Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela,
Fago saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 307/1993, se seguen autos de desafiuzamento por instancia de Elvira Casal Durán, representada polo procurador Varela Tobío, contra Sociedad Galega de Medicina Preventiva, S.L., e nas súas
actuacións acordouse en resolución do día data, sacar á venda en primeira pública poxa por termo de vinte días e prezo da súa avaliación o seguinte ben moble embargado ó demandado:
1.-19 cadeiras de aluminio tapizadas en azul.
2.-7 camas de aluminio, metálicas con distintas posicións.
3.-3 percheiros azuis de pé.
4.-1 biombo branco.
5.-1 arquivador branco.
6.-2 mesas de cristal de centro.
7.-2 extintores.
8.-1 vitrina de 3 estantes con portas de cristal de colgar.
9.-calculadora AE6. Olympio cpd 3312.
10.-3 aparellos termolipose TL-0991 Iley-Electronic.
11.-1 firurama lase 2 HN-1004 Ilex-Electronic.
12.-1 aparello de Sorisa Galium 02.
13.-1 aparello de vapor Sorisa V0-03.
14.-1 aparello de cintura Serato.
15.-1 báscula con medidor de Alfuco.
16.-1 foco para dar calor.
17.-3 mesas de clínico brancas metálicas.
18.-2 mesas de despacho chapadas en branco.
19.-1 bombona de butano.
20.-1 aparello Cleer +Easy. Ref. 4000.
A poxa terá lugar na sala de audiencia desta xulgado, sito na rúa Algalia de Abaixo, nº 24, desta cidade, o vindeiro día 2 de febreiro de 1995, ás 11 horas, de acordo coas seguintes condicións:
1º-O tipo de remate será o de un millón cento setenta e tres mil pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.
2º-Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado, aberta na entidade BBV, oficina principal desta cidade, r/C nº 1.591, o 20% do tipo de remate.
3º-Poderán facerse ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, resgardo acreditativo de ter consignado o 20% do tipo de remate.
4º-Soamente a actora poderá face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.
5º-Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos ofertantes que non resulten rematantes, e que o admitan, e cubrisen o tipo de poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan por orde das súas respectivas ofertas.
6º-Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teñan lugar a segunda o día 2 de marzo de 1995, ás 11 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o prezo do remate, que será do 75% do da primeira; e en caso de resultar deserta, a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 4 de abril, ás 11 horas, rexendo para ela as restantes condicións, fixadas para a segunda.
Dado en Santiago de Compostela o vintenove de novembro de mil novecentos noventa e catro.
A maxistrada
Rubricado
O secretario
Rubricado

