Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2017 Páx. 31696

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2017 pola que se convoca a provisión, polo procedemento de libre designación, do posto de xefe/a do Servizo de Xestión.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo) polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 157, do 19 de agosto),

RESOLVO:

Convocar, para a súa cobertura polo procedemento de libre designación, a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Xestión da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, de conformidade coas bases que se xuntan como anexo I.

As solicitudes de participación presentaranse no modelo que se xunta como anexo II.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o presidente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO I

Bases

Xefe/a do Servizo de Xestión

Primeira. Obxecto, funcións e retribución do posto de traballo

A presente convocatoria ten por obxecto a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Xestión da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, polo procedemento de libre designación.

As características e funcións do posto convocado, reflectidas no artigo 21 dos estatutos da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, son as que se sinalan no anexo III.

As retribucións serán as que correspondan en aplicación das ordes anuais da Consellería de Facenda polas que se diten as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Segunda. Sistema de selección

A selección do/a aspirante ao posto convocado levarase a cabo, segundo o disposto no artigo 50 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, polo procedemento de libre designación.

Terceira. Requisitos para participar na convocatoria

Poderán participar na presente convocatoria os interesados que na data de finalización do prazo para a presentación de solicitudes posúan a condición de persoal estatutario de xestión e servizos con vínculo de fixeza e que estean en situación de servizo activo nalgunha das categorías correspondentes ao grupo de clasificación A.

Cuarta. Solicitudes e documentación

Os interesados en participar na convocatoria deberán presentar solicitude dirixida á Presidencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, segundo o modelo de instancia que se xunta como anexo II, que estará á súa disposición na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es).

Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación acreditativa dos requisitos e méritos do interesado:

1. Documento de identificación: fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que acredite a identidade, debidamente compulsados.

2. Copia compulsada do nomeamento como persoal estatutario fixo ou certificación acreditativa de tal condición expedida polo servizo de saúde correspondente.

3. Certificación acreditativa expedida polo/s servizo/s de saúde correspondente/s, de encontrarse o solicitante en situación de servizo activo con vínculo de fixeza nalgunha das categorías dos grupos de clasificación A.

4. Currículo profesional, cos méritos que se aleguen, que incluirá a documentación orixinal ou a súa copia compulsada (titulación académica, anos de antigüidade, servizos prestados nas distintas administracións públicas, estudos e cursos realizados e impartidos, e outros méritos ou circunstancias que consideren oportuno poñer de manifesto).

Os documentos orixinais que presenten os aspirantes para acreditaren os seus méritos seranlles devoltos ao remate do proceso selectivo.

Presentarase toda a documentación indicada, necesariamente, xunto coa solicitude para participar na convocatoria e non será, en ningún caso, susceptible de emenda posteriormente.

No caso de insuficiente acreditación dos requisitos de admisibilidade exixidos na convocatoria, poderá emendarse no prazo que estableza a lista provisoria de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido na base sexta.

Quinta. Prazo e lugar de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Será causa de inadmisión no citado procedemento de provisión a presentación extemporánea da solicitude polo interesado.

As solicitudes presentaranse, xunto coa documentación sinalada na base cuarta, preferentemente no Rexistro da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, sita na avenida Fernando de Casas Novoa, nº 37, 1º A, 15707 Santiago de Compostela, ou nos demais lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexta. Resolución

A convocatoria, cos informes previos que se consideren precisos, será resolta pola Presidencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, que ditará para tal efecto a resolución correspondente, co nomeamento, de ser o caso, do aspirante seleccionado ou ben coa declaración como deserta da convocatoria, de non concorreren aspirantes idóneos para o desempeño do posto convocado.

A resolución da convocatoria será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Sétima. Toma de posesión

O/a aspirante seleccionado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición, destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Oitava. Avaliación do desempeño da xefatura

O aspirante seleccionado obterá un nomeamento que será obxecto de avaliación cada catro anos para os efectos de apreciar o nivel de rendemento e, cando proceda, do cumprimento dos obxectivos fixados.

