Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 37

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (379/1994).

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, en autos de xuízo executivo 379/1994, seguidos por instancia do Banco Central Hispano Americano, S.A., contra o Grupo Industrial e Comercial, S.L. e outros, sobre reclamación como consecuencia de póliza de contrato mercantil de desconto, nos cales se despachou execución contra bens propiedade da entidade Grupo Industrial, S.L., Demetrio Vázquez Galdo e María Alicia Figueira Rey, pola suma de 637.949 ptas., de principal, máis 315.000 ptas., que se reclaman en concepto de xuros e custas, pola presente cítase de remate ós antes mencionados, en paradoiro descoñecido, concedéndolle-lo prazo de nove días para que comparezan nos autos por medio de procurador

e avogado e se opoñan á execución, se lles convén, facéndolles saber que se practicou embargo sobre bens da súa propiedade, en previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro, coa prevención de que, de non compareceren, se seguirá o xuízo na súa rebeldía.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1994.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado