Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.447

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de marzo de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada B.O. nº 3, a favor de Francisco Pérez Triñanes.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 9 do Decreto 1.559/1961, do 30 de novembro (BOE do 21 de decembro seguinte) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: B.O. nº 3

Cultivo: mexillón

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 63

Data da concesión: 5-11-76

Data do remate da última prórroga: 3-12-1996

Anterior concesionario: Antonio Pérez Triñanes

Novo titular da concesión e batea: Francisco Pérez Triñanes

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 2 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 27-6-90)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña