Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA RÚA

BASES e programas aprobaoas polo Pleno, en sesión celebrada o día 16 de outubro de 1995, para o desenvolvemento da oposición libre para a provisión en propiedade dunha praza de garda da policía local.

Primeira.-O obxecto desta convocatoria é a provisión en propiedade de unha praza local, mediante oposición libre, incluída no cadro de persoal do concello, dentro da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase: policía local, grupo D, dotada cos haberes correspondentes ó dito grupo e demais complementarias fixadas pola propia corporación. Incluída na oferta de emprego de 1994.

Segunda.-Para tomar parte na oposición os aspirantes deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos todos e cada un deles á data de finalización do prazo de presentación de instancias:

1. Ser español, segundo e conforme coa lexislación vixente.

2. Ter cumpridos 18 anos e non exceder de 30.

3. Acharse en posesión do título de graduado escolar ou de formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

4. No padecer enfermidade ou defectos físicos ou psíquicos que lle impidan o desempeño das fun

cións da praza ou resultaren estes incompatibles con elas.

5.Non ser separado, mediante expediente disciplinario de ningún corpo do Estado, das administracións autonómicas ou locais.

6. Posuír carné de conducir B1.

7. Ter unha estatura mínima de 170 cms. para homes e 165 cms. para mulleres.

8. Non atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Terceira.-Conforme establece o artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, o opositor que supere as probas selectivas deberá superar un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Cuarta.-As instancias nas que conste a solicitude da vontade de tomar parte na oposición serán dirixidas ó alcalde, e presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma prevista polo artigo 38.4º. da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación última no diario oficial no que apareza o anuncio da convocatoria (BOE ou DOG).

A instancia adxuntaranse os documentos seguintes.

1) Fotocopia do DNI.

2) Fotocopia do carné de conducir ou compromiso de posuílo na data a que se alude na base 2º.

3) Compromiso de aceptación de todo canto está establecido nas presentes bases.

Quinta.-Vencido o prazo de presentación de instancias e o de corrección de erros, para o cal serán requiridos os propios interesados, convocaranse os aspirantes a recoñecemento médico, co fin de comproba-la aptitude a que se refire o apartado 4 da base 2ª.

Sexta.-As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP e un extracto destas no Boletín Oficial del Estado e no DOG.

Tódolos anuncios que sigan serán publicados unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do Consistorio.

Sétima.-Unha vez levado a efecto o recoñecemento médico e publicado no taboleiro de anuncios do Consistorio, o alcalde, despois de oí-la comisión de persoal, admitirá a lista provisional de admitidos e excluídos. Lista que se publicará no BOP, concedéndose un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, para a formulación de reclamacións. Reclamacións que resolverá a comisión de persoal, elevando a lista a definitiva, con nova publicación na mesma forma.

Oitava.-O tribunal cualificador estará formado por:

Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: un funcionario da propia corporación.

Vocais: un representante da Administración autonómica, un representante da Academia Galega de Seguridade, un representante da Xefatura Provincial de Tráfico, un secretario da corporación ou funcionario en quen delegue.

Para a realización das probas físicas, o tribunal estará asesorado por un técnico na materia, nomeado previamente polo alcalde.

Na designación nominal dos membros do tribunal incluirá titulares e suplentes.

Novena.-A composición do tribunal farase pública, xuntamente coa lista definitiva e data de comezo das probas, cunha antelación mínima de trinta días naturais ó do inicio destas, no BOP e no taboleiro de anuncios do Consistorio.

O prazo comezará a contar a partir do seguinte día ó da súa publicación no BOP.

Non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia da metade máis un dos seus membros -titulares ou suplentes-sendo sempre necesaria a asistencia do presidente e do secretario, adoptando as súas decisións por maioría. Antes de proceder á cualificación de cada un dos exercicios establecerá as súas propias regras de funcionamento.

Os aspirantes admitidos poderán promover recusación de calquera membro do tribunal, cando concorran circunstancias para iso.

