Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20729

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27, parágrafos 22, 23 e 24, establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva nas materias de promoción do deporte e, a adecuada utilización do lecer e a asistencia social, así como a promoción do desenvolvemento comunitario que se aplica, entre outros, ao ámbito da mocidade.

Mediante o Decreto 285/1989, do 16 de decembro, asúmense as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción sociocultural, no ámbito da mocidade e do desenvolvemento comunitario.

O artigo 15 da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, dispón que a Xunta de Galicia potenciará a mobilidade entre a mocidade galega, desenvolvendo programas para a realización de estudos, cursos e actividades noutras comunidades autónomas, na Unión Europea e noutros países, co obxectivo de potenciar o coñecemento da diversidade e a riqueza cultural, o que contribuirá á súa formación e posterior inserción laboral.

Segundo o Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, correspóndelle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre outras funcións, a xestión das actuacións en materia de mocidade, así como das políticas xuvenís de carácter interdepartamental e de apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil, así como o fomento da mobilidade xuvenil, dos intercambios xuvenís, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia como no resto do Estado e no ámbito internacional.

De conformidade co Programa operativo de emprego xuvenil, en adiante POEX, a mobilidade transnacional pode constituír un elemento fundamental na formación da mocidade, tanto pola experiencia adquirida como polo apoio que pode supor a aprendizaxe dun idioma estranxeiro. Desta maneira, a experiencia laboral no estranxeiro pode achegar un valor engadido á formación permanente dos/das mozos/as a á súa traxectoria profesional e proporcionarlles máis oportunidades de emprego. A mellora na formación e na empregabilidade da mocidade permitirá reducir os desaxustes existentes no mercado de traballo e cubrir as necesidades de man de obra. A mobilidade enmárcase dentro do POEX, do seguinte xeito:

1. Eixe 5. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non están empregadas nin participan en actividades de educación e formación, en particular, no contexto da garantía xuvenil.

2. Prioridade de investimento 8.2. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non estean empregadas nin participen en actividades de educación nin formación, así como os mozos e mozas que corren o risco de sufrir exclusión social e mais os/as procedentes de comunidades marxinadas, en particular no contexto da garantía xuvenil.

3. Obxectivo específico 8.2.2. Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

4. Medida 8.2.2.8. Programa de subvencións para proxectos de mobilidade dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas en empresas/entidades de países europeos, de modo que complementan a súa competencia profesional e persoal, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral.

Así mesmo, estas subvencións enmárcanse na convocatoria coordinada de mobilidade transnacional xuvenil a nivel europeo liderada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña, elaborada no seo da TNL mobility http://www.tln-mobility.eu/EN/Home/home.html.

Os programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais dos/das mozos/as constitúen unha das medidas incluídas na liña de actuación principal de mellora da empregabilidade e encádranse no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de garantía xuvenil, en adiante SNGX, regulado na Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, modificada pola Lei 25/2015, do 28 de xullo, de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas da orde social, e polo Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema nacional de garantía xuvenil. A mobilidade, por tanto, ten un efecto positivo, tanto na formación como na adquisición da experiencia necesaria para a incorporación ao mercado de traballo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumenten a empregabilidade dos mozos e mozas.

O SNGX regúlase no título IV, capítulo I, da Lei 18/2014, do 15 de outubro, as súas actuacións diríxense a mozos e mozas maiores de 16 ou de 18 anos, segundo o procedemento de que se trate.

Deste xeito, no marco de implementación do SNGX, a Consellería de Política Social considera prioritario apoiar medidas que incrementen as oportunidades de emprego para os mozos e as mozas, medidas que deben complementar a súa competencia profesional e persoal, reducir os obstáculos lingüísticos e fomentar a súa autonomía persoal mediante a mellora da súa empregabilidade. Así, concíbese o Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa para a realización de prácticas formativas non laborais en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos, de modo que incremente as posibilidades de inserción laboral.

Estas subvencións estableceranse con cargo aos créditos que para cada ano se especifiquen na correspondente lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia e estarán cofinanciadas pola Iniciativa de Emprego Xuvenil, en diante IEX, e o Fondo Social Europeo, en diante FSE. En cada convocatoria de subvencións indicaranse os créditos consignados a cada procedemento, así como as aplicacións orzamentarias a que se imputan.

Estas subvencións serán outorgadas en réxime de concorrencia competitiva, diferenciándose entre subvencións de mobilidade individual para a mocidade, subvencións a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro e subvencións a proxectos de mobilidade presentados por entidades locais.

A presente orde é coherente coa normativa comunitaria, en particular co Regulamento (CE) 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen as disposicións comúns relativas a Fondos Europeos, e co Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE, no eido da concesión e xustificación de subvencións por medio dos custos simplificados, que teñen por obxectivo a simplificación da xestión administrativa e das obrigas de xustificación impostas a beneficiarios e beneficiarias, regulamentos modificados polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo. Nas bases do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa recóllese a dita posibilidade establecendo as subvencións en función do baremo estándar de custos unitarios, en adiante BECU, suxeitos ao réxime de custos simplificados.

Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de subvencións; ao establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; ás disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; o Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006; á Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020 e á Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

TÍTULO I

Bases xerais e convocatoria para o exercicio 2019

CAPÍTULO I

Finalidade, ámbito e réxime das subvencións

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, con cargo ao Plan operativo de emprego xuvenil (en adiante, POEX), para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos. O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

2. A finalidade do programa de mobilidade é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil (en adiante, SNGX), non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

3. A realización das prácticas formativas non laborais xerará o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade, regulado na Orde do 26 de febreiro de 2015.

4. As bases específicas reguladoras de cada un dos procedementos incorporaranse no título II desta orde.

Artigo 2. Procedementos de concesión das subvencións

As subvencións á mobilidade establecidas nesta orde regularanse a través dos seguintes procedementos:

a) BS324A: subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega.

b) BS324B: subvencións a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

c) BS324C: subvencións para proxectos de mobilidade presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos segundo se indica no artigo 3.

Artigo 3. Persoas beneficiarias da subvención

1. As persoas e entidades beneficiarias desta subvención varían en función do procedemento de que se trate.

2. Os requisitos para participar en cada un deles, regúlanse no capítulo VI do título I (procedementos BS324B e BS324C) e no título II.

a) BS324A. Mozos e mozas individualmente, inscritos/as no SNGX e que figuren como beneficiarios/as, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) BS324B. Entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da mocidade.

c) BS324C. Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

3. Serán excluídas as persoas e entidades solicitantes que se encontren nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións aquelas persoas ou entidades que non se encontren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 4. Destinatarios/as das prácticas formativas non laborais: participantes das mobilidades

1. As persoas destinatarias das mobilidades, ademais dos requisitos que poidan exixir os procedementos específicos destas bases reguladoras, deberán ter cumpridos os 18 anos e estar inscritas e figurar como beneficiarias no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o día en que presenten a solicitude de concesión da subvención, e cumprir co establecido na Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficacia, e no Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema nacional de garantía xuvenil, entre outros:

a) Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

b) Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

c) Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

2. Non poderán participar nas mobilidades financiadas na presente convocatoria os mozos e mozas que participaran en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

Artigo 5. Duración das mobilidades para a realización das prácticas formativas non laborais

1. O período de realización das prácticas formativas non laborais nas empresas ou entidades dos países europeos rematará en todo caso o 30 de novembro de 2019.

2. A realización das prácticas formativas poderá iniciarse:

No procedemento BS324A a partir do día seguinte á publicación da resolución definitiva de beneficiarios/as, toda vez que estes/as acepten a subvención (anexo III) e entreguen a documentación indicada no artigo 22.

Nos procedementos BS324B e BS324C unha vez publicada a resolución definitiva de beneficiarios/as e aceptada a subvención (anexo III), realizada a convocatoria pública e o proceso selectivo e logo de verificación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado de que as persoas seleccionadas consten como beneficiarias no SNGX.

3. Enténdese por período de mobilidade para os efectos da subvención o período de realización das prácticas formativas non laborais, xustificadas segundo o anexo V e o anexo V-bis, proba de asistencia diaria ás prácticas.

Para os efectos da subvención, non son subvencionables os días de viaxe (ida e volta) do participante.

4. As horas formativas terán unha duración mínima de 100 horas mensuais. Estas horas deberán acreditarse mediante unha proba documental de asistencia diaria ás prácticas formativas non laborais, na cal consten os días laborables da semana, a hora de entrada e saída e a sinatura da persoa participante e da responsable de titorizar as prácticas na empresa, segundo o modelo do anexo V-bis.

5. A duración das prácticas, agás causa xustificada, motivada por escrito, será como mínimo de 2 meses e máximo de 3. Os meses non naturais (cando non comezan no primeiro día do mes) contaranse desde o día de inicio das prácticas do mes en curso ata o mesmo día do mes seguinte.

Os meses de duración das prácticas serán consecutivos agás períodos de peche da actividade das propias empresas/entidades onde se realicen as prácticas, caso en que procederá a interrupción polo tempo durante o cal permanezan inactivas, así como por causas debidamente xustificadas valoradas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O tempo de interrupción quedaría excluído do período de prácticas e non xeraría ningún dereito económico para os/as beneficiarios/as.

Artigo 6. Financiamento

1. Para o financiamento destas subvencións existe crédito suficiente e adecuado na Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, cunha contía total de 1.945.311,00 euros (código de proxecto 2015 00551).

2. A distribución inicial de créditos fíxase do seguinte xeito:

a) BS324A: 653.819 € con cargo á aplicación 13.05.313A.480.0, para as subvencións de mobilidade individuais de mozos e mozas.

b) BS324B: 941.492 € con cargo á aplicación 13.05.313A.481.0, para a concesión de proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

c) BS324C: 350.000,00 € con cargo á aplicación 13.05.313A.460.0, para proxectos presentados por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo.

3. De producirse remanentes de crédito nalgún dos procedementos anteriores, procederase á reasignación das contías sobrantes entre os restantes. Os importes de cada procedemento poderán ser incrementados ou minorados como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos destinados ao financiamento dos programas do Sistema nacional de garantía xuvenil, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. As subvencións reguladas nesta convocatoria están cofinanciadas pola IEX e polo FSE nunha porcentaxe do 91,89 %.

Artigo 7. Gastos subvencionables

Serán gastos subvencionables para a realización das prácticas os relativos a manutención e aloxamento, seguros, gastos de desprazamento e transporte local no país de destino de prácticas dos mozos e mozas participantes, incluíndo a subvención para o apoio lingüístico.

Ademais son gastos subvencionables das organizacións participantes: o proceso selectivo, formación e difusión da convocatoria, preparación de acordos, xestión coas entidades socias de acollida e gastos destas entidades, desprazamento dos mentores, preparación pedagóxica e sociocultural e orientación laboral dos participantes, así como as necesidades especiais e o apoio lingüístico. Son custos unitarios baseados no número de participantes na mobilidade.

Os importes especifícanse no capítulo VI do título I (procedementos BS324B e BS324C) e no capítulo I do título II (procedemento BS324A).

Artigo 8. Período do gasto subvencionable

Serán obxecto de subvención todos aqueles gastos que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada, se realicen nos seguintes prazos e sempre que se realice o seu pagamento no mesmo período:

Procedemento BS324A: desde o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva de beneficiarios/as, toda vez que estes/as acepten a subvención (anexo III) e entreguen a documentación indicada no artigo 22.

Procedementos BS324B e BS324C: gastos comprendidos entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 9 de decembro de 2019 respecto dos gastos de apoio á organización e execución do proxecto da mobilidade; e desde o día de inicio ata o día de finalización das prácticas respecto dos gastos dos mozos e mozas participantes.

Artigo 9. Incompatibilidades das subvencións

Estas subvencións son incompatibles con calquera outro tipo de subvencións ou bolsas de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares coa mesma finalidade.

A incompatibilidade aplícase desde a data de publicación da adxudicación definitiva da subvención ata a data de finalización da mobilidade establecida na presente convocatoria.

CAPÍTULO II

Solicitudes, documentación e procedemento de concesión

Artigo 10. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes de subvencións reguladas nos distintos procedementos desta orde deberán formalizarse por separado para cada un deles, no modelo de solicitude sinalado para cada procedemento no título II, e estarán dirixidas á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

2. As solicitudes de subvencións individuais (procedemento BS324A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

3. As entidades sen ánimo lucro (BS324B) e as entidades locais (BS324C) presentarán as súas solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

4. A presentación da solicitude implica a aceptación das bases.

5. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.

Artigo 11. Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación indicada no título II para cada un dos distintos procedementos.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. De conformidade coa normativa de protección de datos persoais, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante, cando o representante sexa unha persoa xurídica.

e) Comprobación de estar inscrito/a e ser beneficiario/a no Sistema nacional de garantía xuvenil.

f) Certificado de discapacidade cando sexa emitido pola Xunta de Galicia.

g) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

i) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 13. Publicación dos actos

1. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.xunta.gal.

2. Adicionalmente afectuaranse notificacións complementarias das resolucións e actos administrativos preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar.

3. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

4. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

5. As notificacións complementarias por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico efectuarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Consulta de dúbidas

1. Para resolver as dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal.

2. Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas:

– Para subvencións individuais de mobilidade, galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal.

– Para subvencións a proxectos de mobilidade, galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal.

Artigo 16. Emendas e defectos

Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado requirirá o/a mozo/a ou a entidade solicitante para que nun prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Se non o fai, de acordo co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, considerarase que desistiu da súa petición e procederase ao arquivamento do seu expediente, logo de resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 17. Comisión de avaliación

1. Crearase unha comisión para a valoración das solicitudes que se presenten por cada un dos procedementos. A comisión de avaliación será única para todos os procedementos regulados nesta orde e estará integrada polos/as seguintes membros:

Presidente/a: a persoa titular da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude, ou persoa que a substitúa.

Secretario/a: un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Vogais:

A persoa titular da xefatura do Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil.

O/a xefe/a da Sección de Programas Europeos.

Un/unha técnico/a da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

2. Esta comisión poderá adoptar validamente os seus acordos sempre que asistan a ela a persoa que exerce a presidencia, ou persoa que a substitúa, dous vogais e o secretario ou secretaria. Se por calquera motivo, no momento en que a comisión de avaliación teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puidese asistir, será substituída polo funcionario ou a funcionaria que para o efecto designe a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

3. A comisión de avaliación realizará un informe asinado e selado por cada procedemento e neles constará o resultado da avaliación e a prelación dos proxectos por orde decrecente de puntuación. Os ditos informes serán elevados ao órgano instrutor.

Artigo 18. Instrución

A instrución de todos os procedementos regulados nesta orde correspóndelle á Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e levarase a cabo conforme o estipulado no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 19. Criterios obxectivos de adxudicación das subvencións

Os criterios de valoración das solicitudes serán os recollidos para cada procedemento no Título II. Como resultado da aplicación dos criterios de valoración obterase unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de beneficiario ou beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas.

Artigo 20. Proposta de resolución

1. O órgano instrutor, á vista dos expedientes e dos informes da comisión de avaliación, elevará ao órgano competente para resolver as propostas de resolución das subvencións de cada procedemento. A proposta de resolución recollerá o seguinte contido:

a) As persoas ou entidades solicitantes para as cales se propón a concesión da subvención. Esta concesión efectuarase, conforme a orde de prelación establecida no informe da comisión de avaliación, ata esgotar o crédito orzamentario correspondente en cada caso.

b) O importe da subvención concedida a cada beneficiario/a.

c) As persoas ou entidades solicitantes para as cales se propón a denegación da subvención e os motivos da denegación.

2. En cada convocatoria, as persoas ou entidades solicitantes que non sexan propostas como adxudicatarias inicialmente por esgotarse o crédito orzamentario correspondente pasarán a conformar unha lista de reserva, que formará igualmente parte da proposta de resolución no procedemento que corresponda, coa finalidade prevista no punto 4.

3. As relacións provisionais de persoas ou entidades beneficiarias excluídas, a de admitidas (beneficiarias e mais a lista de agarda), coa puntuación obtida e a subvención concedida serán publicadas na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.gal e tamén en http://garantiaxuvenil.fondoseuropeos.gal/. As persoas e entidades interesadas terán o prazo dos 5 días hábiles posteriores á data da exposición pública da relación provisional para efectuar as reclamacións que consideren oportunas dirixidas ao correo electrónico galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal, galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal ou a través da carpeta do cidadán. As ditas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva, que se efectuará segundo o establecido no artigo 13.

4. En cada convocatoria, no caso de producirse renuncias a estas subvencións por parte das persoas ou entidades beneficiarias, o órgano instrutor poderá realizar novas propostas de resolución de concesión destas aos beneficiarios e beneficiarias incluídos/as na lista de reserva correspondente, con atención rigorosa á orde establecida nela, e sempre que exista crédito adecuado e suficiente.

Así mesmo, e nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, o órgano instrutor proporá novas concesións de subvencións á solicitude ou solicitudes seguintes na orde de puntuación.

5. Desde o 1 de setembro do ano da convocatoria de subvencións, malia a existencia das listas de espera, non se realizarán novas propostas de resolución, co fin de que se poidan rematar as mobilidades obxecto desta orde no prazo máximo previsto.

Artigo 21. Resolución

1. O órgano instrutor elevará a proposta de resolución definitiva á persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quen por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e logo da fiscalización da Intervención Delegada, ten a competencia para a adxudicación das subvencións ditando e notificando a correspondente resolución no prazo de catro meses desde a publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente.

2. A resolución de concesión fixará expresamente:

a) O importe concedido.

b) A duración de cada mobilidade.

c) A finalidade da subvención.

d) A totalidade das obrigas que contraen os/as beneficiarios/as, recollidas no documento que estableza as condicións de subvención, en adiante modelo DECA, que se publicará na resolución definitiva.

e) Farase referencia ao cofinanciamento pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo e a porcentaxe de cofinanciamento, dentro do POEX, no eixe prioritario 5, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.2, medida 8.2.2.8: Programa de subvencións para proxectos de mobilidade transnacional dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas non laborais en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos.

3. As resolucións definitivas dos procedementos BS324A, BS324B e BS324C, coa relación de beneficiarios/as, excluídos/as e lista de agarda, serán publicadas no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Esta publicación producirá os efectos do artigo 13.

Serán igualmente obxecto de publicidade na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.gal, e tamén en http://garantiaxuvenil.fondoseuropeos.gal/.

Tras a publicación da resolución definitiva, poñerase á disposición dos/das beneficiarios/as, un cuestionario en formato electrónico cos datos relativos aos indicadores de produtividade, recollidos na aplicación informática Participa 1420, que require o POEX, de entre os relacionados no anexo IX, consonte ao establecido nos anexos I e II do Regulamento (UE) 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro (Regulamento modificado polo regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo).

4. Para dar cumprimento aos requisitos de información e comunicación previstos nos anexos I e II do Regulamento (UE) 1304/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), proporciónase a aplicación informática Participa 1420, que permite o rexistro dos indicadores comúns e específicos, tanto de produtividade como de resultado inmediato e a longo prazo, garantindo a integridade dos datos e a depuración automática da información.

Nos procedementos BS324B e BS324C a entidade beneficiaria debe colaborar no rexistro de participantes e a súa asociación á operación que desenvolven e na xestión da recollida da información requirida sobre os participantes. Así mesmo, a entidade beneficiaria deberá asociarse a si mesma como un participante (entidade) na operación para proporcionar a información recollida no cuestionario de produtividade sobre entidades requirida pola normativa aplicable.

5. A Consellería de Política Social reserva para si o dereito de controlar e comprobar a execución desta subvención cando o considere conveniente, así como de divulgar e de dar a coñecer publicamente as actividades subvencionadas.

6. Sen prexuízo do previsto nos artigos 9 e 27, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, ao seu reintegro.

7. A resolución ditada neste procedemento pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da resolución nos termos do artigo 13, se o acto fose expreso; se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, ante o mesmo órgano que as ditou, ou seren impugnadas directamente ante a orde xurisdicional contencioso–administrativa no prazo de dous meses, se o acto é expreso, e de seis meses se é presunto, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución ou do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

Artigo 22. Efectividade da resolución

1. A resolución comprenderá o acto de outorgamento da subvención que será efectiva desde o día seguinte ao da súa publicación. Malia isto, a efectividade da resolución estará condicionada a que o/a beneficiario/a a acepte expresamente e concrete a entidade/empresa de realización da práctica no procedemento BS324A ou a entidade socia de acollida definida no artigo 32.4.c), en relación cos procedementos BS324B e BS324C, mediante a entrega da documentación que corresponda a cada procedemento na forma sinalada no artigo 10, nos seguintes prazos:

a) No prazo de 10 días hábiles, o anexo III cuberto en que aceptan ou renuncian á subvención. Se o/a beneficiario/a acepta a subvención marcará o cadro correspondente e indicará o número de conta bancaria da que sexa titular, co código IBAN.

No caso de solicitar o anticipo previsto no artigo 24.2, terá que indicalo no mesmo anexo III marcando o cadro previsto para o efecto.

b) No prazo común de 20 días hábiles, e sempre que non o presentaran xa con anterioridade, remitirán de conformidade co artigo 10:

1º. As persoas beneficiarias que presentaron solicitude individual de mobilidade: o anexo IV-A ou compromiso da empresa/entidade de prácticas. O anexo deberá estar asinado pola persoa responsable da empresa/entidade.

2º. As entidades que presentaron proxectos de mobilidade: o acordo entre a entidade concesionaria da subvención e a entidade socia na acollida das mobilidades, debidamente cuberto e selado por ambas partes, no cal conste o compromiso para a realización das prácticas e o número máximo de persoas que se poden beneficiar, segundo o modelo establecido no anexo IV.

2. Os prazos para presentar a documentación exixida en cada procedemento comezarán a contar desde o día seguinte á publicación da resolución de adxudicación da subvención correspondente no Diario Oficial de Galicia.

Para os/as beneficiarios/as das subvencións que non presenten no prazo e na forma os anexos III e IV, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da consellería, declarará a perda do dereito á subvención, logo de resolución ditada nos termos do artigo 21, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, incluíndo audiencia do beneficiario e sen que esta declaración dea lugar a ningún tipo de dereito indemnizatorio para a persoa ou entidade interesada.

3. Os mozos e as mozas beneficiarios/as e as entidades beneficiarias deberán cubrir o cuestionario de indicadores de produtividade no prazo de 10 días hábiles desde que o referido cuestionario estea á súa disposición a través da aplicación Participa 1420.

CAPÍTULO III

Xustificación e pagamento das subvencións

Artigo 23. Xustificación da subvención

1. Finalizada a estadía para a realización das prácticas formativas non laborais as persoas e as entidades beneficiarias procederán á xustificación da subvención concedida, mediante a presentación na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da documentación que se indica para cada procedemento no título II.

A Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado poderá solicitar as aclaracións ou informes dos medios de xustificación que consideren oportunos.

2. As entidades e persoas beneficiarias das subvencións deberán xustificar os gastos e os seus pagamentos conforme indican as bases reguladoras e a efectiva realización do obxecto da subvención, xustificando a realización das prácticas formativas non laborais, apoio lingüístico e demais conceptos subvencionables conforme a regulación de custos simplificados. O prazo máximo para xustificar será o 9 de decembro de 2019.

Transcorridos os prazos máximos sen ter presentado ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a dita xustificación, esta requirirá as persoas ou entidades beneficiarias para que no prazo improrrogable de 10 días a presenten. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, logo de audiencia ao/á interesado/a, o órgano competente para resolver ditará resolución para o efecto que será notificada aos/as interesados/as.

A presentación da xustificación no prazo adicional establecido no parágrafo anterior non eximirá a persoa ou entidade beneficiaria das sancións que, conforme á lei, correspondan.

3. Sen prexuízo do establecido no punto precedente, a xustificación dos custos unitarios establecidos nesta orde, con base na súa consideración de custos simplificados, realizarase en función da xustificación das mobilidades efectivamente realizadas aos países de acollida das prácticas e da comprobación da realización das prácticas formativas non laborais nestes países, conforme a regulación de custos simplificados estipulada no artigo 14 do Regulamento (UE)1304/2013, no artigo 67.1.b) e 131.2 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Artigo 24. Pagamento da subvención

1. Unha vez recibida e comprobada a documentación xustificativa, poderase proceder ao pagamento da subvención concedida. No caso de que o gasto certificado sexa inferior ao orzamento da subvención e no caso de incumprimento de obrigas, a contía da subvención será minorada de maneira proporcional e seguindo os criterios sinalados no artigo 26.

2. De acordo co previsto nos números 1 e 3 do artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, faránselles pagamentos anticipados do gasto ata un máximo do 80 % da subvención concedida, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, a aquelas persoas ou entidades beneficiarias que o soliciten expresamente, unha vez publicada a concesión da subvención, na forma e no prazo establecido no artigo 22. O pagamento do 20 % restante do importe adxudicado realizarase tras a presentación da xustificación final da subvención.

3. Non poderán realizarse pagamentos da subvención, de acordo co artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en canto o/a beneficiario/a non se atope ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, teña pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedor/a por procedencia de reintegro.

4. No caso de que se produzan reducións na duración das prácticas ou no número de participantes no caso dos procedementos BS324B e BS324C, respecto da concesión inicial, procederase á redución proporcional da subvención concedida.

CAPÍTULO IV

Obrigas, incumprimento e reintegro

Artigo 25. Obrigas das persoas/entidades beneficiarias

1. As persoas/entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumprir as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral ás subvencións públicas, deberán:

a) Realizar as mobilidades para as cales se concede a subvención, de conformidade coas disposicións previstas nesta orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.

b) Acreditar ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

c) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Política Social e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como o Tribunal de Contas, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE e da IEX, que poderán comprender as oportunas visitas sobre o terreo e as que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

d) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos/as beneficiarios/as e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Cumprir cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE e a Iniciativa Europea de Garantía Xuvenil, de conformidade co establecido no artigo seguinte.

f) Subministrar á Administración concedente a información necesaria ao abeiro do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 8 de xaneiro.

2. As obrigas específicas segundo o tipo de beneficiarios/as e para cada un dos tres procedementos establécense no capítulo VI do título I (procedementos BS324B e BS324C) e no capítulo I do título II (procedemento BS324A).

Artigo 26. Incumprimento de obrigas. Reintegro da subvención

1. O incumprimento total ou parcial por parte das persoas/entidades beneficiarias das obrigas establecidas nesta orde, así como na demais normativa aplicable e, con carácter xeral, ás subvencións públicas que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, orixinará, o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de subvencións máis os xuros de demora nas condicións e de conformidade co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo do establecido no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2. De conformidade co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, o importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

a) Incumprimento das condicións exixidas para a concesión da subvención, á persoa beneficiaria, no caso de solicitudes individuais, e ás entidades beneficiarias, noutro caso: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

b) Non realizar a actividade obxecto de subvención, ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da subvención: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

c) Descontarase da subvención das entidades sen ánimo de lucro e das entidades locais a contía correspondente a cada participante que non cumpra o requisito de estar de alta no SNGX na condición de beneficiario/a e non fose enviado á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para verificar o cumprimento.

d) Se durante a execución do programa a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten constancia de que o/a beneficiario/a obtivo outras subvencións para a mesma actividade, ordenará o reintegro das cantidades percibidas indebidamente, sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder.

e) A declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulabilidade da resolución de concesión por concorreren as causas previstas nos artigos 47 e 48 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando concorra algunha das causas de reintegro antes referidas, comportará a obriga de devolver as cantidades percibidas.

3. De conformidade co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, o importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos da actividade subvencionable:

a) Incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida para xustificar os gastos: no caso de que non se presente ningunha documentación, procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de presentación de documentación incorrecta, o importe que se reintegrará será proporcional ao gasto non xustificado.

b) Incumprimento da obriga de presentar a certificación das prácticas formativas non laborais achegando o anexo V e o anexo V-bis, debidamente cuberto e asinado, así como a proba documental de asistencia diaria ás prácticas: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non se certifiquen.

c) Incumprimento da obriga de devolver cubertos á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado os cuestionarios cos datos relativos aos indicadores de produtividade e de resultados que se lles soliciten: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non acheguen os ditos datos.

d) Incumprimento da obriga de acreditar a cobertura de seguros de responsabilidade civil e de accidentes, así como a asistencia sanitaria durante o período de duración das prácticas:

Reintegro do 2 % do gasto subvencionable se o incumprimento afecta algún dos seguros

Reintegro do 1 % do gasto subvencionable se o incumprimento afecta días de algún dos seguros.

e) Incumprimento das obrigas das entidades beneficiarias en materia de publicidade establecidas no artigo 38.1.b): reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

f) Incumprimento da obriga das entidades beneficiarias de manter un sistema de contabilidade separada prevista no artigo 38.2.a): reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

g) Incumprimento da obriga das entidades beneficiarias de manter unha pista de auditoría suficiente prevista no artigo 38.2.b): reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

h) Incumprimento do horario.

Descontarase un 1 % do gasto subvencionable da subvención concedida por cada hora de ausencia respecto das mínimas establecidas mensuais que non fosen compensadas durante o período da mobilidade.

Estas porcentaxes só se aplicarán no caso de que exista un incumprimento horario sen que supoña falta de asistencia diaria á practica.

i) Falta de asistencia.

Cando se produza unha falta de asistencia á práctica e cando os/as participantes nas mobilidades abandonen ou interrompan as mobilidades, procederá o reintegro da subvención proporcional ao número de días de prácticas deixados de realizar.

Poderán ser exceptuados das obrigas de reintegro por faltas de asistencia nos casos debidamente documentados e se en conformidade coa empresa recupera os días de non asistencia antes de finalizar o período de prácticas.

Así mesmo, serán exceptuados da obriga de reintegro por falta de asistencia ata un máximo de 3 días no caso de enfermidade común acreditada co correspondente informe médico. Estes 3 días deberán ser recuperados en horas, en conformidade coa empresa, antes de finalizar o período de prácticas.

Considérase causa xustificada en todo caso a entrevista laboral ou a sinatura dun contrato de traballo, a concesión dunha bolsa de traballo ou de estudos, a realización de exames de estudos oficiais, a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte ou hospitalización dun familiar de ata 2º grao e outra causa xustificada non imputable á persoa beneficiaria.

j) O incumprimento por parte das entidades beneficiarias da obriga de realizar a xornada de orientación laboral co fin de facilitar a inserción laboral dos/das mozos/as participantes unha vez rematadas as prácticas formativas non laborais e antes do vencemento do prazo de xustificación da subvención dará lugar ao reintegro dun 10 % do total da subvención.

k) No caso de que as persoas participantes non observen un código ético de conduta durante a mobilidade e incumpran o establecido no artigo 45.h), logo de dar audiencia á persoa interesada e á vista do informe conxunto da persoa que titoriza as prácticas na empresa/entidade e da persoa representante dela, e por proposta da entidade beneficiaria cando proceda, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá ordenar a cancelación das prácticas e deberán reintegrar os importes recibidos en caso de faltas graves reiteradas.

4. As cantidades que se deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 a 23 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 27. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas e mailas entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta operativa do Tesouro da Xunta de Galicia ES82 2080 0300 87 3110063172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un escrito de devolución voluntaria da subvención e unha copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número de expediente e a denominación da subvención concedida.

CAPÍTULO V

Avaliación, seguimento e control

Artigo 28. Asistencia, seguimento e avaliación

1. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude, é o órgano encargado de realizar as tarefas de supervisión, coordinación, asistencia técnica, seguimento e control da xestión dos proxectos, así como das subvencións concedidas.

2. Ademais de tramitar e resolver o expediente de solicitude e de transferir os fondos correspondentes, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude, realizará as seguintes actuacións:

a) Asistencia, apoio e asesoramento técnico e administrativo ás persoas no caso de mobilidades individuais e asistencia, apoio e asesoramento ás entidades solicitantes dos proxectos, tanto na preparación do proxecto como no seu desenvolvemento e na realización das mobilidades para as que se concede a subvención, para os efectos de conseguir o éxito do proxecto: creación de emprego, cualificación, adquisición de experiencia e inserción laboral.

b) Seguimento da xestión: no caso de entidades beneficiarias, obtendo das persoas responsables dos proxectos a información referente ás mobilidades que están a realizar, en canto ás datas de realización, as persoas que titorizan as prácticas, o persoal de apoio e calquera outro dato que se considere de interese para o seguimento puntual da xestión, especialmente daqueles que serviron de base para a concesión da subvención.

c) Control das subvencións concedidas e liquidación do expediente.

d) Control dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo seguinte.

Artigo 29. Control dos resultados obtidos

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado levará a cabo un control dos resultados obtidos cos proxectos de mobilidade:

1. Nas mobilidades individuais, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizará as seguintes actuacións:

a) Convocará as persoas beneficiarias das subvencións a unha xornada formativa, de seguimento das actuacións de orientación laboral, co fin de facilitar a súa inserción laboral, que terá lugar no prazo máximo de 6 semanas desde o remate da última mobilidade individual. A asistencia á dita xornada será obrigatoria para todos/as, agás causa xustificada debidamente motivada por escrito, tales como: enfermidade da persoa beneficiaria, enfermidade ou falecemento dun familiar directo, cita médica especializada programada, entrevista de traballo, asistencia a exames. Outras causas xustificadas serán avaliadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

b) Porá á disposición dos/das beneficiarios/as un cuestionario en formato electrónico, a través da aplicación informática Participa 1420, cos datos relativos aos indicadores de resultados inmediatos que procedan de entre os que constan no anexo IX, coa obrigatoriedade de devolvelo cuberto, coa totalidade dos datos no prazo de 10 días hábiles desde a súa posta á disposición.

c) No prazo de 6 meses, desde o remate do período de realización das mobilidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá requirir a actualización destes datos, coa finalidade de cubrir os indicadores de resultado a longo prazo que se reflicten no anexo IX desta orde.

2. Nos proxectos de mobilidades das entidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizará as seguintes actuacións:

a) Antes de rematar o período de realización do proxecto poñerase á disposición dos/das participantes no dito proxecto de mobilidade de cada entidade a través da aplicación informática Participa 1420, un cuestionario mediante o cal se lles solicitarán os datos relativos aos indicadores de resultados inmediatos que procedan de entre os que constan no anexo IX. As entidades terán a obriga de colaborar coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para que no prazo máximo de 10 días desde o remate do período de realización do proxecto, os/as participantes do seu proxecto de mobilidade envíen debidamente cuberto o mencionado cuestionario. No caso de incumprimento, deberán reintegrar un 2 % do gasto subvencionable.

b) No prazo de 6 meses desde o remate do período de realización das mobilidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá requirir a actualización destes datos, coa finalidade de cubrir os indicadores de resultado a longo prazo que se reflicten no anexo IX.

Artigo 30. Publicidade das subvencións. Transparencia e bo goberno

1. Tal como se recolle no artigo 15.1. da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os órganos administrativos concedentes procederán a publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, indicarán a convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, os/as beneficiarios/as, a cantidade concedida e a finalidade da subvención.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das subvencións concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas subvencións e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

4. Por outra parte, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información necesaria de conformidade con disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

5. O nome das entidades beneficiarias será publicado na lista de operacións do POEX prevista no artigo 115 do Regulamento (UE) 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao FSE e outros fondos.

Artigo 31. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, esta circunstancia reflectirase no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. Os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda, coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, información, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea na súa condición de organismo intermedio dos programas operativos en virtude das funcións atribuídas pola autoridade de xestión dos programas operativos segundo o disposto nos artigos 125, número 2, artigo 140, números 3 a 5, e anexo XIII, número 3, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e as súas disposicións de desenvolvemento (regulamento modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo).

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.

CAPITULO VI

Bases comúns aos procedementos BS324B e BS324C

Artigo 32. Proxectos de mobilidade

1. O proxecto deberá presentarse xunto coa solicitude no modelo normalizado que figura como anexo II e só se poderá presentar un proxecto por entidade solicitante. A duración máxima do proxecto será de 6 meses.

2. O número de persoas beneficiarias por proxecto será entre un mínimo de 4 e un máximo de 15, agás os proxectos conxuntos presentados nos supostos do artigo 50, que terán como máximo 20. Un mesmo proxecto pode realizar mobilidades en varios países cun máximo de 3, sempre e cando para cada país se seleccione un mínimo de 4 participantes.

3. As mobilidades dun proxecto poderán ser realizadas en distintos fluxos ou momentos temporais distintos dentro do período subvencionable, cun mínimo de 4 participantes por fluxo. Non obstante, todas as mobilidades dun mesmo proxecto deberán ter a mesma duración, agás causa debidamente xustificada.

Con carácter excepcional e por causa debidamente xustificada, as mobilidades dun proxecto poderán ser dun mínimo de 3 participantes por fluxo ou en caso de colectivos especialmente vulnerables.

Con carácter excepcional, debidamente xustificado, admitirase cambio de país de realización das prácticas para un de igual ou menor importe, pero nunca para un país que xa está solicitado no mesmo proxecto.

4. Os requisitos mínimos que deben cumprir os proxectos para poder participar son:

a) Requisitos mínimos en recursos humanos. Cada proxecto debe contar:

1º. Cunha persoa responsable do proxecto, que o coordine e xestione durante toda a súa duración.

2º. Cunha persoa que exerza a figura de mentor e que se ocupe da formación dos/das participantes nas mobilidades e que titorice, xunto coa persoa da entidade socia de acollida, as estadías e as prácticas formativas non laborais.

As funcións de responsable do proxecto e de mentor poden ser realizadas pola mesma persoa; en calquera caso e para desempeñar calquera das dúas tarefas requírese que a persoa teña titulación no eido educativo, social ou laboral e/ou experiencia mínima dun ano no ámbito da mocidade e do emprego.

3º. Requírese un mínimo de dedicación do mentor ao proxecto, obriga que deberá cumprirse en todas as fases do proxecto:

Unha xornada completa (37 horas e media semanais) para un número de mobilidades entre 12 e 15.

Media xornada para un número de mobilidades entre 8 e 11.

Un cuarto de xornada para un número de mobilidades entre 4 e 7.

b) Requisitos mínimos para a preparación lingüística. A preparación lingüística deberá ser como mínimo de 10 horas e pode ser na lingua do país de destino ou na lingua en que se desenvolvan as prácticas formativas. Esta preparación lingüística poderá realizarse no país de orixe ou no país de realización da práctica formativa e deberá ser impartida por profesionais.

c) Cada entidade beneficiaria contará cunha entidade socia de acollida en cada país de destino. Sinalaranse as tarefas que realizarán as entidades de acollida, con nomeamento expreso do/dos mentor/es.

d) A entidade beneficiaria deberá realizar por si mesma a actividade subvencionada, sen que caiba a subcontratación. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para realizar por si mesmo a actividade subvencionada.

5. Os proxectos deberán expresar con claridade, segundo o modelo do anexo II:

a) A idade das persoas participantes nas mobilidades.

b) Unha breve descrición das distintas fases do proxecto.

c) A duración total do proxecto que comprende desde a fase de preparación da convocatoria ata a avaliación, a duración das prácticas formativas non laborais e os fluxos, se os houber.

d) O número de mobilidades que se van desenvolver, coa previsión de prazas para persoas con discapacidade e con exclusión social para as cales se solicita a subvención.

e) Os países onde se realizarán as mobilidades, ata un máximo de 3.

f) O número de horas formativas por mensualidade.

g) O número de horas totais da preparación lingüística.

h) Os medios humanos que se dedicarán ao proxecto:

1º. No caso de que a entidade conte con medios humanos propios, expresarase o nome ou nomes da persoa responsable do proxecto e/ou do/dos mentor/es, con indicación da súa titulación ou experiencia e a xornada semanal que desenvolverán. (Xuntarase o proxecto a certificación destes datos nos termos establecidos nos artigos 47.e) e 51.e).

2º. No caso de que a entidade non teña medios humanos suficientes, expresarase o número de persoas que se contratarán, con indicación da xornada que desenvolverán e o compromiso expreso de enviar a certificación indicada no parágrafo anterior en canto se realice a contratación.

i) Cando se presenten acordos con entidades socias de acollida xunto coa solicitude, indicaranse o nome do socio de acollida en cada país, con indicación das tarefas que desenvolverán e a designación do mentor.

j) Delimitar as medidas de titorización e apoio que se levarán a cabo, marcando os recadros que correspondan entre as opcións do anexo II.

