforzo, por persoal técnico cualificado, é a base dunha correcta inserción social, defínese como unidade de atención, para os efectos da presente orde, a intervención social entendida como a realización dun itinerario de inclusión sociolaboral a persoas e/ou familias de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral. No presente marco normativo, o itinerario de inclusión social entenderase como aquela ferramenta técnica desenvolvida por persoal técnico cualificado no cal este é o responsable de deseñar e conducir, a través do seu acompañamento activo, á realización de accións dirixidas á adquisición e desenvolvemento das habilidades sociais e/ou culturais e hábitos prelaborais dos participantes nas accións coa finalidade última de dinamizar as súas capacidades e recursos persoais, sociais e laborais e procurar a súa inclusión social.

Non obstante o anterior, a unidade de intervención así definida descoida aspectos que singularmente afectan en maior grao algúns colectivos, polo que se fai necesario introducir accións complementarias a aquel que traten de compensar eses factores de vulnerabilidade asociados. Estas accións complementarias, en función do problema que se atenda, adoptarán formas diversas con diferente intensidade de dedicación técnica.

Así, a intervención social, no caso das persoas inmigrantes, exixirá a posta en marcha de medidas dirixidas a compensar os aspectos que dificultan ou obstaculizan a súa participación en condicións de igualdade no mercado de traballo e, ademais tamén, na nosa sociedade; algunhas destas medidas son compartidas con outros colectivos en risco de exclusión e outras, aínda que non son exclusivas, si son específicas como aquelas deseñadas para informar, asesorar e apoiar na realización dos trámites precisos nas autorizacións e renovacións de permisos de residencia, homologación de títulos, reagrupamentos familiares, nacionalidade e demais cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.

Calquera factor de vulnerabilidade asociado implica intervencións puntuais de diversa índole, como actuacións dirixidas á adquisición de habilidades residenciais e convivencia, habilidades educativas dirixidas a favorecer desde o ámbito sociofamiliar a normalización social e no sistema educativo dos menores a cargo, adquisición de pautas hixiénico-sanitarias, adquisición de competencias lingüísticas e mediación intercultural, actuacións estás últimas que resultan fundamentais no proceso de integración das persoas inmigrantes na nosa sociedade. Todas estas actuacións terán diferente contido e intensidade, aspectos que deberán referenciarse.

Así, defínense como unidade complementaria de intervención as actuacións de carácter residencial das persoas e familias incorporadas aos procesos de realoxamento e erradicación do chabolismo ou con carencias básicas no fogar. Para os efectos da presente orde, estas accións deben entenderse como aquela intervención educacional dirixida a mellorar as condicións residenciais das persoas e/ou familias de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral, tanto nos procesos de realoxamento por erradicación do chabolismo como noutros relacionados coas condicións de habitabilidade propias da vivenda en relación cos seus ocupantes (infravivenda), como o acompañamento dirixido á convivencia posterior nunha vivenda normalizada.

Por outra parte, unha intervención pública de fomento como a presente orde de axudas non pode obviar o crecente problema da pobreza infantil como axente de cronificación da pobreza, en consonancia coa Recomendación da Comisión Europea «Investir na infancia: romper o ciclo das desvantaxes», polo que debe impulsar decididamente programas que inclúan medidas dirixidas a mitigar ese perverso efecto. Por iso, a presente orde establece como unidade complementaria de intervención as accións de carácter educacional e apoio familiar e defíneas como aquelas enfocadas a favorecer desde o ámbito sociofamiliar a plena normalización dos menores ao seu cargo.

Hai que destacar tamén as unidades complementarias de carácter hixiénico-sanitario dirixidas á adquisición de pautas normalizadas de atención aos problemas derivados da súa carencia, as cales, como as outras anteriores, deberán referenciarse á súa intensidade e contido.

Por último, hai que destacar como unidade complementaria a mediación intercultural dirixida á solución ou prevención de conflitos culturais en diversos ámbitos, a través da interpretación e explicación de patróns socioculturais, e a eliminación de prexuízos e estereotipos que dificultan a plena integración social.

En coherencia co anterior e desde o punto de vista de eficacia administrativa, defínese como criterio de repartición económica do crédito para os programas aquí definidos un sistema de módulos en que se reflicten os prezos para cada unha das intervencións sociais que se vaian realizar tomando como referencia básica a atención ás persoas.

Esta orde de convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo, en todo caso, aos principios básicos de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Así mesmo, enmárcase nos programas operativos Feder e FSE Galicia para o período 2014-2020 e dáse debido cumprimento á normativa aplicable, de conformidade co disposto no artigo 125.3.e) do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o no Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello; no Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello e no Regulamento (UE) núm. 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1080/2006.

Segundo o establecido no artigo 14 do Regulamento (UE) núm.1304/2013, as subvencións e a asistencia reembolsable que se beneficien dunha axuda pública non superior a 50.000 euros adoptarán a forma de baremos estándar de custos unitarios, de importes a tanto global ou de financiamento a tipo fixo. Por este motivo, incorpórase nesta convocatoria o establecemento de métodos de custo simplificados.

A pesar de que o importe máximo das subvencións con cargo á presente orde supera a dita cifra, moitas das axudas unitariamente acadan, de maneira habitual, importes inferiores, polo que se incorporá nesta convocatoria o establecemento de métodos de custo simplificados, que abrangue non só aqueles que teñan un importe inferior á dita cifra senón tamén aqueloutros que a superan.

Estas axudas están financiadas polo Fondo Social Europeo e polo Feder 2014-2020 nun 80 %, e pola Comunidade Autónoma de Galicia, amais da contribución económica da Administración do Estado, a través do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, no caso dos programas especificamente dirixidos á comunidade xitana.

Por outro lado, as axudas ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social xustificaranse a través da conta xustificativa do gasto realizado.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, polo Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e polo Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento de subvencións ás corporacións locais en réxime de concorrencia competitiva dirixidas á construción, reforma, adaptación e equipamento de centros de inclusión e emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas, así como ao desenvolvemento de programas polos servizos sociais de titularidade municipal que teñan por finalidade á inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade a exclusión social e laboral.

2. Para os efectos da presente orde, terán a consideración de colectivos de elevada vulnerabilidade aqueles que cumpran o establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e particularmente persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana e a poboación inmigrante residente en Galicia cando se trate de participantes nos programas descritos nos artigos 6 e 7.

Artigo 2. Financiamento

1. Na concesión das subvenciones reguladas nesta orde destínase os importes sinalados a continuación para os anos 2016 e 2017

Aplicación

Importe 2016

Importe 2017

Importe total

12.03.313C.760,0

436.499,00

145.500,00

581.999,00

12.03.313C.460.1

654.829,00

218.276,00

873.105,00

12.03.312C.460.0

739.234,00

246.411,00

985.645,00

12.03.313C.460.2

2.019.432,00

673.144,00

2.692.576,00

Total

3.849.994,00

1.283.331,00

5.133.325,00

A partida 12.03.313C.760.0 destinarase ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social e estará cofinanciada ao 80 % con fondos Feder do Programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1, e as partidas restantes están cofinanciadas ao 80 % con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.1, obxectivo específico 9.1.1, coa seguinte distribución por programas:

Programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana: 930.000 euros.

2016

2017

Total

700.000

230.000

930.000

Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante: 985.645 euros.

2016

2017

Total

739.234

246.411

985.645

Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social: 1.302.348 euros.

2016

2017

Total

974.261

328.087

1.302.348

Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo: 1.333.333 euros.

2016

2017

Total

1.000.000

333.333

1.333.333

2. As contías citadas no presente artigo poderán incrementarse de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias e sempre que o incremento derive dos supostos contidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A este respecto, poderá incrementarse crédito procedente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade nos programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana.

3. Polo que respecta aos programas, de non esgotarse todo o crédito destinado a unha tipoloxía de subvención poderá ser utilizado no resto das tipoloxías, sempre que se respecten os principios de elixibilidade que establezan os fondos financiadores das ditas axudas.

Artigo 3. Entidades solicitantes

1. Poderán solicitar as subvencións que se regulan nesta orde as corporacións locais de ámbito municipal galegas que desexen implantar ou desenvolver algunha das actuacións mencionadas no artigo 1.

2. Enténdense incluídas no punto anterior as mancomunidades de concellos e agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, incluída a de fusión municipal.

Non obstante o anterior e en relación con aquelas solicitudes presentadas por calquera forma de agrupación de concellos, quedarán expresamente excluídas aquelas solicitudes en que non se acredite a realización conxunta do programa. Para estes efectos, considerarase que non queda suficientemente acreditado este aspecto cando os usuarios participantes do programa estean empadroados nun único concello dos integrantes da dita agrupación ou o servizo a estes non se preste a través dun único dispositivo. Esta última característica non será aplicable no caso de programas de natureza inequívoca e exclusivamente formativa.

En todo caso, a solicitude conxunta de subvención para o desenvolvemento dun servizo ou programa exclúe a posibilidade de solicitude individual para o mesmo programa.

3. En calquera caso, as corporacións locais solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

b) Aquelas corporacións locais solicitantes dun programa en favor da poboación inmigrante deberán acreditar a emisión de informes de arraigo social e vivenda adecuada, que a Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social e o Real Decreto 557/2011, de 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve, establece no ámbito da Comunidade Autónoma galega, así como unha porcentaxe mínima de poboación inmigrante empadroada segundo as seguintes regras:

Concellos: superar o 2,5 % de poboación procedente de países extracomunitarios calculado sobre a poboación total do concello e ter empadroadas no concello máis de 100 persoas inmigrantes extracomunitarias. No caso de non acadar esta porcentaxe, ter un mínimo de 1.000 persoas estranxeiras inmigrantes empadroadas no concello.

