Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 38

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (37/1994-01).

Salvador Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 37/1994 por instancia de Yanelis Corporan Reyes contra Dionisio Sánchez Solom, nas actuacións do cal se dictou sentencia que, no seu encabezamento e parte dispositiva, son do teor literal seguinte:

Sentencia.

Na cidade de Santiago de Compostela, o vintecatro de maio de mil novecentos noventa e catro. Salvador Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e do seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 37/1994, sobre ameazas, agresión e malos tratos no que foron partes, como denunciante, Yanelis Corporan Reyes, maior de idade, cidadá da República Dominicana, e veciña de Santiago de Composlela, con domicilio na rúa Rosalía de Castro, número 102-5-F, e como denunciado Dionisio Sánchez Solom, maior de idade, veciño de Laracha, A Coruña, lugar da Mercede, número 82, e o ministerio fiscal, pronunciou esta sentencia.

Decido que absolvo libremente a Dionisio Sánchez Solom da falta de que viña sendo inculpado neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas en primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito, presentado perante este xulgado no prazo de cinco días a contar desde a súa notificación.

Para que conte e sirva de notificación a Dionisio Sánchez Solom, expido e asino en Santiago de Compostela o vinteún de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado