Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 31 de outubro de 1996 Páx. 9.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se acorda notificar a Elena Amalia Mayán Caamaño a resolución dictada por esta consellería, recaída no expediente disciplinario incoado no seu día.

Ó non ser posible notificarlle á interesada, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase a notificación da resolución pola que se pon fin ó procedemento disciplinario instruído á auxiliar contratada administrativa con destino no IFP Fernando Blanco de Cee (A Coruña), Elena Amalia Mayán Caamaño, declarándoa incursa nunha falta disciplinaria moi grave, das previstas no artigo 3 do Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e acorda sanciona-la coa suspensión de funcións durante tres anos, sobre a base do disposto no capítulo IV do mesmo regulamento, deducindo desta sanción os efectos da suspensión provisional de funcións acordada no seu día, e facéndolle sabe-lo dereito que a asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de

dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

6409