Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21545

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de abril de 2017 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial Aspaber, de Carballo (A Coruña).

O representante da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Bergantiños (Aspaber), solicita a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial Aspaber, de Carballo.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial Aspaber, coa configuración que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado de educación especial (CEEPR).

Denominación específica: Aspaber.

Código do centro: 15033071.

Domicilio: lugar da Brea.

Código postal: 15102.

Localidade: Carballo (San Xoán).

Concello: Carballo.

Provincia: A Coruña.

Titular: Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Bergantiños (Aspaber).

Ensinanzas que se autorizan: 1 unidade de educación especial.

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria