Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 16 de outubro de 1996 Páx. 9.169

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector do comercio de alimentación.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector do comercio de alimentación, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-6-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Comercio de Alimentación, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e CIG o 27-5-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto

1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de xuño de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito persoal funcional.

O presente convenio afecta no seu contido normativo a toda a provincia de Pontevedra, e abrangue tódalas actividades do sector do comercio de alimentación nas que se inclúen maioristas e distribuidores, retallistas, supermercados e autoservicios e similares e en xeral tódalas empresas dos sectores do comercio de alimentación e comercio de gandería, rexidas pola ordenanza laboral de comercio, a cal é aplicable subsidiariamente en todo o establecido no presente convenio e para todo o persoal destas.

Artigo 2º.-Vixencia.

A duración do presente convenio será desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996. A denuncia do convenio entenderase validamente efectuada por calquera das partes sempre que medie comunicación por escrito á outra parte antes do último mes de vixencia ordinaria do convenio.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas, compensación e absorción.

As melloras económicas obtidas no presente convenio non poderán ser absorbidas nin compensadas por melloras voluntarias anteriores ou futuras.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para tódolos traballadores do sector será de corenta horas semanais, de luns a venres, excepto retallistas de alimentación, establecementos de cash-almacén, para os cales a xornada finalizará o sábado.

Nos almacéns maioristas poderase ter un retén os sábados ata un máximo de catro persoas, rotativo e de acordo a empresa co comité; o remate da dita xornada será ás doce horas.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán anualmente dunhas vacacións retribuídas de acordo coas seguintes condicións:

1ª. Terán unha duración de 31 días naturais, independentes da categoría profesional de cada traballador.

2ª. As vacacións poderanse desfrutar no transcurso do ano, sendo obrigatorio para a empresa conceder estas, polo menos nun 40% do cadro de persoal, durante o período abranguido entre o 15 de maio e o 30 de setembro, de forma rotativa.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute e anunciaranse no taboleiro de anuncios do centro de traballo

3ª. Cando un traballador cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional das vacacións.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

De conformidade co disposto na Lei de xornada máxima, pode ser autorizada polo delegado de Traballo a realización de horas extraordinarias, que se retribuirán para o persoal indistintamente cun aumento do 75%, retribuíndose co 150% as realizadas en domingo e días festivos.

Enténdese que tales recargos son establecidos con carácter xeral e mínimo, e poderán ser substituídos por outros superiores.

Os límites máximos de horas extraordinarias serán os seguintes:

-Día: 02 horas.

-Mes: 15 horas.

-Ano: 70 horas

Artigo 7º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Casamento do traballador: 15 días.

b) Necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admiten demora: 2 días.

c) Morte ou enterramento do cónxuxe, país, avós, fillos, netos ou irmáns, enfermidade do cónxuxe, país e fillos e parto da esposa: 3 días.

En caso de desprazamento por estes motivos, a licencia será de catro días, ampliables a cinco días, se o desprazamento é fóra da provincia.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a unha licencia retribuída de dous días. A dita licencia non poderá ser acumulada en vacacións, pontes ou calquera outra licencia. Tampouco se poderá desfrutar durante o mes de decembro, e deberá ser solicitada cunha antelación de cinco días. A súa concesión estará suxeita á orde de prioridade da solicitude, en caso de coincidencia de datas.

Artigo 8º.-Excedencias.

Poderán solicita-la excedencia voluntaria tódolos traballadores da empresa sempre que leven polo menos un ano de servicio.

A excedencia voluntaria concederase por prazo non inferior a dous anos nin superior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia. Non se computará para ningún efecto o tempo que os traballadores permanecesen nesta situación.

Ó remata-la situación de excedencia, o persoal terá dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza na súa categoría se non houbese traballadores en situación de excedencia forzosa.

A empresa concederá preceptivamente a excedencia voluntaria por un tempo non superior a un ano, cando medien fundamentos serios debidamente xustificados de orde familiar, terminación de estudios, etc.

Perderase o dereito ó reingreso na empresa se non fose solicitado polo interesado antes de expira-lo prazo que lle foi concedido.

Darán lugar á situación de excedencia forzosa calquera das causas seguintes:

a) Nomeamento para cargo que teña que facerse por decreto, por designación ou para cargo electivo.

b) Enfermidade.

c) Maternidade, por un prazo non superior a tres anos.

A esta excedencia poderán optar a nai ou o pai ós que afecte a dita situación.

Artigo 9º (sen contido).

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado percibirá tres pagas extraordinarias consistentes nunha mensualidade dos salarios bases vixentes en cada momento, maila antigüidade e melloras voluntarias que conceden as empresas. Estas serán aboadas:

a) Paga de verán: o día 18 de xullo.

b) Paga de Nadal: o día 22 de decembro.

c) Paga de beneficios: esta aboarase o día 1 de xaneiro e poderá prorrogarse ata o 31 de marzo.

Artigo 11º.-Condicións económicas.

Os conceptos económicos deste convenio terán un incremento do 4%. Os salarios base quedarán establecidos segundo a táboa salarial anexa. Se durante a vixencia das táboas salariais deste convenio, o índice de prezos de consumo (do 1-1-1996 ó 31-12-1996) excedese a porcentaxe do 3,75% aplicaríase unha revisión salarial desde a citada porcentaxe e na contía da diferencia.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Complemento de antigüidade. A contía de complemento de antigüidade será a que o 31 de decembro de 1994 figure en nómina como plus de antigüidade e aboarase nas 15 mensualidades.

Ós traballadores que o 31 de decembro de 1994 cumpran algún trienio aboaráselles este cuantificándose a partir da dita data a antigüidade por cuadrienios, que empezarán a percibi-los traballadores que a partir da dita data empecen a xerar cuadrienios. O dito concepto denominado complemento de antigüidade introducirase en nómina, o cal será cotizable, e non será absorbible por ningún outro concepto salarial.

Será aplicado a este concepto o incremento pactado en cada negociación colectiva.

Antigüidade. En concepto de antigüidade establécense cuadrienios na contía dun 6% sobre o salario do convenio vixente en cada momento e por cada categoría.

Artigo 13º.-Axudas de custo.

Terán dereito a estas tódolos traballadores que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexan obrigados a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo a dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que imposibiliten o seu regreso e sexa preciso efectuar comidas fóra do seu propio domicilio ou teñan necesidade de desprazarse a localidades onde tamén lle esixa a misión encomendada unha permanencia que obrigue a tomar aloxamento.

A súa contía será a seguinte:

-Axuda de custo completa4.730 ptas.

-Xantar1.534 ptas.

-Cama1.343 ptas.

-Almorzo447 ptas.

-Cea1.406 ptas.

Artigo 14º.-Complemento asistencial en caso de enfermidade ou accidente.

Durante as situacións de incapacidade laboral transitoria as empresas aboarán desde o primeiro día o 100% do salario, podendo resarcirse as empresas coas cantidades que a Seguridade Social aboa como prestación pola dita continxencia.

Artigo 15º.-Axuda escolar.

Todo traballador que teña fillos abranguidos en toda a etapa de EXB (educación xeral básica) percibirá por concepto de axuda escolar a contía de 8.309 ptas. anuais por cada fillo. A dita cantidade aboarase ó comeza-lo curso. Será requisito indispensable que os fillos figuren como beneficiarios na cartilla da Seguridade Social do traballador.

Artigo 16º.-Plus de incapacidade.

Tódolos traballadores que teñan algún fillo subnormal, diminuído físico ou minusválido percibirán a contía de 8.309 ptas. mensuais por cada fillo que se atope nas ditas circunstancias.

Artigo 17º.-Servicio militar.

O persoal abranguido no presente convenio ten dereito a que se lle respecte o posto de traballo durante o tempo que dure o servicio militar e dous meses máis.

Así mesmo o persoal que leve dous anos prestando servicio, durante o tempo que estea prestando o servicio militar ten dereito a percibir, como se estivese presente no traballo, o importe de dúas gratificacións extraordinarias fixas, verán e Nadal.

Se levan máis de tres anos na empresa tamén percibirán a gratificación de beneficios.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

As empresas estarán obrigadas a facilitarlles ós seus productores un mínimo de dúas pezas de roupa de traballo por ano. Ós choferes e repartidores facilitaráselles uniformes de traballo acondicionados ás temperaturas de verán e inverno, así como roupas de auga. O seu uso será obrigatorio.

