En virtude do acordado por este xulgado no xuízo civil executivo número 161/1994, seguido por instancia de Banco de Asturias, S.A., contra José Fernando Gómez Barrera e María del Carmen López Río. Por medio desta cédula notifícaselles ós demandados rebeldes, que o 10 de novembro de 1994 recaeu sentencia que, no seu encabezamento e parte dispositiva, é do teor literal seguinte:
Encabezamento: en Santiago de Compostela, dez de novembro de mil novecentos noventa e catro, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 161/1994, no que actuaron, como demandante, Banco de Asturias, S.A., con domicilio social en Oviedo, representado polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes e asistido pola letrada María José Sánchez Salgueiro, e, como demandados José Fernando Cómez Barrera e María del Carmen López Río, declarados rebeldes nas actuacións. Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer transo e remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 1.072.618 ptas., de principal e xuros, xuros moratorios pactados, custas e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para
xuros, custas e gastos a suma de 700.000 ptas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de 5 días desde a notificación.
Para que sirva de notificación da mencionada sentencia, ós demandados rebeldes José Fernando Gómez Barrera e María del Carmen López Río, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o trinta de novembro de mil novecentos noventa e catro.
A secretaria
Rubricado