Consorcios locais, mancomunidades e agrupacións de concellos: superar o 2 % de poboación procedente de países extracomunitarios o 50 % dos concellos que integran a entidade supralocal e ter de media 400 persoas inmigrantes extracomunitarias.

O cálculo da poboación inmigrante farase tendo en conta a poboación total e a poboación inmigrante extracomunitaria empadroada no ano anterior ao da correspondente resolución de convocatoria.

Os solicitantes deberán manter os requisitos exixidos durante todo o exercicio económico para o cal se concede a subvención, agás a porcentaxe de poboación sobre a poboación total empadroada.

c) As corporacións locais solicitantes dun programa da tipoloxía recollida no artigo 4.2.c) dirixido á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social, non poderán dispoñer para o seu termo municipal doutros dispositivos de natureza pública distintos dos propios dirixidos ao desenvolvemento dun programa cuxo contido sexa o deseño e a realización de itinerarios personalizados de inclusión social dirixidos a persoas en situación ou risco de exclusión social.

d) As corporacións locais solicitantes dun programa dirixido á inclusión social da comunidade xitana terán que acreditar a necesidade social do programa, a cal será valorada no criterio de selección correspondente.

Artigo 4. Tipoloxía das subvencións

1. Subvencións ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas. Estas poderán adoptar dúas modalidades:

a) Construción, ampliación, reforma, mellora e adaptación de elementos de carácter estrutural que melloren substancialmente a calidade do servizo que se vai prestar.

b) A adquisición e instalación de equipamento e moblaxe, así como a adquisición de vehículos de transporte vinculados á prestación dos servizos propios do centro, excluídos expresamente os vehículos turismos.

2. Programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral, programas que poden adoptar as seguintes tipoloxías:

a) Programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana.

b) Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante.

c) Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social.

d) Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.

Cada tipoloxía de programa será solicitada no seu correspondente anexo (do III ao VIII), en que se sinalarán a intervención social que se realizará e as súas accións complementarias, nas cales se especificará a natureza destas e demais datos relevantes para a resolución que lle sexan exixidos.

Artigo 5. Disposicións comúns aos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral

1. Establécense como elemento destinatario obxecto de atención as persoas, agás que a intervención social vincule varias persoas da mesma familia. No caso de referirse a familias e para os efectos da presente orde, serán aquelas compostas por membros que, compartindo o mesmo marco físico de residencia, estean vinculados por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal, por adopción, acollemento ou por parentesco de consanguinidade ou de afinidade ata o cuarto grao.

2. Para os efectos da presente orde defínense as seguintes intervencións como diferentes unidades de atención:

a) A atención e intervención social, que tamén terá a consideración de método, será realizada a través de itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral, con persoas de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral, e constitúe a unidade básica de atención.

O itinerario de inclusión sociolaboral defínese, para os efectos da presente orde, como aquela ferramenta técnica desenvolvida por persoal cualificado no cal este é o responsable de deseñar e conducir, a través do seu acompañamento activo, á realización de accións dirixidas á adquisición e desenvolvemento das habilidades sociais e hábitos prelaborais dos participantes nas accións, coa finalidade última de dinamizar as súas capacidades e recursos persoais, sociais e laborais e procurar a súa autonomía.

Considerarase que cumpre a condición de itinerario subvencionable con cargo á presente orde cando se desenvolvan polo menos seis das actuacións seguintes: valoración social individual, deseño dun itinerario, revisión dos obxectivos ou actuacións, medidas de acompañamento, orientación social e laboral, seguimento do itinerario sociolaboral, seguimento da escolarización dos menores, seguimento das medidas de acondicionamento das vivendas e convivencia en vivenda normalizada, seguimento de pautas hixiénico-sanitarias, información sobre procesos orientados ao realoxamento, mellora de habilidades sociais básicas, técnicas de busca de emprego, sempre que, dentro desas seis actuacións inclúan, polo menos, a valoración social individual, o deseño e/ou revisión dos obxectivos ou actuacións e a realización de accións dirixidas á mellora das habilidades sociais básicas.

Todas estas condicións terán que cumprilas, polo menos, o 60 % das persoas atendidas e complementaranse con aquelas que, aínda que non realizadas en presenza do participante, sexan necesarias para a consecución dos seus obxectivos, tales como prospección do mercado laboral e/ou intermediación laboral activa e/ou coordinación con dispositivos implicados no proceso de inclusión pertencentes ao Sistema público de protección social.

b) Accións de asesoramento legal nas materias propias de estranxeiría, que se entenderá como unha unidade complementaria da intervención social e consistirá na información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia, homologación de títulos, reagrupamentos familiares, nacionalidade e demais cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.

c) Accións de adquisición e mellora das competencias sociais e profesionais, deseñadas para adquirir unha formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades das persoas en situación de exclusión social.

d) Accións de alfabetización e mellora de competencias nas linguas da sociedade de acollida.

e) Accións de carácter residencial dirixidas a persoas e/ou familias incorporadas a procesos de realoxamento e erradicación do chabolismo ou con carencias básicas no fogar: constitúe unha unidade complementaria á intervención social e consiste nunha intervención educacional dirixida a mellorar as condicións residenciais das persoas e/ou familias de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral, vinculado tanto a procesos de realoxamento por erradicación do chabolismo como a calquera tipo de intervención dirixida á mellora das condicións de habitabilidade propias da vivenda en relación cos seus ocupantes (infravivenda).

f) Accións de carácter educacional a persoas e/ou familias de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral: constitúese como unidade complementaria da intervención social e serán aquelas accións enfocadas a favorecer, desde o ámbito sociofamiliar, a plena normalización dos/as menores desas familias.

g) Accións dirixidas á adquisición de pautas hixiénico-sanitarias: entenderanse como aquelas unidades complementarias dirixidas á adquisición de hábitos normalizados coa finalidade de atender e/ou previr os problemas derivados da súa carencia.

h) Accións de mediación intercultural: entenderase como unidade complementaria da intervención social e serán aquelas dirixidas a facilitar a comunicación e a convivencia entre persoas procedentes de diferentes culturas; esta mediación levarase a cabo en distintos ámbitos, especialmente en sanidade, educación e vivenda, a través de accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas con que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade o respecto e o fomento de actitudes de tolerancia coa diversidade cultural. As accións de sensibilización non poderán representar máis dun 7 % do importe da axuda concedida para esta actuación.

3. As accións relativas ás unidades de intervención sinaladas no anterior punto 2, alíneas b), c), d), e), f), g) e h), adoptarán as seguintes metodoloxías:

a) Método formativo: consideraranse baixo esta epígrafe aquelas accións presenciais, que teñan unha duración mínima de 10 horas cun contido formativo concreto, cun horario común de impartición e que se realicen de forma grupal a un número non superior de 20 participantes aos cales se lles teña deseñada unha intervención social.

Excepcionalmente, poderanse considerar accións dunha duración inferior á establecida por razón do seu contido, circunstancia que deberá xustificarse axeitadamente na solicitude. Poderán adoptar diferente contido en función das necesidades detectadas e versarán sobre contidos das unidades definidas como complementarias.

Terán a consideración de accións formativas a realización de cursos formativo-laborais dirixidos á aprendizaxe dunha profesión ou oficio, tanto teóricos como prácticos, incluíndo as que teñan a finalidade de adquirir as competencias clave, así como aquelas que, sendo desa natureza, se definan como unidades complementarias da intervención social.

Estas accións formativas unicamente serán subvencionables se son realizadas directamente pola corporación local beneficiaria, tanto a través de medios propios ou alleos. As accións formativas poderán deseñarse agrupando destinatarios incluídos en varias tipoloxías de programas, para isto a corporación local solicitante debe expresar claramente este aspecto na solicitude. No caso de que a dita actuación formativa sexa concedida, os participantes implicados non poderán ser incluídos na mesma acción formativa dentro doutra tipoloxía de programas.

b) Método de mediación e/ou educación: consideraranse baixo esta epígrafe aquelas accións realizadas en presenza do/s beneficiario/s, de contido integrador ou educacional que versen sobre problemas dos beneficiarios ou outros aspectos que afecten a súa integración. Poderán adoptar diferente contido en función das necesidades detectadas e versarán sobre contidos das intervencións definidas como complementarias.

En calquera caso, corresponderalle á comisión de valoración a cualificación das accións formuladas polo solicitante con base nos criterios establecidos neste artigo.

Artigo 6. Programas dirixidos a inclusión social da comunidade xitana

1. Presentarase a través do anexo III.

2. De acordo cos obxectivos establecidos pola Consellería de Política Social no ámbito da inclusión social da comunidade xitana, e tendo en conta as directrices marcadas pola Unión Europea no marco de apoio ás políticas destinadas á mellora do emprego e da promoción da inclusión social, esta orde subvencionará programas dirixidos á inclusión da comunidade xitana, que incluirán as seguintes actuacións comprendidas nas seguintes áreas:

a) Área de inclusión e emprego: deseño e posta en marcha de proxectos individualizados de intervención social realizados a través de itinerarios de inclusión sociolaboral enfocados a mellorar a empregabilidade e a inserción laboral da poboación xitana da seguinte tipoloxía:

1º. Atención e intervención social realizada a través de itinerarios de inclusión sociolaboral personalizados.

2º. Accións formativas dirixidas ao desempeño dun posto de traballo, tendo en consideración, de ser o caso, o emprego de metodoloxías adaptadas e con horarios flexibles que permitan a conciliación.

3º. Accións formativas de alfabetización dixital.

4º. Accións formativas no contorno laboral, tales como prácticas en empresas.

