Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 75

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Aguas de Sousas, S.A. de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Aguas de Sousas, S.A. (codigo nº 3200032) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día 25 de outubro do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa, en xuntanza celebrada o día 5 de outubro de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro rexistro desta delegación provincial, con notificación á representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 30 de outubro de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo provincial da empresa Aguas de Sousas, S.A. 1995

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

As disposicións incluídas no presente convenio regularán durante a súa vixencia, as relacións laborais que nel se establecen entre a empresa Aguas de Sousas, S.A. e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Estará afecto polo presente convenio todo o persoal da empresa, salvo as persoas que exerzan funcións de alta dirección e alto consello.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e denuncia.

A duración deste convenio será dun ano, comezando os seus efectos económicos o día 1 de xaneiro de 1995 e finalizando a súa vixencia o 31 de decembro de 1995. O convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano se non for denunciado por calquera das partes con un mes de anticipación polo menos ó final da súa vixencia.

Artigo 4.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes do presente convenio serán compensadas e absorbidas ata onde alcance no cómputo anual con aqueloutras que se puidesen establecer por disposición legal ou que tivese establecidas a empresa, salvo que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para resolve-las dúbidas que puidesen xurdir sobre a aplicación do convenio, constitúese unha comisión mixta, composta polos vocais que interviñeron na negociación e elaboración do convenio.

Clasificación do persoal

Artigo 6.

Por disposicións legais obrigatorias e por necesidades das empresas, faise necesario crear e definir novas categorías:

Técnico titulado de laboratorio.-É o que con título de facultativo oficial realiza as funcións de analista de control de calidade, con responsabilidade, dependendo directamente da dirección da empresa.

Laborante.-É o productor que ten ó seu cargo un grupo de persoas que dirixe e orienta na execución dos traballos dun determinado servicio.

Peón.-É o operario que executa labores para a realización dos cales se require predominantemente esforzo físico, sen necesidade de práctica operatoria ningunha. Esta categoría só se lle poderá aplicar ó persoal contratado por temporada para carga e descarga e non ó ingresado como fixo como operario de embotellamento.

Artigo 7º.-A xornada de traballo.

A xornada de traballo establécese en 40 horas semanais. O persoal de distribución e reparto, en canto estea adscrito a estes traballos, poderá ser excluído da xornada normal, sempre que de común acordo coa empresa se fixen as compensacións económicas para posibles variacións da xornada, tendo en conta as especiais características que presenta a distribución e reparto.

Artigo 8º.-Vacacións.

Os traballadores terán dereito a 30 días naturais de vacacións. O salario que se percibirá durante o período de vacacións será o real estipulado no presente convenio.

As vacacións serán concedidas de acordo coas necesidades do servicio, procurando comprace-lo persoal, aínda que a empresa reserva para si a facultade de as conceder fóra da época de campaña comprendida entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, ámbalas datas incluídas.

Non obstante o anterior, o persoal contido neste convenio terá dereito a fracciona-lo seu descanso vacacional en dous períodos: un de 22 días ininterrompidos e outro de 8 días, tendo sempre presentes as necesidades do servicio.

Artigo 9º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de casamento.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1º do artigo 46 desta lei.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe dela do salario a que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai en caso de que ambos traballen.

Quen, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Retribucións

Artigo 10º.-

A retribución convida constará de:

-Salario base

-Complementos salariais

Artigo 11º.-Salario base.

O salario base será o que se especifica na táboa de salarios anexa.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade consistente en trienios ó 4% sobre o salario base.

Artigo 13º.-Establécese o devengo dun plus de carencia de incentivos como prima de productividade e asistencia.

A contía do plus é a que se establece por día de traballo efectivo na táboa de salarios anexa.

O dereito a tal percibo deste plus perderase total ou parcialmente polas seguintes causas:

a) O 25% do plus correspondente ó salario de un día, por falta de puntualidade de ata cinco minutos; a reincidencia deste tipo de falta garavarase co 50%.

b) O 75% do plus correspondente ó salario de un día, por falta de puntualidade superior a cinco minutos e ata media hora.

c) O 100% por máis de media hora sen chegar ó día completo.

d) O correspondente a tres días por falta de asistencia.

e) O correspondente a quince días pola imposición dunha sanción de carácter moi grave.

f) O abandono do traballo antes da hora sinalada, a non incorporación á hora xusta e as interrupcións inxustificadas consideraranse como faltas de puntualidade para estes efectos.

Artigo 14º.-Sistemas de incentivos.

