O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 6 de febreiro de 1997, acordou,
Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo a modificacion puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento de San Cibrao das Viñas, sector urbano (terciario) del Polígono Barreiros, proposta de nova delimitación.
Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, publicando o acordo de aprobación definitiva no DOG e o texto íntegro da normativa no BOP e remitindo copia do expediente administrativo completo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso) no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publciación deste anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública.
San Cibrao das Viñas, 10 de febreiro de 1997.
Elisa Nogueira Méndez
Alcaldesa
1468