5º. Accións formativas dirixida á obtención de títulos e certificados de profesionalidade, preparación de exames de competencias clave e obtención doutros títulos académicos.

6º. Accións formativas dirixidas á creación de emprego autónomo e asesoramento para o cumprimento dos requisitos legais e/ou fiscais, con especial atención á venda ambulante e recollida de residuos sólidos.

7º. Accións formativas dirixidas á adquisición e desenvolvemento de habilidades sociais e hábitos prelaborais.

8º. Accións formativas teóricas adaptadas para a adquisición do permiso de condución, incluídas a educación viaria e os primeiros auxilios.

9º. Accións formativas dirixidas á obtención dos requisitos mínimos para o exercicio dunha profesión ou oficio.

A execución dos itinerarios, mencionados no punto 1º, polos participantes implicará necesariamente a súa asistencia a actividades formativo-laborais das enumeradas nos puntos 2º, 3º, 4º, 5º, 6º, 8º, 9º ou similares, os cales poderán ser realizados ben directamente pola corporación local beneficiaria ben por outros dispositivos existentes no mercado. Neste último caso, a corporación local beneficiaria poderá subcontratar a dita formación ou ben dirixir os participantes a outros recursos existentes cos cales non teña vinculación contractual. Tanto neste último caso como se a acción é obxecto de contratación deberá recadar a información precisa sobre a asistencia e aproveitamento da formación recibida, segundo se estableza no modelo normalizado.

b) Área de vivenda: deseño e posta en marcha de accións de carácter residencial enfocadas a facilitar os procesos de erradicación do chabolismo e o acceso á vivenda normalizada, da seguinte tipoloxía de accións:

1º. Accións formativas, de mediación intercultural e/ou educación e apoio familiar para a convivencia das persoas e familias incorporadas aos procesos de realoxamento ou residentes en vivendas que non reúnen condicións de habitabilidade.

2º. Accións formativas, de mediación intercultural e/ou educación e apoio familiar para o mantemento e coidado da vivenda cara á convivencia das persoas e familias que xa residen nunha vivenda normalizada.

3º. Accións formativas dirixidas á incorporación das familias xitanas na bolsa de alugamento.

c) Área de normalización educativa: deseño de accións de carácter educacional enfocadas a favorecer desde o ámbito sociofamiliar a plena normalización no sistema educativo do alumnado xitano coa seguinte tipoloxía de accións:

1º. Accións formativas, de mediación intercultural e/ou educación e apoio familiar para reducir o absentismo escolar dos/as menores e aumentar a participación das familias na escola.

2º. Accións formativas, de mediación intercultural e/ou educación e apoio familiar para o reforzo, orientación e apoio ao alumnado xitano e, dun xeito especial ás alumnas, para evitar o abandono prematuro da etapa de escolarización obrigatoria.

3º. Accións formativas, de mediación intercultural e/ou educación e apoio familiar para as persoas e familias para a transición entre a educación primaria e a secundaria.

4º. Accións formativas, de mediación intercultural e/ou educación e apoio familiar para a creación de espazos de compensación socioeducativa extraescolar e no medio aberto.

5º. Accións formativas de realización de cursos de alfabetización dirixidos a reducir o analfabetismo da poboación maior de 16 anos.

d) Área de saúde: deseño e posta en marcha de accións enfocadas á promoción integral da saúde da seguinte tipoloxía de accións:

1º. Accións formativas, de mediación intercultural e/ou educación e apoio familiar para persoas e familias de sensibilización sobre problemas sociosanitarios.

2º. Accións formativas, de mediación intercultural e/ou educación e apoio familiar para persoas e familias que supoñan protocolos específicos de educación para a saúde.

3º. Accións formativas, de mediación intercultural e/ou educación e apoio familiar para a promoción integral da saúde que inclúa accións de fomento da saúde reprodutiva nas mulleres xitanas, controis médicos e pediátricos e adquisición de hábitos dirixidos á prevención da saúde.

Considerarase requisito indispensable para a concesión da subvención que a totalidade dos participantes teña deseñada unha intervención social realizada a través de itinerarios de inclusión sociolaboral personalizados, independentemente de que sexan ou non considerados financiables con cargo á presente orde de convocatoria.

Artigo 7. Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante

1. De acordo cos obxectivos establecidos pola Consellería de Política Social no ámbito da inclusión social da poboación inmigrante, incluiranse as seguintes accións:

a) Intervención social realizada a través de itinerarios de inclusión sociolaboral personalizados.

b) Accións de alfabetización e mellora de competencias nas linguas da sociedade de acollida.

c) Accións de reforzo educativo para o alumnado inmigrante en Galicia.

d) Accións formativas previstas na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, dirixidas a acreditar o esforzo de integración.

e) Accións formativas de preparación das probas para a adquisición da nacionalidade española.

f) Accións formativas para o desempeño dun posto de traballo, tendo en consideración, de ser o caso, o emprego de metodoloxías adaptadas e con horarios flexibles que permitan a conciliación.

g) Accións formativas de alfabetización dixital.

h) Accións formativas no contorno laboral, tales como prácticas en empresas.

i) Accións formativas para a adquisición de competencias clave.

j) Accións formativas dirixidas á obtención de títulos e certificados de profesionalidade.

k) Accións formativas para a creación de emprego autónomo.

l) Accións formativas teóricas adaptadas para a adquisición do permiso de condución. Todas estas accións presentaranse a través do anexo IV.

m) Asesoramento legal en materias propias de estranxeiría. Presentarase a través do anexo V.

n) Accións de mediación intercultural. Presentarase a través do anexo VI.

2. Serán persoas beneficiarias dos programas ou accións subvencionadas neste punto as persoas inmigrantes ou de orixe estranxeira que se atopen en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social, de acordo co establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro. Tamén participarán neste programa aquelas persoas refuxiadas que poidan chegar a Galicia.

3. As persoas participantes nestas actuacións deberán ter deseñada unha intervención social encamiñada a minimizar aqueles aspectos que dificultan a súa integración efectiva na sociedade, incluíndo neste concepto aquelas dificultades asociadas ao mantemento das situacións administrativas en que se atopan respecto da lexislación de estranxeiría e outras relacionadas coa existencia de prexuízos ou discriminación pola súa condición de persoas inmigrantes ou de orixe estranxeira.

Artigo 8. Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social

1. Presentarase a través do anexo VII.

2. Considéranse programas dirixidos a inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social aquela intervención social individual que conteña actuacións dirixidas a facilitar a inserción sociolaboral dos participantes nas accións deseñadas nun itinerario de inclusión sociolaboral, a través de equipos de inclusión social específicos. Estes itinerarios incluirán as accións necesarias para o deseño, o acompañamento e a mellora de habilidades básicas, desenvolvemento persoal, técnicas de busca de emprego, etc.

3. A execución dos ditos itinerarios implicará necesariamente que os participantes asistan a actividades formativo-laborais, as cales poderán ser realizadas ben directamente pola corporación local beneficiaria ben por outros dispositivos existentes no mercado. Neste último caso, a corporación local beneficiaria poderá impartir a dita formación ou ben dirixir os participantes a outros recursos existentes cos cales non teña vinculación contractual. Tanto neste último caso como se a acción é obxecto de contratación deberá solicitar a información precisa sobre a asistencia e aproveitamento da formación recibida, segundo se estableza no modelo normalizado.

4. Así mesmo, poderanse incluír accións das áreas residencial, educacional, de adquisición de pautas hixiénico-sanitarias ou outras que se consideren necesarias sempre que favorezan a inclusión social, e poderán adoptar a metodoloxía de acción formativa ou de mediación e/ou educación, segundo a natureza e o contido da tarefa que se vaia desenvolver.

5. A realización dun itinerario de inclusión sociolaboral por parte dunha persoa participante con cargo un programa dos establecidos nesta orde de convocatoria considerarase incompatible coa realización deste a través doutra entidade ou doutro programa dos subvencionados mediante esta orde. Para estes efectos contarase coa información contida no ficheiro de protección de datos de carácter persoal «Xestión de servizos sociais» da Consellería de Política Social, a cal, como responsable del, facilitará a dita información a través da Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social da Dirección Xeral de Inclusión Social. Así mesmo, poderanse utilizar datos cedidos doutros ficheiros distintos do anterior.

Artigo 9. Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo

1. Presentarase a través do anexo VIII.

2. Consideraranse programas de educación e apoio familiar aqueles que conteñan actuacións complementarias da intervención social individual expresamente incluídas no seu proxecto de inclusión, que teñen por obxecto promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas e aqueloutros obxectivos establecidos no artigo 19 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

3. Será requisito imprescindible que a totalidade dos participantes teña na súa intervención social deseñada esta actuación, independentemente de que esa estea ou non financiada mediante a presente convocatoria.

