Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.448

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Serra de Bocelo.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Galega de Serra de Bocelo, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á asociación aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares dunha explotación ou que traballen como axuda familiar en explotacións agrarias.

Asinan a acta de constitución: José Manuel Lourido Serrado e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E MULLER E

XUVENTUD