O Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, establece, no seu artigo 3, que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura aprobará, con carácter anual, un plan xeral de explotación marisqueira, que conterá os plans de explotación para as autorizacións marisqueiras, e as normas e plans de explotación para as zonas de libre marisqueo.
Examinados os plans de extracción, remitidos polas entidades marisqueiras titulares de autorizacións, oídas as ditas entidades na elaboración das normas relativas a zonas de libre marisqueo e vistos os informes biolóxicos emitidos polos servicios técnicos desta consellería, e de conformidade co disposto no citado decreto regulador,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras.
1. De acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 423/1993, para o ano 1996 apróbanse os seguintes días máximos e épocas probables de extracción relativas ás zonas en réxime de autorización administrativa que a continuación se relacionan.
-Confraría de Baiona:
Días máximos de extracción: desde embarcación: 110, a pé: 80 e para a cadelucha: 50.
Puntos de control: praia América, A Foz (Rampla de Ruíz), Punta Camping (Ladeira), Santa Marta e lonxa de Baiona.
Puntos de venda: lonxa de Baiona.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de abril e de xullo ó 30 de decembro.
-Confraría do Grove:
Días máximos de extracción: 92.
Puntos de control: Arnosa, As Vías, Rons, Moreiras e Castrelo.
Puntos de venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de marzo e de xuño ó 30 de decembro.
-Confraría de Vilanova:
Días máximos de extracción: desde embarcación: 177, a pé: 102.
Puntos de control e venda: O Castelete e lonxa de Vilanova.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro ó 29 de marzo, de xuño ó 30 de setembro e do 2 ó 30 de decembro.
A pé: de xaneiro ó 29 de marzo e de xuño ó 30 de decembro.
-Confraría da Illa de Arousa:
Días máximos de extracción: desde embarcación 182, a pé 180
Puntos de control: Aguillón, O Bao, Concerrado, Camaxe, Xastelas e Areoso
Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro ó 29 de marzo e de xuño ó 30 de decembro.
A pé: desde xaneiro ó 29 de abril, de xullo ó 30 de agosto e de outubro ó 30 de decembro.
-Confraría de Vilaxoán.
Días máximos de extracción: 203.
Puntos de control: zona de Covadelo.
Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de marzo e de xuño ó 30 de decembro.
-Confraría de Carril:
Días máximos de extracción: 48.
Puntos de control: a flote.
Puntos de venda: lonxa de Carril.
Épocas probables de extracción: do 2 ó 12 de xaneiro, do 15 de xullo ó 13 de setembro e decembro.
-Confraría de Rianxo:
Días máximos de extracción: 189.
Puntos de control: peirao de Leiro, praia da Torre, lonxa de Rianxo e peirao de Bodión.
Puntos de venda: lonxa de Rianxo.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a febreiro, de maio a decembro.
-Confraría de Cabo de Cruz:
Días máximos de extracción: 179.
Puntos de control: Barraña, Retorta, Ladeira do Chazo, Mañóns.
Puntos de venda: almacén da confraría.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio, de xuño a setembro, de novembro a decembro.
-Confraría da Pobra do Caramiñal:
Días máximos de extracción: 197.
Puntos de control: Areal e Pozo.
Puntos de venda: lonxa municipal da Pobra do Caramiñal.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.
Confrarías de Palmeira e Ribeira:
Días máximos de extracción: 208.
Puntos de control: Coroso, Insua, Evoas, Touro, Airo, Castiñeira, lonxa de Ribeira e peirao de Palmeira.
Puntos de venda: lonxa de Ribeira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.
-Confraría de Aguiño:
Días máximos de extracción: 162.
Puntos de control: peirao de Sálvora, Vionta, Noro, praia de Carreira, Rabuda e porto de Aguiño.
Puntos de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a febreiro e de xullo a decembro.
Sociedade Cooperativa Ría de Arousa:
Días máximos de extracción: 199.
Puntos de control: Fontenla e Portomouro.
Puntos de venda: Portomouro.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio, de agosto a decembro.
-Confraría de Noia:
Días máximos de extracción: 142.
Puntos de control: Freixo, Broña, Picouso, Boa, Testal, Tabuleiro, San Cosme e Barquiña.
Puntos de venda: lonxas de Testal e Freixo.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de setembro ó 30 de decembro.
-Confraría de Muros:
Días máximos de extracción: 181.
Puntos de control: Abilleira, Virxe do Camiño.