6. O contido dos proxectos deberá axustarse estritamente ao anexo II, que será o único documento que se teña en conta na valoración.

Artigo 33. Obxectivos dos proxectos subvencionables

Os proxectos de mobilidade desenvolverán accións encamiñadas a acadar algún dos seguintes obxectivos:

1. Mellorar o nivel de aptitudes e competencias clave dos/das participantes.

2. Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

3. Contribuír a facilitar aos mozos e mozas o seu acceso ao mercado de traballo, reducir os obstáculos lingüísticos e fomentar a súa autonomía persoal mediante a mellora da súa empregabilidade.

4. Potenciar os programas de educación non formal para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Artigo 34. Fases e contido dos proxectos de mobilidade

1. Os proxectos de mobilidade constarán de 3 fases:

a) Organización e planificación: inclúe a convocatoria para a selección das persoas participantes, que será obxecto de publicidade, o proceso selectivo e a preparación sociolingüística e intercultural, ademais da busca das entidades socias de acollida. Inclúe tamén a organización e preparación da mobilidade, en canto a organización da viaxe e aloxamento das persoas participantes e a busca da empresa de prácticas axeitadas ao nivel de estudos e ás necesidades dos participantes.

A entidade socia de acollida colaborará coa entidade beneficiaria na fase de execución do proxecto no país de realización das prácticas formativas. A entidade socia de acollida non pode ser a empresa de realización das prácticas.

b) Execución e seguimento das actividades de mobilidade: realización das estadías de prácticas formativas non laborais en empresas/entidades de países da Unión Europea e seguimento durante a súa realización; titorización das prácticas e realización de itinerarios personalizados de inserción dos/das participantes.

c) Avaliación e seguimento posterior á realización das prácticas formativas non laborais: inclúe a avaliación dos resultados de aprendizaxe obtidos polos participantes durante a actividade. Suporá a realización, como mínimo, dunha xornada de orientación laboral co fin de facilitar a súa inserción laboral, antes do vencemento do prazo de xustificación da subvención e o seguimento e o apoio a participantes, por un período mínimo de 6 meses unha vez finalizadas as prácticas.

2. As tres fases teñen que estar interrelacionadas e reflectidas na estrutura dos proxectos para asegurar que cada unha recibe a atención explícita para maximizar a efectividade da mobilidade transnacional dos/das participantes.

Artigo 35. Devolución de proxectos non subvencionados

1. As entidades solicitantes que resultasen non admitidas, as que renunciasen á subvención e aquelas que, sendo admitidas, non acadaron a puntuación mínima exixida nos proxectos para poder optar á subvención disporán de dous meses de prazo, desde o día seguinte á publicación da resolución, para retirar a documentación presentada, logo de solicitala mediante escrito dirixido á persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que será presentada seguindo as indicacións establecidas para as solicitudes de participación.

2. Así mesmo, a partir do 1 de setembro de 2019, as entidades en lista de agarda que non fosen propostas como beneficiarias tamén poderán retirar a documentación presentada, mediante solicitude no mesmo prazo de dous meses desde esta data e do mesmo xeito expresado no punto anterior.

3. Transcorridos os prazos indicados nos parágrafos precedentes sen que se solicitase a documentación sinalada, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado arquivará o expediente.

Artigo 36. Proceso selectivo dos/das participantes das mobilidades

1. Será responsabilidade das entidades obter con carácter previo á realización das mobilidades a verificación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado de que cada participante seleccionado/a pola entidade está inscrito/a no ficheiro do SNGX e figura como beneficiario/a.

2. Para garantir os principios de publicidade, igualdade e libre concorrencia, os extractos da convocatoria dos proxectos de mobilidade de todas as entidades beneficiarias serán publicados na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.gal, e na páxina de garantía xuvenil http://garantiaxuvenil.fondoseuropeos.gal/. A tal efecto, no prazo dos 5 días seguintes á publicación da resolución de concesión das subvencións, as entidades beneficiarias enviarán un extracto da convocatoria á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 11. Este extracto conterá como mínimo: o lugar e o prazo de presentación de solicitudes, que será como mínimo de 10 días e como máximo de 1 mes, os destinos das mobilidades e un teléfono ou correo electrónico de contacto.

Ademais, as entidades deberán publicar a convocatoria do proxecto de mobilidade nalgún dos seguintes medios: páxina web, redes sociais ou radio/prensa local e tamén na propia web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Nos concellos deberá publicarse tamén no taboleiro de anuncios.

3. No proceso selectivo que deberán realizar as entidades beneficiarias teranse en conta uns criterios mínimos de avaliación, que son:

a) Vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 2 puntos.

b) Persoas con discapacidade: 2 puntos.

c) Persoas en risco de exclusión social: 2 puntos.

d) A antigüidade no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma como persoa beneficiaria no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.

e) Valorarase a maior idade fronte á menor, tendo en conta a idade no día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes: ata 1,40 puntos, distribuídos do seguinte xeito:

Maiores de 28 anos: 1,40 puntos.

De 26 a 27 anos: 1,20 puntos.

De 24 a 25 anos: 1 punto.

De 22 a 23 anos: 0,80 puntos.

De 20 a 21 anos : 0,60 puntos.

De 18 a 19 anos: 0,40 puntos.

f) Criterio que estableza a propia entidade: 1 punto.

4. No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:

En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do punto precedente na mesma orde en que están establecidos.

En segundo lugar, a igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.

Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

Artigo 37. Contía das subvencións

1. Para determinar as contías das subvencións que establece esta orde teranse en conta os gastos enumerados a continuación:

a) Apoio á organización e execución da mobilidade, que comprende a contribución aos custos soportados polas entidades en relación coas actividades que apoian a mobilidade, entre os cales se inclúen:

1º. Apoio a aspectos organizativos. Custos directamente relacionados coa organización das actividades de mobilidade: o proceso selectivo, a información e difusión da convocatoria, a preparación dos acordos, a xestión coas entidades socias de acollida -excepto os custos de viaxe e estadía-, a preparación pedagóxica e sociocultural e orientación laboral das persoas participantes, así como as necesidades especiais e o apoio lingüístico.

O apoio lingüístico terá a finalidade de mellorar o coñecemento da lingua que utilizarán os/as participantes para realizar a estadía formativa e terá unha duración mínima de 10 horas acreditadas por profesionais con indicación do nivel a que correspondan os contidos impartidos respecto do Marco común europeo de referencia das linguas (en diante, MCERL).

Estes gastos serán calculados como custos unitarios, baseados no número de participantes na mobilidade.

2º. Apoio á execución do proxecto. Custos directamente relacionados coa execución do proxecto por parte da entidade beneficiaria relativos a:

2º.1. Gastos que soporten as persoas que designen como responsables do proxecto e/ou como mentor/es das mobilidades, no relativo á busca de novos socios; sinatura de acordos de acollida, supervisión e seguimento dos participantes e preparación de disposicións eficientes de titoría.

Son custos elixibles, polo tanto: os gastos da viaxe ao país ou países de destino, o transporte local no dito país, os gastos de aloxamento e manutención e os seguros de accidentes e de responsabilidade civil e sanitarios.

2º.2. Gastos que soporte a entidade socia de acollida no país de realización das prácticas relativos a custos administrativos, os derivados da contratación do titor de acollida, as actividades pedagóxicas e formativas durante a estadía, os custos de asesoramento para a redacción e tradución de documentación vinculada co proxecto.

Estes gastos serán calculados como custos unitarios, baseados no número de países de destino, o número de mobilidades e a súa duración.

A entidade socia de acollida colaborará coa entidade beneficiaria na xestión das mobilidades segundo as condicións establecidas no anexo IV.

A entidade socia de acollida non poderá ser a entidade ou empresa en que realicen as prácticas formativas non laborais os mozos e mozas participantes no proxecto da entidade beneficiaria.

b) Gastos para a realización das prácticas formativas non laborais. Inclúe: aloxamento e manutención das persoas participantes, viaxe ao país de destino, trasporte local e seguro de accidentes e responsabilidade civil, así como o seguro médico. Determínase en custos unitarios, segundo o lugar de realización das prácticas.

2. As contías das subvencións serán o resultado de aplicar os importes das táboas seguintes:

Táboa 1.

Apoio á organización e execución da mobilidade:

Custos subvencionables

Mecanismo de
financiamento

Importe

Norma de asignación

a) Apoio a aspectos organizativos

Custos unitarios

550 euros por
participante

Baseada no número de participantes na mobilidade

b) Apoio á execución do proxecto

1º Apoio para a entidade de envío

Custos unitarios

–1 mentor de 4 a 8 mobilidades no mesmo país de destino.

– 2 mentores desde 9 ou máis mobilidades, no mesmo ou distinto país de destino.

Gastos de viaxe = táboa 2

Nº máximo de viaxes (ida e volta) a cada país de destino:

– Unha viaxe previa á mobilidade para a busca de socios de acollida.

Só será subvencionable a viaxe cando se trate de establecer acordos con novos socios para o programa Galeuropa. Se xa existe ese acordo, non será subvencionable esta viaxe.

– 2 viaxes para o/s mentor/es:

1. Acompañamento a participantes ao comezo da mobilidade.

2. Visita intermedia de seguimento das mobilidades ou acompañamento a participantes ao remate da mobilidade.

Gastos de manutención e aloxamento= táboa 3

Cando as estadías superen os 14 días (continuos ou alternos) os importes diarios reduciranse nun 30 %.

Os días de estadía non inclúen os días da viaxe de ida e volta.

Máximo de estadías subvencionables:

– Busca de novos socios: 10 días (1 persoa)

– Acompañamento, seguimento (mentor/es): 10 días por cada mes que duren as prácticas formativas

Baseada no número de persoas que viaxen segundo o número de mobilidades en cada país de destino e a duración das mobilidades

2º Apoio para a entidade socia de acollida

Custos unitarios

Máximo 1 socio de acollida en cada país de destino.

Os días elixibles son os da duración exacta da mobilidade desde o inicio da prácticas formativas ata o último día destas máis 5 días adicionais de preparación. Os importes por día indícanse na táboa seguinte. Se un grupo ten menos de 8 participantes ou máis de 12, os importes unitarios reduciranse ou incrementaranse nun 5 % por participante respectivamente.

Baseada en: duración das mobilidades, núm. de países de destino, núm. de participantes

Destino

€/día

Destino

€/día

Destino

€/día

Alemaña

33 €

Finlandia

39 €

P. Baixos

39 €

Austria

39 €

Francia

37 €

Polonia

34 €

Bélxica

37 €

Grecia

38 €

Portugal

37 €

Bulgaria

32 €

Hungría

33 €

*Azores

40 €

Chipre

32 €

Irlanda

39 €

*Madeira

40 €

Croacia

35 €

Italia

39 €

R. Checa

32 €

Dinamarca

40 €

Letonia

34 €

R. Unido

40 €

Eslovaquia

35 €

Lituania

34 €

Romanía

32 €

Eslovenia

34 €

Luxemburgo

36 €

Suecia

39 €

Estonia

33 €

Malta

37 €

Táboa 2.

Gastos de viaxe mentor/es entidade de envío (ida e volta):

Destino

Contía

Destino

Contía

Destino

Contía

Alemaña

275 €

Finlandia

360 €

P. Baixos

275 €

Austria

360 €

Francia

275 €

Polonia

360 €

Bélxica

275 €

Grecia

360 €

Portugal

180 €

Bulgaria

360 €

Hungría

360 €

*Azores

275 €

Chipre

530 €

Irlanda

275 €

*Madeira

275 €

Croacia

275 €

Italia

275 €

R. Checa

275 €

Dinamarca

360 €

Letonia

360 €

R. Unido

275 €

Eslovaquia

360 €

Lituania

360 €

Romanía

360 €

Eslovenia

275 €

Luxemburgo

275 €

Suecia

360 €

Estonia

360 €

Malta

360 €

Táboa 3.

Gastos de aloxamento e manutención mentor/es entidade de envío:

Destino

Contía

día/mentor

Destino

Contía

día/mentor

Destino

Contía

día/mentor

Alemaña

58 €

Finlandia

71 €

P. Baixos

69 €

Austria

61 €

Francia

66 €

Polonia

59 €

Bélxica

65 €

Grecia

71 €

Portugal

65 €

Bulgaria

53 €

Hungría

55 €

*Azores

65 €

Chipre

58 €

Irlanda

74 €

*Madeira

65 €

Croacia

62 €

Italia

66 €

R. Checa

54 €

Dinamarca

72 €

Letonia

59 €

R. Unido

76 €

Eslovaquia

60 €

Lituania

58 €

Romanía

54 €

Eslovenia

60 €

Luxemburgo

66 €

Suecia

70 €

Estonia

56 €

Malta

65 €

Táboa 4.

Contías de subvención para os gastos de mobilidade dos/das mozos/as participantes desde o día de inicio ata o día de remate das prácticas:

Países

Custo mes/participante

(1) Custo día/participante

Países

Custo mes/participante

(1) Custo día/participante

Alemaña

1.226 €

40,31 €

Italia

1.350 €

44,38 €

Austria

1.278 €

42,02 €

Letonia

920 €

30,25 €

Bélxica

1.200 €

39,45 €

Lituania

906 €

29,79 €

Bulgaria

1.002 €

32,94 €

Luxemburgo

1.200 €

39,45 €

Chipre

1.096 €

36,03 €

Malta

1.088 €

35,77 €

Croacia

1.041 €

34,98 €

P. Baixos

1.322 €

43,46 €

Dinamarca

1.654 €

54,38 €

Polonia

1.320 €

43,40 €

Eslovaquia

1.058 €

34,78 €

Portugal

1.102 €

36,23 €

Eslovenia

1.042 €

34,26 €

*Azores e Madeira

1.670 €

54,90 €

Estonia

954 €

31,36 €

R. Checa

1.024 €

33,67 €

Finlandia

1.400 €

46,03 €

R. Unido

1.672 €

54,97 €

Francia

1.418 €

46,62 €

Romanía

1.008 €

33,14 €

Grecia

1.120 €

36,82 €

Suecia

1.378 €

45,30 €

Hungría

914 €

30,05 €

Irlanda

1.464 €

48,13 €

(1) Os custos por día só se aplicarán nos casos excepcionais en que a duración das prácticas non comprenda meses completos, ou no caso en que haxa que aplicar descontos.

