Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10449

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2017 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2017 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, convócanse as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades de formación continua en materia de idiomas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución:

1. Os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria para cada un dos casos do anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas a empregados públicos pertencentes a outras administracións, entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «destinatario» da actividade formativa.

3. Así mesmo, os empregados públicos pertencentes a outras administracións, entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes.

Toda persoa solicitante que ao inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web http://egap.xunta.gal.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas que se pode solicitar limítase a tres.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade) de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública (BOE do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

Cuarta. Presentación de documentación

Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 da base terceira, os empregados públicos pertencentes as entidades, organismos e institucións públicas autonómicas que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua e o persoal de administración e servizos das universidades galegas, que poderán acceder ás actividades desta convocatoria en caso de vacante, deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, ao enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro ), a seguinte documentación:

– Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

Quinta. Criterios de selección

1. Proba de nivel nas actividades de idiomas de teleformación:

Durante o prazo de presentación de solicitudes todo o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que desexe solicitar algún dos niveis das actividades de lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa impartidas na modalidade de teleformación, terá dispoñible unha proba de nivel orientativa. Esta proba non será necesaria para acceder ao nivel A1.

Para realizar a proba de nivel pode facelo accedendo á aula virtual da EGAP na dirección https://egap.xunta.gal/aulavirtual/ utilizando o mesmo usuario e contrasinal que na zona de matrícula. Despois de realizar a proba de nivel poderá matricularse nas actividades formativas que se correspondan con ese nivel.

2. Proba de nivel nas actividades de idiomas presenciais:

A proba de nivel estará dispoñible con anterioridade ao inicio da actividade para os efectos de seleccionar grupos o máis homoxéneos posibles.

Nestas actividades as probas de nivel serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará da súa selección e da necesidade de realización da proba a través do correo electrónico, indicándolle as datas concretas, o horario e as características desta.

3. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60% estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40% restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

4. As vacantes que se produzan nos niveis das actividades de lingua inglesa e lingua alemá, impartidas na modalidade de teleformación, poderanse asignar a aqueles niveis nos que exista máis demanda.

5. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxería telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda, todo isto de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.gal a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

As persoas que incumpran o previsto nas líneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Novena. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten ao desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá nas actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade/

Modalidade

Datas e horario

Data da proba de avaliación

FC17169

Linguaxe de signos

25

40

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Santiago de Compostela

18.9.2017 ao 30.10.2017

das 16.30 ás 19.30 (L, Me)
30/10 das 16.30 ás 20.30

30.10.2017

FC17186

Lingua inglesa. Nivel básico 1 (A1)

150

80

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

30.3.2017 ao 23.6.2017

Os exames poderán ser un dos seguintes días: 30.6.2017, 3.7.2017, 4.7.2017, 5.7.2017.
O horario dos exames distribuirase por quendas nas seguintes datas: o día 30 de xuño das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas, os días 3, 4 e 5 de xullo das 13.00 ás 14.00 h

FC17187

Lingua inglesa. Nivel básico 2 (A2)

FC17188

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (B1)

100

FC17189

Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 (B2)

50

FC17190

Lingua inglesa. Nivel avanzado 1 (C1)

FC17191

Lingua inglesa. Nivel avanzado 2 (C2)

FC17192

Lingua francesa. Nivel básico 1 (A1)

100

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

18.4.2017 ao 3.7.2017 e

1.9.2017 a 12.11.2017

16.11.2017

Das 9.00 ás 15.00 h

FC17193

Lingua francesa. Nivel básico 2 (A2)

FC17194

Lingua francesa. Nivel intermedio 1 (B1)

30

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

18.4.2017 ao 3.7.2017 e

1.9.2017 a 12.11.2017

16.11.2017

Das 9.00 ás 15.00 h

FC17195

Lingua francesa. Nivel intermedio 2 (B2)

20

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

18.4.2017 ao 3.7.2017 e

1.9.2017 a 12.11.2017

16.11.2017

Das 9.00 ás 15.00 h

FC17196

Lingua portuguesa. Nivel básico 1 (A1)

150

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

17.4.2017 ao 5.7.2017 e

1.9.2017 ao 9.11.2017

15.11.2017

Das 9.00 ás 15.00 h

FC17197

Lingua portuguesa. Nivel básico 2 (A2)

50

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

17.4.2017 ao 5.7.2017 e

1.9.2017 ao 9.11.2017

15.11.2017

Das 9.00 ás 15.00 h

FC17198

Lingua portuguesa. Nivel intermedio 1 (B1)

30

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

17.4.2017 ao 5.7.2017 e

1.9.2017 ao 9.11.2017

15.11.2017

Das 9.00 ás 15.00 h

FC17199

Lingua portuguesa. Nivel intermedio 2 (B2)

20

150

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

17.4.2017 ao 5.7.2017 e

1.9.2017 ao 9.11.2017

15.11.2017

Das 9.00 ás 15.00 h

FC17200

Lingua alemá. Nivel básico 1 (A1)

75

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

1.9.2017 ao 9.11.2017

14.11.2017

Das 9.00 ás 15.00 h

FC17201

Lingua alemá. Nivel básico 2 (A2)

50

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

1.9.2017 ao 9.11.2017

14.11.2017

Das 9.00 ás 15.00 h

FC17202

Lingua alemá. Nivel intermedio 1 (B1)

25

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

1.9.2017 ao 9.11.2017

14.11.2017

Das 9.00 ás 15.00 h

FC17203

Lingua alemá. Nivel intermedio 2 (B2)

25

70

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Teleformación

1.9.2017 ao 9.11.2017

14.11.2017

Das 9.00 ás 15.00 h

FC17204

Conversa en francés

15

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Santiago de Compostela

4.9.2017 ao 29.11.2017

das 16.30 ás 18.30 h

(L e Me)

29.11.2017

FC17205

Lingua francesa. Nivel básico 1 (A1)

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Santiago de Compostela

3.4.2017 ao 5.7.2017

das 16.30 ás 18.30 h

(L e Me)

5.7.2017

FC17206

Lingua francesa. Nivel básico 2 (A2)

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Santiago de Compostela

3.4.2017 ao 5.7.2017

das 16.30 ás 18.30 h

(L e Me)

5.7.2017

FC17207

Conversa en inglés

FC17208

Lingua inglesa. Nivel avanzado 1 (C1)

20

100

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Santiago de Compostela

30.3.2017 ao 30.11.2017

das 18.30 ás 20.30 h (M e X)
Do 7/07 ao 3/09 non hai clase

30.11.2017

FC17209

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (B1)

20

100

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

Santiago de Compostela

30.3.2017 ao 30.11.2017

das 16.30 ás 18.30 h (M e X)
Do 7/07 ao 3/09 non hai clase

30.11.2017

FC17210

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1.1 (B1.I )

20

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais, entes públicos instrumentais e Administración de xustiza de Galicia e PAS das Universidades galegas

A Coruña

5.9.2017 ao 30.11.2017

das 16.30 ás 18.30 h

(M e X)

Ferrol

Lugo

5.9.2017 ao 5.12.2017

das 16.30 ás 18.30 h

(M e X)

5.12.2017

Ourense

Pontevedra

Vigo

5.9.2017 ao 30.11.2017

das 16.30 ás 18.30 h

(M e X)

30.11.2017

FC17211

Lingua inglesa. Nivel intermedio 2.1 (B2.I)

das 18.30 ás 20.30 h