Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2017 Páx. 15980

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 24 de marzo de 2017 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2017 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto.

Mediante a Orde do 31 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 42, do 1 de marzo de 2017), a Consellería do Mar convocou as axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros.

O Real decreto 1173/2015, do 29 do decembro, establece no artigo 8.2 C uns factores de corrección para establecer o importe das axudas por paralización en buques de menos de 18 metros de eslora e no seu anexo I establece o importe máximo das primas por paralización en que se indica que para buques de menos de 18 metros se terán en conta os factores de corrección antes mencionados. Pola contra, na Orde do 31 de decembro de axudas a propietarios de buques, no anexo VIII, que debe coincidir cos anexos I e II do Real decreto 1173/2015 aparece reflectido erroneamente, que o factor de corrección se aplica a buques de menos de 10 metros.

No anexo I do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que establece a intensidade específica da axuda e que esta intensidade debe estar recollida en todos os seus termos na Orde do 31 de decembro de axudas a propietarios de buques pesqueiros, no seu artigo 9.

Esta orde elabórase coa finalidade de adaptar plenamente as bases reguladoras da Orde do 31 de decembro de 2016 coa normativa estatal e comunitaria de referencia e de facilitar a interpretación correcta da orde conforme este marco normativo de referencia.

En consecuencia, e no uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convoca para o ano 2017 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto, e que regula os procedementos de axudas PE120A, PE120B, PE120C, PE120D e o PE120E.

Un. O punto 4 do artigo 9 queda redactado do seguinte xeito:

4. A contía máxima da axuda será o 50 % do investimento máximo subvencionable a que se refire o punto 2 deste artigo, excepto para a paralización definitiva das actividades pesqueiras de buques que faenan en augas interiores, en que a intensidade da axuda será do 100 %, sen prexuízo do establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello.

Dous. O anexo VIII queda redactado do seguinte xeito:

ANEXO VIII

(Coincidente cos anexos I e II do Real decreto 1173/2015, do 29 de decembro, de desenvolvemento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca no relativo ás axudas á paralización definitiva e temporal da actividade pesqueira).

Importe máximo da prima. Paralizacións definitivas.

Categoría do buque por eslora1

(metros)

Arte de pesca

Importe máximo da prima

en euros

(valor histórico do casco*)

<12

Anzois

Arrastre de fondo

Artes fixas polivalentes

Cerqueiros

Nasas e artes de trampa

Rastreiros

Redes de enmalle

(7.560,96 + 5.416,03) × GT

(4.603,09 + 5.416,03) × GT

(6.777,17 + 5.416,03) × GT

(3.360,84 + 5.416,03) × GT

(4.461,38 + 5.416,03) × GT

(7.407,61 + 5.416,03) × GT

(5.545,75 + 5.416,03) × GT

>12<18

Anzois

Arrastre de fondo

Artes fixas polivalentes

Cerqueiros

Nasas e artes de trampa

Rastreiros

Redes de enmalle

(7.355,77 + 1.327,94) × GT

(4.693,21 + 1.327,94) × GT

(4.868,81 + 1.327,94) × GT

(4.166,1 + 1.327,94) × GT

(3.394,3 + 1.327,94) × GT

(6.956,39 + 1.327,94) × GT

(4.401,61 + 1.327,94) × GT

>18<24

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

Redes de enmalle

3.530,27 × GT

3.590,91 × GT

4.154,28 × GT

2.381,34 × GT

>24<40

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

Redes de enmalle

2.893,87 × GT

3.467,11 × GT

5.092,53 × GT

2.188,64 × GT

>40

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

2.351,71 × GT

1.985,66 × GT

2.712,12 × GT

* Para buques con menos de 18 m de eslora engadíuselle o factor corrector.

1 Entenderase por eslora a eslora total que figura no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

Importe máximo da prima. Acondicionamento do buque para actividades distintas da pesca comercial.

Categoría do buque por eslora2

(metros)

Arte de pesca

Importe máximo da prima

en euros

(valor histórico do buque*)

<12

Anzois

Arrastre de fondo

Artes fixas polivalentes

Cerqueiros

Nasas e artes de trampa

Rastreiros

Redes de enmalle

15.113,26 × GT

9.651,54 × GT

14.121,02 × GT

6.856,17 × GT

9.011,48 × GT

16.040,32 × GT

11.258.2 × GT

>12<18

Anzois

Arrastre de fondo

Artes fixas polivalentes

Cerqueiros

Nasas e artes de trampa

Rastreiros

Redes de enmalle

14.531,63 × GT

9.363,34 × GT

10.011,6 × GT

8.591,88 × GT

6.799,57 × GT

13.527,87 × GT

8.952,54 × GT

>18<24

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

Redes de enmalle

6.913,84 × GT

7.088,16 × GT

8.392,14 × GT

4.670,72 × GT

>24<40

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

Redes de enmalle

5.686,5 × GT

6.734,7 × GT

9.790,58 × GT

4.590,78 × GT

>40

Anzois

Arrastre de fondo

Cerqueiros

4.645,79 × GT

4.158,34 × GT

5.610,56 × GT

2 Entenderase por eslora a eslora total que figura inscrita no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta modificación implica a reapertura do prazo de presentación de solicitudes, regulado no artigo 13 da citada Orde do 31 de decembro de 2016. Por tanto, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde de modificación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, iníciase a partir da mesma data o cómputo do prazo para resolver regulado no artigo 17, número 2, da citada orde de convocatoria de subvencións.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2017

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar