Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 185/1995, do 16 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Meis (Pontevedra), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de apertura e pavimentación do camiño de Mosteiro.

O Concello de Meis (Pontevedra), en sesión celebrada o día 29 de setembro de 1993, aprobou o proxecto de apertura e pavimentación do camiño de Mosteiro e na sesión do 27 de outubro de 1994 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o día 16 de maio de 1995 baixo o número 4529.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 2 de xuño de 1995 baixo o número 5143.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras de apertura e pavimentación do camiño de Mosteiro encóntranse incluídas no Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra: Plan de Acción Municipal, que deberán executarse nun prazo moi inferior ó período de tempo necesario para a tramitación dun expediente de expropiación ordinaria, coa conseguinte perda da subvención, circunstancia esta que xa se produciu con anterioridade cando esta mesma obra figuraba no Plan Provincial de Obras e Servicios de 1989.

As obras obxecto de expropiación suponen o alargamento, acondicionamento e pavimentación dun camiño existente na capitalidade do municipio, camiño Mosteiro, nos marxes do cal existen casas-vivendas que na actualidade contan cun acceso estreito e sen pavimentar.

Coa realización das obras trátase, dunha banda, de dotar dun novo acceso ó campo municipal de fútbol que se sitúa fronte ó camiño de referencia evitándose os problemas de aglomeración propios dos días de competición, e doutra banda, trátase de dotar á capitalidade do municipio dunha vía de comunicación alternativa co centro de saúde que evite a necesaria utilización da estrada Pontevedra-Cambados.

Cambados, estrada que resulta moi perigosa polo tráfico.

Neste sentido, este concello procedeu a adherirse ó pacto social pola seguridade vial, asinado no Sena

do polo presidente do Senado e o ministro do Interior, e que ten por obxeto a adopción das medidas necesarias tendentes a incrementa-los niveis de seguridade en materia de tráfico, da cal se xunta copia.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Meis (Pontevedra), para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de apertura e pavimentación do camiño de Mosteiro.

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais