Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1116

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2016 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario Erasmus Mundus en Lexicografía (European Master in Lexicography) desta universidade, da Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg (Alemaña), da Károli Gáspár Református Egyetem (Hungría), da Stellenbosch University (República Surafricana), da Uniwersytet Śląski W Katowicach (Polonia), da Universidade do Minho (Portugal), da Università degli Studi di Roma Tre (Italia) e da Université de Lorraine (Francia).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2016 (publicado no BOE do 26 de outubro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 14 de outubro),

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario Erasmus Mundus en Lexicografía (European Master in Lexicography) pola Universidade de Santiago de Compostela; a Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg (Alemaña); a Károli Gáspár Református Egyetem (Hungría); a Stellenbosch University (República Surafricana); a Uniwersytet Śląski W Katowicach (Polonia); a Universidade do Minho (Portugal); a Università degli Studi di Roma Tre (Italia) e a Université de Lorraine (Francia), que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario Erasmus Mundus en Lexicografía

Código RUCT: 4316053.

Rama de coñecemento: artes e humanidades.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela; Karoli Gaspar Reformatus Egyetem; Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg; Stellenbosch University; Universidade do Minho; Università Degli Studi Roma Tre; Université de Lorraine; Uniwersytet Śląski w Katowicach (University of Silesia).

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

40

Optativas

40

Prácticas externas obrigatorias

10

Traballo fin de máster

30

Créditos totais

120

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Fundamentos básicos de lexicografía

OB

10

Módulo básico

Panorama da lexicografía monolingüe, bilingüe e multilingüe das linguas románicas

OB

5

E-lexicografía monolingüe, bilingüe e multilingüe das linguas románicas

OB

5

Lingua: inglés

OP

5

Módulo de destrezas xerais

Lingua: alemán

OP

5

Outras linguas

OP

5

Informática

OP

5

Metalexicografía

OP

5

Módulos avanzados (optativas comúns)

Historia da lexicografía

OP

5

Lexicografía didáctica

OP

5

O dicionario e o seu uso

OP

5

Dicionarios especializados, léxicos e enciclopedias

OP

5

Lexicografía computacional

OP

5

Dicionarios e tradución

OP

5

Lexicografía e lexicoloxía

OP

5

Planificación e deseño de dicionarios

OP

5

Elección de problemas do dicionario, da lexicografía e da investigación de dicionarios

OB

10

Módulos avanzados (obrigatorias)

Recursos e ferramentas con aplicación lexicográfica: uso e deseño I

OB

5

Recursos e ferramentas con aplicación lexicográfica: uso e deseño II

OB

5

Prácticum

OB

10

Traballo fin de máster

OB

30

Traballo fin de máster

Durante o primeiro semestre os estudantes deberán cursar as materias do módulo básico (20 ECTS) e un mínimo de 5 ECTS do módulo de destrezas xerais (é posible un recoñecemento de ata 10 ECTS deste módulo, aínda que os alumnos poderán cursar ata 15). Os alumnos rematarán este semestre cun total de 25-30 ECTS.

O segundo semestre corresponde ao período de mobilidade: impártese exclusivamente nunha das universidades do consorcio, onde se desprazan tanto os docentes como o alumnado de todas as universidades. Neste semestre os estudantes deben completar os 60 ECTS correspondentes ao primeiro curso (é dicir, cursarán 35 ou 30 ECTS, en función dos créditos superados no 1º semestre).

O terceiro semestre serve para que os estudantes adquiran unha formación altamente especializada e para que apliquen os coñecementos adquiridos durante o segundo semestre. Os estudantes deberán cursar os 30 ECTS dos módulos avanzados (incluído o prácticum).

No cuarto semestre preténdese capacitar o alumnado para que saiba aplicar os coñecementos teóricos a situacións concretas e para que sexa capaz de abordar de modo crítico cuestións lexicográficas. É o cuadrimestre en que se realiza o traballo fin de máster (30 ECTS).

Esta titulación non contempla especialidades ou itinerarios.