Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.468

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 27 de novembro de 1996 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, da fundación FORGA, para a orientación profesional, emprego e formación en Galicia, de Vigo.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da fundación FORGA, para a orientación profesional, emprego e formación en Galicia.

Supostos de feito.

Primeiro.-Con data de 8 de xullo de 1996, solicitouse o recoñecemento de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da fundación FORGA, por medio de escrito presentado por Xesús Ramón González Boán, que actúa como representante desta.

Segundo.-A fundación constituíuse en escritura pública outorgada o 4 de xullo de 1996, ante o notario da Coruña, Alfonso-Emilio Rodríguez Sánchez, co número 2.377 do seu protocolo.

Terceiro.-A comisión integrada por tódolos secretarios xerais, elevou ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública, proposta de clasificación como formativo-ocupacional da fundación FORGA, dado o seu obxecto, polo que, cumprindo cos requisitos recollidos na Lei estatal 30/1994, do 24 de novembro, na Lei 7/1983, do 22 de xuño, de fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e segundo se dispón no Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego (Decreto 248/1992, do 18 de xuño), correspóndelle a execución das facultades inherentes a aquel, á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Cuarto.-Á vista da proposta da comisión de secretarios xerais, pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 3 de outubro de 1996 (DOG nº 201, do 14 de outubro), clasificouse como formativo-ocupacional a fundación FORGA, tendo en conta o disposto no artigo 32.2º.c) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado de fundacións de interese galego.

Quinto.-Segundo consta no artigo 3 dos seus estatutos é obxecto e finalidade da fundación FORGA:

a) Fomenta-lo estudio e a investigación en materia de formación profesional e social dos traballadores de Galicia.

b) Colaborar no estudio de necesidades de formación e cualificación dos traballadores de Galicia, en función das demandas sociais, o desenvolvemento rexional, tecnolóxico e económico.

c) Contribución á mellora das condicións de traballo mediante a intervención na formación permanente dos traballadores galegos.

d) Participar nas modalidades e niveis que define o padroado na implantación directa de actividades de formación básica e permanente.

e) Prestarlle atención prioritaria á formación de desempregados con necesidades especiais de reinserción no mercado de traballo tales como: xoves de primeiro emprego, mulleres que reingresan no mercado de traballo e parados de longa duración.

f) Calquera outro fin que o padroado considere de interese.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, nos estatutos e na demais documentación que figura no expediente, constan, entre

outros, os seguintes extremos: acreditación da personalidade do fundador, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta o obxecto e a denominación (fundación FORGA, para a orientación profesional, emprego e formación en Galicia), a composición do órgano de goberno e o réxime de adopción de acordos.

O padroado da fundación está integrado polos seguintes membros:

Fernando-Roberto Acuña Rúa.

Manuel Mera Sánchez.

Xesús Ramón González Boán.

Luis Burgos Díaz.

Jesús E. Seixo Fernández.

José Luis Romero Falque.

Sétimo.-A Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude solicitou informe da asesoría xurídica, conforme o disposto no artigo 32.3º.a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, que aquela emitiu con data 30 de outubro de 1996.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral; a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro; o Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego; o Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como a demais normativa de desenvolvemento desta e a de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta comunidade autónoma competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º.a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como co artigo 1 do Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións, da fundación FORGA, para a orientación profesional, emprego e formación en Galicia, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvol

vidas por aquela, asumindo as funcións que como protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débese destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dálle nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, e establécese a obriga de, por unha banda, formular e presentarlle o orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico, e, por outra banda, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data do remate do exercicio, unha memoria das actividades realizadas durante o ano e da xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentárselle ó protectorado no prazo de seis meses desde a data de peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débese entender asumido pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto, pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a fundación FORGA, para a orientación profesional, emprego e formación en Galicia, de Vigo.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, para o que o padroado abonou a taxa correspondente en virtude do disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a composición do seu órgano de Goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto na normativa de xeral aplicación citada, en especial á obriga de darlles publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, e queda obrigada a renderlle contas anualmente ó protectorado e a xustificar a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a pre

senta-lo proxecto de orzamento con anterioridade ó inicio do exercicio económico para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

96-9189