Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997 pola que se fan públicas as bases que regulan a concesión de axudas financeiras ó tipo de xuro para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia e os convenios subscritos con distintas entidades e institucións para a adecuada instrumentación das ditas axudas.

Con data do 10 de xuño de 1997, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras

de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de axudas para potencia-lo comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, ó abeiro do Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, modificado polo Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a Orde do 24 de febreiro de 1997 que a modifica, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

No dito convenio e como anexo a el establécense as bases que regulan a concesión de axudas.

Ese mesmo día, o Igape e a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia subscribiron con dezasete entidades financeiras un convenio para a instrumentación das ditas axudas.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado por Decreto 317/1992,

RESOLVO:

Primeiro.-En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 11 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlles unha adecuada difusión, fanse públicas as bases que regulan a concesión de axudas financeiras ó tipo de xuro para a potenciación do comercio na Comunidade Autónoma de Galicia, que figuran como anexo I.

Segundo.-Faise público o texto do convenio subscrito entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, as cámaras de comercio galegas e a Confederación de Empresarios de Galicia, que figura como anexo II.

Terceiro.-Faise público o texto do convenio coas entidades financeiras e a relación de entidades que o subscribiron, que figura como anexo III.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

BASES QUE REGULAN A CONCESIÓN DE AXUDAS FINANCEIRAS Ó TIPO DE XURO Ó ABEIRO DO CONVENIO PARA A POTENCIACIÓN DO COMERCIO RETALLISTA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA 1997

De conformidade co disposto na cláusula sexta do convenio con data do 10 de xuño de 1997, subscrito ó abeiro do Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, modificado polo Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a Orde do 24 de febreiro de 1997 que a modifica, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comer

cio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, as partes asinantes establecen as bases polas que se regulará a concesión das axudas previstas nel.

BASES

Primeira.-Obxecto.

O obxecto das presentes bases é instrumentar unha vía de financiamento destinada á potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, consistente en subvenciona-lo tipo de xuro dos préstamos concedidos por entidades financeiras coas que se concerte o respectivo acordo, e que se destinen ó financiamento de investimentos que se realicen en establecementos comerciais.

As solicitudes de axuda obxecto das presentes bases serán atendibles mentres exista dotación orzamentaria suficiente.

Segunda.-Importe máximo de préstamos subvencionables.

Para o financiamento dos investimentos subvencionables que se describen na base quinta prevese a formalización de préstamos por un importe máximo de 1.000 millóns de pesetas distribuídos da seguinte forma: destínanse 200 millóns de pesetas a cada unha das catro provincias galegas e o resto a un fondo común de reserva. No caso de que se esgote a dotación inicial atribuída a unha provincia, cubriranse as operacións correspondentes con cargo ó fondo común, e no caso de que se esgotase este, poderán empregarse os fondos atribuídos a outras provincias que non fosen utilizados.

Terceira.-Ámbito territorial e prazo de solicitude.

O ámbito territorial destas bases será o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes de subvención na entidade financeira iníciase o día da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia, data de entrada en vigor do convenio para a potenciación do comercio na Comunidade Autónoma de Galicia, e finaliza o día 15 de outubro de 1997. Nembargantes, o prazo de presentación de solicitudes poderá rematar anticipadamente no caso de que se esgote a dotación orzamentaria destinada ás axudas previstas nestas bases, o que se lles comunicará ás entidades financeiras.

Cuarta.-Beneficiarios e actividades subvencionables.

Poderán acceder ás axudas establecidas nestas bases os titulares de establecementos comerciais retallistas situados na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a dimensión sinalada no artigo

3º.1 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996.

Son actividades económicas subvencionables aquelas que se relacionan no anexo III.

Quinta.-Modalidade e destino das axudas.

A axuda consistirá na subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos concertados coas entidades financeiras coas que se subscribise o correspondente acordo e que se destinen a financiar proxectos de investimento en novos establecementos comerciais, moderniza-los xa existentes e/ou adquiri-lo arrendatario o local onde vén exercendo a actividade, sempre e cando demostre unha antigüidade no contrato de arrendamento mínima de 5 anos. Estes investimentos deberán ser realizados dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En concreto, serán subsidiables os investimentos novos en:

-Adquisición de locais comerciais.