Artigo 38. Obrigas das entidades beneficiarias relativas ao cofinanciamento pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo

1. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados polo FSE ao abeiro do POEX para o período 2014-2020, mediante as subvencións reguladas nesta orde a entidade beneficiaria deberá someterse, segundo a normativa europea que resulte de aplicación, ao cumprimento das seguintes obrigas:

a) Respectar as normas de subvencionabilidade do gasto financiado polo FSE, reguladas mediante os artigos 69 e 125 do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 decembro, o artigo 13 do Regulamento (UE) 1304/2013, do 17 de decembro (regulamentos modificados polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), así como as que se diten no seu desenvolvemento para o período 2014-2020 e a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE durante o período de programación 2014-2020.

b) Cumprir coas medidas de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), en concreto:

1º. Para os efectos de difusión pública, deberán identificar convenientemente as actividades e servizos que desenvolva o proxecto subvencionado, especialmente a través de publicidade estática realizada por medio de carteis (tamaño mínimo A3) ou paneis que, colocados en lugar visible, informarán do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa financiado pola Unión Europea, a través do FSE, POEX e do portal web do SNGX.

2º. Así mesmo, as persoas destinatarias serán informadas das mobilidades de que o programa Galeuropa está cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social), pola IEX e o FSE, así como da finalidade da subvención, e figurarán todos os emblemas nas comunicacións. Tamén deberán facer unha breve descrición da operación na súa páxina web destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

2. Relacionadas cos sistemas de xestión e control e sen prexuízo da obriga de xustificación das subvencións percibidas nos termos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e na presente norma, deberán:

a) Manter un sistema de contabilidade diferenciado para todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionables polo FSE e IEX, contando, polo menos, cun código contable adecuado que permita identificar claramente as transaccións e a súa rastrexabilidade.

b) Conservar e custodiar a documentación xustificativa dos gastos durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación, conforme o artigo 140 do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018. A data de certificación dos gastos á Comisión Europea será oportunamente publicada no Diario Oficial de Galicia.

c) Realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo). Os indicadores de produtividade e os de resultado inmediato serán formalizados polas entidades e mozos/as beneficiarios/as nos 10 días seguintes á posta á súa disposición a través da aplicación Participa 1420.

Artigo 39. Obrigas

1. No marco do POEX a entidade beneficiaria deberá someterse ao cumprimento das seguintes obrigas:

a) Difundir a convocatoria de mobilidade transnacional xuvenil publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais e na páxina web de Xuventude), ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.

b) Cubrir os cuestionarios postos á súa disposición desde a aplicación informática 1420 relativos aos indicadores de produtividade e coa totalidade dos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 22.3. e 29. Os indicadores de produtividade serán cubertos no prazo dos 10 días hábiles desde a súa posta a disposición.

c) Pór a disposición dos seus participantes a través da aplicación Participa 1420 os cuestionarios de indicadores de produtividade e de resultados, realizando un labor de asesoramento e seguimento para a súa cobertura.

Os indicadores de produtividade e os de resultado inmediato serán cubertos polos participantes no prazo dos 10 días hábiles desde a súa posta a disposición.

2. Obrigas da entidade beneficiaria en relación á actividade subvencionable para a execución do proxecto de mobilidade:

a) Buscar unha ou varias entidades socias de acollida no país de realización das prácticas que colaborarán coa entidade beneficiaria na execución do proxecto de mobilidade na busca de empresas e/ou entidades públicas ou privadas suficientes e adecuadas ao nivel de estudos e ás necesidades dos/das participantes.

b) Dispor dos seguros médicos, de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nas mobilidades durante o período de duración das mobilidades, desde o día da viaxe de ida ata o día de volta incluído.

c) Manter o contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, durante todo o período de execución do proxecto de mobilidade subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización para os efectos do previsto no capítulo V.

d) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás cales sexan convocadas, durante o período de execución do proxecto subvencionado, e ata un ano despois da súa finalización.

e) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, de conformidade co artigo 10, a seguinte documentación:

1º. No momento da adxudicación das subvencións as entidades beneficiarias deberán enviar as actas da comisión de valoración onde figuren as persoas seleccionadas para realizar as mobilidades, DNI e as puntuacións obtidas segundo os criterios de avaliación, co fin de que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado verifique que efectivamente están inscritos no Rexistro Nacional de Garantía Xuvenil e que cumpren os requisitos exixidos.

2º. Ata 3 días antes de iniciar as prácticas formativas non laborais enviarán:

Unha relación das persoas participantes nas actividades de mobilidade para as cales se pide a subvención, con indicación da data de inicio e remate das prácticas.

Unha copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil e seguros médicos que dea cobertura á mocidade que realizará as mobilidades.

Unha certificación da persoa representante da entidade en que conste o nome da persoa ou persoas contratadas, a súa titulación, experiencia e o número de horas ou a xornada dedicada ao proxecto, no caso de que se adquirise o compromiso de contratar persoal para realizar as mobilidades.

3º. Máximo 3 días despois de iniciar as prácticas:

A relación de empresas/entidades onde realizará as prácticas cada un dos/das participantes, con indicación da persoa que os/as titorizará na empresa.

O calendario de realización das prácticas de cada participante, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables da semana e o horario.

De ser o caso, nos 3 días seguintes a que se produza o feito e motivando as causas:

A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas. A comunicación deberá realizarse en documento motivado e asinado pola persoa participante.

A comunicación do cambio de empresa/entidade de prácticas.

f) Satisfacer, no momento do seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, se as houber, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

g) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado as modificacións substanciais do proxecto obxecto de subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos, no momento en que se produzan. As ditas modificacións responderán a causas excepcionais debidamente xustificadas. Non se admitirán modificacións dos países de acollida das prácticas cando supoñan un aumento das contías das subvencións concedidas.

h) Planificar, organizar e xestionar as mobilidades, no que se refire á viaxe ao país de destino ou transporte local, ao aloxamento e á manutención das persoas participantes durante as prácticas formativas non laborais.

i) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa acreditada para cumprir as condicións da subvención.

j) Informar, ao finalizar o programa, as oficinas de emprego da relación de persoas que participaron nas mobilidades.

TÍTULO II

Bases específicas dos distintos procedementos da convocatoria coordinada de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa

CAPITULO I

Procedemento BS324A: subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega

Artigo 40. Documentación

Coas solicitudes das subvencións individuais (anexo I-A) xuntarase a seguinte documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos:

1. Curriculum vitae modelo europeo en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Anexo IV-A, cos datos da empresa/entidade pública ou privada onde se realizarán as prácticas formativas non laborais.

No caso de non presentación deste anexo coa solicitude, deberá ser remitido no prazo establecido no artigo 22.1.b) 1º.

3. Se procede, acreditación de violencia de xénero, que se acreditará por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, que son:

a) Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

b) Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.

c) Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

d) Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

e) Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

f) Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.

g) Calquera outra que se estableza regulamentariamente.

4. Acreditación, se procede, da situación de discapacidade cando non sexa emitida pola Xunta de Galicia.

5. Se procede, o informe acreditativo da situación de risco de exclusión social emitido polo Sistema galego dos servizos sociais.

Artigo 41 Contía da subvención

Os criterios aplicables para determinar as contías das subvencións individuais de mobilidade, de entre os definidos no artigo 7, serán os relativos aos custos que se relacionan:

a) Contías da subvención para os gastos de mobilidade dos/das mozos/as participantes desde o día de inicio ata o día de remate das prácticas. Inclúe: aloxamento e manutención das persoas participantes, viaxe ao país de destino, transporte local e seguro de accidentes e responsabilidade civil, así como o seguro médico. Determínase en custos unitarios segundo o lugar de realización das prácticas.

Táboa 1. Subvencións individuais.

Contías da subvención para os gastos de mobilidade dos/das mozos/as participantes desde o día de inicio ata o día de remate das prácticas:

Países

Custo mes/participante

(1) Custo día/participante

Países

Custo mes/participante

(1) Custo día/participante

Alemaña

1.226 €

40,31 €

Irlanda

1.464 €

48,13 €

Austria

1.278 €

42,02 €

Italia

1.350 €

44,38 €

Bélxica

1.200 €

39,45 €

Letonia

920 €

30,25 €

Bulgaria

1.002 €

32,94 €

Lituania

906 €

29,79 €

Chipre

1.096 €

36,03 €

Luxemburgo

1.200 €

39,45 €

Croacia

1.041 €

34,98 €

Malta

1.088 €

35,77 €

Dinamarca

1.654 €

54,38 €

P. Baixos

1.322 €

43,46 €

Eslovaquia

1.058 €

34,78 €

Polonia

1.320 €

43,40 €

Eslovenia

1.042 €

34,26 €

Portugal

1.102 €

36,23 €

Estonia

954 €

31,36 €

*Azores e Madeira

1.670 €

54,90 €

Finlandia

1.400 €

46,03 €

R. Checa

1.024 €

33,67 €

Francia

1.418 €

46,62 €

R. Unido

1.672 €

54,97 €

Grecia

1.120 €

36,82 €

Romanía

1.008 €

33,14 €

Hungría

914 €

30,05 €

Suecia

1.378 €

45,30 €

(1) Os custos por día só se aplicarán nos casos excepcionais en que a duración das prácticas non comprenda meses completos, ou no caso en que haxa que aplicar descontos.

b) Apoio lingüístico. Comprende os custos relacionados co apoio ás persoas beneficiarias de subvencións individuais (antes da súa partida ou durante a súa estadía), co fin de mellorar o seu coñecemento da lingua que utilizarán para realizar a estadía formativa. Trátase de custos unitarios por cada beneficiario/a.

O apoio lingüístico refírese a unha formación en lingua estranxeira que require dun mínimo de 10 horas acreditadas por profesionais, con indicación do nivel a que correspondan os contidos impartidos respecto do Marco común europeo de referencia das linguas, en adiante MCERL.

Require petición expresa por parte da persoa solicitante marcando o cadro correspondente do anexo I-A.

Táboa 2. Subvencións individuais.

Apoio lingüístico (subvencións individuais):

Mecanismo financiamento

Importe

Norma de asignación

Custos unitarios

150 euros por participante

Condición: deberase solicitar expresamente o apoio lingüístico

Artigo 42. Criterios de avaliación

1. A puntuación máxima para as solicitudes individuais será de 11,60 puntos, tendo en conta os seguintes criterios de avaliación:

a) Vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 2 puntos.

b) Persoas con discapacidade: 2 puntos.

c) Persoas en risco de exclusión social: 2 puntos.

d) Ter buscada unha empresa/entidade pública ou privada onde realizar prácticas e acreditalo mediante a presentación do anexo IV-A, asinado pola empresa: 3 puntos.

Cando o anexo IV-A non se presente coa solicitude, poderá remitirse no prazo máximo dos 5 días hábiles seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os anexos recibidos con posterioridade non serán computados.

No caso de non presentar o anexo IV-A coa solicitude ou no prazo dos 5 días sinalados no parágrafo anterior, observarase o disposto no artigo 22.

e) A antigüidade no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma como persoa beneficiaria no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.

f) Valorarase a maior idade fronte á menor, ata 1,40 puntos, coa seguinte escala:

Maiores de 28 anos: 1,40 puntos.

De 26 a 27 anos: 1,20 puntos.

De 24 a 25 anos: 1 punto.

De 22 a 23 anos: 0,80 puntos.

De 20 a 21 anos : 0,60 puntos.

De 18 a 19 anos: 0,40 puntos.

Terase en conta a idade do día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

2. No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:

En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do apartado precedente na mesma orde en que están establecidos.

En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.

Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

Artigo 43. Modificación do país de destino de prácticas

O país de destino que se elixa na solicitude só poderá ser modificado, logo de solicitude por escrito motivado, por outro que teña asignadas contías iguais ou inferiores. Poderá realizarse o cambio para outro país que teña asignada unha contía superior só no caso de que haxa unha redución da duración da mobilidade, de xeito que non se supere o importe da subvención que corresponde segundo o país inicialmente solicitado e sempre cumprindo a duración mínima de 2 meses.

Articulo 44. Documentación xustificativa da subvención concedida

1. Memoria de actividades (anexo VI-A), en que conste unha breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos, resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obtido para a vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese, e unha indicación das modificacións producidas nas estadías, se as houber, en canto á duración da mobilidade e posibles cambios de empresas/entidades de prácticas, así como as causas que as motivaron.

