Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

CONVOCATORIA.

Convócanse probas selectivas para prove-las prazas que se indican de conformidade coas bases xerais aprobados polo Concello Pleno o 26 de xaneiro de 1996 (BOP nº 67, do 3 de abril) e as específicas aprobadas polo Concello en Pleno o 29 de novembro de 1996.

Bases específicas da convocatoria dunha praza de cabo da policía local.

I. Número e características das prazas convocadas:

Convócanse probas selectivas para cubrir por promoción interna unha praza de cabo da policía local, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase de policía local, categoría cabo, grupo D, nivel 18.

O procedemento selectivo rexerase, ademais de polo disposto nas presentes bases, polo previsto nas bases xerais aprobadas por acordo plenario do 26 de xaneiro de 1996 e publicadas no BOP do 3 de abril de 1996, e no Diario Oficial de Galicia do 25 de abril de 1996.

II. Sistema selectivo: será o de concurso.

Poderán tomar parte no proceso selectivo os gardas da policía municipal de Nigrán que prestasen, polo menos, dous anos de servicio nos devanditos postos, sen prexuízo de que cumpran os demais requisitos recollidos no artigo 25.5º da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia. Para estes efectos computarase o tempo de servicios prestados como policía municipal interino.

III. Concurso:

Para a cualificación do concurso rexerá o seguinte baremo de méritos:

a) Experiencia profesional:

-No posto de garda da policía local: 0,10 puntos por cada mes que exceda dos dous anos de servicio.

A puntuación máxima deste apartado non superará os 4 puntos.

b) Títulos ou certificacións de estudios que teñan relación coas funcións que se desempeñarán:

Valoraranse ata un máximo de 2 puntos, ponderándose en función do tempo necesario para a súa obtención e a maior ou menor relación coas funcións que se desempeñarán.

c) Cursos relacionados cos cometidos do posto a que se aspira:

-Por cada curso de duración igual ou superior a 30 horas: 0,50 puntos.

-Por cada curso de menos de 30 horas: 0,25 puntos.

A puntuación máxima neste apartado non poderá exceder de 2 puntos.

Tódolos diplomas, certificados e acreditacións deberán expresar, necesariamente, a duración do curso de que se trata en horas lectivas, así como, segundo os casos, a asistencia ou aproveitamento obtido polo alumno.

d) Cursos de idioma galego: ata 1 punto, a razón de 0,5 puntos polo de iniciación e 0,5 polo de perfeccionamento.

e) Entrevista curricular, na que os aspirantes deberán responder ás preguntas que lles faga o tribunal cualificador relacionadas coa súa carreira profesional. A puntuación máxima neste apartado non poderá exceder de 4 puntos.

IV. Curso selectivo:

Para obte-la promoción interna será requisito indispensable a superación dun curso selectivo de formación teórico-práctica na Academia Galega de Seguridade.

V. Tribunal cualificador: composición.

O tribunal cualificador estará composto da seguinte forma:

-Presidente: o da corporación ou membro desta en quen delegue.

-Vocais: un representante da Xunta de Galicia designado pola consellería competente por proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais de policía local de Galicia.

Un funcionario de carreira designado polo presidente da corporación.

Un representante dos sindicatos máis representativos no concello.

Un técnico ou especialista na materia.

Tódolos vocais deberán posuí-la titulación ou especialización igual ou superior ó posto de traballo obxecto da convocatoria.

-Secretario: o da corporación ou quen legalmente o substitúa.

Nigrán, 17 de decembro de 1996.

José Villar Pereira

Alcalde

1160