Puntos de venda: fábrica de xelo, Abilleira e Anido.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de xullo a decembro.
-Confraría de Camariñas:
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control e venda: A Paxariña, Monte da Miña, lonxa de Camariñas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de xullo a decembro.
-Agrupación de Mariscadores do río Anllóns:
Días máximos de extracción: 94.
Punto de control e venda: Pedras de Cambón.
Épocas probables de extracción: de abril ó 30 de decembro.
-Confraría da Coruña:
Días máximos de extracción: 181.
Puntos de control e venda: lonxa da ría do Burgo.
Épocas probables de extracción: do 2 de xaneiro ó 29 de marzo, do 1 de xullo ó 30 de decembro.
-Confraría de Pontedeume:
Días máximos de extracción: 79.
Puntos de control e venda: lonxa da confraría.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a febreiro, de novembro a decembro.
-Confraría de Miño:
Días máximos de extracción: 89.
Puntos de control e venda: O Pedrido, praia e porto de Miño.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a febreiro e de outubro a decembro.
-Confraría de Ares:
Días máximos de extracción: 50.
Puntos de control e venda: confraría de Ares.
Épocas probables de extracción: marzo, xullo, agosto, novembro e decembro.
-Confraría de Mugardos:
Días máximos de extracción: 86.
Puntos de control e venda: zona do peirao de Mugardos e A Barca.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 19 de abril, do 15 de xullo a decembro.
-Confraría de Barallobre:
Días máximos de extracción: desde embarcación: 183, a pé: 93.
Puntos de control: portos de Barallobre e Neda.
Puntos de venda: porto de Barallobre.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro a marzo e de xullo a decembro.
A pé: de xaneiro ó 19 de abril e de xullo a decembro.
-Confraría de Ferrol:
Días máximos de extracción: desde embarcación: 183, a pé: 77.
Puntos de control e venda: peirao de Ferrol, lonxa da Gándara, lonxa da Malata.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro a marzo e de xullo a decembro.
A pé: de xaneiro a marzo e de xullo a decembro.
-Confraría de Cedeira:
Días máximos de extracción: 27.
Puntos de control: O Cubilote e Alfunil.
Puntos de venda: lonxa de Cedeira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a febreiro e decembro.
-Confraría de Cariño:
Días máximos de extracción: 70.
Puntos de control: Fornelos, Puntal, punta Figueiroa.
Puntos de venda: lonxa da confraría de Cariño.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de xullo a agosto, de novembro a decembro.
-Confraría de Espasante:
Días máximos de extracción: 74.
Puntos de control: Ortigueira, Cabalar, Ladrido e Lagarea.
Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de outubro a decembro.
-Confraría do Vicedo:
Días máximos de extracción: 43.
Puntos de control: praia de Arealonga e Lombo das Navallas.
Puntos de venda: caseta de Arealonga.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 7 de febreiro e de outubro ó 27 de decembro.
2. En todo caso, as especies obxecto de explotación serán exclusivamente aquelas para as que se outorgou a habilitación administrativa.
3. Non obstante o disposto no punto 1 do presente artigo e de acordo co artigo 4.2º do Decreto 423/1993, correspóndelles ós delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura autoriza-la apertura e peche da extracción de marisco nas autorizacións marisqueiras. Por iso as entidades titulares solicitarán autorización, polo menos 15 días antes da data prevista para o efecto, no plan de explotación.
Artigo 2º.-Zonas de libre marisqueo.
1. De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 423/1993, autorízase como norma xeral a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico, desde o 2 de xaneiro ó 31 de marzo e desde o 2 de outubro ata o 29 de decembro.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior, exceptúanse as seguintes zonas:
-Ría de Vigo: na zona denominada Lousal a vieira poderá extraerse exclusivamente do 9 ó 30 de decembro.
-Ría de Arousa: exceptúanse as zonas: Banco de Camouco, Illa dos Ratos, Airo e Carabancelo, para a ameixa rubia. A súa apertura queda condicionada o resultado dos informes técnicos correspondentes.
-Ría de Muros-Noia: exceptúanse as zonas comprendidas desde Portosín a Roda do Vilar e desde punta Rebordiño a punta Monte Louro, para a ameixa rubia. A súa apertura queda condicionada ó resultado dos informe técnicos correspondentes.
-No esteiro do río Anllóns só se permite a extracción de moluscos durante 94 días desde abril ó 30 de decembro, de acordo co calendario presentado pola agrupación de mariscadores para a zona de autorización.
-Ría de Ares-Betanzos: permítese a extracción de vieira o 2, 3, 4, 8, 9, 10, 11 e 12 de xaneiro e 16, 17, 18, 20, 23, 26, 27, e 30 de decembro exclusivamente; sendo o punto de control na confraría de Ares e os puntos de venda, na lonxa do Ferrol e o peirao da Coruña; sendo o tope máximo de captura de 100 unidades/embarcación/día.
-Ría de Cedeira: permítese a extracción de coquina, durante 55 días entre os meses xaneiro a marzo e de setembro a decembro sempre que o coeficiente de marea sexa inferior a 0,7, cun tope de 5 Kg mariscador/día.
-Ría de Viveiro: autorízase a extracción de cadelucha.
-Na praia da Brela: do 16 de febreiro ó 22 febreiro e do 18 de marzo ó 22 de marzo.
-Na praia de Area: permanecerá pechado todo o ano.
-Na praia de Covas: permanecerá pechado todo o ano.
2. Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre, en todo o litoral galego, salvo resolución expresa da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.
3. As cotas de capturas para as zonas de libre marisqueo serán:
Marisqueo a flote: vieira: 15 docenas/tripulante/día.
Ameixa fina: 10 kg/tripulante/día cun máximo de 30 Kg por embarcación.
Ameixa babosa: 10 kg/tripulante/día cun máximo de 30 Kg por embarcación.
Cornicha: 40 kg/tripulante/día cun máximo de 120 kg por embarcación.
Outros moluscos: 30 kg.
Marisqueo a pé: ameixa fina: 5 kg/mariscador /día.
Cadelucha: 4 kg/mariscador/día.
Ameixa babosa: 8 kg/mariscador/día.
Outros moluscos: 15 kg/mariscador/día.
As cotas máximas de captura poderán ser aumentadas ou diminuídas pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura dependendo do estado do recurso.
4. As entidades marisqueiras que non presentaron plan de explotación ou aquelas que o presentaron pero non lles foi aprobado, ateranse ó disposto para as zonas de libre marisqueo.
Artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.
De acordo co establecido no artigo 6º do Decreto 423/1993, apróbanse os plans de explotación para
o ano 1996, relativos ás zonas de libre marisqueo, presentados polas entidades marisqueiras que a continuación se relacionan e coas condicións que para cada unha delas se indican:
-Plan de ameixa rubia da confraría de Cangas.
Arte: endeño remolcado.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control: no mar, nas zonas de extracción cunha lancha da confraría.
Puntos de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: xaneiro e de xullo ó 30 de decembro.
-Plan de ameixa rubia da confraría de Bueu.
Arte: endeño remolcado.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control e venda: lonxa de Bueu.
Épocas probables de extracción: xaneiro e de xullo ó 30 de decembro.
-Confrarías de Redondela, Arcade e Moaña. Organización de productores e cultivadores de marisco «Ría de Vigo» (OPP 38).
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: desde embarcación: 120, a pé: 150.
Puntos de control:
Para marisqueo a flote: Bouzas, illa de Toralla, punta Rodeira, Illa dos Ratos, enseada de San Simón e un itinerante en toda a ría para o rastro de vieira.
Para marisqueo a pé: controis itinerantes en todalas praias.
Puntos de venda: lonxas de Meira, Santa Cristina de Cobres, Arcade, Cesantes, Canido, Cangas e Baiona, zona de Portela e punta do Cabo.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro ó 29 de marzo e de xullo ó 30 de decembro.
A pé: de xaneiro ó 29 de marzo e de xuño ó 30 de decembro.
Para a vieira as épocas de extracción coincidirán co establecido no artigo 2º da presente orde.
-Plan conxunto das confrarías de Pontevedra, Lourizán e Raxó: zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción:100.
Puntos de control e venda: Placeres, Cabeceira, praia de Lourido, A Reiboá e praia de Padrón.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de xullo ó 30 de decembro.
-Plan conxunto das confrarías da Illa, Cambados e Vilanova. Plan do Bohido.
Arte a utilizar: raño.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 38.
Puntos de control e venda: especificaranse na resolución de apertura.
Épocas probables de extracción: abril e maio.
-Plan de ameixa rubia da confraría de Corcubión.
Arte a utilizar: endeño remolcado.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 42.