Artigo 10. Gastos subvencionables para a subvención para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social

1. Será subvencionable o 80 % dos gastos totais necesarios para a realización do investimento que se correspondan de maneira indubitada coa operación cofinanciada, e deberán estar debidamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto na presente base reguladora, coas seguintes especificidades:

a) Será subvencionable a construción, ampliación, reforma e mellora dos centros. Tamén se subvencionará a adquisición de inmobles que garden unha relación directa coas actuacións anteriores co límite do 10 % do gasto total subvencionable da operación segundo o artigo 69.3 do Regulamento 1303/2013.

b) Será subvencionable a adquisición e instalación de equipamento e moblaxe, así como a adquisición de vehículos de transporte vinculados á prestación dos servizos propios do centro, excluídos expresamente os vehículos turismos.

c) Considerarase subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.

d) Unicamente, con respecto ás solicitudes para ampliación da superficie destinada para a atención das persoas usuarias, serán subvencionables as adquisicións de terreos e de bens inmobles en que exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos da operación, ata o límite do 10 % do gasto total subvencionable da operación. Estes terreos deberán ser limítrofes, agás no caso de unidades funcionalmente vinculadas ao establecemento principal, as cales, non obstante, deberán estar próximas a este, de tal xeito que a súa utilización permita o desprazamento a pé das persoas usuarias.

e) En todo caso, o importe subvencionable non poderá superar o valor de mercado dos terreos e dos bens inmobles, aspecto que deberá acreditarse mediante certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial.

f) Así mesmo e unicamente con respecto á adquisición de equipamento necesario de adaptación funcional para prestación dos servizos, este poderá ser de segunda man, sempre que conste unha declaración de quen o vende sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e o prezo non sexa superior ao valor de mercado e ao custo dos bens novos similares; estes aspectos acreditaranse mediante certificación de taxación independente.

2. Para os efectos destas axudas, non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.

3. O período de referencia para as axudas de investimento será desde o momento en que se presente a solicitude de axuda ata o 31 de marzo de 2017, con excepción da axuda á construción, ampliación, reforma, mellora e adaptación de elementos de carácter estrutural que melloren substancialmente a calidade do servizo que se vai prestar, a cal poderá prorrogar a súa execución ata o 30 de novembro de 2017.

Artigo 11. Gastos subvencionables para a subvención dos programas

1. Serán gastos subvencionables os derivados da realización das actuacións recollidas no artigo 5 que a seguir se relacionan:

a) Gastos directos: terán esta consideración os que a continuación se citan sempre que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que, polo tanto, se refiran inequivocamente a ela:

1º. Gastos de persoal:

1ª. Persoal propio da entidade: serán subvencionables as retribucións totais correspondentes á execución do programa, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social e a parte proporcional da paga extraordinaria que lle corresponda. A identificación da actuación que se subvenciona deberá constar no contrato de traballo ou nunha asignación previa de funcións directas, tanto no caso de que a xornada de traballo estea integramente destinada á execución da dita actuación como no caso de dedicación parcial.

2ª. Traballadores/as por conta propia con contrato para a realización de actividades de formación.

2º. Axudas de custo e gastos de viaxe.

3º. Gastos por seguros de accidentes do alumnado e os destinados a cubrir continxencias de risco derivadas da actividade subvencionada.

4º. Bolsas por asistencia a acción formativas que non sexan percibidas por persoas titulares dunha renda de inclusión social de Galicia que inclúa ese complemento. Esta restrición non será aplicable ás persoas que formen parte da unidade de convivencia da persoa titular da dita renda.

5º. Axudas por desprazamento para participantes.

b) Gastos de carácter indirecto: terán a dita consideración os que a continuación se relacionan sempre que non se correspondan en exclusiva coa operación subvencionada por teren carácter estrutural pero que resulten necesarios para a súa realización:

1º. Gastos de persoal.

2º. Gastos en material funxible.

3º. Gastos de alugamento e mantemento das instalacións (luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade).

2. En todo caso, as accións subvencionables deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento UE 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, no Regulamento UE 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1081/2006 do Consello, nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020, e no Regulamento (UE) núm. 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1080/2006, segundo corresponda en función do financiamento da axuda.

3. O período de referencia para a imputación dos gastos dos programas será do 1 de novembro de 2015 ao 31 de marzo de 2017, deberán adecuarse aos obxectivos e contidos do programa subvencionado e poderanse verificar a través de constancia documental.

4. No caso de subvencións dirixidas á execución de programas, non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán como gastos subcontratados aqueles en que teña que incorrer a corporación local para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de persoal monitor, alugamento de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionados con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.

Non obstante o anterior, cando, de acordo co artigo 29.3. da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o importe de cada un destes gastos supere os 18.000 euros, a entidade local beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para prestación do servizo, agás no caso de que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número delas ou que os gastos se realizasen con anterioridade á solicitude da subvención. Artigo 12. Incompatibilidade das axudas

A percepción destas axudas é incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública para o mesmo programa. Isto significa que a parte da xornada que un posto de traballo dedica aos programas obxecto desta convocatoria financiarase exclusivamente con estas axudas, e no seu caso, con achegas da propia corporación local, sen prexuízo de que ese mesmo posto de traballo poida estar tamén financiado por outras subvencións ou axudas públicas na parte da xornada non imputada a estes programas.

Artigo 13. Iniciación do procedemento

1. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Poderanse presentar máis dunha solicitude de axuda para calquera das tipoloxías de programas previstas nesta orde, sempre que conteñan un contido claramente diferenciado. No caso de solicitudes para o mesmo tipo de programa esta diferenza deberá basearse en variables que afecten o colectivo atendido no seu conxunto, aspecto que se fará constar na solicitude e será apreciado pola comisión de valoración. En todo caso, entenderanse como programas distintos as accións de asesoramento xurídico en materia de estranxeiría e a de mediación intercultural, con independencia de que as persoas participantes nestas actuacións deberán ter deseñada unha intervención social nos termos expresados no último parágrafo do artigo 7.

3. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Artigo 14. Documentación

1. A solicitude (anexo I), que conterá o conxunto das axudas solicitadas e concedidas que cofinancien o programa, deberá ir acompañada ademais pola seguinte documentación:

a) Certificación da entidade en que conste o acordo ou resolución da entidade local de solicitar a subvención.

b) Para o caso de xestión compartida de servizos, deberán achegar o convenio onde se fagan constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada concello membro da agrupación. Tamén debe constar o representante ou apoderado único con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, corresponden á agrupación.

c) Para os efectos establecidos no artigo 3 da presente orde, as mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, para acreditaren a realización conxunta do programa, deberán presentar unha memoria de actuación en que conste unha relación de posibles destinatarios na cal figure o seu empadroamento actual e a sede do servizo onde se lles vai dispensar atención.

d) Memoria de aforro de custos presentada por calquera tipo de agrupación de concellos respecto da presentación individual.

e) Capacidade de representación legal do asinante da solicitude naqueles supostos en que o asinante sexa persoa distinta daquela que teña o cargo de alcalde/sa, presidente/a da entidade local ou representante da agrupación de concellos. Neste caso unicamente se incluirá a copia do DNI ou NIE da persoa representante no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

f) Declaración responsable asinada pola/o representante legal da entidade na cal se exprese que a entidade está ao día nas obrigas tributarias e sociais e que non concorre ningunha das restantes circunstancias a que se refire o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e declaración responsable de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir coas condicións da axuda (anexo I).

g) Declaración doutras axudas para o mesmo programa ou actuación (anexo I).

h) De ser o caso, aprobación do Plan local de integración da poboación inmigrante.

i) Compromiso, asinado polo interventor da corporación local, do mantemento separado da contabilidade ou ingreso da subvención concedida, de ser o caso.

j) Descrición da aplicación da perspectiva de xénero na xustificación da necesidade social, realización da acción e metodoloxía, nas epígrafes dos anexos que correspondan.

k) No caso de presentación de axuda para o desenvolvemento de programas, memoria xustificativa, asinada por técnico do departamento de servizos sociais da corporación, das intervencións incluídas dentro do programa para o cal se solicita a subvención, que deberán adecuarse ao establecido nos artigos 5, 6, 7 e 8 desta orde, memoria que detallará individualizadamente o número de intervencións que se van realizar, a súa calendarización, resultados esperados e demais información contida nos específicos segundo a tipoloxía de programa que se presente (anexos III, IV, V, VI e VII). A información mínima contida nestes anexos poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria. En todo caso, deberanse indicar as actuacións previstas ata o 30 de novembro de 2016 e desde o 1 de decembro de 2016 ata o 31 de marzo de 2017.

l) No caso de presentación de solicitude para investimento de construción, ampliación, reforma e mellora de centros de inclusión e emerxencia social, memoria técnica xustificativa de investimento en centros de inclusión e emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas (anexo II) e proxecto de reforma ou adaptación xunto cun informe de viabilidade dos servizos administrativos da corporación local onde estea situado, ao cal se lle xuntarán todos os orzamentos necesarios para a execución da obra. No caso daqueles que individualmente superen a contía de 18.000 euros, xuntaranse tres orzamentos para cada unha das partidas implicadas.

m) No caso de presentación de solicitude para equipamento de centros de inclusión e emerxencia social, o proxecto de obra ou adaptación substituirase por unha xustificación da súa necesidade e documento de condicións técnicas do material que se vai subvencionar. En todo caso, deberanse desagregar os orzamentos previstos ata o 30 de novembro de 2016 e desde o 1 de decembro de 2016 e ata a finalización do período subvencionable.

2. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, e no 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 15. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras e comporta a autorización da corporación local solicitante para que o órgano xestor obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social a través de certificacións telemáticas. Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, caso en que deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente. Para o trámite de adxudicación, estes certificados poderán ser substituídos por declaración responsable do órgano competente que se presentará xunto coa solicitude (anexo I).

2. As solicitudes das entidades locais interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as entidades interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a entidade solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos. Así mesmo, a relación das corporacións locais beneficiarias e o importe das axudas concedidas serán comunicados á autoridade de xestión dos programas operativos Feder ou FSE Galicia 2014-2020, segundo corresponda, con expresión da operación financiada e dos fondos públicos asignados, para os efectos de ser publicada.

4. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das corporacións locais beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

5. Autorizarase a través do modelo de solicitude a realización das comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos de identidade da persoa solicitante. No caso de que esta non o autorice, estará obrigada a achegar copia do documento nacional de identidade.

