Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

INFORMACIÓN pública da aprobación inicial do proxecto de delimitación dunha unidade de execución na rúa Eidos.

Aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía, con data do 27 deste mes, o proxecto de delimitación dunha unidade de execución na rúa Eidos, en solo urbano de Redondela-Vila, promovida por Jaime Serín Pérez, en representación de herdeiros de Isolina Figueroa Montero, comprende unha superficie de 2.394 m cos seguintes lindeiros: norte, herdeiros de Fernando Míguez; sur, Rosa Docampo e Dolores Docampo; leste, camiño; oeste, rúa Eidos, determinándose como sistema de actuación urbanística o de compensación.

En cumprimento da devandita resolución, e de conformidade co prevido no artigo 146.2º do texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, e no artigo 38.1.b) do Regulamento de xestión urbanística, sométese a información pública o expediente, co proxecto de delimitación, polo prazo de 15 días, computados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e alegacións que se consideren pertinentes.

Redondela, 27 de xaneiro de 1997.

Amado Ricón Virulegio

Alcalde

1467