Puntos de control e venda: lonxa de Fisterra e cárcere de Corcubión.
Épocas probables de extracción: xullo e agosto.
-Asociación de mariscadores Fonte de Santa Elena. Baldaio.
Días máximos de extracción: 26.
Puntos de control e venda: Fonte de Santa Elena.
Épocas probables de extracción: xaneiro, de xullo a outubro e decembro.
-Plan de ameixa fina e outros moluscos da confraría de Foz.
Zona de traballo: ría de Foz.
Días máximos de extracción: 81.
Puntos de control e venda: lonxa de Foz.
Épocas probables de extracción: de febreiro ó 21 de maio e de setembro ó 27 de decembro.
-Plan de ameixa babosa da confraría do Vicedo.
Zona de traballo: porto do Vicedo e de punta Castelos ó Faro.
Días máximos de extracción: 19.
Épocas probables de extracción: xullo e agosto.
-Plan de ameixa fina e babosa da confraría de Vicedo.
Zona de traballo: canle do río Sor.
Días máximos de extracción: 41.
Épocas probables de extracción: xaneiro, do 15 de xullo ó 30 de agosto, do 25 de novembro ó 27 de decembro.
-Plan de ameixa xaponesa da confraría de Ribadeo.
Días máximos de extracción: 20.
Puntos de control e venda: lonxa da confraría de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: abril, 29 de xullo ó 18 de setembro e decembro.
Artigo 4º.-Cefalópodos.
De acordo co previsto no artigo 9 do Decreto 423/1993, autorízase a extracción de moluscos cefa
lópodos no ámbito territorial da costa galega, cos seguintes requisitos:
1. A captura da lura (Loligo vulgaris), e especies afíns, coa arte denominada boliche, poderá ser autorizada polos delegados territoriais da consellería, a través de plans específicos presentados polas entidades marisqueiras, durante os meses de xullo a setembro, e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia. Así mesmo elaborarase un censo de embarcacións autorizadas, e para acceder a el será requisito imprescindible ter traballado con esta modalidade en anos anteriores, así como ter remitido os ditos anos os partes mensuais de capturas á consellería.
2. A extracción do polbo virá regulada por unha orde específica.
Artigo 5º.-Poderase autorizar polos delegados territoriais da consellería o uso do bou de vara e bou de man desde o 2 de xaneiro ó 29 de marzo e desde o 4 de novembro ó 30 de decembro e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993, do 17 de decembro, e con previa presentación do correspondente plan específico e elaboración do censo de embarcacións autorizadas. Para acceder á censo será requisito imprescindible ter traballado con esta modalidade en anos anteriores, así como remitir nos ditos anos os partes mensuais de capturas á consellería.
Artigo 6º.-Percebe.
De acordo co establecido no artigo 13 do Decreto 423/1993 apróbanse os seguintes plans de explotación do percebe (Pollicipes cornucopia), coas condicións que se indican:
-Confraría da Guarda:
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control: Tío Rincho, Agoeira, Horizonte e lonxa da Guarda.
Puntos de venda: lonxa da Guarda.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
-Confraría de Baiona:
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control: A Carral, A Hermida e porto (Mougás).
Puntos de venda: lonxa de Baiona.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
-Confraría de Cangas:
Días máximos de extracción: 243.
Puntos de control:
Desde embarcación: nas inmediacións da zona de extracción.
Desde terra: na Costa da Vela.
Punto de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
-Confraría de Bueu:
Días máximos de extracción: 165.
Puntos de control: no mar, nas inmediacións da zona de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Bueu.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
-Confraría do Grove:
Días máximo de extracción: 120.
Puntos de control e venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
-Confraría de Ribeira:
Días máximos de extracción: 198.
Puntos de control: Vicouso, Sálvora, Pta. Falcoeiro, peirao de Aguiño.
Puntos de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a agosto e de novembro ó 30 de decembro.
-Confraría de Carreira-Aguiño:
Días máximos de extracción: 198.
Puntos de control: Vicouso, Sálvora, punta Falcoeiro, peirao de Aguiño.
Puntos de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a agosto e de novembro ó 30 de decembro.
-Confraría de Lira.
Días máximos de extracción: 62.
Puntos de control: porto e lonxa de Lira.
Puntos de venda: lonxa de Lira.
Épocas probables de extracción: xaneiro, de marzo ó 2 de agosto e decembro.
-Confraría de Corme:
Días máximos de extracción: 144.