Artigo 16. Emenda da solicitude

1. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos, o órgano instrutor requirirá as corporacións locais interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Os citados requirimentos de emenda, de acordo cos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, faranse a través do portal de Benestar da Consellería de Política Social (http://benestar.xunta.es ou http://benestar.xunta.gal), a cal, excepcionalmente, poderá substituírse por outro medio de notificación, ben individual ou colectivo, unicamente no caso de existir imposibilidade de realizar a primeira.

Sen prexuízo do anterior, a Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social poderá comunicar os requirimentos aos enderezos que se indiquen na solicitude. Esta comunicación non afectará o prazo establecido no parágrafo primeiro do presente punto.

Artigo 17. Instrución dos procedementos

1. A instrución dos procedementos corresponde á Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, regulada no artigo 18.

3. As solicitudes ou actuacións que non cumpran as exixencias contidas nesta orde ou na normativa de aplicación ou que non conteñan a documentación necesaria quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de non admisión, na cal se indicarán as causas desta. A resolución será notificada nos termos establecidos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 18. Comisión de valoración

1. Conforme o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, crearase unha comisión de valoración que será o órgano colexiado encargado de realizar a avaliación das solicitudes e de emitir o correspondente informe no cal se concrete o resultado desa avaliación, indicando a puntuación e a axuda aplicable en cada caso. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) Presidente/a: a persoa titular da Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social.

b) Vogais: o/a xefe/a do Servizo de Coordinación de Programas de Inclusión e un/unha funcionario/a adscrito/a á Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social. Ademais, actuará como secretario/a, con voz pero sen voto, un/unha funcionario/a por proposta do presidente.

En caso de ausencia dalgún membro da comisión de valoración será substituído pola persoa designada polo/a presidente/a.

2. Para o exercicio das súas funcións, esta comisión poderá ter en conta informes dos servizos técnicos pertinentes, que non terán carácter preceptivo nin vinculante.

3. O órgano instrutor elevará o informe emitido pola comisión de valoración xunto coa proposta de resolución ao órgano de resolución.

4. No caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda pero que non se inclúen na proposta anterior por terse esgotado o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas, ben co crédito que quede libre por producirse algunha renuncia ou por modificación nos proxectos inicialmente subvencionados ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención, de acordo co establecido nos artigos 30.2 e 33.7 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado nesta base, as cales respectarán a orde de prelación previamente realizada.

Artigo 19. Criterios de valoración das subvencións

1. Criterios de valoración das solicitudes de investimento en centros de inclusión e emerxencia social.

a) Necesidade e impacto social da reforma ou equipamento solicitado: 30 puntos.

b) Complementariedade do servizo que prestará o centro con outros dispositivos de atención a persoas en exclusión severa: 20 puntos.

c) Atención aos condicionantes de xénero no proxecto proposto:10 puntos.

d) Presentación conxunta de solicitude por calquera tipo de fórmula de agrupación de concellos, agás fusión municipal: 10 puntos.

e) Número de destinatarios potenciais do proxecto residentes dentro do termo municipal ou agrupación de concellos: 10 puntos.

f) Memoria de aforro de custos presentada por calquera tipo de fórmula de agrupación de concellos, agás fusión municipal respecto da presentación individual: 10 puntos.

g) A coordinación dos proxectos con outros axentes do territorio: 10 puntos.

Amais do anterior, outorgaranse 30 puntos pola presentación de solicitudes por parte dunha fusión de concellos. Neste caso, non serán de aplicación os criterios establecidos nas alíneas d), e) e f) do presente punto deste artigo.

Para a apreciación dos criterios establecidos nas alíneas a) e b) deste artigo, a comisión de valoración, amais dos datos que se achegan na solicitude, poderá ter en conta os informes dos organismos competentes en acreditación de centros de inclusión e emerxencia social e supervisión de proxectos da Consellería de Política Social.

A puntuación máxima será de 100 puntos.

2. Criterios de valoración de programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana.

a) A xustificación da necesidade e o impacto social das medidas que se van implantar, e a adecuación dos proxectos ás actuacións prioritarias a que se refire a presente orde: ata 30 puntos. Acadarán a puntuación máxima aqueles que incorporen actuacións enfocadas a facilitar os procesos de erradicación do chabolismo, da área de vivenda do artigo 6.2.b), e acceso á vivenda normalizada.

b) A presentación conxunta de solicitude por calquera tipo de fórmula de agrupación de concellos, agás fusión municipal: 10 puntos.

c) Número de destinatarios potenciais do proxecto residentes dentro do termo municipal ou agrupación de concellos: 10 puntos.

d) A continuidade dos proxectos desenvolvidos en anos anteriores e os resultados da súa avaliación: 10 puntos.

e) Carácter integral dos proxectos de maneira que se aborden conxuntamente actuacións en máis dunha das áreas sinaladas na presente orde: 10 puntos, que se outorgarán de xeito proporcional ao número de áreas en que se proxecten accións.

f) Realización de actividades específicas de promoción da igualdade de xénero: 10 puntos.

g) Memoria de aforro de custos presentada por calquera tipo de fórmula de agrupación de concellos, agás fusión municipal respecto da presentación individual: 10 puntos.

h) A coordinación dos proxectos das corporacións locais cos desenvolvidos por outras entidades, evitando crear redes paralelas de atención e duplicación de recursos: 10 puntos.

Ademais do anterior, outorgaranse 30 puntos pola presentación de solicitudes por parte dunha fusión de concellos. Neste caso, non serán de aplicación os criterios establecidos nas alíneas b), c) e g) do presente punto deste artigo.

Para a apreciación dos criterios establecidos na alínea a) deste artigo, a comisión de valoración, amais dos datos que se achegan na solicitude, poderá ter en conta aqueloutros relevantes para a valoración sempre que sexan extraídos de informes dos organismos oficiais competentes na elaboración e difusión dos citados datos, logo de audiencia ao interesado.

A puntuación máxima será de 100 puntos.

3. Criterios de valoración de programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante.

As solicitudes presentadas para desenvolver os proxectos subvencionables serán obxecto de valoración, de acordo cos seguintes criterios:

a) Calidade técnica do proxecto: 20 puntos, desagregados nas epígrafes seguintes:

Calidade técnica do proxecto referida ás actividades e aos recursos previstos para a consecución dos obxectivos do proxecto: 10 puntos.

Carácter innovador, referido ao grao de novidade respecto a outros proxectos da mesma convocatoria: 5 puntos.

Continuidade dos proxectos que tivesen unha valoración satisfactoria dos seus resultados en anteriores convocatorias: 5 puntos.

b) Carácter integral dos programas, 25 puntos, coa seguinte desagregación:

1º. Pola presentación de solicitude de realización de tres ou máis accións de atención a persoas inmigrantes: 25 puntos.

2º. Pola presentación de solicitude para a realización de máis dunha acción de atención a persoas inmigrantes: 15 puntos.

c) Necesidade social do proxecto: ata 10 puntos.

Do 2,5 % ao 3 % de poboación estranxeira procedente de países extracomunitarios ou número de de persoas inmigrantes superior a 1.000: 1 punto.

Do 3 % ao 3,5 % de poboación estranxeira procedente de países extracomunitarios: 2 puntos.

De máis do 3,5 % de poboación estranxeira procedente de países extracomunitarios: 3 puntos.

Adicionalmente, incrementaranse as puntuacións nos seguintes casos:

– Superar as 1.000 persoas inmigrantes: 3 puntos.

– Superar as 3.000 persoas inmigrantes: 5 puntos.

– Superar as 8.000 persoas inmigrantes: 7 puntos.

d) Entidades locais con plans locais de integración da poboación inmigrante aprobado polo pleno do concello ou pola xunta de goberno local ou órganos equivalentes no caso de consorcios ou mancomunidades: 5 puntos.

e) A coordinación dos proxectos das corporacións locais cos desenvolvidos por outras entidades, evitando crear redes paralelas de atención e duplicación de recursos: 5 puntos.

f) Realización de actividades específicas de promoción da igualdade de xénero: 5 puntos.

g) Proxectos compartidos: ata 30 puntos, distribuídos do seguinte xeito:

1º. Pola presentación de solicitude conxunta por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar, agás a fusión de concellos): 10 puntos.

2º. Memoria de aforro de custos respecto da prestación de modo individual: 10 puntos.

3º. Carácter integral dos proxectos, cando na solicitude se aborden máis dunha das accións previstas no artigo 7: 10 puntos.

Ademais, outorgarase 30 puntos pola presentación de solicitudes por parte dunha fusión de concellos. Neste caso, non serán de aplicación os criterios establecidos na alínea g) do presente punto deste artigo.

A puntuación máxima será de 100 puntos.

4. Criterios de valoración de programas dirixidos a inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social e de programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.

a) A xustificación da necesidade e o impacto social das medidas que se implantaren: 25 puntos, que terá en conta a proporcionalidade entre a poboación beneficiaria e a residente no territorio.

b) Contido técnico do programa, incidindo, entre outras variables, na oportunidade e viabilidade das medidas comprendidas nas intervencións sociais deseñadas: 25 puntos. Resérvanse 10 puntos para avaliar a integridade dos proxectos estando previstas accións noutras áreas de intervención distintas da de inserción social e laboral.

c) Realización de actividades específicas de promoción da igualdade de xénero: 10 puntos.

d) A presentación conxunta de solicitude por calquera tipo de fórmula de agrupación de concellos, agás fusión municipal: 10 puntos.

e) O número de destinatarios potenciais do proxecto residentes dentro do termo municipal ou agrupación de concellos: 10 puntos.

f) Memoria de aforro de custos presentada por calquera tipo de fórmula de agrupación de concellos, agás fusión municipal respecto da presentación individual: 10 puntos.

g) A coordinación dos proxectos das corporacións locais cos desenvolvidos por outras entidades, evitando crear redes paralelas de atención e duplicación de recursos: 10 puntos.

