Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 468

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Lacto Agrícola Rodríguez, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia da empresa Lacto Agrícola Rodríguez, S.A., que se subscribiu coa data do 30 de setembro de 1996, entre a representación da empresa e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios colectivos desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo de ámbito interprovincial para a empresa Lacto Agrícola Rodríguez, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Dereitos lingüísticos.

Os traballadores de Larsa teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega e a recibir formación lingüística para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo, recoñecendo a empresa desta maneira a oficialidade da lingua galega e os dereitos lingüísticos dos traballadores recollidos no Estatuto de autonomía para Galicia, Lei de normalización lingüística, Lei do Estatuto galego dos consumidores e usuarios e demais disposicións legais concordantes.

Artigo 2º.-A empresa fomentará o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións cos consumidores e administracións públicas en Galicia.

Artigo 3º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio ten carácter interprovincial e afecta os distintos centros que Larsa ten en Vigo, Vilagarcía de Arousa, delegación comercial de Lugo, A Coruña, Ourense e aqueles outros de nova creación que no futuro poidan establecerse en calquera provincia española.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

Comprende todo o cadro de persoal, fixo ou eventual, nas súas distintas categorías profesionais, agás os cargos

directivos de director xeral, directores de departamento e directores de planta e aquelas persoas que pola súa responsabilidade e traballo a empresa así o considere, sempre con responsabilidades de xestión ou dirección, as cales non lles será de aplicación a suba salarial.

Artigo 5º.-Duración.

Estipúlase un prazo de duración de dous anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 1997, excepto o incremento salarial, que será revisado anualmente, pactándose de común acordo que, con antelación de dous meses á data de expiración, se considera automaticamente denunciado ata que se asine o novo convenio.

Artigo 6º.-Vixencia.

O presente convenio entra en vigor o día primeiro de xaneiro de 1996, calquera que sexa a data da súa sinatura.

Artigo 7º.-Incrementos pactados no convenio.

No presente convenio foi pactado un incremento do 3,5%, que se aplicará sobre os seguintes conceptos: salario base, antigüidade, plus de asistencia e plus de actividade, segundo táboas aprobadas.

Capítulo II

Clasificación profesional e réxime retributivo

Artigo 8º.-Clasificación profesional.

Co obxecto de adecua-la clasificación profesional do persoal da empresa á que afecta o presente convenio, establécese a clasificación por grupos profesionais segundo a táboa correspondente recollida no anexo I. As categorías profesionais consignadas son puramente enunciativas e non abrigan a ter cubertas tódalas categorías enumeradas se a necesidade non o require.

Artigo 9º.-Persoal con capacidade diminuída.

Aquel persoal que, por deficiencias físicas ou psíquicas o por outras circunstancias non se encontre en situación de desenvolve-lo traballo para o que foi contratado, a empresa comprométese a destinalo a traballos o máis adecuados posible ás súas condicións e de acordo coa súa categoría laboral. En tódolos casos en que se presente a dita situación, a empresa, antes de adopta-la súa decisión, solicitará informe do comité intercentros, que deberá emitir no prazo máximo de cinco días oralmente ou por escrito, á súa elección. A cualificación das condicións físicas será realizada pola mutua de traballo en informe escrito por médico.

Artigo 10º.-Estructura salarial.

Está constituída polos seguintes conceptos: salario base, antigüidade, asistencia, actividade, comisións, quebranto de moeda e gratificación de nocturnidade.

Artigo 11º.-Aumentos periódicos por tempo de servicios.

Establécese un complemento salarial de carácter persoal consistente en quinquenios con valor do 5% sobre o salario base que corresponda á categoría e escala salarial. O número de quinquenios é ilimitado e empezarán a contarse a partir do día en que o traballador iniciase a prestación de servicios na empresa.

Os quinquenios cobraranse por todo o mes en que se cumpra cada período de antigüidade.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Gratificacións fixas. As gratificacións de marzo, xullo e Nadal, que se cobrarán o 15 de marzo, 15 de xullo, 15 de decembro, consistirán nun mes de soldo da táboa salarial deste convenio sen gratificación de asistencia.

Non se procederá a efectuar desconto ningún do importe das mesmas polos periodos de IT.

2. Servicio militar. O persoal que se encontre prestando o servicio militar terá dereito a percibir estas pagas. Quen leve, ó incorporarse ó servicio, menos dun ano de contratación, percibiraas na parte proporcional que lle corresponda.

Artigo 13º.-Prestacións complementarias da Seguridade Social durante a incapacidade transitoria.

No centro de traballo de Vilagarcía de Arousa, a partir da sinatura do convenio, nos períodos en que estea suspendido o contrato de traballo por situacións de IT derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o traballador terá dereito a percibir unha retribución económica equivalente ó 100% do seu salario bruto, durante os períodos nos que o nivel de absentismo por motivo de enfermidade común ou accidente non laboral do cadro de persoal, sexa inferior ó 5%. Se o absentismo fose superior ó 5%, o traballador percibirá as cantidades que teña sinaladas en cada circunstancia a Lei da Seguridade Social.

Crearase unha comisión de seguimento do absentismo laboral, formada por dúas persoas que representarán a empresa e outras dúas o comité, que analizarán aquelas baixas de longa duración que poderán quedar, se así o consideran, exceptuadas do cómputo para obte-lo índice de absentismo. A dita comisión reunirase os días 20 de cada mes, no caso de coincidir en día non laborable, a reunión celebrarase o día laboral inmediatamente anterior.

Nos restantes centros de traballo, na primeira baixa do ano derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, aboarase un complemento desde o primeiro día en que resulte afectado o traballador por unha incapacidade, ata alcanza-lo 100% do seu salario bruto. Nas seguintes baixas, o traballador percibirá as cantidades que teña sinaladas en cada circunstancia a LXSS.

Nos casos de accidente laboral, pagarase sempre o citado complemento, independentemente do número de veces que resulte incapacitado o traballador por este motivo no transcurso do ano.

O período de cómputo de baixas será por ano natural, e non se computarán para estes efectos as baixas que tivesen inicio no ano anterior ó de vixencia de este convenio.

