Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.447

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de febreiro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Azor nº 1.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca en Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Azor nº 1

Cultivo: mexillón

Localización: cuadrícula nº 78, Cambados «A».

Data da concesión: 29-2-1964 (BOE Nº 77).

Data do remate da última prórroga: 30-3-2004

Anterior concesionario: Melchor Charlín Mouriño

Novo titular concesión: Marcelino Serantes Fontán

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 27 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 27-6-90)

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)