Amais do anterior outorgaranse 30 puntos pola presentación de solicitudes por parte dunha fusión de concellos. Neste caso, non serán de aplicación os criterios establecidos nas alíneas d), e) e f) do presente punto deste artigo.

Para a apreciación dos criterios establecidos na alínea a) deste artigo a comisión de valoración, amais dos datos que se achegan na solicitude, poderá ter en conta outros, sempre que sexan extraídos de informes dos organismos oficiais competentes na elaboración e difusión destes datos, logo de audiencia ao interesado.

A puntuación máxima será de 100 puntos.

Artigo 20. Determinación do importe das subvencións

1. Unha vez valoradas as solicitudes por tipoloxías de programas conforme aos criterios establecidos no artigo anterior, obterase unha relación ordenada delas, que se empregará como listaxe para a asignación do crédito dispoñible na convocatoria, o cal se distribuirá segundo o establecido no parágrafo seguinte.

2. O crédito asignado para cada anualidade de gasto distribuirase en función da puntuación xeral resultante en orde decrecente, de tal xeito que, unha vez esgotado o crédito dispoñible para unha das anualidades, continuará asignándose o correspondente á outra anualidade de maneira independente. Para estes efectos, a anualidade de 2016 comprenderá actuacións realizadas desde o 1 de novembro de 2015 ata o 30 de novembro de 2016 e a anualidade de 2017 comprenderá actuacións desde o 1 de decembro de 2016 ata o 31 de marzo de 2017.

3. Para os efectos de determinar o importe das axudas para investimento en centros de inclusión e emerxencia social, terase en conta o orzamento presentado pola entidade local solicitante, sen que a axuda percibida exceda o custo total subvencionable.

En ningún caso o importe máximo da axuda que se conceda superará o importe de 200.000 euros por cada axuda concedida.

4. Para a determinación do importe das axudas para o desenvolvemento de programas teranse en conta os seguintes aspectos:

a) Os módulos que se aplicarán serán os seguintes:

1º. Módulo de atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social 19,62 euros/hora cun máximo de 2.436 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación dun/dunha profesional a xornada completa. Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 57 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizadas, polo menos, seis actuacións presenciais das recollidas no artigo 5.2.a). O número de persoas atendidas exixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.

A atención a que fai referencia este módulo desenvolverase a través de itinerarios de inclusión sociolaboral con acompañamento.

2º. Módulo de asesoramento xurídico en temas de estranxeiría: 23,05 euros/hora cun máximo de 2.436 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación dunha persoa con titulación en dereito a xornada completa.

3º. Módulo de accións formativas sociolaborais, sempre que comporten a presenza de monitorado para o seu desenvolvemento: 4,5 euros/hora/participante, agás en accións formativas que precisen para o seu desenvolvemento dun equipamento especial, caso en que acadará un importe de 6,75 euros/hora/participante. Este aspecto deberá constar claramente na solicitude de subvención formulada pola entidade. Incluiranse nas accións formativas laborais as que teñan a finalidade de adquirir as competencias clave e a formación nos valores e características da sociedade de acollida dirixida a persoas inmigrantes.

Os importes establecidos corresponderán integramente, ata un límite de 16.000 euros por acción formativa, cando teñan dereito a certificación acreditativa da súa realización un mínimo de cinco participantes, que deberán ter asistido ao 60 % das horas da acción formativa.

4º. Módulo de formación práctica non laboral en dependencias dunha empresa: 3 euros/hora/participante, cun máximo de 4.000 euros por acción formativa

5º. Módulo de alfabetización e adquisición de competencias nas linguas da sociedade de acollida: 19,07 euros/hora, cun máximo de 2.436 horas para o período subvencionable.

6º. Módulo de bolsas por asistencia ás acción formativas recollidas na letra c) deste punto: 4,5 euros/día de asistencia/participante cun importe máximo do 25 % do importe total da acción formativa.

Este módulo en ningún caso será de aplicación ás persoas participantes titulares dunha renda de inclusión de Galicia que inclúa ese complemento nas datas de realización da actuación formativa.

7º. Módulo de formación teórica adaptada dirixida á adquisición do permiso de condución tipo B ou C: 4,5 euros/hora/participante. Será condición indispensable para o seu financiamento que a persoa estea recibindo atención para a inclusión sociolaboral financiada ou non por esta convocatoria e que esta formación estea incluída no proxecto de inclusión sociolaboral da persoa que a reciba.

8º. Módulo de mediación intercultural: 19,07 euros hora de traballo efectivamente realizado, cun máximo de 2.436 horas para o período subvencionable.

9º. Módulo de educación e apoio familiar: 19,62 euros hora de traballo efectivamente realizado, cun máximo de 2.436 horas para o período subvencionable.

b) As persoas participantes que sexan beneficiarias de actuacións do módulo 7º e as persoas traballadoras que realicen accións do módulo 8º poderán recibir unha axuda no caso de que sexa preciso o desprazamento urbano ou interurbano. Para estes desprazamentos usarase o transporte público, e unicamente será posible usar un vehículo particular se aquel non existe ou ten un horario irregular que non permite compatibilizar a actuación. No caso de adquisición do permiso de condución tamén deberá acreditarse a distancia desde o domicilio do beneficiario ou inexistencia do recurso no seu municipio de residencia.

As contías destas axudas serán as seguintes:

Transporte público urbano: 1,5 euros/día de asistencia.

Transporte público interurbano: o custo real do desprazamento.

Vehículo particular: 0,19 euros/km.

c) En ningún caso o importe máximo da axuda que se conceda superará o importe resultante das operacións anteriores e, como límite máximo de axuda concedida o importe de 70.834 euros por cada programa subvencionado, agás en caso de solicitude conxunta no que a dita contía se elevara a un importe máximo de 81.460 euros.

d) No caso de que a corporación local presente máis dun programa por tipoloxía e estes resulten concedidos, o programa considerado non prioritario ocupará o lugar que lle corresponda segundo a puntuación acadada, pero sempre a continuación dos outros programas concedidos aos restantes solicitantes. A cualificación sobre a prioridade do programa presentado deberá constar expresamente na solicitude.

Artigo 21. Resolución

1. A concesión das subvencións obxecto desta orde será resolta pola persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social, que actuará por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, por proposta do órgano instrutor e unha vez fiscalizada pola intervención delegada. Poderá concederse subvención a máis dun programa dunha mesma corporación local.

2. As resolucións recaídas serán motivadas e notificaranse ás corporacións locais interesadas no prazo máximo de catro meses contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde. Se vence o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, entenderase desestimada.

3. En aplicación do artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando o importe da axuda da proposta de resolución provisional sexa inferior ao que figura na solicitude, poderase instar nun prazo de dez días a reformulación da solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención concedida e/ou formular as alegacións que se estimen pertinentes. En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos e que deron lugar ao seu outorgamento. Así mesmo, a dita reformulación non poderá comprometer o desenvolvemento e viabilidade do programa, polo que se deberán manter aqueles gastos necesarios para o seu correcto desenvolvemento.

4. Todos estes aspectos serán apreciados pola comisión de valoración, quen dará a súa conformidade e remitirá o actuado ao órgano instrutor para que o eleve ao director xeral de Inclusión Social, quen ditará resolución, a cal terá carácter definitivo.

5. A proposta de resolución definitiva notificaráselle ás corporacións locais solicitantes. Unha vez notificada a resolución definitiva, as corporacións locais beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a aceptación da subvención. Se transcorrido o dito prazo non se produce manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

6. Coa notificación ao beneficiario informarase das condicións da axuda, de conformidade co establecido nos artigos 125.3.c) e d), 125.4.a) e 67.6) do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, no artigo 10 do Regulamento de execución (UE) núm. 1011/2014 da Comisión, do 22 de setembro de 2014, e no anexo III do Regulamento delegado (UE) núm. 480/2014 da Comisión, do 3 de marzo.

Artigo 22. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, se esta é expresa, ou de tres meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa notificación, se esta é expresa, ou seis meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 23. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución da subvención, por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior e con carácter excepcional poderanse efectuar resolucións complementarias fóra do prazo establecido, cando non fose posible efectualas dentro del, por existiren fondos procedentes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas ou doutro tipo de remanentes, ou debido a un incremento dos créditos dispoñibles, nos termos establecidos polo artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Neste caso, salvo que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes distintas ás consideradas para a resolución inicial.