Se durante o período de IT, se producisen incrementos económicos de carácter xeral, a empresa pagará, a partir do día primeiro do mes seguinte ó de producirse dito incremento, a diferencia entre o que lle corresponde percibir ó traballador da Seguridade Social e o que lle correspondería percibir dela se causase baixa despois

de producirse o incremento, sen que en ningún caso a suma de ámbalas dúas percepcións poida excede-lo tope máximo de accidentes de traballo, enfermidade común ou accidente non laboral.

Artigo 14º.-Quebranto de moeda.

O caixeiro, o auxiliar de caixa e cobradores, percibirán mensualmente por este concepto a cantidade de 4.305 ptas. o primeiro e 3.767 ptas. os dous últimos. Así mesmo, o persoal de autovendas, vendedores e repartidores, que realiza xestión de cobro percibirá polo mesmo concepto a cantidade de 3.767 ptas.

Capítulo III

Xornada, vacacións, permisos regulamentarios, recompensas, excedencias, préstamos, seguros de vida

Artigo 15º.-Xornada de traballo.

A duración da semana ordinaria de traballo fíxase en corenta horas.

Na xornada continuada efectuarase un descanso intermedio de 20 minutos que se aboará como tempo traballado, pero que en ningún caso se sumará para o cómputo de horas extraordinarias para os efectos dos límites máximos legais.

A Administración central terá dereito a exercer de xornada continua entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.

Artigo 16º.-Vacacións.

Todo o persoal da empresa, sen distinción de categoría profesional, disporá de trinta días naturais de vacacións.

As vacacións poderanse coller nun só período continuado, e poderase pacta-lo goce das vacacións en dous períodos quedando á discreción da dirección da empresa o atender peticións para distribuílas en fraccións inferiores a dúas semanas.

A dirección da empresa de cada centro de traballo, tendo en conta as súas distintas características e de acordo cos representantes dos traballadores, programará período de vacacións para dispoñer delas no transcurso dos doce meses do ano, e confeccionaranse os calendarios correspondentes tendo en conta as necesidades da empresa os momentos de maior producción e o cumprimento das súas obrigas comerciais e productivas.

O persoal que, tendo as súas vacacións anuais ou parte delas asignadas no calendario para os dous últimos meses do ano natural e non poida desfrutalas por encontrarse en situación de incapacidade temporal, poderá desfrutalas, de común acordo coa empresa, ata o último día do mes de febreiro do ano seguinte, previa aceptación por parte da empresa.

O persoal que teña a totalidade das súas vacacións nos meses de xaneiro, febreiro, novembro ou decembro, terá dereito a 3 días naturais máis de vacacións. Quen só disfrute 15 días nestes meses terá dereito a 2 días mais, en vez dos tres correspondentes a 30 días.

Ós autovendas, promotores e todo persoal que perciba comisións aboaráselles, durante as vacacións, o importe correspondente ó cálculo da media das percibidas os seis meses anteriores.

Artigo 17º.-Permisos regulamentarios.

O persoal da empresa, logo de aviso e xustificación en legal forma, terá dereito a permiso, con percepción

íntegra do seu salario, por algún dos motivos e coa duración máxima seguinte:

a) Matrimonio do traballador: quince días naturais.

b) Nacemento de fillo: tres días naturais ó producirse o nacemento. En caso de coincidir coa fin de semana e coa finalidade de axudar as obrigas paternas engadirase un día máis. No caso de adopción de fillos, a licencia será de 1 día.

c) Falecemento ou enfermidade moi grave ou intervención cirúrxica de cónxuxe fillos, pais, irmáns e irmáns políticos: tres días naturais. Se as causas sinaladas tivesen lugar en distinta Comunidade Autónoma, esta licencia será ampliada ata cinco días como máximo.

No caso de país políticos, esta licencia será de 2 días.

d) Falecemento de avó e neto: dous días naturais. Se o falecemento tivese lugar fóra da Comunidade Autónoma, ampliarase un día máis. No caso do falecemento dun tío, esta licencia será de 1 día.

e) Voda de fillo, irmán, irmán político, pais e pais políticos, un día natural. Se a voda tivese lugar en distinta Comunidade Autónoma, esta licencia será ampliada ata tres días.

f) Exames: polo tempo estrictamente indispensable cando curse estudios e deba someterse a exames con previa xustificación escrita ante a empresa.

g) Cargo ou representación sindical: polo tempo necesario para o desempeño das súas funcións quen ostente cargo ou representación sindical, logo de xustificación e ata un máximo que determine a lei sindical.

h) Atención de asuntos urxentes: tres días naturais ó ano cando se precise atender persoalmente a asuntos propios de xustificada urxencia.

i) Mudanza de domicilio familiar: un día. En caso de traslado fóra do municipio en que se vive, será de dous días.

Artigo 18º.-Premios e bolsas.

a) Premio de xubilación. Cando un traballador ó xubilarse ostente unha antigüidade na empresa superior ós 10 anos, percibirá un premio consistente no importe dunha mensualidade de soldo base por cada quinquenio que se acredite como antigüidade.

Este premio incrementarase excepcionalmente coas porcentaxes que se especifican seguidamente se a xubilación a solicita o traballador ó cumprir, respectivamente 60, 61, 62 e 63 anos de idade e dentro dos tres meses seguintes á data en que cumpran as ditas idades.

-Ó cumprir 60 anos: 45%.

-Ó cumprir 61 anos: 40%.

-Ó cumprir 62 anos: 35%.

-Ó cumprir 63 anos: 30%.

b) Suxestións e propostas útiles para mellora-la organización do traballo e que sexan admitidas pola empresa. Terán compensación que consistirá en bolsas ou viaxes de perfeccionamento ou estudios con diplomas honoríficos e cancelación de notas desfavorables no expediente persoal.

Artigo 19º.-Xubilación.

A dirección da empresa e os representantes dos traballadores, ante a situación de permanente adecuación

do cadro de persoal para acomodala ós niveis óptimos de emprego, acordan a xubilación obrigatoria dos traballadores ó cumpriren os 64 anos de idade, sempre que o traballador non resulte prexudicado nos seus dereitos económicos ou de xubilación.

Neste caso a empresa aboará, ata os 65 anos, a diferencia que corresponda ó 100% en tódolos conceptos sobre salario neto anual. Para os casos de traballadores con 63 anos, farase sempre e cando haxa acordo entre as partes. Se algún traballador, chegada a dita idade, non solicitase voluntariamente a baixa por xubilación, a empresa deberá proceder a ela con carácter inmediato.

Para aquel persoal que, chegados os 64 anos, non tivesen cubertos os períodos de cotización necesarios para acada-lo 92% da pensión de xubilación, a empresa comprometese co comité intercentros a negociar unha mellor saída para este traballador.

Artigo 20º.-Excedencias.

Nesta materia aplicarase todo o disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica de liberdade sindical, no seu artigo 9.lº b). A excedencia por maternidade de uno a tres anos dará dereito a reserva do posto de traballo.

Artigo 21º.-Préstamos ó persoal.

Co obxecto de axuda-los traballadores no caso de necesidades xustificables, concederanse préstamos con xuro do valor legal do diñeiro; o dito importe non excederá de 300.000 pesetas que haberá que devolver no prazo máximo de tres anos.

Para levar un seguimento do tema, a empresa creará un fondo económico que será supervisado trimestralmente polo comité e a dirección da empresa, e cun saldo máximo de 4.000.000 ptas. para persoal por debaixo de tres veces o salario mínimo interprofesional.

Artigo 22º.-Seguro de vida colectivo.

Co fin de beneficiar a tódolos seus productores cunha medida de previsión a favor dos familiares a cargo daqueles, a empresa ten concertado un seguro de vida colectivo, no que quedan obrigatoriamente integrados tódolos seus productores. O dito seguro rexerase polas seguintes normas:

a) Os productores de novo ingreso causarán alta como asegurados no mesmo día da incorporación á empresa.

b) Quedan exceptuados da súa integración no seguro os traballadores que expresamente sexan contratados con carácter de eventuais, temporeiros ou interinos.

c) Causarase baixa ó producirse o cesamento definitivo na empresa.

d) Non existirá previo recoñecemento médico, nin haberá limitación de idade.

e) A cuantía do dito seguro será:

* Por morte natural, invalidez permanente ou laboral: 1.000.000 de ptas.

* Morte por accidente: 2.000.000 de ptas.

* Morte por accidente de tráfico: 3.000.000 de ptas.

As ditas contías, serán de 1.500.000, 3.000.000 e 4.500.000 ptas., respectivamente, a partir do lº de xaneiro de 1997.

Artigo 23º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda para a formación escolar dos fillos dos traballadores en idades comprendidas entre os 4 e 17 anos, ámbalas dúas incluidas, con excepción dos que se atopen traballando. Por conseguinte, será indispensable para os que teñan 16 e 17 anos, acreditar documentalmente que se atopan matriculados nun centro escolar con asistencia a clases de mañás ou tardes.

A súa contía será de 1.000 ptas. mensuais por fillo, durante os dez meses do curso escolar (setembro a xuño ámbolos dous inclusive), para persoal con salario menor a 3 veces o salario mínimo interprofesional en situación de resultados positivos para a compañía. No caso de darse esta situación, faríase efectiva a dita axuda con efecto retroactivo do 1-1-1996, ata 31-12-1996.

Artigo 24º.-Axuda diminuídos.

Como prestación complementaria da Seguridade Social, a empresa aboaralle a partir da sinatura do convenio, unha axuda de 11.810 ptas. mensuais, a cada empregado que teña un fillo a cargo que sexa diminuído físico, psíquico ou subnormal. A cualificación de tales incapacidades será automática nos casos en que así fosen recoñecidos pola Seguridade Social e noutro suposto, deberá acreditarse suficientemente mediante as oportunas certificacións ou recoñecementos médicos aceptados pola mutua de traballo, sempre e cando non traballen.

Capítulo IV

Horas extraordinarias

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

Mensualmente será informado ó comité intercentros sobre as horas extraordinarias realizadas no mes anterior.

Para os efectos previstos no R.D.L. 858/1981, do 20 de agosto, páctanse como horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos, ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza da actividade de que se trate, sempre que no sexa posible a utilización doutras modalidades de contratación previstas pola lei.

O prezo unitario da hora extra será de 1.100, a partir da sinatura do convenio.

Capítulo V

Formación profesional, promoción

Artigo 26º.-Formación profesional.

A dirección da empresa establecerá un plan de formación, co obxectivo de proporcionarlle ó persoal, en tódolos seus niveis, e de forma paulatina, os coñecementos adecuados para a realización das súas funcións e o seu desenvolvemento profesional.

Decididos os plans de formación e previamente a súa implantación solicitarase do comité intercentros o informe que se determine no artigo 64.1º.4 c) do Estatuto dos traballadores.

Créase un comité de formación paritario no momento da sinatura deste convenio, que se reunirá bimensualmente.

Para o persoal da empresa que realice cursos non previstos nos plans de formación en centros oficiais para a obtención de coñecementos profesionais que gardan relación directa coas actividades da empresa e teñan unha aplicación efectiva, a medio ou a longo prazo nela, establécese unha axuda económica consistente no pago do 50% de gastos de matrícula e textos debidamente xustificados.

Esta axuda solicitarase a través dos xefes de departamento e terá que ser aprobada polo comité creado para o seu fin.

Artigo 27º.-Promocións.

Establécense dous tipos de promocións:

a) Por libre designación.

b) Por concurso-oposición.

a) Libre designación. Defínese como libre designación o acceso ós postos que, en razón das súas funcións e responsabilidades, son cubertos por decisión da empresa e que corresponden ós postos e categorías profesionais seguintes:

Persoal directivo, técnico superior, técnico medio, xefe de fabricación, xefes e promotores de vendas, xefe de sección, xefe administrativo lª e 2ª, encargado, caixeiro, secretarias de dirección.

Excepto para o persoal directivo, técnico xefe, xefe de control leiteiro, xefe de fabricación e delegados, as convocatorias a estes postos faranse públicas a fin de que o persoal do cadro de persoal poda acceder á selección.

b) Por concurso-oposición. Defínese promoción por concurso - oposición, o acceso ás categorías laborais non incluídas no apartado anterior, coa excepción do cambio de peón a peón especializado, que será automático sempre que a persoa proposta teña unha antigüidade mínima de dous anos na categoría de peón.

Para a realización destas promocións, créase un tribunal cualificador composto por 4 membros. Dous membros designados polo comité de empresa, dous membros da dirección, dos que un deles será o director de persoal ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente do tribunal, e con voto de cualidade decisorio.

Para cubrir unha vacante ou posto de nova creación nestas categorías, a empresa comunicaralle ó comité de empresa a existencia de tal posto.

A continuación, no prazo de 5 días hábiles, a empresa decidirá e publicará os requisitos ou probas de exame que hai que realizar, e non poderá realizarse este nun tempo inferior a 15 días nin superior a 30. A estas convocatorias poderá concorrer calquera membro do cadro de persoal, formulando a oportuna solicitude dentro do prazo que se sinale.

Se a convocatoria quedase deserta pola falta de candidatos internos ou por non acadar estes a puntuación mínima requirida, a empresa podará cubri-la dita vacante por libre designación ou nova convocatoria á que poida optar persoal alleo á empresa.

O tribunal cualificador deberá establece-las cualificacións definitivas e publicalas nun prazo máximo de 8 días, a partir da data de terminación das probas.

O tribunal terá facultades para, unha vez anunciada a vacante ou posto de nova creación, decidir sobre a necesidade de realizar probas de aptitude ou, en caso negativo, establecer directamente a orde de prioridade.

Acceso á categoría. Para a realización efectiva do cambio de categoría, establécense os seguintes períodos de proba:

-6 meses para postos de libre designación.

-3 meses para postos de persoal cualificado.

-15 días para postos de persoal non cualificado.

Durante o período de proba, o traballador percibirá o salario correspondente á nova categoría, pero non se efectuará o cambio efectivo desta. Se transcorrido o dito período, os informes non fosen positivos, remitiránselle ó tribunal cualificador quen valorará, se é o caso, o retorno ou non á categoría anterior.

Capítulo VI

Representación dos traballadores

Artigo 28º.-Comité de empresa e delegados do persoal.

Nesta materia aplicarase todo o disposto no título II do Estatuto dos traballadores.

Existe un comité intercentros, que é o máximo órgano representativo dos traballadores e que se rexe polos seus propios estatutos; as súas competencias son as seguintes:

a) Está lexitimado para negociar convenios colectivos na empresa, regulamentos e calquera outro tipo de actos que afecten ós intereses xerais dos traballadores da compañía, sen prexuízo das competencias que nos seus respectivos ámbitos poidan te-los comités de centros de traballo, delegados de persoal e seccións sindicais.

b) Deberá recibir información periódica e documentada sobre a situación da empresa que lle atribúe o artigo 64 da Lei do Estatuto dos traballadores ós comités de empresa nas súas respectivas esferas.

c) O comité intercentros deberá observa-lo debido sixilo profesional na forma que regula o artigo 65.2º do Estatuto dos traballadores.

d) Deberá ser informado mensualmente sobre o número de horas extraordinarias realizadas no período anterior, causa delas e medidas adoptadas para a súa diminución ou supresión cando sexa posible.

e) Poderá acceder, logo de comunicación da compañía, ós locais nos que se celebre algunha reunión de comités de empresas, contando co consentimento destes, así como ás asembleas de traballadores que se celebren nos locais da compañía.

f) Co obxecto de que aqueles centros de traballo que non estean representados no comité intercentros poidan estar debidamente informados, a secretaría permanente poderá convocar reunións coa representación sindical de cada un destes centros, logo de comunicación á dirección da compañía, cunha periocidade de 2 reunións anuais como máximo e unha duración para cada unha delas dun día.

g) As seccións sindicais legalmente constituídas, poderán acumular horas sindicais nun ou varios dos seus membros.

Artigo 29º.-Seccións sindicais.

O funcionamento de seccións sindicais no ámbito da empresa así como os dereitos dos delegados sindicais, axustarase ó disposto no artigo 10 da Lei 11/1985, do 2 de agosto, Lei orgánica de liberdade sindical.

Cando os sindicatos aos que representen os delegados, haxan obtido a o menos un 30% dos votos a elección do comité de empresa nese centro de traballo, aplicarase a escala seguinte:

-De 0 a 50 ningún delegado.

-De 51 a 200: un delegado.

Artigo 30º.-Fondo económico.

Créase un fondo económico por conta da empresa, destinado a financia-las xestións do comité intercentros derivadas da súa representatividade. O dito fondo será de 300.000 ptas. para 1996.

Artigo 31º.-Canon de negociación.

Establécese un canon de negociación de convenio, por conta da compañía, que se fixa na cantidade de 250.000 ptas., o cal se poderá a disposición das seccións sindicais representadas na mesa de negociación; a dita cantidade dividirase proporcionalmente a representación na dita mesa.

Capítulo VII

Normas supletorias

Artigo 32º.-Pagamento de remuneracións.

O pagamento de remuneración total correspondente a cada traballador efectuarase o día final de cada mes. En caso de que este coincidise en festivo, aboarase o día inmediatamente anterior.

O traballador terá dereito a percibir anticipos por conta do traballo xa realizado sen que chegue o día sinalado para o pagamento e sen xustificación ningunha.

Artigo 33º.-Sancións.

Cando se lle apliquen sancións moi graves ó persoal da empresa, aplicarase en todo caso o que marque o Estatuto dos traballadores no seu artigo 64, apartado 1.7º. Non obstante, antes de sancionar ó traballador será informado o comité intercentros, por escrito e con antelación de 3 días.

Artigo 34º.-Comisión paritaria.