Así mesmo, o persoal terá a obriga de conserva-la roupa en bo estado. O traballador estará obrigado a comprala ó seu cargo cando por abandono ou neglixencia a el imputable as estrague de forma clara.

Artigo 19º.-Ingresos.

Terán dereito preferente para o ingreso, en igualdade de condicións, os que desempeñasen ou desempeñen funcións na empresa con carácter eventual interino ou contratado por tempo determinado e tamén os fillos dos traballadores da empresa, xa estean en activo, xubilados ou falecidos.

Artigo 20º.-Período de proba.

O ingreso entenderase provisional mentres non se cumprise o período de proba que para cada grupo profesional dos enumerados na clasificación profesional se detalla a seguir:

-Grupo I: 6 meses.

-Grupo II: 3 meses.

-Grupo III: 1 mes.

Artigo 21º.-Medidas disciplinarias.

Nos supostos de medidas disciplinarias por parte da empresa, tales como propostas de despedimento, sancións ou amoestacións formais, estas deben ser comunicadas por escrito ó traballador e ó comité de empresa ou delegados correspondentes. Nestes casos, o traballador, se fose chamado pola empresa, poderá ser acompañado polos seus lexítimos representantes legais.

Artigo 22º.-Reparto.

As empresas maioristas recomendarán ós seus clientes a necesidade de que os locais onde teña lugar a recepción das mercadorías solicitadas reúnan as debidas condicións para tratar de evitar no posible tarefas que supoñan excesivo esforzo físico para os traballadores.

Artigo 23º.-Traballadores en cámara de conxelación.

O persoal que traballe en cámaras frigoríficas con permanencia nelas por un tempo como mínimo do 25% da súa xornada laboral, con independencia de que sexa dotado de roupa adecuada ó seu cometido, percibirá un plus do 25% do seu salario regulamentario.

Artigo 24º.-Retirada do carné de conducir e multas.

En caso de retirada do carné de conducir por causa non imputable ó traballador, a empresa comprométese a facilitarlle ó conductor afectado un posto de traballo idóneo, de acordo coa súa categoría profesional sen que con iso vexa diminuído o seu salario.

As multas imputables ó traballador serán aboadas por este, en caso contrario pagaraas a empresa, esta tamén se fará responsable das multas orixinadas por exceso de carga, mal aparcamento en caso de carga ou descarga e número de viaxeiros excesivo que teñan a condición de ser persoal de servicio da empresa.

Artigo 25º.-Seguridade no posto de traballo.

A todo traballador que, por calquera causa xustificada non puidese seguir desempeñando o posto de traballo para o que foi contratado, a empresa estará obrigada a outorgarlle un dereito preferente de ocupación das vacantes que existen, sempre e cando as características do posto habilitado sexan aptas ás condicións físicas ou intelectuais do traballador.

Artigo 26º.-Afiliación sindical.

A empresa ten o deber de respecta-lo dereito do traballador á afiliación sindical libre.

As empresas deducirán das nóminas as cotas correspondentes ós afiliados a centrais sindicais. O traballador interesado na relación de tal operación remitiralle á empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde do desconto, o sindicato ó que pertence e a contía da cota correspondente.

Artigo 27º.-Garantía ad personam.

As condicións laborais pactadas neste convenio enténdense co carácter de mínimas, e deberán ser respectadas as condicións de todo tipo que veñan desfrutando os traballadores en canto sexan máis beneficiosas cás aquí establecidas.

Artigo 28º.-Visitas médicas.

En caso de saídas ó médico, a empresa aboará o tempo empregado cando a visita coincida co horario de traballo. Para o seu aboamento será preceptivo que o volante estea asinado polo médico, á vez que datado.

Artigo 29º.-Gastos de locomoción.

Tódolos traballadores percibirán en concepto de plus de locomoción a cantidade de 6.818 pesetas mensuais. Esta cantidade aboarase nos doce meses do ano.

Artigo 30º.-Comité de empresa.

A empresa facilitará local adecuado, no caso de que dispoña del, para as reunións e consultas do delegado ou comité de delegados cos traballadores, así como un taboleiro para poñer comunicacións, avisos, carteis, etc.

De acordo co establecido no artigo 68 e) do Estatuto dos traballadores, as horas retribuídas para a representación dos traballadores poderán ser desfrutadas por un ou varios membros dunha mesma organización sindical, sen excede-lo máximo total de horas ás que esta organización sindical ten dereito segundo os seus representantes dentro da empresa concreta na que se propón esta acumulación.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes no presente convenio, créase unha comisión paritaria que estará composta da seguinte forma:

-Presidente-secretario: o que o foi do convenio, Juan José Piñeiro Gómez-Durán.

-Tres vocais: en representación da parte social.

-Tres vocais: en representación da parte económica.

A dita comisión actuará no ámbito da súa competencia, sen invadi-las esferas daqueles organismos e xurisdiccións que teñan unha competencia determinada concreta recoñecida na normativa de convenios colectivos.

Artigo 32º.-Xubilación.

A idade de xubilación obrigatoria será os 65 anos, sempre e cando se reúnan os requisitos legais para acceder á correspondente prestación. A xubilación voluntaria será ós 64 anos, segundo a normativa legal vixente en cada momento, e de mutuo acordo, empresa e traballador, ós 60 anos, compensando a empresa as diferencias salariais e de cotización á Seguridade Social ata os 65 anos.

Artigo 33º.-Declaración de principios.

Os representantes sociais asinan o presente convenio, comprometéndose formalmente a realizar unha maior productividade que axude á supervivencia de tódalas empresas do sector. Por outra parte, a representación económica observará o estricto cumprimento do convenio, mellorando as condicións laborais de todo tipo e en xeral dos productores ó seu servicio. Ambalas partes recoñecen e son conscientes de que forman un todo para que a empresa poida proporciona-los elementos que corresponden a cada unha delas.

Artigo 34º.-Partes que o concertan.

Este convenio foi concertado polas asociacións provinciais maioristas e retallistas da alimentación e polas centrais sindicais CC.OO. e CIG.

Artigo 35º.-Recoñecementos médicos.

As empresas estarán obrigadas a facilitar un recoñecemento médico obrigatorio, con periodicidade mínima dun ano. Os traballadores someteranse voluntariamente ó dito recoñecemento.

Artigo 36º.-Prestación por quilometraxe.

Todos aqueles traballadores que teñan que realizar desprazamentos en vehículo propio en tarefas ou traballos encomendados directamente pola empresa percibirán 28 ptas./km, respectándose as condicións máis beneficiosas que viñesen desfrutando anteriormente ó asinamento do presente convenio.

O anterior enténdese que non afecta a un traslado voluntario a outro centro de traballo.

Artigo 37º.-Traballadores eventuais.

Todos aqueles traballadores temporais e eventuais que a partir do 17 de xuño de 1988 superen tres anos

de contratación, nunha ou varias das modalidades temporais de contratación actualmente en vigor, pasarán á situación de fixos.

Para efectos do cómputo da dita duración, contaranse os períodos de traballo efectivo, ILT nas súas distintas clases e duración, e calquera circunstancia que leve consigo unha suspensión temporal do contrato de traballo (coa excepción de calquera tipo de excedencia).

Para estes efectos computarase como tempo traballado a permanencia en empresas filiais da principal.

O presente artigo non será de aplicación a aqueles traballadores que cesen voluntariamente e retornen á empresa ou que sexan contratados ó abeiro do artigo 42º do presente convenio no seu apartado c.

Artigo 38º.-Premios por xubilación.

Se, ó se produci-la xubilación, o traballador acreditase unha antigüidade na empresa de máis de trinta anos, percibirá por parte desta, nun único pagamento, un premio consistente nunha cantidade igual a unha mensualidade do salario real que viñese percibindo.

Artigo 39º.-Descanso semanal.

Cando, por coincidi-lo día de descanso semanal noutro festivo, o traballador se vexa privado do seu desfrute, as empresas veranse na obriga de compensar a este con outro día de descanso en día laborable, nun prazo non superior a quince días, a partir da data do día que lle correspondese desfrutar.

Artigo 40º.-Dereito de información en materia de contratación.

Recóllese no presente artigo a Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación. Para a súa aplicación observaranse as seguintes condicións:

1. O presente texto manterá a súa vixencia no convenio ata o momento da derrogación da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, no que quedará sen efecto.

2. O presente texto recollerá no seu contido calquera modificación que se produza no articulado da citada lei.

«Texto da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

Artigo 1º

1. O empresario entregaralle á representación legal dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que deban celebrarse por escrito a excepción dos contratos de relación laboral especial de alta dirección, sobre os que se establece o deber de notificación á representación legal dos traballadores.

Co fin de comproba-la adecuación do contido do contrato á legalidade vixente, esta copia básica conterá tódolos datos do contrato a excepción do número do documento nacional de identidade, o domicilio, o estado civil e calquera outro que de acordo coa Lei orgánica 1/1992, do 5 de maio, puidese afectar á intimidade persoal.

A copia básica será entregada polo empresario nun prazo non superior a dez días desde a formalización

do contrato, ós representantes legais dos traballadores, os que a asinarán para efectos de acreditar que se produciu a entrega. Posteriormente a dita copia básica enviarase á oficina de emprego.

Nos contratos suxeitos á obriga de rexistro no INEM a copia básica remitirase xunto co contrato á oficina de emprego. Nos restantes supostos remitirase exclusivamente a copia básica.

2. O empresario notificaralles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo ós que se refire o número 1, así como as denuncias correspondentes a estes no prazo dos dez días seguintes a que teña lugar.

3. Os representantes legais dos traballadores deberán recibir, polo menos trimestralmente, información acerca das previsións do empresario sobre celebración de novos contratos, indicando o número destes e as modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, así como dos supostos de subcontratación.

Artigo 2º

Os representantes da Administración así como os das organizacións sindicais e os das asociacións empresariais que teñan acceso á copia básica dos contratos, en virtude da súa pertenza ós órganos de participación institucional que regulamentariamente teñan tales facultades, observarán sixilo profesional, e non poderán utiliza-la dita documentación para fins distintos dos que motivaron o seu coñecemento.

Artigo 3º

1. O empresario, con ocasión da extinción do contrato, comunicaralles ós traballadores a denuncia ou, se é o caso, o preaviso da súa extinción, deberá xuntar unha proposta do documento de liquidación das cantidades que se deben.

O traballador poderá solicita-la presencia dun representante legal dos traballadores no momento de proceder ó asinamento do recibo da liquidación, facéndose constar nel o feito do seu asinamento en presencia dun representante legal dos traballadores, ou ben que o traballador non fixo uso desta posibilidade. Se o empresario impedise a presencia do representante no momento do asinamento, o traballador poderá facelo constar no propio recibo, para os efectos oportunos.

2. A liquidación dos salarios que correspondan ós traballadores fixos descontinuos, nos supostos de conclusión de cada período de actividade, levarase a cabo con suxeición ós trámites e garantías establecidas no número anterior».

Artigo 41º.-Clasificación do persoal.

O persoal ó servicio das empresas afectadas por este convenio colectivo quedará encadrado nalgúns dos seguintes grupos profesionais, en función das súas titulacións académicas, aptitudes profesionais e contido xeral da prestación laboral requirida.

As definicións contidas para cada grupo profesional non son exhaustivas, senón meramente enunciativas.

Grupo I. Están abranguidos neste grupo aqueles traballadores que coordinan, dirixen, establecen e crean políticas xerais, prácticas normativas e procedementos amplos, con alto grao de autonomía a partir de directrices xerais. Exercen a supervisión a través de mandos intermedios, co fin de consegui-los obxectivos operacionais marcados.

Grupo II. Están abranguidos neste grupo aqueles traballadores cunha actividade que se desenvolve baixo especificacións precisas e con certo grao de autonomía, podendo coordina-lo traballo dun equipo, e para o seu desenvolvemento se requira unha pericia ou habilidade sistemática en actividades ou procesos técnicos, comerciais, informáticos ou administrativos, estando ou non estandarizados.

Grupo III. Están abranguidos neste grupo aqueles traballadores en postos que se executan baixo instruccións concretas con dependencia xerárquica e funcional total. Esíxese o coñecemento total do oficio e as funcións poden implicar incomodidade temporal ou esforzo físico.

A precedente definición de grupos profesionais non implica a derrogación das categorías profesionais e a súa definición funcional contidas na vixente ordenanza laboral do comercio.

Artigo 42º.-Modalidade de contratación.

A) Contrato de aprendizaxe.

Poderanse celebrar contratos de aprendizaxe con traballadores maiores de dezaseis anos e menores de vintetrés anos.