A empresa poderá establecer calquera outro sistema de incentivos. O dito sistema de remuneración por rendemento representará como actividade normal de traballo a de 100 unidades do sistema centesimal ou 60 puntos Bedaux. A actividade óptima estará valorada en 140 unidades centesimais ou 80 puntos Bedaux.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias, que serán aboadas, unha en xullo, outra en decembro e outra no primeiro trimestre do ano e por anos vencidos, aboándose a razón de unha mensualidade a salario real.

Artigo 16º.-Xubilación.

Ó cesa-lo traballador na empresa por xubilación, concederáselle unha indemnización de salario base máis antigüidade, en porporción ós seus anos de sevicio na empresa, conforme a seguinte escala:

-5 anos: 2 mensualidades

-10 anos: 3 mensualidades

-15 anos: 4 mensualidades

-20 anos: 5 mensualidades

-25 anos: 6 mensualidades

-De 30 en diante: unha anualidade

Artigo 17º.-Plus de vixilancia e garda xurado.

En concepto de perigosidade establécese un plus para os que exerzan as ditas funcións cosistentes no 10% do salario base.

Artigo 18º.-Auxiliares administrativos.

Os auxiliares administrativos, ós seis anos de exerceren as ditas funcións na empresa, deberán ascender á categoría de oficiais administrativos.

Artigo 19º.-Seguro de vida, accidentes e invalidez permanente.

A empresa estará obrigada a manter un seguro para todo o persoal afectado polo presente convenio

que cubra as seguintes continxencias e coas seguintes indemnizacións:

-Morte por accidente: 1.000.000 ptas.

-Morte por calquera outra causa: 500.000 ptas.

-Invalidez permanente: 2.000.000 ptas.

O beneficiario, en caso de invalidez permanente, será o traballador e, en caso de morte nas dúas modalidades que recolle o convenio, será o cónxuxe ou, se é o caso, os habentes dereito do traballador asegurado.

O prazo para concertar este seguro para o persoal de novo ingreso será de tres meses a partir do día en que o traballador cause alta na empresa.

Artigo 20º.-Gratificacións por matrimonio.

Tódolos traballadores con antigüidade de, polo menos, tres anos na empresa terán dereito, cando casen, a unha gratificación dun mes de salario máis antigüidade.

Artigo 21º .-Incapacidade laboral transitoria.

Cando un traballador se encontre en situación de incapacidade laboral transitoria percibirá o 100% do salario a partir da segunda semana consecutiva que se encontre na dita situación.

Acordo transitorio segundo

Cláusula de revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos de consumo (IPC) que se establece no INE rexistrase o 31 de decembro de 1995 un incremento superior ó 4,75% respecto á cifra que resultase do dito IPC o 31 de decembro de 1994, efectuarase unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a citada cifra. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro de 1996, servindo, por conseguinte, como base de cálculo para o incremento salarial de 1996 e para levalo a cabo tomaranse como referencia os salarios ou táboas utilizados para realiza-los aumentos pactados o dito ano.

A porcentaxe de revisión resultante gardará, en todo caso, a debida proporción en función do nivel salarial pactado inicialmente neste convenio, co fin de que aquel se manteña idéntico no conxunto dos doce meses.

A revisión salarial, se é o caso, aboarase en unha soa paga durante o primeiro trimestre de 1996.

Cláusula derradeira.

En todo o non previsto no presente convenio aplicarase o disposto na regulamentación de establecementos balnearios do 3 de xuño de 1959 e nas demais disposicións legais vixentes.

O presente convenio é asinado pola empesa Aguas de Sousas, S.A. e os representantes dos traballadores no seo da empresa, pertencentes á central sindical Unión Xeral de Traballadores (UGT), ámbalas partes con capacidade legal bastante segundo o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Táboa de salarios

PersoalSalario baseP.C.I.

Persoal técnico:

Licenciados titulados superiores128.768

Técnicos titulados109.676

Peritos e asimilados109.676

Non titulados:

Encargado xeral109.676

Encargado de sección102.396

Persoal administrativo:

Xefe de 1ª74.3961.678

Xefe de 2ª74.3961.678

Oficial de 1ª74.3961.256

Oficial de 2ª74.3961.112

Auxiliar74.396768

Persoal comercial:

Xefe de vendas109.676

Inspector de vendas74.3961.256

Persoal obreiro:

Capataz2.5681.256

Operario de embotellamento2.5681.110

Aprendiz2.568

Oficios varios:

Oficial de 1ª2.5681.256

Conductor-repartidor2.5681.256

Oficial de 2ª2.5571.112

Oficial de 3ª2.5571.112

Axudante, conductor, laborante2.628768

Persoal subalterno:

Peón, almaceneiro, ordenanza2.246778

Cobrador, vixilante, porteiro2.246778

Conserxe, telefonista2.246778

Xardineiro, limpadora2.246778

7606