O resultado da avaliación determinará a prórroga do nomeamento do profesional ou, de ser o caso, a súa remoción, sen prexuízo do disposto no artigo 56 do Decreto 206/2005, de provisión de postos de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Novena. Cesamento

Os profesionais seleccionados para o desempeño dos postos convocados poderán ser destituídos pola Presidencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, de conformidade co artigo 56 do Decreto 206/2005, de provisión de postos de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Décima. Recursos

Contra a resolución pola que se resolva a convocatoria poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o presidente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Décimo primeira. Norma derradeira

A publicación dos actos e da resolución que se diten na tramitación deste procedemento realizarase no taboleiro de anuncios da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, así como na súa páxina web (www.acis.sergas.es)

No non previsto na presente convocatoria aplicaranse de forma supletoria as disposicións contidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

missing image file

ANEXO III

Posto de xefe de Servizo de Xestión da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

O posto convocado está adscrito á Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e, segundo establecen os estatutos da Axencia, as súas funcións son as seguintes:

a) Xestionar os servizos comúns da Axencia, así como das unidades administrativas que estean baixo a súa dependencia. No exercicio desta función velará pola organización, simplificación e racionalización da actividade administrativa, propoñendo as modificacións encamiñadas a mellorar e perfeccionar os servizos.

b) Dar soporte, baixo a dependencia da persoa titular da Xerencia, aos programas e actuacións das diferentes áreas da Axencia.

c) Elaborar os documentos necesarios para a elaboración do orzamento, levar a cabo a xestión e o seguimento da execución económica e orzamentaria, e asumir, entre outras, a tramitación, seguimento e control dos expedientes de contratación administrativa promovidos pola Axencia, a tramitación das autorizacións para expedientes plurianuais e/ou que superen os límites previstos na normativa de réxime económico e financeiro.

d) Coordinar, supervisar e realizar o seguimento en materia dos fondos europeos de I+D+i , por fontes de financiamento.

e) Xestionar o inventario, o patrimonio, e os medios materiais adscritos á Axencia.

f) Coordinar a xestión e recadación de taxas, prezos públicos e outros ingresos, sen prexuízo das competencias da consellería competente en materia de Facenda.

g) Elaborar os borradores iniciais do contrato plurianual de xestión, do plan de acción anual, do informe de actividade e das contas anuais.

h) Realizar o estudo dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello Reitor ou á Comisión de Control da Axencia, ou ao Consello da Xunta de Galicia.

i) Desenvolver e xestionar a política de recursos humanos da Axencia e do seu réxime interior. Esta función inclúe a xestión do cadro de persoal e da relación de postos de traballo, o asesoramento á Xerencia na fixación das retribucións e a condución de avaliacións periódicas de desempeño e cumprimento de obxectivos.

j) Tramitar os expedientes de contratación do persoal investigador para a execución de proxectos e actividades investigadoras desenvolvidas pola Axencia ou por outras institucións coas que a Axencia teña convenios de colaboración.

k) Realizar funcións técnicas e de apoio ao desenvolvemento normativo en materia de I+D+i sanitaria.

l) Realizar apoio xurídico nas materias de competencia da Axencia, tanto nas propostas normativas que esta elabore coma nos labores de estudo, tramitación e elaboración de propostas de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos e peticións formulados contra actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Axencia, cando non estean atribuídos a outros órganos dela.

m) Responsabilizarse dos servizos de lexislación, documentación e publicación da Axencia.

n) Prestar asistencia técnica e administrativa á persoa titular da Xerencia nos asuntos que esta considere conveniente.

ñ) Prestar asistencia técnica e soporte tecnolóxico ás distintas áreas e servizos da Axencia.

o) Garantir a accesibilidade á información do seu departamento segundo a Lei 4/2006, do 30 de xullo, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, e a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

p) Elaborar propostas de resolución sobre asuntos da competencia da persoa titular da Xerencia cuxa tramitación se lle encomende.

q) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados pola Xerencia da Axencia en razón do ámbito funcional e de actuación que ten o servizo.