Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela,
Fago saber: que no procedemento xudicial sumario do art. 131 da Lei hipotecaria, baixo o número 407/1991, por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Raposo Quintas, contra Santiago Ignacio Pardo Rodríguez e María del Carmen Iglesias Iglesias, con domicilio no lugar de Galegos, Santa Cruz de Ribadulla-Vedra (A Coruña), acordou a celebración da poxa pública, na sala de audiencia deste xulgado, anunciándoa con vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:
Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 14 de febreiro de 1995, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de cinco millóns catrocentas mil pesetas (5.400.000), fixado para tal efecto na escritura de préstamo.
Segunda.-Para o suposto de resultar deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo 10 de marzo de 1995, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75 por 100 da primeira.
Terceira.-De resultar deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 4 de abril de 1995, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.
Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.
Quinta.-Para poder tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -a excepción do acredor demandante- deberán consignar previamente o vinte por cento do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584/18/0407/91, presentando o resgardo de ingreso.
Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastantes, sen que poida esixirse ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores, e os preferentes, se os houher, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.
Sétima.-Poderanse facer ofertas en prego pechado e o remate poderase verificar coa condición de cederllo a terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.
Oitava.-No caso de ter que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración ó día seguinte hábil dentro da semana en que estea sinalada a poxa suspendida.
Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, salvo a que corresponda ó mellor cumprimento da obriga, e, se é o caso, como parte do prezo da venda.
Décima.-Se o pide o acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa abriga e desexasen aproveita-lo remate os outros postores e sempre pola orde delas.
Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no inmoble ou inmobles poxados, e, se é o caso, a publicación deste edicto serve como notificación dos sinalamentos.
Bens obxecto da poxa:
Urbana: casa de planta baixa e dous pisos altos, sita no lugar de Galegos, parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, municipio de Vedra, con terreo unido para o seu servicio; ocupa a casa un soar de sesenta e catro metros e o terreo unido, douscentos dous metros cadrados, o que fai unha superficie de toda a parcela de dúas áreas e sesenta e seis centiáreas, equivalente a dez cuartillos. Linda: norte e leste, Manuel Tallón Silva; sur, Eugenio Lema Lobato; e oeste, estrada de Santiago a Ourense. A casa está en mal estado de conservación.
Inscrición: no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, número un, tomo 978, libro 98, folio 115, predio 8.959.
Dado en Santiago de Compostela o un de decembro de mil novecentos noventa e catro.
Rubricado