Artigo 24. Infraccións e sancións

Será de aplicación aos beneficiarios das subvencións recollidas na presente orde o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 25. Obrigas das corporacións locais subvencionadas

1. As corporacións locais que sexan subvencionadas deberán:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente.

b) As corporacións locais beneficiarias estarán obrigadas a subministrar á Administración toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas segundo o artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.

c) Manter de forma separada na contabilidade as axudas percibidas. No caso daquelas axudas a programas bastará con manter de xeito separado o ingreso da axuda percibida, agás no caso de existir na actuación subvencionada o custo real do transporte interurbano, que deberá reflectirse cun código contable propio que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados. En todo caso, respecto das axudas cofinanciadas con FSE ou Feder, deberán conservar toda a documentación relativa á subvención durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas perante á Comisión Europea, data esta que se publicará oportunamente no Diario Oficial de Galicia.

d) Facer constar, en todo tipo de publicidade e información relativos ás actuacións realizadas, a condición de subvencionados pola Consellería de Política Social, se é o caso, polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020 ou polo Fondo Social Europeo 2014-2020 segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello. En particular, as accións de información e comunicación contarán co emblema da Unión Europea e coa referencia ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ou Fondo Social Europeo, segundo corresponda, e nos lugares de realización da actuación e durante esta informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre a actuación e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

e) Informar, se é o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e, se é o caso, cofinanciadas polo Feder e/ou FSE, así como dos obxectivos dos fondos, e os emblemas figurarán, como mínimo, nos partes de asistencia/participación, enquisas de avaliación ou certificados de asistencia.

f) Adecuar a metodoloxía das actuacións, así como a de recollida e procesamento de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade de persoas beneficiadas ás fórmulas que, se é o caso, propoña a Consellería de Política Social e, se así é requirido, incorporarse como usuarias da aplicación informática deseñada e implantada para a xestión da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020. Así mesmo, deberán realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de execución e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao FSE. Para a acreditación deste aspecto a entidade deberá solicitar unha declaración das persoas participantes ou outra documentación análoga que lle permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta mesma obriga contraerase cos servizos sociais comunitarios de referencia da persoa participante, cando sexa solicitado para o seguimento da súa intervención social. Os indicadores de execución relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coas actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior a finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, seranlles facilitados os oportunos cuestionarios que terán que respectar o principio de integridade dos datos. Polo que respecta aos indicadores relativos ás axudas ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social, realizarase un reconto global da capacidade máxima de persoas para as que está deseñado o centro e no caso de adquisición de equipamento de uso social, farase unha estimación da poboación beneficiaria durante a súa vida útil.

g) As infraestruturas e equipamentos subvencionados deberán permanecer destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención por un período non inferior a cinco (5) anos, ou vinte (20) anos no caso de subvención para construción, ampliación, reforma e mellora de centros, tal como recollen o artigo 8.e) do Decreto 254/2011, do 23 de febreiro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais de Galicia, o artigo 31.4.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, o artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 71 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención.

h) Controlar a asistencia ás accións formativas e garantir que as persoas propostas para certificación acreditativa da realización dunha acción deste tipo teñan asistido como mínimo ao 60 % do total das súas horas.

i) Solicitar, de ser o caso, á Dirección Xeral de Inclusión Social a autorización das modificacións que afecten as actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco días á data en que se produzan.

j) Remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

k) Someterse ás actuacións de comprobación, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Inclusión Social, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

l) Dispoñer dun seguro para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades como os dos desprazamentos para a asistencia a elas.

m) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

n) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

2. Os servizos da Consellería de Política Social poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades de iniciativa social participantes dos requisitos exixidos pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes dos servizos da rede pública de servizos sociais en canto aos aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e actuacións das entidades solicitantes recollidos nesta orde.

Artigo 26. Xustificación das subvencións para investimento de centros de inclusión e emerxencia social realizarase pola modalidade de conta xustificativa

1. A xustificación da subvención para investimento de centros de inclusión e emerxencia social realizarase pola modalidade de conta xustificativa.

2. As entidades beneficiarias deberán xustificar cada anualidade de xeito independente.

a) A xustificación correspondente a 2016 comprenderá as actuacións realizadas desde o momento en que se presente a solicitude ata o 30 de novembro de 2016 e presentarase con data límite do 5 de decembro de 2016, sempre que non se opoña ao que se estableza na orde da Consellería de Facenda que regule as operacións de cerramento do exercicio. A documentación que hai que presentar nesta primeira xustificación será a seguinte: solicitude de pagamento parcial; conta xustificativa do gasto realizado total ou parcial, da anualidade 2016 segundo o establecido na alínea b) deste artigo, e os anexos IX e X.

b) A xustificación final deberá presentarse con data límite do 30 de abril de 2017 e abranguerá as actividades realizadas entre o 1 de decembro de 2016 e o 31 de marzo de 2017. Excepcionalmente, aquelas subvencións de investimento á construción, ampliación, reforma, mellora e adaptación de elementos de carácter estrutural que melloren substancialmente a calidade do servizo que se vai prestar poderán prorrogar a súa execución ata o 30 de novembro de 2017, tendo como prazo máximo para presentar a xustificación o 4 de decembro de 2017.

A conta xustificativa do gasto realizado farase mediante certificación do órgano que teña atribuída na corporación local as correspondentes facultades de control, e unha relación clasificada dos gastos con identificación do acredor, concepto que permita identificar dun xeito inequívoco a subvencionabilidade do gasto de acordo coas normas aplicables, número de factura, nómina ou documento similar, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento, e as sumas parciais (folla por folla) e totais da relación. A estes documentos xuntaranse facturas ou documento contable de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, con expresión do seu número, acredor, data de emisión, concepto e importe e data de pagamento. As facturas deberán cumprir o disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación. En todo caso, tanto as facturas como calquera documento acreditativo que figure e se xunte na relación, deberán vir acompañados dos documentos acreditativos de ter realizado os pagamentos do correspondente gasto e deben cumprir os requisitos establecidos no artigo 42.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria. Amais do anterior, no caso de compravenda achegarase escritura onde constará que o inmoble obxecto da subvención se destinará, polo menos durante os vinte anos seguintes, á finalidade que serviu de fundamento á petición.

No caso de que se efectuasen gastos subcontratados en aplicación do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, deberanse achegar os seguintes documentos: proposicións económicas presentadas, informe ou documento equivalente en que se baseou a proposta de adxudicación e a adxudicación. Esta documentación poderá ser substituída unicamente polo documento de adxudicación definitiva cando, en aplicación do citado texto refundido, non sexa exixible outra documentación.

Ademais do anterior, debe xuntarse unha declaración responsable asinada pola persoa representante da corporación local na cal se indique que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma (anexo IX), a memoria económica xustificativa (anexo X) y la memoria da actuación das actividades realizadas segundo o guión establecido no anexo XII.

No caso de construción deberase achegar un certificado en que se estableza un reconto global da capacidade máxima de persoas para as que está deseñado o centro.

No caso de adquisición de equipamento de uso social deberase achegar un certificado en que constará unha estimación da poboación beneficiaria durante a súa vida útil.

Artigo 27. Xustificación das subvencións para programas

1. A xustificación da subvención para programas realizarase a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67.1.b) e d) do Regulamento (UE) 1303/2013 e 14.2 do Regulamento (UE) 1304/2013, de xeito independente para cada unha das actuacións subvencionadas. Excepciónase a axuda de transporte para o desprazamento interurbano prevista no artigo 20.4.b) desta convocatoria, en que se reembolsará o custo real efectivamente incorrido e aboado, e que se xustificará a través da modalidade de conta xustificativa.

2. As entidades beneficiarias deberán xustificar cada anualidade de xeito independente.

a) A xustificación correspondente a 2016 comprenderá as actuacións realizadas desde o 1 de novembro de 2015 ata o 30 de novembro de 2016 e presentarase con data límite do 5 de decembro de 2016, sempre que non se opoña ao que se estableza na orde da Consellería de Facenda que regule as operacións de cerramento do exercicio, mediante a presentación dun informe de seguimento integrado polos seguintes documentos: solicitude de pagamento; documentación xustificativa dos módulos realizados total ou parcialmente na anualidade 2016, segundo o exposto no apartado seguinte; anexos IX e X, e cuestionario de indicadores de execución cuberto e asinado polos participantes para cada actuación.

b) A xustificación final, e coa finalidade de acreditar a realización total das accións así como o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria deberá presentar con data límite do 30 de abril de 2017 a seguinte documentación relativa ás accións subvencionadas ata o 31 de marzo de 2017:

1º. Memoria do programa xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con cuantificación e indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, asinada pola persoa responsable da entidade (anexo XI).

2º. Declaración responsable asinada pola persoa representante da corporación local en que se indique que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma (anexo IX), a memoria económica xustificativa (anexo X) e a memoria técnica do programa realizado (segundo o guión establecido no anexo XI).

3º. De tratarse de atención desenvolvida a través de itinerarios de inclusión sociolaboral con acompañamento:

Follas mensuais comprensivas da totalidade da xornada, con expresa mención das horas efectivamente dedicadas ao programa subvencionado asinadas polo traballador/a e a persoa responsable da corporación local.

Formulario de indicadores de execución integramente cuberto e asinado polos participantes para cada actuación. Este formulario poderá substituírse polo expediente con rexistro de actuacións no caso de participantes que realizasen un mínimo de seis actuacións das establecidas no artigo 5.2.a). Esta ficha, que está dispoñible a través da plataforma informática, deberá remitirse en formato PDF asinada tanto polo/a técnico/a responsable como polo/a participante.

Certificación de finalización dos itinerarios con indicación dos resultados obtidos a través das accións subvencionadas.

4º. De tratarse de accións desenvolvidas a través do método formativo:

Partes de asistencia onde conste o número de horas de formación, asinados pola persoa participante e o/a responsable/técnico/a da realización da actuación. Nos ditos partes deberanse identificar de xeito veraz as persoas participantes e expresar as horas realizadas diariamente por cada unha delas. Os partes de asistencia a formación práctica non laboral en dependencias dunha empresa deberán conter, ademais, a sinatura do/a responsable na empresa.

No suposto de formación teórica adaptada dirixida á adquisición do permiso de condución tipo B ou C deberase remitir ademais o proxecto de inclusión sociolaboral da persoa que a reciba. Este documento, que está dispoñible a través da plataforma informática, deberá estar asinado tanto polo/a técnico/a responsable como polo/a participante. A documentación xustificativa da intervención social, no caso de que esta non sexa financiable por esta orde de convocatoria, será substituída por unha declaración do técnico responsable do programa onde se especifique que a dita actuación se desenvolve no marco dunha intervención social. En todo caso, esta acreditación implicará necesariamente a autorización expresa da persoa usuaria para o tratamento e comunicación dos seus datos de carácter persoal, e a entidade será a responsable de recadar e custodiar a dita documentación.

