Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.252

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 30 de maio de 1997 pola que se recoñece a Sociedad Cooperativa Limitada de Ganaderos de Porcino de Ourense como Agrupación de Productores Agrarios (APA), para a comercialización de animais vivos da especie porcina e carne de porcino.

Incoado expediente por solicitude da Sociedad Cooperativa Limitada de Ganaderos de Porcino de Ourense con domicilio social en Xoán XXIII, 33, Ourense, para a constitución no seu caso dunha Agrupación de Productores Agrarios (APA) para a comercialización de animais vivos da especie porcina e carne de porcino, acollida ó R.D. 280/1988, do 18 de marzo, e cumprindo os requisitos esixidos polo R (CEE) 1360/1978, esta consellería,

RESOLVE:

Recoñecer como Agrupación de Productores Agrarios para a comercialización de animais vivos da especie porcina e carne de porcino, a Sociedad Cooperativa Limitada de Ganaderos de Porcino de Ourense con ámbito territorial na provincia de Ourense.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

5009