Punto de control: lugares de acceso ás zonas.
Puntos de venda: lonxa de Corme.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
-Confrarías de Camariñas, Camelle e Muxía.
Días máximos de extracción: 239.
Punto de control e venda: lonxas de Camariñas, Camelle e Muxía.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
-Confraría de Fisterra:
Días máximos de extracción: 239.
Puntos de control e venda: lonxa de Fisterra.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
-Confraría de Malpica:
Días máximos de extracción: 178.
Puntos de control: lancha de vixilancia «Illas Sisargas».
Punto de venda: lonxa de Malpica.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xullo a agosto, de outubro a decembro.
-Confraría de Caión:
Días máximos de extracción: 196.
Puntos de control e venda: lonxa de Caión.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 15 de maio, do 15 de xullo a decembro.
-Confrarías da zona VII:
Días máximos de extracción: 90.
Puntos de control e venda: lonxas da Coruña, Cedeira e Ferrol.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de agosto a decembro.
-Confrarías da zona de VIII:
Días máximos de extracción: 144.
Puntos de control: portos/lonxas/rías de Ferrol, Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro.
Puntos de venda: lonxas de Cedeira, Cariño e Ferrol.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
-Confraría do Vicedo:
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control e venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de agosto e de outubro ó 27 de decembro.
-Confraría de Celeiro:
Días máximos de extracción: 99.
Puntos de control e venda: lonxa de Celeiro.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
-Confraría de San Cibrao:
Días máximos de extracción: 102.
Puntos de control e venda: lonxa de San Cibrao.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
-Confraría de Ribadeo:
Días máximos de extracción: 58.
Puntos de control e venda: lonxa de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: de marzo ó 19 de abril, de xuño ó 30 de agosto e de outubro ó 27 de decembro.
-Confraría de Rinlo:
Días máximos de extracción: 58.
Punto de control: confraría de Rinlo.
Punto de venda: confraría de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: de marzo ó 19 de abril, de xuño ó 30 de agosto e de outubro ó 27 de decembro.
Artigo 7º.-Outros crustáceos.
1. De acordo co establecido no artigo 14 do Decreto 423/1993, os períodos autorizados en 1996 para a captura doutras especies de crustáceos establécense como segue:
Nécora (Necora puber): do 2 ó 5 de xaneiro e do 1 de xullo o 30 de decembro.
Bogavante (Homarus gammarus): do 1 de xullo ó 30 de agosto.
Santiaguiño (Scyllarus arctus): do 1 de xullo ó 31 de xullo.
Lagosta (Palinurus elephas): do 1 de xullo ó 30 de agosto.
Cangrexo (Carcinus maenas): todo o ano.
Conguito (Macropipus corrugatus) e patulate (Macropipus depurator): do 2 de xaneiro ó 29 de marzo e do 1 de xullo ó 30 de decembro.
Centola (Maia squinado) e boi (Cancer pagurus): establécense dúas zonas:
ZONA A.
Desde A Guarda ata cabo Corrubedo: permítese a extracción desde o 2 de xaneiro ó 28 de xuño e do 18 de novembro ó 30 decembro.
ZONA B.
Desde cabo Corrubedo ata a desembocadura do río Eo: permítese a extracción desde o 2 de xaneiro ó 28 de xuño e do 16 de decembro ó 30 de decembro.
Nas zonas sinaladas no anexo I, soamente se poderá extraer do 1 de febreiro ó 28 de xuño.
2. Só poderán faenar coa nasa de nécora as embarcacións autorizadas expresamente pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura .
Artigo 8º.-Equinodermos.
-Confraría de Baiona:
Días máximos de extracción: 96.
Puntos de venda: lonxa de Baiona.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.
-Confraría de Vigo:
Días máximos de extracción: 139.
Puntos de venda: lonxa de Canido.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.
-Confraría de Cangas:
Días máximos de extracción: 96.
Puntos de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.
-Confraría de Portonovo:
Días máximos de extracción: 84.
Puntos de venda: lonxa de Portonovo.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.
-Confraría do Grove.
Días máximos de extracción: 134 .
Puntos de venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.
-Confraría de Carreira-Aguiño:
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control: Sagres, Sálvora, porto de Aguiño.
Puntos de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a febreiro, de outubro a decembro.
-Confraría de Porto do Son:
Días máximos de extracción: 146.
Puntos de control e venda: lonxa de Porto do Son.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de outubro a decembro.
-Confraría de Muros:
Días máximos de extracción: 137.
Puntos de control: fábrica de xelo, Ancoradoiro.
Puntos de venda: fábrica de xelo.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de outubro a decembro.
-Confraría de Lira:
Días máximos de extracción: 139.
Puntos de control: porto e lonxa de Lira.
Puntos de venda: lonxa de Lira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de outubro a decembro.
-Confraría de Fisterra:
Días máximos de extracción: 138.
Puntos de control: praia de Langosteira.
Puntos de venda: lonxa de Fisterra.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de outubro a decembro.
-Confraría de Muxía:
Días máximos de extracción: 137.
Puntos de control e venda: lonxa municipal de Muxía.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de outubro a decembro.
-Confraría de Camariñas:
Días máximos de extracción: 134.
Puntos de control e venda: lonxa de Camariñas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de outubro a decembro.
-Confraría de Camelle:
Días máximos de extracción: 137.
Puntos de control e venda: lonxa de Camelle.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de outubro a decembro.
-Confraría da Coruña:
Días máximos de extracción: 137.
Puntos de venda: lonxa da Coruña.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de outubro a decembro.
-Confraría de Barallobre:
Días máximos de extracción: 145.
Puntos de control: peiraos de Barallobre e Neda.
Puntos de venda: peirao de Barallobre.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de outubro a decembro.
-Zona VIII (Ferrol, Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro):
Días máximos de extracción: 146.
Puntos de control: peiraos, lonxas e rías de Ferrol, Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro.
Puntos de venda: lonxas de Cedeira, Cariño, Espasante e Ferrol.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de outubro a decembro.
-Confraría de Celeiro:
Días máximos de extracción: 61.
Puntos de control e venda: lonxa de Celeiro.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril, de novembro a decembro.
Artigo 9º.-Navalla e longueirón.
-Plan de navalla da confraría de Vigo:
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 140.
Puntos de venda: lonxa de Canido.
Épocas probables de extracción: de xuño ó 30 de decembro.
-Plan de navalla e longueirón da confraría de Cangas.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 150.
Puntos de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de marzo, de xuño ó 30 de decembro.
-Plan de navalla e longueirón da confraría de Portonovo.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 99.
Puntos de venda: lonxa de Portonovo.
Épocas probables de extracción: do 3 de xuño ó 30 de setembro e do 2 ó 30 de decembro.
-Plan de navalla e longueirón das confrarías de Carril e O Grove.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 183.
Puntos de venda: lonxas de Carril e O Grove.
Épocas probables de extracción: do 1 de febreiro ó 30 de outubro.
-Plan de navalla da confraría de Ribeira:
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 21.
Puntos de control: Coroso.
Puntos de venda: lonxa de Ribeira.
Épocas probables de extracción: xullo.
-Plan de navalla da confraría de Aguiño:
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 62.
Puntos de control: praia de Carreira e porto de Aguiño.
Puntos de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: de xullo a setembro.
-Plan de navalla da confraría de Porto do Son:
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 82.
Puntos de control e venda: lonxa de Porto do Son.
Épocas probables de extracción: de xuño a setembro.
-Plan de navalla da confraría de Muros:
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 201.
Puntos de control: Abelleira, Virxe do Camiño.
Puntos de venda: fábrica de xelo, Anido, Abilleira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de xuño a decembro.
-Plan de longueirón da confraría de Muxía:
Días máximos de extracción: 199.
Puntos de control e venda: lonxa de Muxía.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xullo a decembro.
-Plan de navalla da confraría de Camariñas:
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 60.
Puntos de control e venda: lonxa de Camariñas.
Épocas probables de extracción: abril, de xullo a setembro.
-Plan de navalla da confraría de Cedeira.
Días máximos de extracción: 90.
Puntos de control: peirao, lonxa e ría de Cedeira.
Puntos de venda: lonxa de Cedeira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 15 de abril e de setembro a decembro.
-Plan de navalla de Cariño:
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 21.
Puntos de control: Fornelos, Puntal, Punta Figueiroa.
Puntos de venda: lonxa da confraría de Cariño.
Épocas probables de extracción: do 4 de marzo ó 15 de mayo.
-Plan de navalla da confraría de Espasante:
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 11.
Puntos de control: Ortigueira, Cabalar, Ladrido e Lagarea.
Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.
Épocas probables de extracción: do 15 de xullo ó 30 de agosto.