Co alcance e funcións previstas no artigo 85.2º e) do Estatuto dos traballadores, desígnase a comisión paritaria composta por 6 membros titulares e outros 6 suplentes; 3 titulares e 3 suplentes por designación da empresa e 3 titulares e 3 suplentes por elección dos traballadores.

Artigo 35º.-Comité de seguridade e hixiene.

Neste artigo aplicarase a Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 36º.-Gratificación de nocturnidade.

Establécese unha gratificación de nocturnidade de 2.260 ptas. por xornada nocturna traballada, a partir da sinatura deste convenio.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para todo iso que, en materia de regulación das condicións de traballo, se atopa previsto no presente convenio, ámbalas dúas partes acordan aplicar supletoriamente as disposicións que non sexan incompatibles coa propia actividade desenvolvida por Lacto Agrícola Rodríguez, S.A. En todo caso, será de, aplicación directa ou supletoria o Estatuto dos traballadores.

Segunda.-Os operarios que realicen o seu traballo en cámaras frigoríficas terán unha gratificación de cámara de 1.615 ptas/por mes efectivo de traballo.

Terceira.-Acórdase facturárlle-la mercadoría ós empregados para consumo persoal, a prezo de custo + 5%, cun importe máximo por empregado/mes de 12.500 ptas.

Cuarta.-Axudas de custo. O persoal de fóra da fábrica que teña dereito a axudas de custo, cobraraas, salvo mellora preexistente, segundo as seguintes contías:

-Comidas: 1.656 ptas.

-Almorzos: 210 ptas.

-Ceas: 1.450 ptas.

-Hotel: 3 estrelas.

Estes importes serán aboados logo de xustificación dos gastos, a partir da sinatura deste convenio.

Quinta.-Quilometraxe. O prezo do quilómetro, para todo aquel persoal con dereito a percibilo, será de 24 ptas.

Sexta.-Todo conductor que, conducindo un vehículo, cometese unha infracción que ocasionase a retirada de carné de conducir, terá dereito a desempeñar sen perda de categoría laboral o posto que designe a empresa polo tempo que teña o carné retirado. Sen embargo, todo aquel conductor que sexa reincidente ou a causa do sinistro sexa inxustificada, a súa acción será estudiada pola comisión creada para o efecto, composta por 2 membros do comité e 2 da empresa e adoptada-las medidas oportunas. No caso que así se decida pagarán as comisións segundo o resultante da media anual que percibise.

Sétima.-Prima por domingo e festivo. A partir da sinatura deste convenio, pagarase a razón de:

4.520 ptas. + un día libre

Os traballadores da sección de recepción, por tratarse dunha sección que se ve abrigada a traballar tódolos domingos e festivos, percibirán por este concepto 5.520 ptas. e a partir do 1-1-1997, 6.000 ptas.

Oitava.-Vestiario. As pezas de roupa e os grupos profesionais ós que é de aplicación este artigo son:

* Distribución: 2 pantalóns de inverno, 2 pantalóns de verán, 2 camisas de inverno, 2 camisas de verán, 2 gravatas, 1 chaqueta tea máis anorak ou chaqueta de napel, 2 xerseis, 1 par de zapatos.

* Fabricación: 2 pantalóns, 2 camisas, 2 chaquetas, 2 gorros, 2 xerseis de colo alto.

* Mantemento: 1 anorak, 2 pantalóns, 2 camisas, 2 chaquetas, 2 fundas e 2 xerseis colo alto.

* Control calidade xeral: 2 batas brancas, 2 pantalóns brancos.

* Persoal de mostras: 1 anorak, 2 xerseis de colo alto.

Durante o mes de maio revisarase a roupa de inverno do persoal que lle corresponda. A que se atope en bo uso servirá para a seguinte tempada invernal. A roupa deteriorada cambiarase durante o mes de setembro seguinte, logo da súa entrega. Durante os meses de setembro-outubro, revisarase a roupa de verán seguindo o procedemento descrito.

As pezas de roupa que deban reponerse, repoñeranse durante os meses de abril e maio. En calquera caso, o iniciarse unha tempada de inverno ou verán, o persoal non terá menor ou maior dotación de pezas de roupa cas establecidas.

A roupa entregada será de uso obrigatorio. Para recibir unha peza de roupa nova será requisito entrega-la usada.

Novena.-Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto á intimidade e/ou contra a liberdade das traballadoras e traballadores, conductas de acoso sexual verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas moi graves, valoradas con rigor pola dirección da compañía en función da repercusión do feito. Nos supostos en que se leve a cabo servíndose da súa relación xerárquica coa persoa afectada e/ou sobre persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, sección sindical ou representantes dos traballadores e a dirección de persoal da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectados procurando tapa-la súa identidade, cando así foso requirido.

Décima.-Establécese un plus para postos de traballo tóxicos de 10.764 ptas./mes.

A definición destes postos determinaraa o gabinete de seguridade e hixiene da Xunta de Galicia.

Undécima.-No caso de obte-la empresa o equilibrio da conta de resultados no exercicio de 1996, se incrementarán os salarios outro 0,5%. No caso de que o dito equilibrio non se conseguise, a porcentaxe do 0,5% será dado para o ano 1997 na nómina do mes de xaneiro. Sobre a táboa salarial resultante negociarase o convenio colectivo de 1997.

Duodécimo.-A todo aquel traballador do departamento comercial que se lle asigne un novo traballo distinto do de reparto e venda que viñera desempeñando no momento do cambio, aplicaráselle o seguinte criterio salarial:

Se o importe do salario base e plus de actividade do traballador asignado á súa nova función fose superior á media dos conceptos das persoas que desempeñen o dito cargo no momento do cambio, manteráselle o salario actual.

Se o importe do salario base e plus de actividade do traballador asignado á súa nova función fose inferior á media dos mesmos conceptos das persoas que desempeñan o dito cargo no momento do cambio, aplicaráselles a partir da data do cambio un salario igual á media

dos ditos traballadores nos conceptos de salario base e plus de actividade.

A media do salario base e plus de actividade determinarase sumando cada un dos ditos conceptos dos traballadores co mesmo traballo e dividíndoo polo número total de traballadores sobre os cales se sumaron os conceptos anteriores.