-Obras de reforma en xeral.

-Obras de novo establecemento.

-Reformas estructurais.

-Instalacións básicas.

-Revestimentos, pinturas e acabados xerais.

-Equipamento.

-Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais.

-Mobiliario e informática.

-Melloras decorativas.

-Honorarios de proxecto e decoración.

-Calquera outro investimento que contribúa á mellora das estructuras de comercialización ou desenvolvemento das actividades comerciais.

No caso de adquisición de inmobles usados, o investimento subvencionable para ese concepto non poderá exceder do correspondente ós restantes conceptos de investimento novo incluídos no proxecto investidor, agás cando se trate da adquisición polo arrendatario do local no que se leve polo menos 5 anos; no dito caso poderase computar como investimento subvencionable o 100% do seu valor, de acordo co establecido no parágrafo primeiro desta base.

No caso de adquisición doutros bens usados, o investimento subvencionable para eses conceptos non poderá supera-lo 25% do total do investimento subvencionable do proxecto. Se nun mesmo proxecto de investimento concorren a adquisición de inmobles e doutros bens usados, o importe de investimento subvencionable conxunto para ámbolos conceptos non poderá exceder do 50% do total do proxecto de investimento.

Os investimentos en inmobilizado inmaterial non poderán supera-lo 25% do total do investimento subvencionable do proxecto.

O investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros impostos do custo de adquisición.

Serán investimentos subvencionables os que se realicen ou realizasen con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1997 que cumpran co disposto nestas bases.

O beneficiario deberá mante-los investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia do préstamo subsidiado e destinalos á finalidade declarada na solicitude, agás no caso de que os bens en que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda do Igape.

No caso de transmisión por calquera concepto do negocio ó que está vinculada a axuda financeira concedida e sempre que o adquirente continúe o exercicio das mesmas actividades do transmitinte, poderase solicita-lo cambio de titularidade da axuda, debéndose recoller na escritura ou documento de transmisión o traspaso da totalidade dos dereitos e obrigas comprometidos no proxecto subvencionado. A solicitude de cambio de titularidade e a documentación acreditativa deberá ser enviada a través da entidade financeira ó Igape, que resolverá sobre ela.

Sexta.-Características das operacións de préstamo.

A) Importe dos préstamos e porcentaxes de financiamento.

A contía do investimento subvencionable terá que ser superior a 750.000 pesetas e inferior a 10.000.000 pesetas. Os proxectos de investimento que superen esta contía poderán ser subvencionables a través dos convenios de apoio financeiro a PEMES subscritos polo Igape con entidades de crédito.

O importe da operación de préstamo con dereito a subsidiación será superior a 525.000 pesetas e non poderá exceder do 70% do investimento subvencionable. En ningún caso o importe do préstamo superará o importe do investimento subvencionable pendiente de pagamento á data de presentación da solicitude no Igape.

B) Prazos de amortización e vixencia da subsidiación.

O prazo máximo de amortización será, con carácter xeral, de ata 5 anos, incluído como máximo un ano de carencia, agás para os préstamos que financien exclusivamente a adquisición de bens inmobles; no dito caso poderán superar, sen ningunha restricción, os límites de prazo e carencia establecidos. Non obstante, a subsidiación non superará os cinco primeiros anos e será calculada como se o préstamo fose a cinco anos incluído un de carencia.

As amortizacións serán realizadas polo prestatario en cotas trimestrais iguais con vencemento o último día do trimestre natural, debendo recolle-la póliza ou escritura o número de cotas e as datas nas que se producirán a primeira e a última.

C) Tipo de xuro e subsidiación para o beneficiario das operacións de préstamo.

O tipo de xuro nominal para o beneficiario das operacións de préstamo acollidas ás presentes bases será fixo durante a vixencia das operacións e será do 7%.