2. Xunto co anexo VI-A presentarase a seguinte documentación:

a) O anexo VII. Unha declaración complementaria de non ter percibido outras subvencións para a mesma actividade das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) O anexo V. Certificado emitido pola empresa/entidade de prácticas no cal constará a efectiva realización das prácticas formativas non laborais da persoa beneficiaria, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola/s persoa/s da empresa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou.

c) O anexo V-bis. Proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola/s persoa/s da empresa que exerceu a titoría das prácticas e a persoa beneficiaria.

d) De ser o caso, deberá presentarse a documentación que acredite o motivo xustificado que causou o abandono ou interrupción das prácticas ou a non realización do período mínimo establecido nesta convocatoria.

e) A xustificación do apoio lingüístico farase mediante documentación que acredite a lingua na cal se recibe o apoio, con indicación do nivel a que correspondan os contidos impartidos respecto do MCERL. Deberá acreditar un mínimo de 10 horas. O documento deberá estar asinado pola persoa profesional que impartiu o curso e pola beneficiaria deste.

f) Deberá presentar unha reportaxe fotográfica que evidencie o lugar de realización da práctica formativa non remunerada. Cada foto debe ir acompañada dunha breve memoria descritiva.

Artigo 45. Obrigas da actividade subvencionada

As persoas beneficiarias da subvención deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Buscar pola súa conta a empresa/entidade pública ou privada para realizar as prácticas.

b) Dispor dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para facer as prácticas, así como da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico que dean cobertura equivalente durante o período de duración das mobilidades, e enviar copia á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, de conformidade co artigo 10.

c) Manter contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado desde o momento en que resultan beneficiarios/as, especialmente durante a realización das estadías formativas e para os efectos do previsto no capítulo V, durante o ano seguinte á finalización das prácticas.

d) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás cales sexan convocadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, tanto previas á saída, como durante a estadía formativa ou á volta das prácticas. Os mozos e as mozas beneficiarios/as serán convocados/as mediante correo electrónico a unhas sesións formativas correspondentes, sobre o programa de mobilidade, previas ao inicio da realización das prácticas e a finalización destas nas 6 semanas posteriores, que serán de asistencia obrigatoria, agás xustificación motivada por escrito; as xornadas ao finalizar as prácticas tratan de actuacións de orientación laboral coa finalidade de facilitar a inserción laboral.

e) Cubrir os cuestionarios relativos aos indicadores de produtividade e de resultados cos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 22.3. e 29.

f) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, de conformidade co artigo 10:

1º. Ata 3 días antes de comezar as prácticas, copia da póliza de accidentes e seguro de responsabilidade civil e a da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico equivalente.

2º. No prazo máximo de 3 días desde que se inicien as prácticas, para os efectos de seguimento da actividade segundo o disposto no capítulo V, deberán enviar un correo electrónico onde se indique:

Se existe ou non algunha variación nos datos indicados no anexo IV-A.

O calendario de realización das prácticas, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables por semana e o horario.

3º. A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas no prazo dos 3 días seguintes a que se produza o feito, con motivación das causas.

4º. Comunicar e motivar o cambio de empresa/entidade de prácticas e remitir un novo anexo IV-A cuberto coa aceptación da nova empresa no prazo máximo dos 3 días seguintes a producirse o cambio. De ningunha maneira se poderá admitir un cambio de empresa a outro país de destino se este cambio supón un aumento de contía nas subvencións concedidas.

g) Realizar a totalidade da mobilidade solicitada, sen incumprimento horario nin faltas de asistencia non xustificadas, sen prexuízo das compensacións horarias e de días de asistencia que se poidan facer de acordo coa empresa/entidade de prácticas.

h) Observar un código de conduta ético nas empresas/entidades onde se realicen as prácticas e, en xeral, no transcurso da mobilidade.

i) Comunicar á oficina de emprego a participación neste programa.

CAPÍTULO II

Procedemento BS324B: subvencións a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude

Artigo 46. Beneficiarios/as

Poderán ser beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da mocidade e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Artigo 47. Documentación

As solicitudes das entidades sen ánimo de lucro (anexo I-B) irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da súa lexitimación como representante da entidade, mediante a certificación do secretario ou secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta en que se recolla a composición do órgano de dirección no momento da presentación da solicitude.

b) Anexo II co proxecto de mobilidade.

c) De ser o caso, anexo IV debidamente asinado.

d) Documentación que acredite que ten sede permanente ou o domicilio social en Galicia.

e) No caso de desenvolver o proxecto con medios humanos da entidade, certificación da persoa representante da entidade na cal consten os nomes das persoas designadas para levar a cabo o proxecto de mobilidade, con indicación da función que desempeñarán como responsable do proxecto e/ou como mentor. Constarán tamén a súa titulación adecuada e experiencia mínima dun ano no ámbito da mocidade ou do emprego, así como a xornada que realizará (número de horas semanais) e o período de tempo durante o cal realizará as súas tarefas. A certificación deberá estar asinada pola persoa representante da entidade e tamén polas persoas designadas ou adscritas ao proxecto de mobilidade.

f) Acordos de colaboración bilaterais con entidades europeas para a acollida de mobilidades transnacionais, se procede.

g) Copia dos estatutos de constitución da entidade.

h) Acreditación da persoa representante da entidade de que a entidade conta con capacidade administrativa, financeira e operativa.

i) Certificación da persoa representante da entidade na cal conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar nome do proxecto, ano ou anos de execución e entidade/organismo convocante.

j) Certificación da persoa representante da entidade onde conste que na data de presentación do proxecto de mobilidade a entidade está a xestionar un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/organismo convocante.

k) Certificación da persoa representante da entidade onde conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/organismo convocante.

l) Certificación da persoa representante da entidade onde conste que na data de presentación do proxecto de mobilidade a entidade está a xestionar un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/organismo convocante.

Artigo 48. Criterios de avaliación

1. A puntuación máxima por proxecto será de 100 puntos.

a) Proxectos que polo menos nun dos seus fluxos (grupo de mozos/as que están a realizar a mobilidade no mesmo país no mesmo período) teñan como destinatarios/as como mínimo un 45 % de persoas con discapacidade superior ou igual ao 33 %: 9 puntos.

b) Ter xestionado nos últimos cinco anos proxectos específicos cuxos participantes fosen mozos/as con discapacidade igual ou superior ao 33 %. Máximo 10 puntos.

De 1 a 2 proxectos: 2 puntos.

De 3 e 4 proxectos: 6 puntos.

5 ou máis proxectos: 10 puntos.

c) Estar xestionando no momento de presentación do proxecto de mobilidade, un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos/as con discapacidade igual ou superior ao 33 %: 1,5 puntos.

d) Ter xestionado nos últimos cinco anos proxectos específicos cuxos participantes fosen mozos/as en risco de exclusión social. Máximo: 10 puntos.

De 1 a 2 proxectos: 2 puntos.

De 3 e 4 proxectos: 6 puntos.

5 ou máis proxectos: 10 puntos.

e) Estar xestionando no momento de presentación do proxecto de mobilidade un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos/as en risco de exclusión social: 1,5 puntos.

f) Melloras en recursos humanos respecto dos mínimos exixidos. Máximo 16 puntos.

Partindo de que a xornada completa é de 37 horas e media e tendo en conta os mínimos exixidos no artigo 32 para cada tramo de mobilidades (sexan 1 ou varias persoas):

Aumento nun 25 % da xornada: 4 puntos.

Aumento nun 50 % da xornada: 8 puntos.

Aumento nun 75 % da xornada: 12 puntos.

Aumento nun 100 % da xornada: 16 puntos.

g) Melloras na preparación lingüística da mocidade participante, respecto dos requisitos mínimos exixidos no artigo 32. Máximo 14 puntos:

De 11 a 15 horas: 1 punto.

De 16 a 20 horas: 2 puntos.

De 21 a 25 horas: 3 puntos.

De 26 a 30 horas: 4 puntos.

De 31 a 35 horas: 5 puntos.

De 36 a 40 horas: 6 puntos.

De 41 a 45 horas: 7 puntos.

De 46 a 50 horas: 8 puntos.

De 51 a 55 horas: 9 puntos.

De 56 a 60 horas: 10 puntos.

De 61 a 65 horas: 11 puntos.

De 66 a 70 horas: 12 puntos.

De 71 a 75 horas: 13 puntos.

Máis de 75 horas: 14 puntos.

h) Ter asinados acordos con entidades socias de acollida no momento de solicitar o proxecto: ata 18 puntos.

Asinar acordos nun país: 6 puntos.

Asinar acordos en dous países: 12 puntos.

Asinar acordos en tres países: 18 puntos.

O total dos acordos debe recoller un número de mobilidades igual ou superior ás ofertadas no proxecto. De non ser así asignaráselles a puntuación mínima deste punto e sempre que recollan un mínimo de 4 mobilidades.

i) Número de mobilidades que contén o proxecto. Máximo 6 puntos.

De 4 a 6: 6 puntos.

De 7 a 8: 5 puntos.

De 9 a 10: 4 puntos.

De 11 a 12: 3 puntos.

De 13 a 14: 2 puntos.

15: 1 punto.

j) Duración das prácticas: máximo 6 puntos, a razón de 0,20 puntos por cada día que exceda dous meses.

k) Acordo de colaboración con entidades europeas na acollida das súas mobilidades, ata un máximo de 8 puntos (2 puntos por cada acordo de colaboración bilateral).

2. No caso de empate na puntuación entre varias entidades solicitantes das subvencións e co fin de determinar a orde de prelación entre proxectos que obtiveron a mesma puntuación, fíxase como sistema de desempate:

En primeiro lugar, por obter puntos en todo o relativo aos colectivos de persoas vítimas de violencia de xénero, discapacidade ou risco de exclusión social.

En segundo lugar, o emprego da lingua galega na redacción do proxecto.

En terceiro lugar, a maior valoración que realizase a comisión de avaliación do proxecto en cada un dos criterios que se reflicten no punto 1 e seguindo a orde establecida nel.

Por último, de persistir o empate, a orde de entrada da solicitude.

Artigo 49. Documentación xustificativa da subvención concedida

1. Anexo VI-B, que debe incluír a relación nominal con todas as persoas que realizaron a mobilidade, na cal constará o seu nome e apelidos, DNI, data de nacemento, xénero, nivel de estudos, rama ou especialidade en que realizaron as prácticas e tamén rama ou especialidades dos seus estudos, concello de residencia, país e cidade de destino das prácticas, datas de inicio e fin das mobilidades e do período de prácticas de cada participante, número total de horas realizadas e sector empresarial.

2. Xunto co anexo VI-B deberase presentar a seguinte documentación:

a) Anexo VII. Unha declaración complementaria de non ter percibido outras subvencións para a mesma actividade das administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) Anexo V. Certificado emitido pola empresa/entidade de prácticas no cal constará a efectiva realización das prácticas formativas non laborais de cada persoa participante, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa da empresa que exerceu a titoría das prácticas, o titor/a da entidade de acollida e mais a persoa que as realizou.

c) Anexo V-bis, proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola/s persoa/s da empresa que exerceu a titoría das prácticas e a persoa beneficiaria.

d) Memoria de actividades do proxecto de mobilidade, asinada pola persoa representante da entidade beneficiaria de envío, na cal constará:

1º. Actividades realizadas na preparación e planificación: recursos humanos e materiais empregados na organización, busca de entidades socias na acollida, sesións preparatorias da mobilidade realizadas coas persoas participantes, xestión das viaxes e das estadías.

2º. Aspectos máis salientables na súa execución. Dificultades e apoios. De ser o caso, indicación das modificacións producidas respecto do proxecto inicial e a súa xustificación.

3º. Avaliación e seguimento posterior: breve indicación dos resultados de aprendizaxe e laborais obtidos polos/as participantes durante a mobilidade e seguimento realizado a través das sesións de orientación laboral.

e) Memoria de actividades de titorización e apoio ás mobilidades realizada e asinada polas persoas designadas como mentores, diferenciando, se procede, as titorías dos mentores da entidade de envío e as dos mentores da entidade de acollida, e as actividades conxuntas.

f) As follas de sinaturas de todas as xornadas realizadas coas persoas participantes, tanto as previas á saída coma as posteriores á mobilidade e tamén as das actividades lúdico-culturais, sociais e/ou de orientación laboral realizadas no país de destino, de ser o caso.

g) Diario das sesións realizadas tanto coas empresas coma cos participantes, coas sinaturas de todas as persoas asistentes nas sesións presenciais e con anotación da data e hora das sesións telefónicas, así como as incidencias atendidas a través do teléfono de contacto 24 horas.

h) Unha reportaxe fotográfica e/ou audiovisual das mobilidades, que conterá unha mostra das xornadas, tanto as formativas previas á mobilidade como as posteriores de orientación laboral realizadas no país de orixe, e das actividades lúdicas, culturais e deportivas. Tamén conterá unha mostra das prácticas formativas non retribuídas de cada persoa participante.

i) Certificación asinada pola persoa responsable da entidade beneficiaria de envío de que a convocatoria da mobilidade e o proceso selectivo se fixeron conforme o establecido nesta orde, na cal deberá constar:

1º. Que a convocatoria para a selección das persoas participantes se fixo respectando os principios de publicidade e concorrencia competitiva. Indicaranse as páxinas web e/ou redes sociais utilizadas para a súa difusión pública e, de ser o caso, achegarase a referencia a aparicións do proxecto nos medios de comunicación social. Xuntaranse copias e impresións de pantallas onde consten as ditas referencias.

