Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO.

Por resolución do alcalde-presidente con data 19-12-1995, acordouse convoca-las probas selectivas para a provisión en propiedade de dúas prazas de funcionarios de carreira incluídos na oferta de emprego público do Concello de Cedeira (A Coruña) para 1995, e publicada no BOE nº 298, do 14-12-1995; no BOP nº 271, do 25-11-1995; no DOG nº 241, do 19-12-1995; e, conforme as seguintes bases aprobadas polo Pleno da Corporación na sesión do 4-12-1995.

BASES:

Convocatoria unitaria para a provisión en propiedade de dúas prazas de funcionarios de carreira incluídas na oferta de emprego público do Concello de Cedeira (A Coruña), para 1995

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

O obxecto da presente convocatoria unitaria (que se completa coas correspondentes convocatorias específicas), é a provisión en propiedade de dúas prazas de funcionarios de carreira incluídas na oferta de emprego público desta corporación para 1995, segundo se cifran nas ditas convocatorias específicas e mediante o proceso selectivo que nestas se establece para cada suposto.

Declárase expresamente que os respectivos tribunais que se designen para xulga-las distintas probas selectivas non poderán aprobar nin declarar que as superaron un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas en cada caso.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte nas probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos, refe

ridos todos e cada un deles á data en que remata o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder dos trinta. O exceso do dito límite non afectará ós funcionarios en propiedade desta corporación que aspiren a promoción interna.

c) Estar en posesión do título que en cada caso se sinala na convocatoria específica o en condicións do obtelo na data que remata o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a praza a que se opte.

e) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) Os requisitos especiais que en cada caso poidan establecerse nas convocatorias específicas.

Terceira.-Presentación de instancias e admisión de aspirantes.

As instancias nas que se solicita tomar parte nas probas selectivas dirixiranse ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Para ser admitido e, se é o caso, tomar parte na práctica das correspondentes probas selectivas, bastará con que os aspirantes manifesten nas súas instancias, que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base segunda da convocatoria, referidos sempre á data de expiración do prazo sinalado para a presentación das instancias, e que se comprometen no caso de seren propostos para o correspondente nomeamento, a prestar xuramento ou promesa de acordo co que determina o Real decreto 707/1979, do 5 de abril. Tamén terán que cumprirse os requisitos especiais que se poidan establecer na convocatoria específica na que se solicite participar.

Cando o proceso selectivo se desenvolva polo concurso de méritos, os aspirantes a el deberán presentar xunto coa instancia, as fotocopias compulsadas co orixinal, dos méritos que aleguen dos esixidos segundo baremo da convocatoria específica.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As mesmas deberán xuntarse polos solicitantes unha fotografía tamaño DNI, e fotocopia del. Os dereitos de exame (que se fixan na convocatoria específica), serán ingresados polos aspirantes, en calquera das entidades bancarias da localidade ou mediante xiro postal a nome do concello, xuntando en calquera dos casos, resgardo xustificativo do seu pagamento á instancia, no momento

da súa presentación. Os devanditos ingresos non se devolverán máis que no caso de non seren admitidos a exame por falta de algún dos requisitos esixidos para participar nel.

Rematado o prazo de presentación de instancias a Alcaldía-Presidencia aprobará, no prazo máximo dun mes, a lista provisional dos aspirantes admitidos e excluídos, que será publicada no BOP e exporase no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de quince días para efectos de reclamación. Se as houbese, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública na forma indicada.

Cuarta.-Tribunais cualificadores.

Os tribunais cualificadores dos procesos selectivos designaranse de conformidade co sinalado no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo cal se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que deben axustarse os procedementos de selección dos funcionarios de Administración local.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación, con polo menos un mes de antelación ó comezo das probas selectivas. A teor do disposto no artigo 4 e) do Real decreto 896/1991. E, Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, os tribunais, terán a seguinte composición:

-Convocatoria específica número 1/1995.

Presidente: o alcalde-presidente do concello ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: o secretario do concello ou quen legalmente o substitúa.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia. O xefe provincial de tráfico da Coruña. Un funcionario de carreira designado polo alcalde-presidente. Un representante do sindicato máis representativo do Concello de Cedeira.

-Convocatoria específica número 2/1995.

Presidente: o alcalde-presidente do concello ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: o secretario do concello ou quen legalmente o substitúa.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia. O xefe provincial de tráfico da Coruña. Un funcionario de carreira designado polo alcalde-presidente. Un representante do sindicato máis representativo do Concello de Cedeira.

Tódolos vocais deberán posuí-la titulación ou especialización igual ou superior ós postos de traballo obxecto da convocatoria.

Os membros dos tribunais deberán absterse e intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusa-los membros dos tribunais cando concorran neles calquera das ditas circunstancias.