Décimo terceira.-O comité intercentros ten intención de negociar coa dirección da empresa un plan de pensións.

Décimo cuarta.-Se algún traballador da empresa con contrato fixo o 30-9-1996, foso promovido a un posto de superior categoría das que se enumeran a continuación, recoñeceránselle os pluses de actividade mínimos seguintes:

* Técnico medio: 61.870 ptas.

* Xefe de laboratorio: 56.240 ptas.

* Capataz: 18.216 ptas.

* Mestre queixeiro: 16.870 ptas.

* Telefonista: 19.122 ptas.

* Degustadores: 6.750 ptas.

* Pesadores: 9.000 ptas.

* Porteiros: 9.000 ptas.

* Ordenanzas: 9.000 ptas.

* Conserxes: 9.000 ptas.

* Oficial 3.0.V.: 9.000 ptas.

No caso de que se achegue a un acordo formal e escrito entre empresa e traballador para fixar un plus mínimo de actividade distinto ós anteriores, serán estes os que prevalezan e teñan valor para tódolos efectos laborais. Neste caso, o dito plus mínimo de actividade non suporá varia-lo mínimo establecido anteriormente para a dita categoría laboral para o resto do persoal con contrato fixo o 30-9-1996.

ANEXO I

Clasificación segundo funcións: categorías e definicións

O persoal cta. empresa Larsa afectado por este convenio clasificarase, en atención á función que desempeña, nalgún dos seguintes grupos:

1. Persoal directivo.

2. Persoal técnico.

3. Persoal administrativo.

4. Persoal comercial.

5. Persoal subalterno.

6. Persoal obreiro.

-Persoal directivo.

Defínese como persoal directivo as persoas que desempeñan funcións de dirección no seo da empresa nos cargos de presidente, xerente, directores, subdirectores e xefes de planta.

-Persoal técnico.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Titulado superior.

Titulado medio

Xefe de fabricación

Xefe de sección

Encargado

Capataz

Controlador distrito leiteiro

Oficial de laboratorio

Auxiliar de laboratorio

Definicións:

Titulados superiores: son aqueles que, posuíndo un título profesional oficial de carácter universitario, de escola técnica de grao superior, ou coñecementos equivalentes na materia recoñecidos pola empresa, desenvolven as mesmas funcións propias da súa titulación ou coñecementos.

Titulados medios: son os que, tendo un título facultativo de escola de grao medio, escola universitaria ou coñecementos equivalentes en materias recoñecidas pola empresa, desempeñan as funcións propias dos ditos títulos ou coñecementos, baixo a supervisión da dirección ou titulados superiores.

Xefes de fabricación: son os que, baixo a supervisión directa do director de producción, teñen responsabilidades de planificación, dirección, coordinación e control dos procesos de producción e de mantemento das máquinas e instalacións, establecendo a forma de face-lo traballo, dirixindo e coordinando o persoal e encargado de mantemento.

Xefes de sección: son os que, baixo a supervisión directa do director correspondente, teñen a responsabilidade da sección exercendo as funcións de dirección, coordinación e control dos encargados, capataces e operanos da sección, así como das distintas tarefas de sección, observando o funcionamento dos distintos órganos que comprende esta, respondendo da disciplina do persoal, da distribución do traballo, a súa boa execución e a conservación dos útiles e instalacións.

Encargados: son os que, con coñecementos e experiencias amplos, tanto teóricos coma prácticos sobre os procesos productivos, dirixen, coordinan e controlan os traballos de varias liñas de producción, baixo a supervisión directa do xefe de fabricación ou do xefe de sección, sendo responsables da forma de execución, disciplina do persoal e conservación dos útiles e instalacións.

Capataces: son ós que, con coñecementos e experiencia amplos sobre procesos de almacén de productos terminados e materias auxiliares, baixo a supervisión do seu inmediato superior, e polas seus especiais condicións, se lles confía a dirección dun grupo de traballadores.

Controlador de distrito leiteiro: son os que desenvolven as funcións de vixilancia e control do servicio de recollida e transporte, estatísticas de producción, toma de mostras, control e asesoramento dos gandeiros no mantemento e mellora dos seus medios de producción, gan

do, cortes, instalacións, etc. e outras funcións que lles poidan confia-los seus superiores en relación coa modificación, limpeza, comprobación das cualidades nos distritos leiteiros, como calquera outro traballo de control e asesoramento.

Colabora cos seus xefes nas funcións de liquidación e pagamento ós gandeiros.

Oficial de laboratorio: son os que, cuns coñecementos técnicos e prácticos, a nivel de formación profesional de 1º ou 2º grao, ou coñecementos similares recoñecidos pola empresa das normas, instrumentos e procesos de análises de laboratorio, realizan toda clase de análises físicas, químicas ou bacteriolóxicas na empresa, ou venfican os procesos de elaboración, producción e de producto terminado, con responsabilidade técnica sobre eles, baixo a supervisión directa do responsable do laboratorio ou departamento de calidade.

Auxiliar de laboratorio: son os que, con coñecementos técnicos e prácticos mínimos fan análises físico-químicas de maneira instrumental e axudan os oficiais de laboratorio nas tarefas sinxelas que poidan ter unha rápida comprobación.

-Persoal administrativo.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Xefes de primeira

Xefes de segunda

Oficial de primeira

Oficial de segunda

Auxiliares

Telefonista

Xefes de primeira: son os empregados que, provistos ou non de poderes, baixo a supervisión do director correspondente, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controlar unha ou varias seccións administrativas, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo.

Xefes de segunda: son os empregados que, provistos ou non de poderes limitados, e supervisados por un director ou xefe de primeira, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar ou controlar unha sección ou grupos de traballo administrativos, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo entre o persoal que deles dependa. Queda incluído nesta categoría o tesoureiro, responsable de caixa.

Oficiais de primeira: son os empregados que, baixo a supervisión dun xefe de 1ª ou de 2ª, teñen a responsabilidade dun servicio ou función determinado, dentro do cal exercen iniciativa e posúen responsabilidade, con ou sen persoal a cargo, para o que se precisan coñecementos xerais de administración a nivel de FPI ou semellante e coñecementos amplos do servicio ou función correspondente.

