Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 17 de xullo de 1996 Páx. 6.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 36/1996).

Visto o expediente incoado pola empresa Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa), con enderezo na r/ Hórreo, nº 94, 15702 Santiago de Compostela, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións que seguen:

-Anteproxecto de instalacións eléctricas consistentes en:

Liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-180, de 181,6 mm e conductor de terra AWG 7-8 de 58,56 mm, de 10.800 m de lonxitude, con orixe na futura subestación do parque eólico de Malpica e final na subestación de Cabana de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., discorrendo polos concellos de Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Cabana de Bergantiños.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos Decretos 2617 e 2619/1996, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e declarar de utilidade pública, as devanditas intalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 9 de xullo de 1996.

José Manuel Núñez Centella

Secretario en funcións

5095