Ningún tribunal poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, en base exclusivamente as cales colaborarán cos respectivos tribunais.

Para os efectos de percepción de asistencias polos membros concorrente ás sesións dos tribunais, estes estarán clasificados nas categorías que establece o número 2 do artigo 33, do Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razóns de servicio.

Quinta.-Comezo das probas e orde de actuación dos aspirantes.

As probas non poderán comezar ata transcorridos polo menos dous meses desde a data en que apareza publicado, no Boletín Oficial del Estado, o anuncio da convocatoria. Quince días antes, como mínimo, do comezo dos exercicios, anunciarase no BOP o día, a hora e o lugar en que terán lugar. Os anuncios publicaranse no taboleiros de edictos do concello e nos locais onde se celebraran as probas anteriores.

Os anuncios para o comezo de cada novo exercicio faranse cunha antelación mínima de vintecatro horas.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único salvo caso de forza maior, debidamente xustificada e apreciada discrecionalmente polo tribunal.

A orde de actuación naqueles exercicios que non poidan celebrarse conxuntamente, comezará por aqueles dos que o primeiro apelido se inicie coa letra O de conformidade co disposto na Resolución do 16 de maio de 1995, BOE nº 119, do 19 de maio de 1995, da Secretaría de Estado para a Administración pública del Ministerio para as Administracións Públicas.

Sexta.-Desenvolvemento das probas, programas e sistemas de cualificación dos exercicios.

Comezada a práctica dos exercicios, os tribunais poderán requirir en calquera momento os concorrentes respectivos para que acrediten a súa identidade. Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, será excluído delas logo de audiencia do interesado. O tribunal, cando exclúa un aspirante, comunicarallo o mesmo día á autoridade que convocara o proceso selectivo.

Nas convocatorias específicas que completan a presente convocatoria unitaria concrétase o contido

de cada proba, a súa forma de desenvolvemento, sistema de cualificación dos exercicios respectivos, baremo de méritos e os seus correspondentes programas.

Os exercicios que se celebren por escrito poderán ser lidos publicamente se así o acorda o tribunal xulgador.

As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada un dos exercicios serán publicadas o mesmo día de cualificación no taboleiro de edictos do concello e no lugar de celebración dos ditos exercicios.

No suposto de oposición, a puntuación final e a orde de cualificación virán determinadas pola suma das puntuacións obtidas na totalidade dos exercicios.

No suposto do concurso de méritos haberá que aterse ó disposto no sinalado na convocatoria específica.

Os opositores podeberán realiza-los exercicios, á súa elección, en calquera das dúas linguas oficiais.

Sétima.-Publicación de resultados finais e presentación de documentos.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación destes por orde de puntuación final cando sexan varios, e con especificación dela. Dado que en ningún caso o número de aspirantes aprobados poderá supera-lo número de prazas convocadas, a correspondente relación confeccionarase cos aspirantes que, tendo superados tódolos exercicios, obteñan maior puntuación, sumada a de tódolos exercicios superados. O tribunal elevaralle a dita relación ó alcalde para os efectos de tramitación do pertinente nomeamento. Calquera proposta de aprobados que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito.

Os aspirantes propostos presentarán na secretaría municipal dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación do resultado final das probas, os documentos seguintes:

1. Fotocopia (que deberá presentar co orixinal para compulsar) do seu documento nacional de identidade.

2. Copia autentificada ou fotocopia (que deberá presentarse co seu orixinal para compulsar) do título ou diploma con base na cal se procedeu á admisión, ou ben xustificante de ter tódolos requisitos para a súa expedición. Se estes documentos estivesen expedidos despois da data de remate do prazo de presentación de instancias, deberá xustificarse a data en que se finalizararon os correspondentes estudios. A teor do disposto na Lei 3/1992, do 23 de marzo, da Xunta de Galicia, de coordinación das policías locais, ós aspirantes ás prazas de promoción interna, poderáselles dispensar dun grao do requisito de titulación.

3. Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o normal exercicio das funcións correspondentes á praza á que optou, expedido polo médico titular.

4. Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.

5. Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme a normativa vixente.

6. Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

7. Declaración xurada de conducta cidadá referida tamén á mesma data e feita de confomridade co disposto no artigo 2 da Lei 68/1980, do 1 de decembro.

Para o suposto de que tivera a condición de funcionario público, estará exento de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, tendo que presentar certificación do ministerio ou organismo do que dependa, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal ou folla de servicios.

Oitava.-Nomeamento e toma de posesión.

Se dentro do prazo indicado, salvo caso de forza maior, os aspirantes propostos non presentasen a súa documentación ou no reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer por falsidade na instancia na que se solicita tomar parte no proceso selectivo.

Os aspirantes propostos deberán tomar posesión no prazo de 20 días naturais, contados desde o seguinte a aquel en que lles sexa notificado. E de conformidade á Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, á Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, serán nomeados funcionarios en prácticas, debendo supera-lo curso de formación teórico-práctico, na Academia Galega de Seguridade. Rematado e superado este, unha vez transcorrido o período de prácticas disposto, serán nomeados funcionarios de carreira.

Novena.

O tribunal quedará autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde das probas en todo o non previsto nestas bases. Así mesmo, rexerán o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, o Regulamento de funcionarios de Administración local, do 30 de maio de 1952, a Lei da función pública de Galicia, do 26 de maio de 1988, a Lei 4/1991, de reforma da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e demais normas de aplicación. Tamén rexerán como

supletorias, as disposicións do Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, Ministerio para as Administracións Públicas, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, BOE nº 86, do 10 de abril de 1995.

Décima.

Contra a presente convocatoria, que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer, de conformidade ó preceptuado no artigo 58.2º da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas condicións establecidas no 57 da lei antes citada, segundo redacción dada pola disposición adicional undécima da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, significándose que, a teor do disposto no artigo 110.3º da citada Lei 30/1992, a interposición do mesmo requirirá a comunicación previa ó presente órgano.

-Convocatoria específica número 1/1995.

Sarxento da policía local.

1. Clasificación: escala da Administración especial. Subescala: servicios especiais. Clase: policía local. Categoría: sarxento.

2. Dotación económica: os emolumentos correspondentes ó grupo C do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais segundo acordos adoptados pola corporación ó respecto e concretados na correspondente relación orzamentaria.

3. Sistema de selección: promoción interna. Concurso de méritos.

4. Titulación esixida: bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente. A teor do disposto na Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, da Xunta de Galicia, ós aspirantes que optan pola promoción interna, poderáselles dispensar dun grao do requisito da titulación.

5. Outros requisitos: os aspirantes deberán ser funcionarios de carreira do corpo da policía local do Concello de Cedeira (A Coruña), con unha antigüidade de polo menos dous anos na subescala de servicios especiais, coa categoría de cabo.

6. Número de prazas que se convocan: unha.

7. Dereitos de exame: 2.000 pesetas.

8. Contido do proceso selectivo, xeito de desenvolvemento e sistema de cualificación: o proceso selectivo realizarase mediante concurso de méritos, avaliados polo tribunal de entre os acreditados polos aspirantes de acordo co baremo que a continuación se indica, sendo necesaria unha puntuación de cinco

puntos como mínimo para á superación do mesmo. A cualificación final será a resultante da suma total dos méritos avaliados.

a) Por cada ano de servicio como policía local do Concello de Cedeira (A Coruña): 0,25 puntos con un máximo de dous puntos.

b) Por cada ano de servicio como cabo da policía local do Concello de Cedeira (A Coruña): 0,50 puntos con un máximo de dous puntos.

c) Por asistencia a cursos sobre tráfico, circulación de vechículo a motor e seguridade vial, de iniciación ou perfeccionamento: un punto, con un máximo por este concepto, de dous puntos.

d) Por asistencia a cursos sobre drogas, as súas consecuencias, tráfico e consumo: un punto con un máximo de dous puntos.

e) Por asistencia a cursos e xornadas sobre a protección civil na policía local: 0,50 puntos con un máximo de dous puntos.

f) Por asistencia a xornadas sobre a policía local: un punto con un máximo de dous puntos.

g) Por asistencia a cursos de formación e adestramento nas academias especiais de policía: un punto con un máximo de dous puntos.

-Convocatoria específica número 2/1995.

Policía local.

1. Clasificación: escala de Administración especial. Subescala: servicios especiais. Clase: policía. Categoría: policía. Número de prazas que se convocan: unha.

2. Dotación económica: os emolumentos correspondentes ó grupo D do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais segundo acordos adoptados pola corporación ó respecto e concretados na correspondente relación orzamentaria.

3. Sistema de selección: oposición libre.

4. Titulación esixida: graduado escolar, bacharelato elemental, formación profesional de primeiro grao ou equivalente ou nas condicións de obtelo na data en que remata o prazo de presentación de instancias.

5. Dereitos de exame: 2.000 pesetas.

6. Permiso de conducir: clase B2.

7. Estatura mínima: 1,70 metros os homes, e 1,65 metros as mulleres.

8. Contido do proceso selectivo, xeito de desenvolvemento e sistema de cualificación: as probas serán eliminatorias, constando de tres exercicios obrigatorios que serán cualificados do seguinte xeito: o primeiro, de apto ou non apto, e os dous restantes de cero a dez puntos, sendo eliminados os opositores que non superen o primeiro exercicio coa cualificación de apto ou non acaden un mínimo de cinco puntos en cada un dos demais exercicios. Ademais levarase a cabo un cuarto exercicio de carácter voluntario.