Décima.-Para establece-la orde en que haberán de actua-los aspirantes naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente, levarase a efecto un sorteo. Este sorteo realizarano o alcalde e secretario da corporación, unha vez coñecida a lista definitiva. O resultado farase público no taboleiro de anuncios do Consistorio.

Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados polos interesados, e apreciados libremente polo tribunal.

Os exercicios da oposición no poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data de publicación da convocatoria, celebrándose un a continuación doutro, pola orde que se establece nas bases e sen que se precise convocatoria independente para cada un deles.

A fixación da hora do comezo dos exercicios, agás o da medida que será fixado polo presidente, determinaraa o propio tribunal.

Décimo primeira.-A oposición constará de catro exercicios, todos eles obrigatorios e eliminatorios.

1. Primeiro exercicio ou proba. Consistirá en medi-los aspirantes e, unha vez comprobado que

ten cada un a mínima esixida, na realización das seguintes probas físicas. Probas que realizarán soamente os opositores que obtiveran a cualificación de apto na medición:

a) Recorre-la distancia de 100 m en quince segundos. Un só intento.

b) Salto de altura: mínimo 110 cm, con carreira e tres intentos.

c) Salto de lonxitude: mínimo 200 cm, sen carreira e cos pés xuntos. Tres intentos.

d) Flexo extensión de brazos: realizarase situándose o opositor en terra, inclinado cara a adiante. Colocará as mans en posición máis cómoda, mantendo os brazos perpendiculares ó chan. Consideraranse efectuada unha flexoextensión cando se toque co queixo o chan e se volva á posición de partida, mantendo en todo momento os ombros, costas e pernas en prolongación. O número de flexións mínimas é de vintedúas. Un só intento.

A cualificación desta proba será de apto ou non apto.

Para o desenvolvemento desta proba o tribunal poderá valerse de profesores e monitores de educación física.

2. Segundo exercicio. De carácter psicotécnico e comprenderá a aplicación de test de intelixencia xeral, aptitudes e personalidade. A cualificación será de apto ou non apto.

3. Terceiro exercicio. Consistirá en contestar, por escrito e durante o prazo de sesenta minutos, a dous temas sacados a sorte de entre os do programa do anexo I destas bases.

4. Cuarto exercicio. Consistirá na traducción de dous textos:

Un, do galego ó castelán e outro do castelán ó galego. Os textos serán propostos polo tribunal.

O tribunal, logo do inicio dos exercicios 2º e 4º fixará o tempo para a súa realización.

Décimo segunda.-Cada membro do tribunal cualificará de 0 a 10 puntos nos exercicios 3º e 4º, separadamente. A puntuación media de cada un será o cociente da suma total dos puntos dados polos membros entre o número dos intervenientes. Para poder supera-lo exercicio cómpren cinco puntos de nota media.

Terminada a práctica de cada exercicio e logo da cualifición, o tribunal publicará no tabolerio de anuncios do Consistorio a lista dos opositores que celebrasen o exercicio coa cualificación ou puntuación obtida por cada un, con indicación dos que pasen ó seguinte exercicio e dos que quedan eliminados.

A orde de cualificación definitiva estará determinada pola suma de puntuacións dos exercicios 3º e 4º. En caso de empate, este resolverase con outro exercicio proposto polo tribunal e sobre materia relacionada coas funcións da praza.

A relación de aprobados e proposta de nomeamento, un soamente, que será o de maior puntua

ción, será elevada polo tribunal á alcaldía, xuntamente coa acta da última sesión que celebre.

Décimo terceira.-O opositor aprobado presentará na secretaría do concello, no prazo de vinte días seguintes ó da notificación da proposta de nomeamento, os documentos seguintes:

-Certificación de nacemento.

-Copia autenticada o fotocopia compulsada do título esixido na base 2ª.

-Certificado negativo do Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración correspondente, de acordo coa normativa en vigor, ou o de rehabilitación.

-Certificación de non padecer enfermidade ou defecto físico que lle impida o normal desenvolvemento da función.

-Fotocopia compulsada do permiso de conducir.

-Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas ou da Administración local.

-Fotocopia compulsada do DNI.

Se tivese a condición de funcionario público, estará exento da presentación dos anteriores documentos, agás a do permiso de conducir e todos aqueloutros que non acreditase no seu día, debendo presentar certificación, expedida polo organismo ó que pertencese, demostrativa dos requisitos esixidos, a súa condición de funcionario e demais circunstancias que consten no seu expediente.

Se dentro do prazo indicado, agás caso de forza maior, non presentan a documentación aludida, non poderán ser nomeados funcionario e quedará anulada toda a súa actuación, sen prexuízo das responsabilidades en que puidese incorrer por falsidade na instancia.

Neste suposto, a alcaldía, á vista da súa relación de aprobados, requirirá ó seguinte, por orde de puntuación, sempre que figure nesta.

Décimo cuarta.-O opositor que sexa nomeado funcionario en prácticas deberá supera-lo curso de formación a que se refire a base 2º, se non superan o dito curso, poderán incorporarse ó seguinte, e no suposto de non superarlo, perderá tódolos seus dereitos para ser nomeado funcionario de carreira.

Décimo quinta.-O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición en todo o non previsto en estas bases.

Décimo sexta.-Cantos actos administrativos se deriven da presente convocatoria e das actuacións do tribunal poderán ser impugnadas nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo.

A Rúa, 31 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

ANEXO

PROGRAMA

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios constitucionais. A división de poderes: lexislativo, executivo e xudicial. A coroa.

Tema 2. A organización do Estado. A Administración central e periférica do Estado. Os organismos autónomos.

Tema 3. Organización territorial do Estado: as comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 4. A Administración local española. A provincia. O municipio. Outras entidades locais. Elementos constitutivos do municipio: poboación, territorio e organización.

Tema 5. O concello. Competencias. Organos de goberno. O Concello da Rúa. A súa organización interna, distribución de competencias, situación das súas dependencias.

Tema 6. O regulamento: concepto e clases. Límites da potestade regulamentaria. Especial consideración da postestade regulamentaria municipal: ordenanzas e bandos.

Tema 7. Persoal ó servicio da Administración pública: clases, dereitos, deberes e responsabilidades. Situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

Tema 8. O cidadán ante a Administración. Dereitos do cidadán no seu trato co concello. O funcionario ó servicio do público.

Tema 9. Coñecemento do municipio da Rúa. Principais aspectos da súa historia, xeografía, cultura e festexos.

Tema 10. Coñecemento do municipio da Rúa. Principais aspectos urbanísticos, as súas rúas, monumentos, prazas. Situación dos seus principais edificios públicos.

Tema 11. Normativa de seguridade vial. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo. O código de Circulación: concepto, estructura e extensión. Competencias administrativas en materia de tráfico.

Tema 12. Normas de comportamento na circulación. Especial referencia ó réxime de parada e estacionamento. Limitacións na circulación.

Tema 13. Os sinais de circulación. Preminencias. Clases. Sinais dos gardas de circulación.

Tema 14. Matriculación de vehículos. Permisos de circulación. Duplicados. Transferencias. Circulación en proba e en transportes con permiso temporal. Matrícula turística. Inspección técnica.

Tema 15. Permiso de conducción. Clases. Requisitos para a súa obtención. Revisións. Duplicados. Suspensión. Licencias de conducción.

Tema 16. Condicións técnicas dos vehículos para circular polas vías públicas.

Tema 17. Estudio da circulación urbana na normativa de seguridade vial

Tema 18. Alcoholemia. Estudios especiais dos preceptos contidos na normativa de seguridade vial.

Tema 19. O transporte de mercadorías perigosas. Concepto e regulamento especial.

Tema 20. Transporte de viaxeiros e mercadorías: estudio dos principais preceptos contidos na normativa de seguridade vial e na lexislación de transportes.

Tema 21. Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade: ideas xerais.

Tema 22. Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá: ideas xerais.

9508422