2º. Que o proceso selectivo fíxose segundo os criterios mínimos de selección sinalados no artigo 36. Xuntaranse as actas da comisión coas valoracións dadas ás solicitudes presentadas, con explicación dos criterios empregados e a puntuación desagregada por cada criterio dada a cada participante. Estas actas deberán conter: número de solicitudes, número de admitidas e excluídas e a causa destas últimas e unha relación numerada por orde de puntuación das persoas seleccionadas.

j) Documentación acreditativa do mantemento do sistema de contabilidade separada a que se refire o artigo 38: extracto da contabilidade que permita verificar como se contabilizaron os gastos, o cal deberá incluír contas ou subcontas, datas e números dos correspondentes asentos contables.

k) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas en materia de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), ás cales fan referencia os artigos 38 e 39: mediante achegas de fotocopias da documentación utilizada, fotografías dos carteis expostos, indicación da páxina web, etc. Na documentación que se presente terán que verse con claridade os logotipos da UE e da Xunta de Galicia.

l) A xustificación do apoio lingüístico farase mediante documentación que acredite a lingua en que se recibe o apoio, con indicación do nivel a que corresponden os contidos impartidos respecto do MCERL. Deberá acreditar, ademais, as horas de duración e respectarán o mínimo establecido no artigo 32, polo que non se admitirá ningunha acreditación de cursos inferiores a 10 horas. O documento deberá estar asinado pola persoa profesional que impartiu o curso e pola beneficiaria deste.

m) Certificación da persoa representante da entidade beneficiaria de envío, na cal se acredite a efectiva dedicación das persoas designadas como responsables do proxecto ou como mentores, onde se acredite que se cumpriron as condicións indicadas na certificación ou compromiso que se presentaron coa solicitude. Asinarán na mesma certificación: o responsable do proxecto e/ou mentor/es. No caso de que se contratase persoal para a mobilidade, presentaranse os contratos de traballo.

3. Para xustificar as subvencións á execución do proxecto presentarase:

a) A entidade beneficiaria de envío:

1º. Documentación que acredite que a persoa responsable do proxecto e/ou mentor/es realizaron as viaxes ao país ou países de acollida mediante a presentación das tarxetas de embarque ou billetes de autobús ou tren; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías-autoestradas necesarios para a súa realización. En todo caso, da documentación anterior deberán deducirse claramente as datas de ida e volta.

2º. Partes de traballo diarios con indicación horaria de cada actividade realizada durante as estadías no país de acollida.

3º. Actas das reunións levadas a cabo nos países de destino asinadas por todos os asistentes a elas.

b) A entidade socia na acollida:

1º. Memoria de actividades realizadas, que deberá coincidir cos mínimos indicados no proxecto e no acordo coa entidade beneficiaria e incluirá os partes de traballo diarios ou semanais dedicados á mobilidade. A memoria estará redactada nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia: galego ou castelán.

2º. Copia da transferencia emitida pola entidade beneficiaria a favor da entidade socia na acollida polo importe que corresponda á subvención concedida neste concepto.

3º. Actas das reunións levadas a cabo asinadas por todas as persoas asistentes a elas.

CAPÍTULO III

Procedemento BS324C: subvencións para proxectos de mobilidade presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos

Artigo 50. Beneficiarios/as

1. Poderán ser beneficiarios os concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, e que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

2. Así mesmo, aqueles concellos que, sen constituíren mancomunidade, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación poderán solicitar as subvencións que regula esta orde, de conformidade co acordo do Consello da Xunta de Galicia con data 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

3. Ningún concello ou entidade local dos sinalados nos puntos anteriores poderá:

Presentar a solicitude de subvención se o fixo unha entidade local en que estean integrados ou da cal dependan.

Figurar en máis dunha solicitude colectiva.

Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual.

O incumprimento destas normas dará lugar á non admisión de todas as solicitudes individuais de subvención subscritas pola entidade de que se trate, dando validez á solicitude realizada de forma conxunta. No caso de figurar en máis dunha solicitude conxunta, non será admitida ningunha delas.

Artigo 51. Documentación

1. Coas solicitudes das entidades locais (anexo I-C) xuntaranse a seguinte documentación:

a) Certificado do secretario ou secretaria que recolla o acordo do órgano competente de solicitude da subvención e se nomee unha persoa representante, se procede.

b) Certificación do/da secretario/a da entidade local de ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio.

c) Anexo II co proxecto de mobilidade.

d) De ser o caso, anexo IV debidamente asinado.

e) No caso de desenvolver o proxecto con medios humanos da entidade, certificación da persoa representante da entidade, na cal consten os nomes das persoas designadas para levar a cabo o proxecto de mobilidade, con indicación das funcións que desempeñarán como responsable do proxecto e/ou como mentor. Constarán tamén a súa titulación axeitada e/ou experiencia mínima dun ano no ámbito da mocidade ou emprego, así como a xornada que realizará (número de horas semanais) e o período de tempo durante o cal realizará as súas tarefas. A certificación deberá estar asinada pola persoa representante da entidade e tamén polas persoas designadas ou adscritas ao proxecto de mobilidade.

f) No caso de comprometerse a acoller mobilidades doutras entidades europeas, presentarase o acordo de colaboración, que será bilateral e estará asinado por ambas as partes.

g) Certificación da persoa representante da entidade na cal conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade ou organismo convocante.

h) Certificación da persoa representante da entidade na cal conste que na data de presentación do proxecto de mobilidade a entidade está a xestionar un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/o organismo convocante.

i) Certificación da persoa representante da entidade na cal conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/o organismo convocante.

j) Certificación da persoa representante da entidade na cal conste que na data de presentación do proxecto de mobilidade a entidade está a xestionar un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/o organismo convocante.

2. No caso de entidades locais que presenten a solicitude mediante a fórmula de mancomunidade ou agrupación de concellos, deberán presentar ademais:

a) Documento en que se acorde a colaboración dos concellos no mesmo proxecto, no cal se incluirá o nomeamento da persoa que actuará como representante.

b) O certificado dos/das secretarios/as dos acordos do Pleno ou da Xunta de Goberno en que autorizan o concello a que actúe como representante de todos eles para a petición da subvención.

c) A declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública e co sector público da Comunidade Autónoma, ou a alternativa autorización de cada un dos concellos integrantes da agrupación ou mancomunidade; por tanto, debe cubrir cada un deles o anexo VIII. Neste caso, deberán xuntar tamén unha copia do DNI/NIE de cada unha das persoas representantes das entidades participantes no proxecto no caso de denegar expresamente a súa consulta.

d) Memoria de aforro de custos que se conseguen coa presentación conxunta respecto da individual, de ser o caso, cando se trate de proxectos conxuntos.

Artigo 52. Criterios de avaliación

1. A puntuación máxima por proxecto será de 110 puntos, sen prexuízo do previsto para as solicitudes conxuntas presentadas ao abeiro do acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro, polo que se determinan os criterios aplicables ás subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal que figuran no punto 2.

a) Proxectos que polo menos nun dos fluxos (grupo de mozos/as que están a realizar a mobilidade no mesmo país no mesmo período) teñan como destinatarios/as como mínimo un 45 % de persoas con discapacidade superior ou igual ao 33 %: 9 puntos.

b) Ter xestionado nos últimos cinco anos proxectos cuxos participantes fosen mozos/as con discapacidade igual ou superior ao 33 %: máximo 10 puntos.

De 1 a 2 proxectos: 2 puntos.

De 3 a 4 proxectos: 6 puntos.

5 ou máis proxectos: 10 puntos.

c) Estar xestionando no momento de presentación do proxecto de mobilidade un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos/as con discapacidade igual ou superior ao 33 %: 1,5 puntos.

d) Ter xestionado nos últimos cinco anos proxectos cuxos participantes fosen mozos/as en risco de exclusión social: máximo 10 puntos.

De 1 e 2 proxectos: 2 puntos.

De 3 e 4 proxectos: 6 puntos.

5 ou máis proxectos: 10 puntos.

e) Estar xestionando no momento de presentación do proxecto de mobilidade un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos/as en risco de exclusión social: 1,5 puntos.

f) Número de persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia na data de remate da presentación de solicitudes máximo 10 puntos, de conformidade cos seguintes criterios:

Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 50 mozos/as inscritos/as: 10 puntos.

Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 35 mozos/as inscritos/as: 8 puntos.

Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 20 mozos/as inscritos/as: 6 puntos.

Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 5 mozos/as inscritos/as: 4 puntos.

g) Melloras en recursos humanos respecto dos mínimos exixidos: máximo 16 puntos.

Partindo de que a xornada completa é de 37 horas e media e tendo en conta os mínimos exixidos no artigo 32 para cada tramo de mobilidades (sexan unha ou varias persoas):

Aumento nun 25 % da xornada: 4 puntos.

Aumento nun 50 % da xornada: 8 puntos.

Aumento nun 75 % da xornada: 12 puntos.

Aumento nun 100 % da xornada: 16 puntos.

h) Melloras na preparación lingüística da mocidade participante, respecto dos requisitos mínimos exixidos no artigo 32. Máximo 14 puntos:

De 11 a 15 horas: 1 punto.

De 16 a 20 horas: 2 puntos.

De 21 a 25 horas: 3 puntos.

De 26 a 30 horas: 4 puntos.

De 31 a 35 horas: 5 puntos.

De 36 a 40 horas: 6 puntos.

De 41 a 45 horas: 7 puntos.

De 46 a 50 horas: 8 puntos.

De 51 a 55 horas: 9 puntos.

De 56 a 60 horas: 10 puntos.

De 61 a 65 horas: 11 puntos.

De 66 a 70 horas: 12 puntos.

De 71 a 75 horas: 13 puntos.

Máis de 75 horas: 14 puntos.

i) Ter asinados acordos con entidades socias de acollida no momento de solicitar o proxecto, ata 18 puntos:

Asinar acordos nun país: 6 puntos.

Asinar acordos en dous países: 12 puntos.

Asinar acordos en tres países: 18 puntos.

O total dos acordos debe recoller un número de mobilidades igual ou superior ás ofertadas no proxecto. De non ser así, asignaráselles a puntuación mínima deste punto e sempre que recollan un mínimo de 4 mobilidades.

j) Número de mobilidades que contén o proxecto. Máximo 6 puntos:

De 4 a 6: 6 puntos.

De 7 a 8: 5 puntos.

De 9 a 10: 4 puntos.

De 11 a 12: 3 puntos.

De 13 a 14: 2 puntos.

De 15: 1 punto.

k) Duración das prácticas: máximo 6 puntos, a razón de 0,20 puntos por cada día que exceda os dous meses.

l) Acordo de colaboración bilateral para acoller mobilidades doutras entidades europeas: ata un máximo de 8 puntos (2 puntos por cada acordo).

2. De conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, establécese a seguinte puntuación adicional pola presentación de proxectos conxuntos:

a) A presentación da solicitude por parte dunha mancomunidade ou agrupación de concellos, excluída a modalidade de fusión municipal, supón un incremento do 30 % respecto da puntuación total, o que equivale a 30 puntos adicionais. Este criterio subdivídese do seguinte xeito:

Pola mera presentación da solicitude conxunta nos termos e requisitos recollidos neste capítulo III: 10 puntos adicionais.

Polo número de concellos superior a dous que se asocien: 2 puntos adicionais, ata un máximo de 10 puntos.

Pola valoración da memoria de aforro de custos que se conseguen coa presentación conxunta respecto da individual: 10 puntos.

b) A presentación da solicitude por parte dos concellos que fosen obxecto de fusión supón un incremento do 30 % respecto da puntuación total, o que equivale a 30 puntos adicionais.

As solicitudes conxuntas deberán consistir na participación conxunta e efectiva no desenvolvemento da actividade común, mediante achegas de organización, medios persoais e materiais ou recursos financeiros para a finalidade compartida, de acordo coas respectivas competencias.

3. No caso de empate na puntuación entre varias entidades solicitantes das subvencións e co fin de determinar a orde de prelación entre proxectos que obtiveron a mesma puntuación, fíxase como sistema de desempate:

En primeiro lugar, por obter puntos en todo o relativo aos colectivos de persoas vítimas de violencia de xénero, discapacidade ou risco de exclusión social.

En segundo lugar, o emprego da lingua galega na redacción do proxecto.

En terceiro lugar, a maior valoración que realizase a comisión de avaliación do proxecto en cada un dos criterios que se reflicten no punto 1 e seguindo a orde establecida nel.

Por último, de persistir o empate, a orde de entrada da solicitude.

Artigo 53. Documentación xustificativa da subvención concedida

1. Anexo VI-C, que debe incluír a relación nominal con todas as persoas que realizaron a mobilidade, na cal constará o seu nome e apelidos, DNI, data de nacemento, xénero, nivel de estudos, rama ou especialidade en que realizaron as prácticas e tamén rama ou especialidade en función dos seus estudos, concello de residencia, país e cidade de destino das prácticas, datas de inicio e fin das mobilidades e do período de prácticas de cada participante, número total de horas realizadas e sector empresarial.

2. Xunto co anexo VI-C deberase presentar a seguinte documentación:

a) Anexo VII. Unha declaración complementaria de non ter percibido outras subvencións para a mesma actividade das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) Anexo V. Certificado emitido pola empresa/entidade de prácticas no cal constará a efectiva realización das prácticas formativas non laborais de cada persoa participante, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa da empresa que exerceu a titoría das prácticas, o/a titor/a da entidade de acollida e mais a persoa que as realizou.

c) O anexo V-bis, proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa da empresa que exerceu a titoría das prácticas e a persoa beneficiaria.

d) Memoria de actividades do proxecto de mobilidade, asinada pola persoa representante da entidade beneficiaria de envío, na cal constarán:

1º. Actividades realizadas na preparación e planificación: recursos humanos e materiais empregados na organización, busca de entidades socias na acollida, sesións preparatorias das mobilidades realizadas coas persoas participantes, xestión das viaxes e das estadías.

2º. Aspectos máis salientables na súa execución: dificultades e apoios. De ser o caso, indicación das modificacións producidas respecto do proxecto inicial e a súa xustificación.

3º. Avaliación e seguimento posterior: breve indicación dos resultados de aprendizaxe e laborais obtidos polos/as participantes durante a mobilidade e seguimento realizado a través das sesións de orientación laboral.

e) Memoria de actividades de titorización e apoio ás mobilidades realizada e asinada polas persoas designadas como mentores, diferenciando, se procede, as titorías do/das mentor/es da entidade de envío e as dos/das mentores da entidade de acollida, e as actividades conxuntas.

f) Follas de sinaturas de todas as xornadas realizadas coas persoas participantes, tanto as previas á saída coma as posteriores á mobilidade e tamén as das actividades lúdicas, culturais, sociais e/ou de orientación laboral realizadas no país de destino, de ser o caso.

g) Diario das sesións realizadas tanto coas empresas coma coas persoas participantes, coas sinaturas de todas as persoas asistentes nas sesións presenciais e con anotación da data e hora das sesións telefónicas, así como as incidencias atendidas a través do teléfono de contacto 24 horas.

h) Unha reportaxe fotográfica das mobilidades, que conterá unha mostra das xornadas, tanto as formativas previas á mobilidade como as posteriores de orientación laboral realizadas no país de orixe e das actividades lúdicas, culturais e sociais. Tamén conterá unha mostra das prácticas formativas non retribuídas de cada persoa participante.

i) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa ou presidente/a, na cal se faga constar que a convocatoria de mobilidade e o proceso selectivo se fixeron conforme o establecido nesta orde, na cal deberá constar:

1º. Que a convocatoria para a selección das persoas participantes se fixo respectando os principios de publicidade e concorrencia competitiva. Indicaranse as páxinas web e/ou redes sociais utilizadas para a súa difusión pública e, de ser o caso, achegarase a referencia a aparicións do proxecto nos medios de comunicación social. Xuntaranse copias e impresións de pantallas onde consten as ditas referencias.

2º. Que o proceso selectivo se fixo segundo os criterios mínimos de selección sinalados no artigo 36. Xuntaranse as actas da comisión coas valoracións dadas ás solicitudes presentadas, con explicación dos criterios empregados e a puntuación desagregada por cada criterio dada a cada participante. Estas actas deberán conter: número de solicitudes, número de admitidas, número de excluídas e a causa e unha relación numerada por orde de puntuación das persoas seleccionadas.

j) Documentación acreditativa do mantemento do sistema de contabilidade separada a que se refire o artigo 38: extracto da contabilidade que permita verificar como se contabilizaron os gastos, o cal deberá incluír contas ou subcontas, datas e números dos correspondentes asentos contables.

k) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas en materia de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), ás cales fan referencia os artigos 38 e 39, mediante achegas de fotocopias da documentación utilizada, fotografías dos carteis expostos, indicación da páxina web, etc. Na documentación que se presente terán que verse con claridade os logotipos da UE e da Xunta de Galicia.

l) A xustificación do apoio lingüístico farase mediante documentación que acredite a lingua en que se recibe o apoio, con indicación do nivel a que corresponden os contidos impartidos respecto do MCERL. Deberá acreditar, ademais, as horas de duración e respectarán o mínimo establecido no artigo 32, polo que non se admitirá ningunha acreditación de cursos inferiores a 10 horas. O documento deberá estar asinado pola persoa profesional que impartiu o curso e pola beneficiaria deste.

m) Certificación da persoa representante da entidade beneficiaria de envío, na cal se acredite a efectiva dedicación das persoas designadas como responsables do proxecto ou como mentores, na que se acredite que se cumpriron as condicións indicadas na certificación ou compromiso que se presentaron coa solicitude. Asinarán na mesma certificación: o responsable do proxecto e/ou o mentor ou os mentores. No caso de que se contratase persoal para a mobilidade, presentaranse os contratos de traballo.

3. Para xustificar as subvencións á execución do proxecto presentarase:

a) A entidade beneficiaria de envío:

1º. Documentación que acredite que a persoa responsable do proxecto e/ou mentor ou mentores realizaron as viaxes ao país ou países de acollida, mediante a presentación das tarxetas de embarque ou billetes de autobús ou tren; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías-autoestradas necesarios para a súa realización. En todo caso, da documentación anterior deberán deducirse claramente as datas de ida e volta.

2º. Partes de traballo diarios con indicación horaria de cada actividade realizada durante as estadías no país de acollida.

3º. Actas das reunións levadas a cabo nos países de destino asinadas por todos os asistentes a elas.

b) A entidade socia na acollida:

1º. Memoria de actividades realizadas, que deberá coincidir cos mínimos indicados no proxecto e no acordo coa entidade beneficiaria e incluirá os partes de traballo diarios ou semanais dedicados á mobilidade. A memoria estará redactada nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia: galego ou castelán.

2º. Copia da transferencia emitida pola entidade beneficiaria a favor da entidade socia na acollida polo importe que corresponda á subvención concedida neste concepto.

3º. Actas das reunións levadas a cabo asinadas por todas as persoas asistentes a elas.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para resolver a concesión, denegación, modificación, a procedencia de reintegro, total ou parcial, a declaración de perda do dereito da subvención, ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional segunda. Réxime de infraccións e sancións

Os/as beneficiarios/as destas subvencións quedan suxeitos/as ao réxime de infraccións e sancións previstas para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Disposición adicional terceira. Loita contra o fraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto no enderezo web http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo, que se xunta como anexo a esta convocatoria.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para ditar, dentro das súas competencias, as resolucións necesarias para desenvolver esta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IX

Indicadores de produtividade e resultados

Exixidos polo Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo (FSE) (modificado polo Regulamento 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de xullo).

Indicadores comúns do FSE (anexo I do Regulamento 1304/2013):

1. Indicadores comúns de produtividade.

a) Participantes:

Dimensión do

Indicador

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación de referencia

Representatividade da mostra

Estado laboral

Desempregados, incluídos os de longa duración*

Anualmente

Todos os participantes

Desempregados de longa duración*

Anualmente

Todos os participantes

Inactivos*

Anualmente

Todos os participantes

Inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación *

Anualmente

Todos os participantes

Persoas con emprego, incluídos os traballadores por conta propia *

Anualmente

Todos os participantes

Idade

Persoas menores de 25 anos de idade *

Anualmente

Todos os participantes

Persoas maiores de 54 anos de idade *

Anualmente

Todos os participantes

Persoas maiores de 54 anos de idade que se atopan desempregadas, incluídas as de longa duración, ou inactivas e non integradas nos sistemas de educación ou formación *

Anualmente

Todos os participantes

Nivel educativo

Persoas con estudos de ensino primario (CINE 1) ou secundaria (CINE 2) *

Anualmente

Todos os participantes

Persoas co Segundo ciclo de ensino secundario (CINE 3) ou con ensino postsecundaria (CINE 4) *

Anualmente

Todos os participantes

Persoas con ensino superior ou terciario (CINE 5 a 8) *

Anualmente

Todos os participantes

Participantes desfavorecidos

Inmigrantes, participantes de orixe estranxeira, minorías (incluídas comunidades marxinadas, como a poboación romaní) **

Anualmente

Todos os participantes

Participantes con discapacidade **

Anualmente

Todos os participantes

Outras persoas desfavorecidas **

Anualmente

Todos os participantes

Persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en canto a vivenda *

Unha vez en 2019

Mostra representativa de todos os participantes

1) Situación laboral

2) Grupo de idade

3) Nivel educativo

Persoas de zonas rurais *

Unha vez en 2019

Mostra representativa de todos os participantes

1) Situación laboral

2) Grupo de idade

3) Nivel educativo

b) Entidades:

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Número de proxectos total ou parcialmente realizados por axentes sociais ou as asociacións non gobernamentais

Anualmente

Todos os proxectos

Numero de proxectos dedicados á participación e á progresión sustentables das mulleres no ámbito do emprego

Anualmente

Todos os proxectos

Número de proxectos dirixidos ás administracións públicas ou aos servizos públicos a nivel nacional, rexional ou local

Anualmente

Todos os proxectos

Número de microempresas e pequenas e medianas empresas subvencionadas (incluídas as cooperativas e as empresas de economía social)

Anualmente

Todas as pemes directamente soportadas

2. Indicadores comúns de resultado.

a) Indicadores de resultado inmediato:

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Participantes inactivos que buscan traballo logo da súa participación *

Anualmente

Participantes inactivos

Participantes que se integraron nos sistemas de educación ou formación logo da súa participación *

Anualmente

Todos os participantes, excepto aqueles non integrados nos sistemas de educación ou formación ao comezo

Participantes que obteñen unha cualificación logo da súa participación *

Anualmente

Todos os participantes

Participantes que obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación *

Anualmente

– Desempregados

– Participantes inactivos

Participantes desfavorecidos que buscan traballo, que se integran nos sistemas de educación ou formación, obteñen unha cualificación ou obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación **

Anualmente

Participantes desfavorecidos que logran un resultado entendido como un cambio a diferenza entre a situación ao saír, en comparación coa situación ao entrar na operación do FSE. Participantes desfavorecidos son:

– Inmigrantes, persoas de orixe estranxeira, minorías (incluíndo as comunidades marxinadas, como a poboación romaní)**

– Participantes con discapacidade**

– Outras persoas desfavorecidas**

b) Indicadores de resultado a longo prazo1:

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Mostra representativa centrada en

Participantes que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación *

2019 e 2025

Participantes:

– Desempregados

– Inactivos

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Grupo de idade

3) Nivel educativo

Participantes que mellorasen a súa situación no mercado de traballo no prazo dos seis meses seguintes á súa participación *

2019 e 2025

Participantes:

– Empregados

1) Grupo de idade

2) Nivel educativo

Participantes maiores de 54 anos de idade que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación *

2019 e 2025

Participantes maiores de 54 anos de

idade:

– Desempregados

– Inactivos

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Nivel educativo

Participantes desfavorecidos que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación **

2019 e 2025

– Desempregados

– Inactivos

Participantes con algunha das seguintes desvantaxes (non exclusivas mutuamente):

• Inmigrantes, participantes de orixe estranxeira, minorías (incluídas comunidades marxinadas, como a poboación romaní)**

• Participantes con discapacidade**

• Outras persoas desfavorecidas **

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Grupo de idade

3) Nivel educativo

Indicadores específicos da iniciativa de emprego xuvenil (IEX/YEI) (anexo II do Regulamento 1304/2013).

3. Indicadores de resultado.

a) Indicadores de resultado inmediato2:

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Participantes desempregados que completan a intervención subvencionada pola Iniciativa de emprego xuvenil

Anualmente

Participantes desempregados

Participantes desempregados que reciben unha oferta de emprego, educación continua, aprendizaxe ou período de prácticas logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados

Participantes que se integran nos sistemas de educación ou formación, que obteñen unha cualificación, ou que obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados

Participantes desempregados de longa duración que completan a intervención subvencionada pola Iniciativa de emprego xuvenil

Anualmente

Participantes desempregados de longa duración

Participantes desempregados de longa duración que reciben unha oferta de emprego, educación continua, aprendizaxe ou período de prácticas logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados de longa duración

Participantes desempregados de longa duración que se integran nos sistemas de educación ou formación, ou que obteñen unha cualificación ou un emprego, incluído un emprego por conta propia, logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados de longa duración

Participantes inactivos e non integrados nos sistemas de educación ou formación que completan a intervención subvencionada pola Iniciativa de Emprego Xuvenil

Anualmente

Participantes inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación

Participantes inactivos e non integrados nos sistemas de educación ou formación que reciben unha oferta de emprego, educación continua, aprendizaxe ou período de prácticas logo da súa participación

Anualmente

Participantes inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación

Participantes inactivos non integrados nos sistemas de educación ou formación que se integran nos sistemas de educación ou formación, obteñen unha cualificación ou obteñen un emprego, incluído un emprego por conta propia, logo da súa participación

Anualmente

Participantes inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación

b) Indicadores de resultado a longo prazo:

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxecto do informe

Mostra representativa centrada en

Participantes en educación continua ou programas de formación que dean lugar a unha cualificación, unha aprendizaxe ou un período de prácticas no prazo de seis meses seguintes á súa participación

Anualmente

Todos os participantes

1a) Desempregados

1b) Desempregados de longa duración

1c) Inactivos, non integrados nos sistemas de educación/formación

2) Grupos de idade (se é relevante)3

3) Nivel educativo

Participantes empregados no prazo de seis meses seguintes á súa participación

Anualmente

Todos os participantes

1a) Desempregados

1b) Desempregados de longa duración

1c) Inactivos, non integrados nos sistemas de educación/formación

2) Grupos de idade (se é relevante)4

3) Nivel educativo

Participantes que traballen como autónomos no prazo de seis meses seguintes á súa participación

Anualmente

Todos os participantes

1a) Desempregados

1b) Desempregados de longa duración

1c) Inactivos, non integrados nos sistemas de ecuación/formación

2) Grupos de idade (se é relevante)5

3) Nivel educativo

1 Se os datos do informe para estes indicadores se refiren a soporte YEI, a poboación chamada inactiva debe ser entendida como inactiva non integrada nos sistemas de educación ou capacitación.

2 A definición de desempregados de longa duración varía coa idade:

– Mozos (<25 anos de idade) – máis de 6 meses continuos en desemprego (>6 meses).

– Adultos (25 anos de idade ou máis) – máis de 12 meses continuos en desemprego (>12 meses).

Como referencia véxase definición no anexo C1 – indicador común 2 do FSE.

3 É relevante para todas aquelas operacións onde a subvención IEX inclúe participantes maiores de 24 anos.

4 É relevante para todas aquelas operacións onde a subvención IEX inclúe participantes maiores de 24 anos.

5 É relevante para todas aquelas operacións onde a subvención IEX inclúe participantes maiores de 24 anos.