Primeiro exercicio. Consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Percorre-la distancia de 100 metros lisos nun tempo máximo de 15 segundos.

b) Salto de lonxitude de 4 metros con carreira.

c) Subir unha corda a unha altura de 5 metros.

d) Percorre-la distancia de 3.300 metros lisos nun tempo máximo de 16 minutos.

Segundo exercicio. Consistirá en contestar por escrito, durante un tempo máximo de dúas horas, dous temas escollidos polo tribunal, ó azar, de entre os catro grupos do programa.

Terceiro exercicio. Consistirá na redacción dun parte sobre un suposto en materia de tráfico que determine o tribunal.

Cuarto exercicio. De carácter voluntario e non eliminatorio, tendente a demostra-lo coñecemento do idioma galego. Comprenderá as probas que o tribunal determine, podendo ser lectura, escritura, traducción directa ou inversa e conversación. A puntuación máxima por este concepto non superará o 10% da puntuación obtida nos exercicios anteriores.

O tribunal poderá, unha vez rematada a totalidade dos exercicios, proceder a realizar unha entrevista persoal cos aspirantes que os superasen.

Programa.

Grupo I. Dereito político e constitucional.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios básicos contidos na Constitución. Estatuto de autonomía de Galicia. Liñas xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. As cortes xerais. Congreso e senado.

Tema 4. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas.

Grupo II. Dereito administrativo.

Tema 1. A Administración local. Principios constitucionais. A provincia. O municipio. As entidades locais menores. Mancomunidades voluntarias.

Tema 2. O concello. O seu carácter e composición. O concello pleno. O concello en comisión de Goberno. As comisións informativas.

Tema 3. O alcalde. Nomeamento, deberes e atribucións. Os concelleiros. Os tenentes de alcalde.

Tema 4. Potestade normativa das entidades locais. Ordenanzas e regulamentos. Clases. Procedemento de elaboración.

Tema 5. Os funcionarios públicos locais. Especial referencia á policía local.

Tema 6. Responsabilidade administrativa, civil e penal dos funcionarios. Réxime disciplinario. Faltas administrativas, corrección e procedemento sancionador.

Grupo III. Policía local: organización e formas de actuación.

Tema 1. Concepto, natureza e organización da policía local. Clasificación de funcións.

Tema 2. A policía local e a súa actuación como policía xudicial. Detencións, entradas e rexistros de locais pechados. Autoridades xudiciais.

Tema 3. Relacións públicas. Normas que deben presidi-las relacións da policía local coas cidadáns. Relacións internas no corpo da policía local. Obediencia e disciplina. O trato con superiores e inferiores.

Tema 4. Rango xerárquico no corpo da policía local. Autoridade e xefatura directa do alcalde. Supostos especiais.

Tema 5. Dereitos e deberes dos membros da policía local. Réxime disciplinario. Faltas e sancións. Procedementos.

Tema 6. Ordenanzas municipais. Licencias de obras. Licencias de apertura de establecementos. Ocupación da vía pública. Mercados. Limpeza pública e venda ambulante.

Tema 7. Concepto de dereito penal. O Código Penal vixente. Estructura e contido. Delictos e faltas.

Tema 8. Delictos contra a seguridade de tráfico. Falsificación de placas de matrícula. Omisión de auxilio. Utilización ilexítima de vehículos de motor alleos. A imprudencia punible.

Tema 9. Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais. Contido, características e estructura.

Grupo IV. Tráfico e circulación.

Tema 1. A Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Concepto e idea xeral. Principais organismos públicos que teñen competencia en materia de circulación.

Tema 2. Elementos que interveñen na circulación. Idea xeral.

Tema 3. Permisos de conducir. Clases e validez. Licencia de conducción de ciclomotores.

Tema 4. Requisitos que reunirán os vehículos para circular polas vías públicas. Administrativos: técnicos. De identificación.

Tema 5. Procedemento sancionador. Actuación como denunciante dos axentes da policía local. Competencia sancionadora.

Tema 6. Infraccións que poden ser sancionadas pola autoridade municipal. Casos en que os usuarios da vía pública poden ser sometidos á proba de alcoholemia.

Tema 7. Casos nos que os vehículos poden ser retidos polos axentes da autoridade nas dependencias municipais.

Tema 8. Investigación de accidentes. Actuacións da policía local. Confección de atestados.

Tema 9. O termo municipal de Cedeira. Límites con outros municipios.

Cedeira, 28 de novembro de 1995.

Manuel Otero Prieto

Alcalde en funcións

95-8423