Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 39

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (447/1994).

En cumprimento do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela Rosa del Carmen Collazo Lugo, no xuízo de faltas anteriormente indicado que se segue por utilización ilexítima de vehículo de motor, no que é denunciante María Isabel Sanjurjo Buján e denunciado Marcelino Ríos Ferreira. Cítase a denunciante, actualmente en paradoiro descoñecido co fin de que o día dezaoito de xaneiro ás once e vinte horas compareza perante a sala de

audiencia deste xulgado para asistir á vista do correspondente xuízo, coa advertencia de que de non comparecer recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito, e deberá acudir cas medios de proba dos que se intente valer.

En Santiago de Compostela o doce de decembro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario

Rubricado