Inclúense nesta categoría as funcións de secretaria de dirección, caixeiro cobros e pagamentos, sen sinatura nin fianza, transcrición de libros oficiais contables, programadores e operadores de informática.

Oficiais de segunda: son os empregados que teñen iniciativa e responsabilidade restrinxida sobre un ser

vicio ou un conxunto de tarefas administrativas para as que se precisan coñecementos básicos sobre as tarefas ou servicio que desempeñan.

Auxiliares: son os empregados que desempeñan tarefas e operacións elementais administrativas, para as que necesitan coñecementos básicos administrativos.

Telefonista: son os empregados que teñen como funcións atender á centraliña telefónica da empresa e recibi-las chamadas que cheguen á mesma, de acordo coa política que a empresa estableza para os ditos temas.

-Persoal comercial.

Este grupo comprende as categorías profesionais seguintes:

Xefes de venda

Supervisores de vendas

Promotor de vendas

Xefes de vendas: son os que, baixo a supervisión directa do director de vendas ou comercial, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controla-la acción comercial da empresa nunha ampla zona de mercado, dándolle sentido de unidade, planificando, distribuíndo o traballo ó persoal de vendas que estea ó seu cargo, e animando a xestión de vendas.

Participa co seu xefe inmediato na negociación e establecemento de condición de vendas dos clientes.

Responde da disciplina do persoal ó seu cargo e da boa execución dos traballos que se lle asigne.

Supervisores de vendas: son os empregados que baixo a supervisión do xefe de vendas, teñen a responsabilidade de coordinar, animar e controla-la acción comercial dun grupo de promotores de vendas ou área de mercado.

Inspectores ou promotores de vendas: son os empregados que, baixo a supervisión directa do xefe de vendas ou supervisor, percorren as zonas, rexións ou rutas que se lles asignan, a fin de realizar visitas a clientes, promover vendas, ofrecer artigos, vixia-la colocación dos artigos nos puntos de venda, así como para controlar e anima-la acción comercial dos repartidores e autovendas, xestionar cobros de operacións morosas ou calquera outra misión que se lles encomende relacionada coa venda ou distribución dos productos.

Cando permanezan no centro de traballo, poderán ocuparse en tarefas de estatística, controis diversos ou traballos semellantes.

-Persoal subalterno.

Este grupo comprende as seguintes categorías.

Almaceneiro

Controlador

Vixilante

Almaceneiro: son os operarios que teñen a responsabilidade da recepción das mercadorías e despacho de productos, coas operacións complementarias de medición, pesaxe, colocación en andeis, etc., así como o rexistro e control de existencias permanente e movemento diario de mercadorías e productos.

Controlador: son os operarios que teñen a responsabilidade de controlar e vixia-la carga de productos terminados que diariamente efectúa o persoal de reparto e distribución, así como de almacén de productos terminados e cámara de frío.

Vixilante: son os traballadores que teñen a responsabilidade de vixia-las instalacións da empresa, coida-los accesos a ela, controlando as entradas e saídas de persoas, materias primas, logo de pesaxe destas, realizando as tarefas de custodia e vixilancia, de acordo coas instruccións recibidas dos superiores-

-Persoal obreiro.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Peóns

Especialistas de terceira

Especialistas de segunda

Especialistas de primeira

Oficiais de terceira

Oficiais de segunda

Oficiais de primeira

Peóns: son os operarios que realizan labores que requiren a práctica operatoria previa para a súa execución.

Especialistas: comprende esta categoría, nas súas tres clasificacións de primeira, segunda e terceira, aqueles operarios que, despois dun determinado período de prácticas, realizan tarefas e operacións do proceso inicial de producción.

Neste sentido, a clasificación corresponderá coas definicións seguintes:

Especialistas de terceira: son os operarios que coñecen e realizan unha operación proceso industrial e están á fronte dunha máquina, respondendo do seu funcionamento.

Especialistas de segunda: son os operarios que coñecen e realizan vanas operacións de proceso e están á fronte de máquinas de certa complexidade, respondendo do seu funcionamento. Considéranse dentro desta categoría os seguintes grupos:

Encaixonadora

Conductores de carreta

Carga, descarga e limpeza de cisternas

Mostra brik

Especialistas de primeira: son os operarios que coñecen e realizan as operacións e tarefas de maior complexidade e que requiren maior destreza. Considéranse dentro desta categoría os seguintes postos:

-Elaboración e envasado de iogurt, pasteurizada, aséptico, queixo fresco, sobremesa, nata, manteiga, leite en po, cte.

-Envasado dos productos anteriores - caldeiras e compresores esterilización desecado (torre)

Oficiais: son os operarios que, tendo feita nas condicións legais establecidas a aprendizaxe dun oficio determinado, desempeñan funcións propias deste.

Quedan comprendidos neste grupo os conductores de recollida, distribución, mecánicos, electricistas, carpinteiros, albaneis, soldadores, etc. Os operarios encadrados neste grupo de oficios clasifícanse nas seguintes categorías:

Oficiais de terceira: son os operarios que, despois de face-la aprendizaxe dun oficio, non alcanzaron os coñecementos e experiencia necesarios para executa-los traballos coa corrección esixida a un oficial de segunda.

Oficiais de segunda: son os traballadores que realizan coa corrección adecuada os traballos do seu oficio, pero sen posuíren unha especialización que lles permita desempeña-los traballos máis complexos con perfección.

Oficiais de primeira: son os operarios que, posuíndo un oficio, practícano e aplícano con alto grao de perfección, facendo traballos de carácter xeral e de carácter especializado no seu oficio.

Se algún posto non estivese recollido no presente documento por ser de nova creación ou modificación, reuniríase a comisión mixta paritaria para a súa clasificación.

