Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.380

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 400/1996, do 31 de outubro, polo que se crea o portelo único para establecementos balnearios e explotacións de augas minerais, termais e de manancial.

A importancia secular dos establecemtnos balnearios e das explotacións de augas minerais, termais ou de mancial en Galicia esíxelle á Administración autonómica a adopción de medidas de racionalización adminsitrativa que, sen prexuízo da competencia das distintas consellerías, lle permitan ó sector ter un interlocutor único para a recepción, coordinación e seguimento de tódolos expedientes que se tramitan ante a Xunta de Galicia.

Nesta liña e tendo en conta que a apertura, modificación ou petición de axudas ou subvencións para establecementos balnearios ou de explotación de augas minerais, termais ou de manancial, implica a diferentes unidades administrativas da Xunta de Galicia -as competentes en materia de aproveitamentos de augas desta natureza, de sanidade, de turismo, ou de fomento do sector faise precisa a creación dun portelo único como unidade administrativa encargada da recepción, coordinación e seguimento dos expedientes incoados pola Xunta de Galicia nesta materia.

O Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, de 6 de abril, establece no artigo 27.14º, como competencia exclusiva desta Comunidade Autónoma a referida ás augas minerais e termais.

Na súa virtude, pro proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créase o portelo único como unidade administrativa encargada da recepción de solicitudes e do seguimento e coordinación dos expedientes de autorización dos establecementos balnearios, ou de explotación de augas minerais, termais ou de manacial e as súas instalacións turísticas complementarias, así como das axudas e subvencións que se soliciten para el.

O portelo único ó que se refire o parágrafo anterior estará adscrito á Consellería de Industria e Comercio.

Artigo 2º

O portelo único, relación coas actuacións a que fai referencia o artigo anterior, terá as seguintes funcións:

a) A de información administrativa, tanto referida á apertura e modificación destes establecementos, como das axudas e subvencións para eles destinadas. Tamén informará sobre a situación na que se atope un expediente xa incoado, independientemente do órgano que o tramite.

b) A recepción e a remisión ás unidades correspondentes en cada materia das solicitudes formuladas.

c) A coordinación e o impulso dos expedientes administrativos.

d) O rexistro de tódolos establecementos balnearios e o arquivo das solcitudes e resolucións que emitan cada un dos órganos competentes.

Artigo 3º

As persoas físicas ou xurídicas que pretenden a apertura, modificación ou solicitudes de axuda ou subvención para os establecementos balnearios ou de explotación de augas minerais, termais ou de manancial e para as súas instalacións turísticas complementarias, poderán presenta-la solicitude correspondente, acompañada da documentación que sexa necesaria en cada caso, no portelo único. Logo da recepción e da comprobación da documentación, o responsable da unidade administrativa do portelo único. Logo da recepción e da comprobación da documentación, o responsable da unidade administrativa do portelo único, procederá a darlle a correspondente alta no sistema de xestión de procedementos administrativos e a remiti-la solicitude e a súa documentación ó órgano, que dependendo da actuación que se pretenda realizar, sexa o competente para a súa tramitación.

Artigo 4º

Calquera unidade administrativa que reciba algunha das solicitudes a que se refire o artigo 1 deste decreto, de conformidade co establecido no artigo 38.4º b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións pulicas e do procedemento administrativo común deberá remitila ó portelo único existente na Consellería de Industria e Comercio.

Disposición transitoria

As disposicións deste decreto aplicaranse ós procedementos iniciados con posterioridade á efectiva posta en funcionamento do portelo único regulado no artigo 1º.

Disposicións adicionais

Primera.-Créase a Xefatura de Servicio do Portelo Único, como unidade administrativa encargada da súa xestión e funcionamento. O dito posto de traballo quedará encadrado na estructura orgánica da Dirección Xeral de Industria, da Consellería de Industria e Comercio.

Segunda.-O portelo único creado polo presente decreto poñerase en funcionamento antes do día 15 de decembro de 1996.

Disposición derradeira

Facúltase a Consellería de Industria e Comercio para dicta-las normas necesarias para execución e desenvolvemento do presente decreto sen prexuízo das compentecias que por razón da materia teñan outras consellerías.

Santiago de Compostela, trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8235