-Plan de navalla do Barqueiro:
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 77.
Puntos de control e venda: lonxa do Barqueiro.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de outubro a decembro.
-Plan de longueirón das confrarías de Pescadores do Vicedo e O Barqueiro.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 35.
Puntos de control: praia de Arealonga.
Puntos de venda: caseta de Arealonga e lonxa do Barqueiro.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.
Artigo 10º.-Orella de mar (Haliotis tuberculata).
-Plan de orella de mar da confraría de Vigo:
Forma de extracción: mergullo a pulmón.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 82.
Puntos de venda: lonxa de Canido.
Épocas probables de extracción: de xuño ó 30 de setembro.
-Plan de orella de mar da confraría de Portonovo:
Forma de extracción: mergullo a pulmón.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 58.
Puntos de venda: lonxa de Portonovo.
Épocas probables de extracción: de outubro ó 30 de decembro.
-Plan de orella de mar da confraría do Grove:
Forma de extracción: mergullo a pulmón.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción: de abril ó 28 de xuño e de setembro ó 30 de decembro.
-Plan de orella de mar da confraría da Illa de Arousa:
Forma de extracción: mergullo a pulmón.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control: Aguillón, O Bao, Con Cerrado, Camaxe, Xastelas e Areoso.
Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.
Épocas probables de extracción: de abril ó 12 de xullo e do 16 de setembro ó 30 de outubro.
-Plan de orella de mar da confraría de Carreira-Aguiño:
Forma de extracción: mergullo a pulmón.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 123.
Puntos de control: Sagres, Laño, Sálvora, porto de Aguiño.
Puntos de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a febreiro, de xuño a setembro.
-Plan de orella de mar da confraría de Fisterra.
Forma de extracción: mergullo a pulmón.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 128.
Puntos de control e venda: lonxa de Fisterra.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, do 15 de outubro a decembro.
Artígo 11º.-Caracola.
-Confraría de Porto do Son.
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control e venda: lonxa de Porto do Son.
Épocas probables de extracción: de xullo a decembro.
-Confraría de Pescadores de Lira:
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control: porto e lonxa de Lira.
Puntos de venda: lonxa de Lira.
Épocas probables de extracción: de xullo a decembro.
Artigo 12º.-Algas.
Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, apróbanse os plans de extracción presentados polas empresas:
Conservas y ahumados Luo. S.L.
Friospain.
Algas de Galicia.
Confraría de Vigo.
Confraría de Barallobre.
Disposición adicional
As solicitudes a que se refiren os artigos 4 e 8 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, axus
taranse ós modelos que figuran como anexos (II, III, IV e V) da presente orde.
Disposición transitoria
Non se recoñecerán como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades marisqueiras, salvo o disposto nas normas que regulan o título habilitante para o marisqueo.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Os plans de explotación presentados polas entidades marisqueiras que serviron de base para a presente orde estarán dispoñibles nos servicios centrais, delegacións territoriais e delegacións comarcais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, así como na sede das entidades responsables deles.
Segunda.-Autorizase o director xeral de Marisqueo e Acuicultura para o desenvolvemento da presente orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1995.
Juan Caamaño Cebreiro
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
ANEXO I
Ría do Barqueiro: dentro da liña imaxinaria trazada entre punta Cova Baixa e punta do Santo.
Ría de Viveiro: zona interna da liña imaxinaria trazada entre punta do Cabalo e punta Morago.
San Cibrao: dentro da liña imaxinaria formada por punta Rompeondas do peirao norte de Alúmina e punta oeste do illote A. Anxuela.
Burela: dentro da liña imaxinaria trazada entre punta de Cabo Burela a faro Pedra e de faro Pedra a punta Areoura.
Nois: demora NE punta Nois a demora NE no extremo oeste da praia de Arealonga.
Foz: entre as demoras N e NE de Portovello en fondos inferiores a sete brazas.
Gahito: demora N punta Promontorio a N illa Moledo, en fondos inferiores a sete brazas.
Rinlo: demora N punta Corbeira/N punta Leixón, en fondos inferiores a sete brazas.
Ribadeo: demora N punta Piñeira/N illote Corva en fondos inferiores a sete brazas.
Enseada de Santa Marta ou de Cariño: a zona comprendida entre punta Espasante e punta O Seixo.
Cedeira: a zona comprendida entre punta Castrelo e punta de Sarridal.
95-8412