ANEXO II

Táboa salarial vixente para o ano 1996

Categoría

Soldo base

mensual

Plus de asistencia

mensual

Persoal técnico:
Técnico xefe164.13715.748
Técnico superior142.90015.748
Técnico medio124.81715.748
Xefe de fabricación128.57215.748
Xefe de C. leiteiro112.66815.748
Xefe de sección112.66815.748
Encargado103.06215.748
Capataz101.49015.748
Contr. Dis. Leit.95.10715.748
Mestre queixeiro94.04115.748
Oficial de laboratorio92.51815.748
Aux. laboratorio79.40315.748

Persoal administrativo:
Xefe de 1ª Admtvo.121.67115.748
Xefe de 2ª Admtvo.117.39715.748
Of. 1ª Admtvo.101.49015.748
Of. 2ª Admtvo.92.51815.748
Auxiliar Admtvo.79.40315.748
Telefonista79.40315.748

Categoría

Soldo base

mensual

Plus de asistencia

mensual

Persoal comercial
Xefes de vendas121.67115.748
Promotores101.49015.748
Viaxantes92.51815.748
Corredores de praza92.51815.748
Repartidores82.02015.748
Degustadores79.40315.748

Persoal subalterno:
Almaceneiros85.16515.748
Pesadores79.40315.748
Cobradores79.40315.748
Porteiros79.40315.748
Ordenanzas79.40315.748
Conserxes85.16515.748
Gardas, serenos e Vix.79.40315.748

Persoal obreiro:
Especialista 1ª84.91015.748
Especialista 2ª83.33015.748
Especialista 3ª81.90415.748
Peón80.24015.748
Oficial 1.O.V.84.91015.748
Oficial 2.O.V.83.33015.748
oficial 3.O.V.81.90415.748

ANEXO III

Táboas de mínimos en concepto de actividade para 1996

Persoal técnico:
Técnico xefe78.740
Técnico superior67.490
Xefe de fabricación56.240
Xefe de C. leiteiro56.240
Xefe de sección56.240
Encargado18.216
Contr. distrito. leiteiro.27.967
Oficial de laboratorio31.495
Aux. laboratorio9.000

Persoal administrativo:
Xefe de 1ª Admtvo.56.240
Xefe de 2ª Admtvo.44.993

Of. 1ª Admtvo.20.247
Of. 2ª Admtvo.15.000
Auxiliar Admtvo.19.122

Persoal comercial:
Promotores32.378
Viaxantes20.947
Corredores de praza16.872
Repartidores7.874

Persoal subalterno:
Almaceneiros9.000
Cobradores9.000
Gardas. serenos e vixilantes9.000

Persoal obreiro:
Especialista 1ª18.000
Especialista 2ª10.000
Especialista 3ª9.000
Peón9.000
Oficial 1.O.V.23.621
Oficial 2.O.V.15.748

-Quedan exceptuados destas táboas, os traballadores con contrato eventual.

Táboas salarios anuais mínimos para 1996 por categorías

Persoal técnico:
Técnico xefe3.701.031
Técnico superior3.232.476
Técnico medio2.886.231
Xefe de fabricación2.867.556
Xefe de C. leiteiro2.628.996
Xefe de sección2.628.996
Encargado2.079.906
Capataz2.011.326
Contr. distrito. leiteiro.2.020.581
Mestre queixeiro1.824.591
Oficial de laboratorio1.996.746
Aux. laboratorio1.500.021

Persoal administrativo:
Xefe de 1ª admtvo.2.764.041
Xefe de 2ª admtvo.2.549.931
Of. 1ª admtvo.2.086.326
Of. 2ª admtvo.1.801.746
Auxiliar admtvo.1.530.021
Telefonista1.530.021

Persoa comercial:
Xefes de vendas2.764.041
Promotores2.191.326
Viaxantes1.876.746
Corredores de praza1.876.746
Repartidores1.599.276
Degustadores1.470.021

Persoal subalterno:
Almaceneiros1.691.451
Pesadores1.500.021
Cobradores1.500.021
Porteiros1.500.021
Ordenanzas1.500.021
Conserxes1.616.451
Gardas, serenos e vixilantes1.500.021

Persoal obreiro
Especialista 1ª1.762.626
Especialista 2ª1.588.926
Especialista 3ª1.537.536
Peón1.512.651
Oficial 1.O.V.1.777.626
Oficial 2.O.V.1.603.926
Oficial 3.O.V.1.537.536

-Quedan expceptuados destas táboas, os traballadores con contrato eventual.

Acta anexa convenio colectivo Larsa 1996

Reunidos a dirección e o comité intercentros de Lacto Agrícola Rodríguez, S.A., acordan establecer un banco horario para as horas extras realizadas na factoría de Vilagarcía de Arousa, que funcionará como a continuación se detalla:

1. De tódalas horas extras realizadas polo persoal de Larsa, destinarase o 50% delas ó fondo horario e aboarase o 50% restante.

2. O prezo da hora extra, será de 1.100 ptas. cada unha, a partir do mes seguinte da sinatura do convenio colectivo.

3. As horas extras que pasen a formar parte do banco horario e que se descansen, pagaranse a 400 ptas/hora.

4. As horas extras incluídas no banco horario e non descansadas, complementaranse ata as 1.100 ptas/hora.

5. O saldo máximo que poderá existir no dito banco horario, será de 2.250 horas. A partir de dito saldo, toda-las horas serán aboadas ó prezo de 1.100 ptas.

6. Constitúese unha comisión de seguimento do funcionamento do banco horario, co fin de aclarar e resolver cantas dúbidas xurdan, durante o funcionamento deste. Por parte da representación sindical compondrán a dita comisión Valentín Fernández Currás e César García Balboa e por parte da empresa, Pablo Pascual García e Jesús Crusat Méndez.

7. A empresa obrígase a facilitarlle á representación sindical, mensualmente, ó nº de horas extras totais realizadas, descansadas e o saldo total acumulado resultante.

8. As condicións actuais de funcionamento do banco horario, terán vixencia ata o 31-12-1997, data na cal o comité intercentros comprométese a renegocia-las condicións del. Mentres duren as negociacións das novas condicións do banco horario, seguirán vixentes as condicións actuais, ata que estas sexan variadas.

Vigo, 30 de setembro de 1996.

9632