Incoado expediente por solicitude da Cooperativa Vitivinícola del Riberio, Soc. Coop. Ltda. con domicilio social en Valdepereira-Ribadavia, Ourense, para a constitución no seu seo dunha Agrupación de Productores Agrarios (APA) para a comercialización de viño de calidade producido en rexións determinadas (v.c.p.r.d.), acollida ó R.D. 280/1988, do 18 de marzo, e cumprindo os requisitos esixidos polo R (CEE) 1360/1978, esta consellería,
RESOLVE:
Recoñecer como Agrupación de Productores Agrarios para a comercialización de viño de calidade producido en rexións determinadas, a Cooperativa Vitivinícola del Ribeiro, Soc. Coop. Ltda. con ámbito territorial na zona demarcada para a denominación de orixe Ribeiro na provincia de Ourense.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 1997.
Tomás Pérez Vidal
Consellería de Agricultura, Gandería e Montes
4471