BDNS (Identif.): 342108.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarios
a) As entidades locais de Galicia e entidades delas dependentes.
b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) Empresas legalmente constituídas.
Poderá existir unha diferenciación entre o titular da instalación solicitada e a titularidade dos centros consumidores de enerxía. Nestes casos, se o solicitante forma parte do sector público, deberá xustificarse o desenvolvemento do proxecto con convenios ou acordos asinados cos titulares dos centros consumidores de enerxía que acaden o 50 % do consumo enerxético previsto na súa solicitude. Por outra banda, o solicitante tamén poderá ser unha empresa de servizos enerxéticos que subministre enerxía térmica a distintos consumidores (sector público, empresas, residencial, entidades sen ánimo de lucro…) .
Segundo. Obxecto
O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións de equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible cun esquema de funcionamento baseado nunha xeración térmica centralizada e unha distribución desta enerxía aos puntos de consumo mediante redes.
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para os anos 2017-2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.
Cuarto. Contía
1. A contía global da convocatoria ascende a 4.500.000,00 euros. O financiamento da convocatoria correspóndese con fondos comunitarios derivados do programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 % e financiamento privado nun 20 %.
Beneficiarios |
Aplicación orzamentaria |
Orzamento |
||
Anualidade 2017 |
Anualidade 2018 |
Total |
||
Administración pública autonómica |
09.A2.733A.714.2 |
1.333.173,89 |
165.310,31 |
1.498.484,20 |
Administración pública local |
09.A2.733A.760.5 |
897.912,81 |
111.338,99 |
1.009.251,80 |
Empresas |
09.A2.733A.770.5 |
1.772.480,72 |
219.783,28 |
1.992.264,00 |
Total |
4.003.567,42 |
496.432,58 |
4.500.000,00 |
2. A contía da subvención será dun 80 % do custo elixible no caso de que os beneficiarios sexan:
a) Entidades locais.
b) Sector público autonómico.
A contía da subvención será dun 50 % do custo elixible no caso de que os beneficiarios sexan empresas e as súas agrupacións e asociacións. No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais, e no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais.
3. A contía máxima da axuda por proxecto ou por solicitante será de 1.000.000 de €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as bases no DOG.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017
Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia