Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.379

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1996 pola que se nomea catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de química inorgánica (Lugo), do departamento de Química Inorgánica, a Esther Gómez Fórneas (praza 1324/1995).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 19 de xuño de 1995 (BOE do 18 de xullo) para a provisión da praza de catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de química inorgánica (Lugo), do departamento de Química Inorgánica, da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Esther Gómez Fórneas, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Esther Gómez Fórneas, catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de química inorgánica (Lugo), do departamento de Química Inorgánica, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1996.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

7352