Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

EDICTO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 6 de febreiro de 1997, prestoulle a súa aprobación con carácter inicial á modificación puntual nº 3 das normas subsidiarias de planeamento urbanístico do municipio, promovida por Tomás Odilo Menor Laso e Antonio Gómez Maceda en Ponte Noalla.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, para o seu exame e reclamacións por parte dos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 114 do Real decreto lei 1/1992, que aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Como consecuencia da aprobación inicial quedan suspendidas as licencias de parcelamento de terreos, edificación e demolición nas zonas afectadas pola modificación.

San Cibrao das Viñas, 6 de febreiro de 1997.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa