Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Pescanova Chapela, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-10-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 25-9-1995, de conformidade co disposto no artigo 90, 2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincial de Pontevedra,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social de comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC):
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Vigo, 19 de outubro de 1995.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Convenio colectivo de
Pescanova Chapela, S.A. 1995
A comisión deliberadora do convenio colectivo de Pescanova Chapela, S.A., que ó pé se sinala, acorda:
Aproba-lo convenio colectivo para o ano 1995, o texto do cal será o que resulte de refundir negociadamente o de 1994 e a proposta da empresa, rexéndose, entrementres, as relacións laborais polo convenio 1994, coas seguintes modificacións:
1ª. Vixencia do convenio.
O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1995 cun período de duración ata o 31-12-95.
O conxunto do articulado e as táboas anexas manterán a súa vixencia mentres as partes non acorden modificalo.
2ª. Incorporación doutras empresas do grupo .
Os traballadores da empresa Pescanova Chapela, S.A. poderán ser destinados a outras empresas do mesmo grupo de empresas cando existan razóns económicas, organizativas, técnicas ou productivas que o xustifiquen, sempre que se respecten os límites da mobilidade funcional e o traslado non implique cambio de domicilio, e se efectúe dentro da área de influencia de Vigo.
A decisión de incorporación á nova empresa deberáselles comunicar ós afectados e ó comité de empresa cunha anticipación de 30 días naturais, salvo acordo noutro sentido.
Os traballadores afectados por esta decisión incorporaranse ó cadro da empresa do seu novo destino, conservando a súa categoría profesional e antigüidade, que se respectará desde o seu ingreso en Pescanova, S.A.
O seu réxime económico será o vixente na empresa de novo destino, pero conservará, en todo caso, como garantía do seu salario en cómputo anual no momento do traslado, a excepción dos complementos vinculados ó posto de traballo.
En todo caso, e como condicións máis beneficiosas, seralles de aplicación o disposto no Art. 35 sobre complemeto de IT do convenio de Pescanova Chapela, S.A. de 1994.
O horario será en réxime de quendas (xornada continuada). O persoal trasladado a Frinova terá o horario que corresponda segundo o convenio colectivo desa empresa. Os que sexan trasladados a outras empresas do grupo incorporaranse a un réxime horario similar ó de Frinova, S.A. ou Pescanova Chapela, S.A.
En caso de necesidade de persoal fixo en Pescanova Chapela, S.A., terá preferencia de recolocación o persoal trasladado, ó que se lle aplicaría na súa integridade o convenio de Pescanova Chapela, S.A.
Este artigo terá carácter obrigacional e perderá a súa vixencia a partir do 31-3-96.
Se a incorporación prevista neste artigo significase para o traballador un incremento nos seus gastos, debidamente acreditado, a empresa deberá compensalo por isto. En ningún caso poderán alegarse gastos compensables imputables ó transporte se a empresa proporciona medio de transporte nas mesmas condicións que na actualidade, aínda que se cambie o horario.
3ª. Xornada anual e horario.
A xornada anual será de 1.749 horas de traballo efectivo.
4ª. Crecemento salarial.
A partir do 1 de xaneiro de 1995 rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa anexa e que supuxeron un incremento salarial do 4% máis 1.500 ptas. en cada unha das 16 pagas, incrementando o plus de convenio. O incremento porcentual, é dicir, o 4%, aplicarase a tódolos conceptos salariais, excepto bolsa de vacacións, fondo social e seguro de accidentes (neste último caso aplicarase o 5%).
Bolsa de vacacións.
Será de 35.000 ptas.
Fondo social.
5.580.000 ptas. (equivalente a 15.000 ptas./traballador/ano).
Aclaracións.
Traslado a outras empresas do grupo.
Faranse cando existan razóns obxectivas que o xustifiquen a empresas que estean dentro do contorno xeográfico e que non implique cambio de domicilio, e dentro de horarios similares ós vixentes, aínda que en réxime de quendas.
A antigüidade, en canto complemento económico, percibirase en un só concepto composto de dúas cantidades:
1. Será a correspondente ó complemento de antigüidade que o traballador teña no momento de producirse o traslado e que permanecerá inalterable.
2. Será a que vaia xerando a nova empresa.
Calquera traslado que se efectúe notificarase por escrito, aclarando tódalas condicións económicas e xurídicas.
O cómputo da antigüidade na nova empresa , só para os efectos do cumprimento de trienios, efectuarase a partir do vencemento do último bienio xerado en Pescanova Chapela, S.A.
A vixencia da cláusula obrigacional ata o 31-03-96 débese ó pouco espacio de tempo que queda ata o 31-12-95.
Redacción do convenio.
As partes comprométense á redacción negociada do novo texto do convenio, baixo o principio da boa fe, antes do 30 de novembro de 1995.
Baixas incentivadas.
Se durante a vixencia desta cláusula obrigacional se efectuase un plan de baixas incentivadas que afectase o persoal de Pescanova Chapela, S.A., as traballadoras que fosen trasladadas de Pescanova Chapela, S.A. a outra empresa do grupo poderanse acoller a ela, sempre e cando permaneza a posibilidade temporal de aplicar esta cláusula de traslado.
Polo comité.
Marina Sotelino Bouzón
Mª Rosario Martínez Bouzón
Adela Lago Ricón
Elena Arias Vidal
José M. Coto Martínez
Rosa Rodríguez Sotelino
Herminia Giráldez Carrera
Rafaela Fernández Cameselle
Laura Cabirta Fernández
Amelia López Gómez
Mª José Cal Miguélez
Rosa López Martínez
Francisco Movilla Rodríguez
César Piñeiro Caldelas
Hermindo Lago Pereira
Carmen Vila Barros
Pola empresa.
Fernando Ilarri J.
Álgel Glez. de Thus
En Chapela, 25 de setembro de 1995.
TÁBOA SALARIAL 1995
base asistencia convenio distancia especiais penosos mes ano
Categorías Salario
Plus
Plus
Plus
Traballos
Traballos
Total
Total
I. Titulados Grado Sup. e asimilados 73.064 13.379 112.396 10.129 208.968 3.289.972 Técnicos 68.832 12.109 90.592 9.988 181.521 2.855.900 Asistente social 68.832 6.193 66.988 8.791 150.804 2.388.092 Titulado superior en prácticas a) Primer ano 73.064 52.951 126.015 2.016.240 b) Segundo ano 73.064 83.568 156.632 2.506.112 Titulado G. medio en prácticas a) Primer ano 68.832 24.522 93.354 1.493.664 b) Segundo ano 68.832 46.976 115.808 1.852.928 Xefe métodos e tempos 68.832 11.972 79.780 9.892 170.476 2.679.728
II. Non titulados Encargados producción 68.832 6.465 61.298 8.884 145.479 2.301.804 Técnico mantemento 68.832 6.313 49.010 8.878 6.313 139.346 2.204.281 Encargado frigorista 68.832 6.348 43.234 8.884 13.766 141.064 2.231.632 Encargado maior 68.832 6.391 43.564 8.884 13.766 141.437 2.237.428 Creativo marketing 68.832 5.464 53.707 8.884 136.887 2.168.336 Contramestre de 1ª 68.832 6.292 36.026 8.884 120.034 1.895.376 Capataces 68.832 6.243 25.886 8.884 109.845 1.732.548
III. Técnicos e proceso de datos Operador 68.832 6.712 46.677 8.884 131.105 2.070.832 Programador-operador 68.832 6.836 53.590 8.884 138.142 2.182.928 Programador 68.832 6.836 51.369 8.884 135.921 2.147.392 Técnico organización 1ª 68.832 4.976 46.941 8.884 129.633 2.054.224 Técnico organización 1ª B 68.832 4.723 44.221 8.884 126.660 2.007.668
IV. Administrativos Xefe de 1º A 68.832 8.157 101.437 8.880 187.306 2.964.268 Xefe de 1º B 68.832 7.206 80.270 8.880 165.188 2.614.184 Xefe de 1º C 68.832 6.147 77.581 8.880 161.440 2.558.452 Xefe de 2º A 68.832 6.914 68.134 8.880 152.760 2.416.504 Xefe de 2º B 68.832 6.912 61.315 8.880 145.939 2.307.376 Xefe de 3ª 68.832 6.912 57.542 8.880 142.166 2.247.008 Oficial 1ª A 68.832 5.275 49.787 9.273 133.167 2.109.572 Oficial 1ª B 68.832 4.976 46.021 8.880 128.709 2.039.440 Oficial 2ª A 68.832 4.723 42.993 8.880 125.428 1.987.956 Oficial 2ª B 68.832 4.198 35.506 8.880 117.416 1.861.864 Auxiliar 68.832 3.689 22.855 8.880 104.256 1.653.340 Auxiliar de entrada 68.832 2.727 11.577 8.880 92.016 1.461.348 Axudante de laboratorio 68.832 3.689 25.549 8.880 106.950 1.696.444 Telefonista 68.832 4.198 34.315 8.880 116.225 1.842.808
base asistencia convenio distancia especiais penosos mes ano
Categorías Salario
Plus
Plus
Plus
Traballos
Traballos
Total
Total
V. Subalternos: Chofer camión 68.832 6.321 43.678 8.880 127.711 2.018.092 Ordenanza 68.832 2.740 20.973 3.075 95.620 1.518.960 Chofer 68.832 6.321 38.744 8.880 122.777 1.939.148 Conserxe maior 68.832 4.155 35.774 8.880 117.641 1.865.636 Dependente principal 68.832 4.198 35.506 8.880 117.416 1.861.864 Dependente caixeiro 68.832 3.689 22.855 8.880 104.256 1.653.340 Auxiliar economato 68.832 3.689 22.855 8.880 104.256 1.653.340 Limpador 1/2 xornada 34.417 1.771 12.045 6.091 54.324 862.100
VI. Taller mecánico Encargado 68.833 6.314 49.985 8.882 134.014 2.118.968 Oficial 1ª 68.833 6.314 43.995 8.882 128.024 2.023.128 Oficial 2ª 68.833 6.265 33.338 8.882 117.318 1.852.028 Oficial 3ª 68.833 6.265 28.070 8.882 6.883 118.933 1.877.864 Albanel oficial 68.833 6.265 27.011 8.882 110.991 1.750.796 Electricista 1ª 68.833 6.265 43.848 8.882 6.883 134.711 2.130.312 Electricista 2ª 68.833 6.265 33.817 8.882 6.883 124.680 1.969.816 Electricista 3ª 68.833 6.265 31.245 8.882 6.883 122.108 1.928.664
VII. Factoría e cámaras oficios varios Encargado 68.833 6.871 26.970 8.242 13.766 124.682 1.967.428 Xefe de equipo 68.833 6.292 25.083 8.436 13.766 122.410 1.933.392 Especialista 68.833 6.255 14.311 8.199 13.766 111.364 1.756.804 Mozo 68.833 6.236 12.196 8.242 13.766 109.273 1.723.424 Peón 68.833 5.214 20.840 8.882 103.769 1.639.448 Cociñeiro maior 68.833 6.640 52.356 8.878 13.766 150.473 2.381.008 Cociñeiro comedor 68.833 6.282 30.718 8.878 6.883 121.594 1.920.376 2º cociñeiro 68.833 6.533 26.997 8.882 6.883 118.128 1.863.916 Frigorista 68.833 6.292 28.867 8.878 6.883 119.753 1.890.880 Axudante frigorista 68.833 6.292 20.816 8.878 6.883 6.883 118.585 1.872.192
VIII. Especialistas Especialista taller mecánico 68.833 6.252 29.123 8.878 113.086 1.784.368 Especialista albanel 68.833 6.252 27.010 8.878 110.973 1.750.560 Especialista prefrito 68.833 6.252 14.311 8.878 13.766 112.040 1.767.632 Especialista cámaras 68.833 6.252 14.311 8.878 13.766 112.040 1.767.632 Especialista operacións 68.833 6.252 15.101 8.878 13.766 112.830 1.780.272
IX. Taller de reparación Encargado/xefe equipo 68.833 6.312 49.540 8.878 6.311 139.874 2.212.736 Oficial 1ª axustador 68.833 6.312 43.995 8.878 128.018 2.023.040 Oficial 2ª axustador 68.833 6.265 33.338 8.878 117.314 1.851.964 Oficial 2ª axustador 68.833 6.243 28.882 8.878 112.836 1.780.404 Oficial 1ª torneiro 68.833 6.314 43.994 8.878 128.019 2.023.048 Oficial 2ª torneiro 68.833 6.265 32.159 8.878 116.135 1.833.100 Oficial 2ª soldador 68.833 6.265 32.159 8.878 116.135 1.833.100
X. Sección industrial Mestra operaria 68.833 7.750 20.806 8.133 9.994 115.516 1.817.256 Especialista 68.833 7.710 13.384 8.117 2.924 100.968 1.584.648 Operaria/o 68.833 6.786 13.384 6.299 2.802 98.104 1.542.520
XI. Redería Redeiro 68.833 6.292 36.672 8.878 120.675 1.905.632
XII. Servicio vixilancia Xefe de guardiáns 68.833 6.312 41.424 8.878 125.447 1.981.904 Guardiáns terra 68.833 6.206 20.978 8.878 104.895 1.653.496
XIII. Inspec. Admón. e cámaras Inspector Admón. A 68.833 7.315 82.333 8.880 167.361 2.648.516 Inspector Admón. B 68.833 5.870 51.151 8.880 134.734 2.132.264 Inspector Admón. C 68.833 5.849 46.211 8.880 129.773 2.052.972 Xefe de tráfico 68.833 6.387 57.080 8.880 141.180 2.233.332
7261