Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais
  • whatsapp

A Xunta de Galicia garantirá e facilitará en todo momento á cidadanía o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos de carácter persoal. Estes dereitos son:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recollidos na normativa vixente.
  • Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no interesado ou lle afecte significativamente de modo similar.
  • Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.

Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas terán dereito tamén a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (Axencia Española de Protección de Datos).

Tramitación dos dereitos

  • En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A.
  • Presencial: presentando a súa solicitude asinada e por escrito en calquera das Oficinas de rexistro e información propias da Xunta de Galicia  ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás Administracións públicas.