Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.448

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 25 de xaneiro de 1995 pola que se modifica o prazo establecido no artigo 7 da do 21 de marzo de 1994 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ó exercicio de 1994, para o remate das accións formativas e para a xustificación dos custos inherentes a elas.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 27, do 8 de febreiro de 1995, debe facerse a oportuna corrección:

Na páxina 1.110 parágrafo 2º de exposición de motivos, onde di «unha duración superior a 600 horas», debe dicir «unha duración igual ou superior a 600 horas».

No artigo único, punto 2, onde di «unha duración superior a 600 horas», debe dicir «unha duración igual ou superior a 600 horas».