Certificación de finalización da actividade subvencionada comprensiva da relación de persoas asistentes e do número total de horas realizadas por cada unha delas; no caso de que se percibise a bolsa ou a axuda de desprazamento, farase tamén constar a súa necesidade, a contía percibida por cada persoa e o importe total percibido por ese concepto. Ademais, no suposto de axudas de desprazamento remitirase documentación acreditativa do uso de transporte público interurbano ou certificado da persoa responsable da entidade acreditativo do uso dun vehículo particular.

Formulario de indicadores de execución e de resultado inmediato integramente cuberto e asinado polos participantes para cada actuación.

5º. De tratarse de accións de alfabetización e mellora de competencias nas linguas da sociedade de acollida, e/ou educación e apoio familiar:

Follas mensuais comprensivas da totalidade da xornada, con expresa mención das horas efectivamente dedicadas ao programa subvencionado asinadas polo traballador/a e a persoa responsable da entidade.

Partes de asistencia asinados pola persoa participante e o/a responsable/técnico/a da realización da actuación.

Formulario de rexistro indicadores de execución e resultado integramente cuberto e asinado polos participantes para cada actuación.

6º. No suposto do programa de asesoramento xurídico e de mediación intercultural dirixido a persoas inmigrantes:

Follas mensuais comprensivas da totalidade da xornada, con expresa mención das horas efectivamente dedicadas ao programa subvencionado asinadas polo traballador/a e a persoa responsable da entidade.

Documento Word de seguimento da actuación que se extrae da aplicación de inclusión social.

Copia da demanda do servizo por parte da persoa beneficiaria e parte horario semanal de atención.

Formulario de rexistro dos indicadores de execución e resultado integramente cuberto e asinado polos participantes para cada actuación.

No caso da mediación intercultural, se é preciso o desprazamento do/a traballador/a para a prestación do servizo, deberá presentarse a documentación acreditativa do uso de transporte público ou certificado da persoa responsable da entidade acreditativo do uso dun vehículo particular.

7º. De tratarse de programas de educación e apoio familiar e de mediación intercultural para a comunidade xitana, deberase remitir, ademais de todo o anterior, a folla de rexistro de actuacións do proxecto de inclusión sociolaboral da persoa que a reciba en formato PDF, e serán aplicables as condicións establecidas no punto anterior en relación co permiso de condución.

3. De toda a documentación sinalada para a xustificación da subvención, neste e no anterior artigos, deberá enviarse un exemplar orixinal ou copia compulsada e outro en formato electrónico ao enderezo de correo que se comunique á entidade, no caso de que sexa requirido.

4. De cara a homoxeneizar a documentación xustificativa, toda a documentación debe presentarse obrigatoriamente segundo os modelos dispoñibles a través da páxina web da Consellería de Política Social, agás aqueles que poidan extraerse da plataforma informática.

5. En todo caso, de non presentarse a xustificación no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela deberase enviar ao número de fax 981 54 56 38, correspondente á Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social, o oficio de presentación da documentación no rexistro co seu correspondente selo de entrada.

Artigo 28. Pagamento das subvencións

1. Unha vez xustificada cada anualidade da subvención o órgano competente, antes de proceder ao seu pagamento, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. Na anualidade 2016, no caso de non finalización das actuacións, farase un pagamento á conta da liquidación definitiva en función das accións realizadas. Neste caso, a entidade deberá enviar coa solicitude de pagamento a documentación prevista nos artigos 26 e 27, segundo corresponda.

3. Para facer efectivo o pagamento final, a entidade local deberá presentar a documentación establecida nos artigos 26 e 27, segundo corresponda.

4. O importe de axuda que se percibirá, tanto no caso dos pagamentos á conta da liquidación definitiva como no pagamento final, será o resultado obtido de multiplicar o importe de cada unidade de atención realizada polo número delas efectivamente xustificadas.

5. No caso de atención e intervención social realizada a través de itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral, con persoas de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral, se non se acredita a atención do número mínimo de persoas establecido en función da dedicación horaria declarada ou non se mantén a porcentaxe de persoas que deben ter realizados seis actuacións, procederase a unha redución proporcional da subvención concedida en función da porcentaxe do incumprimento.

Artigo 29. Reintegro das subvencións concedidas

1. Para os efectos de reintegro das subvencións observarase o disposto no título 2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no seu regulamento de desenvolvemento.

2. Non se poderá exixir o pagamento da subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora devindicados desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificar a realización da actividade.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento total ou parcial da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das obrigas sinaladas na presente orde. Particularmente, acadarán a porcentaxe dun 2 % o incumprimento das obrigas de publicidade e de mantemento da contabilidade separada; dun 10 % se non se comunica a solicitude doutras axudas para a mesma actividade e total, sen prexuízo do correspondente expediente sancionador, se non se comunica a súa obtención.

3. A tramitación do correspondente expediente de reintegro levarase de acordo co procedemento establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

4. As cantidades que teñan que reintegrar os beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, amais do disposto na normativa comunitaria de aplicación.

Artigo 30. Control

1. A Consellería de Política Social poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta orde.

2. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a Consellería de Política Social realizará, ben con persoal propio ou a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta orde. O persoal encargado da verificación levantará acta da actuación de control, que asinará a entidade á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente da Dirección Xeral de Inclusión Social xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

3. Ademais do anterior, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e a aqueloutras que determine a súa condición de subvencionada polo FSE 2014-2020.

Artigo 31. Datos de carácter persoal

1. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos no ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento e no ficheiro Xestión de servizos sociais, que ten como obxecto a xestión dos servizos sociais que se prestan desde a consellería e, se é o caso, do expediente clínico, educativo ou social que se xere neste ámbito. O órgano responsable destes ficheiros é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a sxt.politicasocial@xunta.gal.

2. Os datos serán incluídos no ficheiro denominado «Xestión, seguimento e control de proxectos e fondos europeos», creado pola Orde do 31 de marzo de 2016 (DOG núm. 68, do 11 de abril), cuxo obxecto, entre outras finalidades, é a xestión, seguimento, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europa. O órgano responsable deste ficheiro é a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos , mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 de Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a dxfondos@conselleriadefacenda.es

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social a actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional segunda. Comunicación á Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde

Autorízase a persoa titular do órgano de dirección con competencias en materia de inclusión social da Consellería de Política Social para ditar as normas que sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XI
Guión para a elaboración da memoria técnica do programa realizado

1. Datos relativos ao programa:

a) Denominación da entidade local.

b) Denominación do programa con indicación do marco en que se desenvolve.

2. Xustificación da actuación.

3. Obxectivos:

a) Obxectivo xeral.

b) Obxectivos específicos.

4. Recursos empregados:

a) Recursos humanos especificando a súa titulación e dedicación horaria á actuación.

b) Recursos materiais especificando os que son cedidos e a cooperación con outras entidades, se é o caso.

5. Accións desenvolvidas:

a) Cronograma.

b) Datas de inicio e remate.

c) Número de horas.

d) Modo de selección de participantes.

e) Metodoloxía (que deberá incorporar a perspectiva de xénero).

f) Características e perfil dos participantes nas accións, desagregados por sexo (nivel educativo, situación laboral, etc.).

g) Lugar onde se realiza e descrición das instalacións.

h) Outros datos de interese (asistencia, número de baixas, motivación, dificultades, etc.) desagregados por sexo.

i) Coordinación con outros dispositivos (equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios, outras entidades, etc.

j) Número total de insercións laborais. Perfil dos participantes que acadan inserción laboral, desagregados por sexo (nivel educativo, situación laboral, etc.). Datos relativos ao tipo de contrato, xornada e sector de actividade por sexo.

7. Avaliación cualitativa das accións do programa:

a) Grao de cumprimento de obxectivos.

b) Protocolo de seguimento de actuacións e participantes.

c) Valoración do alumnado/persoas participantes/usuarias.

d) Resultado de indicadores de avaliación.

e) Conclusións.

(Este guión é orientativo, as corporacións locais poderán engadir nas súas memorias os aspectos que consideren significativos para a valoración dos programas e das accións desenvolvidas).

As corporacións locais deberán presentar unha memoria para cada un dos programas subvencionados.

ANEXO XII
Guión para a elaboración da memoria de actuación de investimento

1. Datos relativos á actuación:

a) Denominación da entidade local.

b) Denominación da actuación.

2. Xustificación da actuación.

3. Obxectivos:

a) Obxectivo xeral.

b) Obxectivos específicos.

c) Necesidades que pretenden cubrir.

4. Recursos empregados:

a) Recursos humanos.

b) Recursos materiais.

5. Actuacións desenvolvidas:

a) Descrición da actuación.

b) Cronograma.

c) Datas de inicio e remate.

d) Axustes realizados en relación coa perspectiva de xénero.

e) Lugar onde se realiza e descrición das instalacións.

f) Coordinación con outros dispositivos (equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios, outras entidades, etc.) e relación dos obxectivos da actuación coas seguintes accións:

– Atención a través de itinerarios a persoas en situación de exclusión severa.

– Derivación de participantes a outros recursos de atención: equipos e/ou unidades técnicas de inclusión, recursos de formación complementarios, recursos do sistema de saúde, recursos doutros sistemas de protección social.

6. Previsión de participantes que se van atender.

7. Avaliación cualitativa da actuación.

(Este guión é orientativo, as corporacións locais poderán engadir nas súas memorias os aspectos que consideren significativos para a valoración dos programas e das accións desenvolvidas).