Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e do seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de procedemento xudicial sumario ó amparo do art. 131 da Lei hipotecaria, co número 109/1991, por instancia de Banco de Crédito Industrial, S.A., representado polo procurador Paz Montero, contra José Soage Santaclara e Aurora Pousada Cabaleiro, sobre reclamación de certa cantidade en virtude de préstamo hipotecario, aparecendo como titular da última inscrición de dominio no Rexistro Mercantil de Buques Josefa Fernández Rey, dictouse providencia no día da data, na que se acorda que se notifique ós herdeiros descoñecidos e incertos de Josefa Fernández Rey a existencia do presente procedemento, para que poidan, se lles conviñer, intervir na poxa ou satisfaceren antes do remate o importe do crédito e dos xuros e custas na parte que estea asegurada na hipoteca do buque.
Para que o acordado se cumpra e para publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, emito o presente edicto, que é dado en Santiago de Compostela, vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e catro.
A maxistrada
Rubricado
O secretario
Rubricado

