Delegados/as de protección de datos
A Xunta de Galicia conta con distintos Delegados e Delegadas de Protección de Datos (DPD) nos diferentes ámbitos sectoriais. En concreto, existe un/ha DPD en cada consellería que, con carácter xeral, exerce tamén as súas funcións respecto ás entidades instrumentais adscritas a cada unha delas. Con todo, en circunstancias excepcionais, prevese a posibilidade de que se poida designar un/ha DPD propio/a para algunha entidade instrumental como na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Que é un/ha delegado/a de protección de datos e en que lle pode axudar?
Os/as delegados/as de protección de datos teñen como función informar, asesorar e supervisar o cumprimento interno da normativa vixente en materia de datos persoais na Xunta de Galicia, ademais de actuar como intermediarios/as coa Axencia Española de Protección de Datos como autoridade de control e atender ás reclamacións que as persoas interesadas lles dirixan.
As persoas interesadas poderán contactar cos/coas diferentes delegados/as de protección de datos da Xunta de Galicia a través do seguinte formulario.
Se a súa comunicación se dirixe a unha entidade instrumental do sector público que non ten DPD propio/a, corresponderalle o/a DPD da consellería á que a entidade estea adscrita. Pode consultar nesta listaxe cal é a adscrición da entidade en cuestión.
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia. Consellería ou organismo do Delegado/a ao que se dirixe a comunicación. |
Finalidades do tratamento | Xestionar as solicitudes de información e comunicacións presentadas ante o Delegado ou Delegada de Protección de Datos competente. |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento ou dunha misión realizada en interese público: Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 e demais normativa concordante. |
Destinatarios dos datos | Non se prevén comunicacións a terceiros. |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Información adicional | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |