En autos de executivo outros títulos número 77/1990, seguidos por instancia de Banco de Crédito Industrial, S.A., contra Carlos Zulueta de Madariaga, María Baña Díaz e María del Carmen Baña Díaz dictouse a seguinte
Providencia maxistrado xuíz Pantín Reigada.
Santiago de Compostela, vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e catro dada conta, únase ós autos da súa razón o escrito presentado, e sendo firme a sentencia dictada, tense por instada a vía de constrinximento, e para tal fin tense por designado para a avaliación dos bens mobles embargados a Arturo Salvande Vázquez e para a dos inmobles a María del Carmen López Baña, dándose traslado do seu nomeamento á parte demandada para que no prazo de dous días nomee outro pola súa parte apercibíndoo de telo por conforme co designado pola parte actora. Requírase o demandado para que no prazo de seis días presente neste xulgado os títulos de propiedade dos predios embargados apercibíndoo de as suplir á súa custa polas certificacións do rexistro. Líbrese mandamento ó Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo co fin de que expida e remita a este xulgado certificación en que consten as hipotecas, censos e gravames. Líbrese o edicto ó Diario Oficial de Galicia para notificación e requirimento dos
demandados.
E/ Perante min
E para que conste e sirva de notificación e requirimento ó demandado Carlos Zulueta de Madariaga, María Baña Díaz e María del Carmen Baña Díaz, de quen se descoñece o domicilio, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela, vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e catro.
O secretario
Rubricado