O salario de contratación destes traballadores será igual ó 85%, 90% e 100% do salario base da súa categoría durante, respectivamente o primeiro, o segundo ou terceiro ano de vixencia do contrato.

B) Contrato en prácticas.

A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será do 85% ou do 90% do salario base da súa categoría profesional, durante o primeiro ou segundo ano de vixencia do contrato.

C) Contratos de duración determinada.

Con obxecto de compatibilizar ó máximo as condicións das fases expansivas e recesivas dos ciclos económicos tanto no ámbito xeral da economía estatal como nos ámbitos sectorial e da empresa, cos principios de estabilidade no emprego, pleno emprego e non precarización das relacións laborais recoñécese a conveniencia de configurar a través do presente convenio colectivo sectorial no marco do art. 15.1º B) do Estatuto dos traballadores, un contrato por circunstancias do mercado que permita a contratación de persoal por período de ata catro anos dentro de ciclos de cinco anos para configurar unha alternativa de contrato de longa duración sometido a un réxime equivalente ó do contrato indefinido, no referente a desfrute de beneficios derivados da antigüidade, beneficios non salariais, réxime específico de extinción, con esixencia de preaviso e de indemnización para o traballador.

En consecuencia:

De conformidade co establecido no Art. 15.1º B) do Estatuto dos traballadores, para unha menor precari

zación do emprego e buscando aproveitar ó máximo as posibilidades de emprego que se derivan do actual ciclo económico, o contrato por circunstancias do mercado, ó que se refire o dito artigo, poderá celebrarse por períodos que individualmente ou en conxunto non superen os catro anos dentro dun ciclo de cinco anos.

O seu réxime xurídico será equivalente ó do contrato por tempo indefinido, en canto ó desfrute de beneficios salariais, antigüidade, réximes de complementos e beneficios non salariais.

A duración mínima do contrato será de seis meses e poderanse realizar un máximo de seis prórrogas en caso de pretender esgota-lo ciclo completo.

O presente convenio sométese a un réxime específico de extinción, con esixencia de preaviso escrito con polo menos quince días de antelación fixando unha indemnización para o traballador de conformidade coa seguinte escala:

* Se a extinción se produce ó transcorrer un ano de contrato, aboarase unha indemnización de doce días.

* Se a extinción se produce ó transcorrer dous anos de contrato, aboarase unha indemnización total de vinte días.

* Se a extinción se produce ó transcorrer tres anos de contrato, aboarase unha indemnización total de trinta días.

* Se a extinción se produce ó transcorrer catro anos de contrato, aboarase unha indemnización total de corenta días.

No suposto de non producirse a extinción do contrato á terminación da vixencia máxima deste (catro anos), se o traballador segue prestando servicios na empresa, o contrato transformarase en indefinido.

O presente contrato só se poderá celebrar a xornada completa.

As partes comproméntese a recomendarlles ós seus afiliados a utilización deste tipo de contrato de longa duración, sempre que resulte aplicable, en lugar doutras modalidades de contratación temporal actualmente en vigor.

Artigo 43º.-Mobilidade xeográfica.

A) Desprazamento. As empresas poderán despraza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos a aquel en que presten os seus servicios, fundamentando o dito desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou de contratación.

B) Traslado. Enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique un cambio de domicilio. Enténdese que un desprazamento implica cambio de domicilio, cando o centro de traballo de novo destino diste máis de 40 quilómetros do seu centro actual ou do seu domicilio actual.

Para os supostos de traslados de persoal polo motivos establecidos na lei, establécense os seguintes mecanismos:

* Negociación preceptiva coa representación legal dos traballadores.

* Intervención dos mecanismos do AGA e en caso de desacordo da comisión paritaria.

* Recuperación do posto de traballo anterior en caso de laudo ou sentencia favorable.

* Preaviso de 45 días.

* Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 30 días.

* Os traslados non terán unha duración inferior a doce meses nun período de tres anos.

* Se, por traslado, un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se fose traballador da mesma empresa, terá dereito ó traslado á mesma localidade.

Os casos de traslado darán lugar ó devengo por parte do traballador trasladado dos seguintes conceptos compensatorios:

* Billete para o traballador e os familiares que vivan ás súas expensas.

* Transporte de mobiliario, roupa e utensilio do fogar.

* Indemnización consistente en dúas veces o salario base mensual de categoría profesional, nun único pagamento.

* Compensación durante doce meses da diferencia do custo de vivenda en alugueiro (vivenda das mesmas características).

* Notificada a decisión de traslado, o traballador poderá optar pola extinción do seu contrato, percibindo unha indemnización de 25 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano e cun máximo de doce mensualidades.

Artigo 44º.-Réxime disciplinario para o acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto á intimidade e/ou contra a liberdade dos traballadores, conductas de acoso sexual verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas moi graves, graves ou leves en función da repercusión do feito (*). Nos supostos en que se leve a cabo servíndose da súa relación xerárquica coa persoa e/ou con persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, os delegados de persoal, sección sindical e a dirección da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador afectado, procurando silencia-la súa identidade, cando así sexa preciso.

(*) Poderá seguirse o réxime disciplinario establecido no acordo para a substitución da ordenanza do comercio.

Artigo 45º.-Igualdade no traballo.

Respectarase o principio de igualdade no traballo para tódolos efectos, e non se admitirá discriminación por razóns de idade, sexo, ideoloxía, raza, minusvalidez, etc.

Disposicións transitorias

Primeira.-En relación coa duración máxima da contratación temporal establecida no artigo 37º, e despois da aprobación do R.D.L. 18/1993, que establece medidas urxentes de fomento de emprego da ocupación, esta

duración máxima pasará a ser de catro anos e seis meses durante a vixencia do citado real decreto lexislativo.

Segunda.-Grupos profesionais: establécese a unificación das categorías con discriminación en función da idade:

* Na categoría de auxiliar de caixa á data do seu vencemento o 13-09-1997.

* Na categoría de auxiliar administrativo, desde o día 1-1-1997.

Disposicións adicionais

Primeira.-Ámbalas partes comprométense a inicia-la negociación do convenio colectivo a partir da segunda quincena do mes de xaneiro de cada ano.

Segunda.-As partes asinantes do presente convenio amosan a súa vontade de que a figura contractual prevista no Art. 42º c) se instrumentalice de acordo coa declaración de motivos contida nel. Para tal efecto, a comisión paritaria do convenio fará un seguimento específico, nos termos previstos no Art. 31º do propio texto, a través de reunións que se celebrasen por instancia de cada unha das partes asinantes.

Táboa salarial

Grupo

Profes.

Nivel

Salar.

Categorías

incluídas

Salario

base

Xefe de división111.672
Xefe de sección administrativa111.672
Xefe de persoal111.672
AXefe de compras111.672
Xefe de división111.672
Xefe de vendas111.672
Encargado xeral111.672
I
Xefe administrativo107.755
Xefe de almacén107.755
BContable-caixeiro107.755
Oficial administrativo107.755
Operador máquinas contables107.755

Prof. de oficio de 1ª-chofer 1ª103.838
AXefe de grupo103.838
Viaxante103.838
Xefe de supermercado103.838
II
Corredor de praza99.914
Vendedor, poxador, comprador99.914
Dependente maior99.914
Xefe de sección mercantil99.914
BEncargado de establecemento99.914
Secretaria99.914
Debuxante99.914
Xefe de sección de servicios99.914
Visitador99.914
Xefe de taller99.914

Aux. caixa maior 25 anos (***)99.914
Profesional oficial 2ª-chofer 2ª97.955
Capataz95.999
Auxiliar95.999
ADependente95.999
Auxiliar administrativo ou perforista95.999
Mozo especializado95.999
Escaparatista95.999
Mozo95.999

Grupo

Profes.

Nivel

Salar.

Categorías

incluídas

Salario

base

Auxiliar de caixa 20-22 anos (***)92.730
IIIBAuxiliar de caixa92.730
Axudante92.730
Axudante90.123
Telefonista90.123
Vix. sereno, ordenanza, porteiro90.123
Cobrador90.123
CCosedora de sacos90.123
Conserxe90.123
Empaquetadora90.123
Persoal de limpeza90.123
Auxiliar de caixa 18-20 anos (***)88.163

AprendicesAux. Advo. ou perforista 18 anos88.163
SalarioAuxiliar de caixa 16-17 anos (***)62.694
segundo textoAspirante 16-17 anos (***)60.732
convenioAprendiz 16-18 anos (***)60.732

(***) Contratados antes 13-9-1994

9605385