Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30742

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

EXTRACTO da Resolución do 12 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria.

BDNS (Identif.): 350890.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao e que rematasen os seus estudos con posterioridade ao 31 de decembro de 2011.

Segundo. Obxecto

O establecemento das bases reguladoras e as condicións polas cales se rexerá a convocatoria das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 12 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía do Consello da Cultura Galega na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria.

Cuarto. Contía

Estas bolsas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, por un importe total de seis mil euros (6.000,00 euros), que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro será de mil euros mensuais (1.000,00 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

O presidente do Consello da Cultura Galega
P.D. (Resolución do 26.5.2017)
Xosé López García
Secretario do Consello da Cultura Galega