Aprobadas inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal, na sesión extraordinaria celebrada o día 22 de febreiro de 1977, as normas subsidiarias de planeamento do Concello do Pereiro de Aguiar, sométense a información pública durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da derradeira publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, no BOP de Ourense e no diario La Región, durante o cal poderán ser examinados no concello e formula-las alegacións que se consideren pertinentes, conforme establece o artigo 114 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana. Así mesmo, de conformidade co dispsoto no artigo 102 da antedita lei, acórdase a suspensión de concesión de licencias urbanísticas no ámbito de todo o concello, exceptuándose da dita suspensión aquelas que, cumprindo coa normativa vixente, non incumpran o que se aprobou inicialmente. O período de suspensión farase
efectivo ata a aprobación definitiva das mencionadas normas, sen que poida o dito prazo supera-los dous anos.
O Pereiro de Aguiar, 24 de febreiro de 1997.
Eliseo Fernández Gómez
Alcalde