Poderase conceder unha subsidiación ó tipo de xuro das operacións de préstamos acollidas a estas axudas de ata 4 puntos. Para acada-los 4 puntos de subsidiación, o solicitante deberá cumpri-los requisitos establecidos no punto 8 do artigo único da Orde do 24 de febreiro de 1997. Para estes efectos consideraranse actividades preferentes tódolos epígrafes que figuran no anexo III destas bases.

D) Amortización anticipada.

O beneficiario poderá amortizar anticipadamente total ou parcialmente o préstamo, destinándose o importe anticipado á reducción en igual contía das cotas de amortización restantes, sen que se produza variación no prazo de duración do préstamo. A entidade financeira deberá comunicar puntualmente as ditas amortizacións anticipadas ó Igape e o novo calendario de amortizacións, e en calquera caso, antes de presenta-la solicitude de cobramento da liquidación anual de subvención.

E) Comisións.

A entidade financeira prestamista poderá percibir dunha soa vez, unha única comisión máxima, de apertura e por tódolos conceptos, de ata o 1%.

No caso de que a operación de préstamo estea avalada por unha sociedade de garantía recíproca que subscriba o convenio, a comisión máxima anual do 1% sobre o saldo vivo do préstamo será subvencionada polo Igape.

Sétima.-Tramitación.

A) Modelo de solicitude e documentación.

As solicitudes presentaranse en impreso oficial normalizado que se incorpora a estas bases como anexo I. O impreso será datado e asinado polo solicitante e dilixenciado pola entidade financeira co selo e data.

Ademais do impreso de solicitude presentarase por duplicado a seguinte documentación:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante: fotocopia do NIF, no caso de que sexa persoa física. No caso de ser persoas xurídicas, deberán presentar fotocopia da tarxeta de identificación fiscal e copia da escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos no Rexistro Mercantil.

Certificación emitida polo representante legal na que se faga constar: número de traballadores actuais, o volume de negocios anual e o importe do activo total do balance correspondentes á data do último exercicio pechado. No caso de sociedades cun capital que estea participado en máis dun 25% por outra sociedade, deberán incluír na certificación que esta non supera a dimensión de PEME tal como establece o artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996.

2) Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social emitidas polos organismos competentes.

3) Certificación acreditativa de que o beneficiario non ten contraída ningunha débeda algunha coa Xunta de Galicia.

4) Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e do último recibo pagado por este imposto.

5) Memoria do investimento proxectado, que deberá conter:

-Indicación da localización do inmoble ó que se destinarán os investimentos que se van realizar.

-Descrición dos investimentos realizados ou que se van realizar a partir do 1 de xaneiro de 1997, con desagregación das que recaen sobre bens novos ou usados, indicando conceptos e importes.

-Orzamento dos investimentos, no que figurarán detalladas e separadas as partidas de obras e instalacións indicando a súa finalidade, maquinaria e outros investimentos.

-Detalle do investimento pagado e o que está pendente de pagamento, datado e asinado polo solicitante. Se non estivese pagado, indicar expresamente que está na súa totalidade pendente de pagamento. A dita relación deberá estar selada pola entidade financeira.

6) Contrato de arrendamento, só para o caso de adquisición do local arrendado.

7) Declaración xurada do representante legal da empresa doutras axudas solicitadas para a mesma operación.

8) Nas solicitudes de axudas que compartan creación de emprego: declaración xurada do número de postos de traballo que se van crear e fotocopia dos últimos TC1 e TC2.

O Igape poderá solicitar toda aqueloutra documentación que considere conveniente. En todo caso, o beneficiario poderá presentar ademais calquera outra documentación e información adicional que considere oportuna para efectos dunha correcta análise da solicitude.

B) Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse na entidade financeira, segundo o modelo oficial xa citado, presentando orixinal e catro copias, acompañadas pola

documentación que se sinala no epígrafe anterior por duplicado exemplar.

A entidade financeira datará e selará os cinco exemplares, entregaralle ó solicitante a cuarta copia, quedándose coa terceira copia. Remitirá ó Igape o resto dos exemplares da solicitude e a documentacion completa por duplicado, así como a comunicación de concesión do préstamo (segundo modelo que se xunta. Anexo II) e da concesión do aval da sociedade de garantía recíproca, se é o caso. Unha vez verificado que o expediente está completo, o Igape remitirá unha copia da solicitude e da documentación á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio que corresponda.

No caso de operacións avaladas por unha sociedade de garantía recíproca, estas poderán remitir ó Igape as solicitudes (orixinal e dúas copias) e a documentación por duplicado sempre e cando veñan acompañadas da comunicación de concesión do préstamo pola entidade financeira e pola certificación de concesión do aval.

O Igape reclamaralles á entidade financeira e ó interesado aqueles documentos preceptivos que deban acompañar á solicitude e estes deberán presentarse no prazo improrrogable de 15 días hábiles a partir da data de notificación ó interesado; transcorrido este procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite. Ademais, poderá solicita-los datos adicionais que considere conveniente para precisa-lo contido ou alcance do proxecto.

O prazo límite para a presentación polas entidades financeiras das solicitudes ante o Igape é o 14 de novembro de 1997.

C) Concesión.

Con carácter de seguimento do convenio e de proposta sobre a concesión ou denegación da subvención, créase unha comisión integrada por dous representantes do Igape, un representante da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio, un representante da confederación de empresarios da provincia correspondente e un representante designado polas cámaras de comercio desa provincia. Esta comisión funcionará por seccións provinciais, que serán en todo caso presididas por un dos representantes do Igape, actuando o outro como secretario. As reunións serán convocadas polo presidente e celebraranse na sede dunha delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio, con asistencia de tódalas seccións provinciais da comisión. A sede de celebración irá rotando entre as catro provincias. Poderán asistir ás reunións, con voz pero sen voto, os técnicos do Igape que elaborasen a proposta que se eleva á comisión.

A comisión de seguimento propoñerá a concesión ou denegación da axuda. O Igape resolverá e notificará ó solicitante, á entidade financeira e, se é o caso, á sociedade de garantía recíproca, a concesión ou denegación da solicitude de subsidiación.

Nos casos de resolucións de concesión, previamente á formalización do préstamo o beneficiario deberá aceptar expresamente a dita resolución. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión.

D) Formalización.

A correspondente escritura ou póliza de préstamo formalizarase entre a entidade financeira e o solicitante, de acordo coas seguintes condicións:

A partir da entrada en vigor destas bases e respectando as condicións e requisitos establecidos nelas, a entidade financeira poderá formaliza-los préstamos cos seus clientes, logo de presentación do expediente de solicitude no Igape. A entidade financeira deberá xuntarlle á dita solicitude un escrito no que manifeste a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do préstamo que se vai subsidiar. Iso non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

Unha vez comunicada a resolución de concesión do Igape, deberán incluír un anexo á póliza de préstamo, intervido por persoa que dea fe pública, no que se faga consta-las características establecidas na dita resolución.

Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recolle-la característica de estar acollido ás axudas previstas nestas bases, figurará na póliza ou escritura o tipo de xuro nominal anual e os puntos de subsidiación concedidos, así como a obrigatoriedade de aplicalo ó pagamento dos investimentos especificados na descrición do investimento aprobado.

O prazo máximo para a formalización ou adaptación do préstamo ás condicións da resolución do Igape será de tres meses, contados a partir da data de notificación da concesión ó interesado; a partir do dito prazo a concesión considerarase nula, salvo autorización expresa do Igape á vista da solicitude razoada do beneficiario e coa conformidade da entidade financeira.

A entidade financeira remitirá ó Igape, coa maior brevidade, unha fotocopia da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, do correspondente anexo, antes de presenta-la primeira certificación de xustificación de investimentos.

E) Disposición e xustificación dos investimentos.

O período de disposición non poderá supera-la data da primeira amortización do préstamo.

Á formalización do préstamo, ou en todo caso previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira requiriralles ós beneficiarios a documentación

(facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionable, estea xa pagada ou pendente de pagamento. A disposición de fondos irá destinada ós pagamentos pendentes do investimento. Non se establece restricción en canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas, sempre que o importe no seu conxunto non exceda da porcentaxe-préstamo subvencionado/investimento subvencionado-segundo a resolución de concesión.

Unha vez formalizado o préstamo, as disposicións realizaranse a través dunha conta específica na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos nesta.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas dos documentos que xustifiquen o investimento total subvencionado, así como dos medios utilizados para o seu pagamento, enviando esta documentación xunto co extracto da conta específica ó Igape, cando practiquen a primeira e, se é o caso, a segunda xustificación do investimento.

Oitava.-Liquidación.

a) Liquidación de xuros.

A liquidación periódica de xuros, ó igual que as amortizacións, será realizada trimestralmente pola entidade financeira ó beneficiario, o último día do trimestre natural.

Os trimestres serán sempre de 90 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes, para a liquidación, desde a data de disposición, incluída esta.

b) Liquidación da subsidiación.

O cálculo da subsidiación realizarase por parte da entidade financeira por períodos trimestrais e remitirase ó Igape segundo o procedemento establecido na base novena.

A xustificación do investimento realizarase a través de «certificacións de xustificación de investimentos» emitidas pola entidade financeira, e poderanse realizar como máximo dúas certificacións. A primeira deberá acadar como mínimo o 50% do investimento subvencionable. Se se realiza unha segunda, esta debe ser complementaria da primeira ata a xustificación total do investimento.

En tanto non estean presentadas as certificacións de xustificación de investimentos pola totalidade do investimento, as liquidacións calcularanse sobre o importe do préstamo que corresponda ó investimento xustificado. A partir da xustificación total do investimento as posteriores liquidacións da subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

A entidade financeira esixiralles ós beneficiarios copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable así como os documentos xustificativos de pagamento, que lle remitirán ó Igape xunto coas citadas certificacións de xustificación de investimentos.

As «certificacións de xustificación de investimentos» que serán formalizadas pola entidade financeira deberán conter polo menos os datos do importe do investimento subvencionable xustificado e a porcentaxe que representa respecto da totalidade do investimento aprobado; a parte do préstamo disposto utilizado para o pagamento do investimento xustificado; a data valor da xustificación do investimento, que se define como a última data de pagamento do investimento xustificado na certificación; indicación de se se trata de primeira, única ou segunda e complementaria. Neste último caso deberán reflectirse os datos sinalados anteriormente, correspondentes á primeira certificación e a data en que esta foi presentada, así como o resumo total do investimento xustificado e o importe disposto do préstamo e as porcentaxes correspondentes entre investimento xustificado e préstamo disposto.

No caso de que na única ou última certificación de xustificación de investimento non se acade o 100% do investimento subvencionable aprobado na resolución, a entidade financeira deberá achegar unha solicitude de modificación da resolución asinada polo empresario para adaptala ó proxecto realizado e xustificado.

Para o cálculo da subsidiación tomarase como data inicial a data valor de xustificación de investimentos que figura na certificación de xustificación de investimento emitida pola entidade financeira e os puntos subsidiados aplicaranse ó importe do préstamo disposto que corresponda ó investimento xustificado, de acordo coa ratio-préstamo subsidiado/investimento aprobado - determinado na resolución de concesión; unha vez xustificada a totalidade do investimento, as posteriores liquidacións de subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

No caso de que o préstamo fose formalizado con anterioridade á concesión, conforme o disposto no primeiro parágrafo, apartado D da base sétima anterior, a data valor da certificación de investimento non poderá ser anterior á data de notificación da resolución.

Os trimestres serán sempre de 90 días e os meses de 30 días.

O prazo máximo para remiti-las entidades financeiras as certificacións de xustificación de investimentos será de 4 meses, contados a partir da data de remate do período de disposición; o Igape poderá conceder prórroga tras solicitude razoada do empresario, tramitada a través da entidade bancaria.

Novena.-Pagamento da subsidiación.

O pagamento da subsidiación ós beneficiarios realizarase anualmente a través da entidade financeira, salvo o disposto no punto 1º do parágrafo terceiro desta base.

As entidades financeiras solicitaranlle ó Igape, dentro dos 15 primeiros días do ano, o pagamento da subvención correspondente ó exercicio inmedia

tamente anterior. Xuntaranlle á dita solicitude as liquidacións trimestrais en formato de listas ou relacións individualizadas dos préstamos ordenados alfabeticamente onde figuren: o capital vivo teórico na data de inicio do trimestre en que se liquida; as variacións no capital vivo que se producisen ó longo do trimestre e a data en que se produciron e, naqueles préstamos en que se presentase nese trimestre certificación de xustificación de investimentos, o importe do préstamo disposto con dereito a subvención e a data valor; o tipo de xuro; os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención que corresponde, certificando a autenticidade deses datos.

As liquidacións trimestrais presentaranse en tres grupos diferenciados de préstamos:

1º. Trimestralmente cada entidade financeira realizará unha liquidación da subsidiación daqueles préstamos cunha última amortización que venza nese trimestre natural. O período de liquidación da subvención para cada préstamo abarcará desde o 1 de xaneiro do exercicio que se está liquidando ata a data do vencemento do préstamo, incluído este. A entidade financeira solicitará o cobramento desta liquidación trimestral dentro dos 15 primeiros días do trimestre natural seguinte a aquel en que se liquida.

2º. Para aqueles préstamos excepcionais previstos no apartado B) da base sexta, formalizados a máis de 5 anos, presentarase liquidación individualizada de cada un deles.

3º. A liquidación da subvención do resto dos préstamos efectuarase do modo xeral descrito no segundo parágrafo desta base.

As liquidacións practicadas serán a conta e provisionais mentres o Igape non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo. Nos casos de erros nas liquidacións de subsidiación, o Igape procederá á súa corrección, podendo compensa-las cantidades indebidamente aboadas coas posteriores liquidacións de subsidiación.

Décima.-Verificación e control dos investimentos.

De acordo co sinalado no artigo 2º.2 e artigo 17 da Orde do 18 de abril de 1996 da Consellería de Economía e Facenda pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, poderanse efectua-las inspeccións ou comprobacións que se consideren oportunas, debendo os beneficiarios facilitar ó máximo o dito labor inspector e presenta-la documentación ou información que lles sexa solicitada. Para a súa realización, o Igape solicitará a oportuna asistencia técnica das delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

Décimo primeira.-Perda da subvención.

Serán causas de perda da subvención con obriga de devolución do percibido e pagamento dos xuros de demora correspondentes, o incumprimento das condicións ou obrigas establecidas nas presentes bases, no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, da Xunta de Galicia, na Orde do 18 de abril de 1996 da Consellería de Economía e Facenda e demais lexislación concordante.

Décimo segunda.-Interpretación e resolución de dúbidas.

Correspóndelle ó Igape a interpretación e resolución das dúbidas que xurdan sobre a aplicación e cumprimento destas bases, sendo os acordos adoptados neste sentido inmediatamente executivos.

MODELO DE COMUNICACIÓN DE

CONCESIÓN DE PRÉSTAMO

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

RFA: Convenio para a Potenciación do Comercio Retallista-1997.

r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

15701 Santiago de Compostela.

Estimados señores:

Estudiada a solicitude de préstamo presentada nesta entidade financeira, acollida ós beneficios regulados polo Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, modificado polo Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a Orde do 24 de febreiro de 1997 que a modifica, e acollida ó convenio de colaboración arriba referenciado, comunicámoslle que foi concedido o préstamo coas características que a continuación se detallan:

Beneficiario:

Nº expediente:

Data de solicitude na entidad financeira:

Oficina:

Importe:

Prazo de vixencia:

Período de carencia:

Tipo de xuro fixo:

Amortización:

Garantías:

Xuntamos orixinal e dúas primeiras copias do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto por duplicado exemplar.

Data e sinatura,

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

-Consellería de Industria e Comercio-Dirección Xeral de Comercio de Consumo

C.N.A.E.

50.302

Comercio polo miúdo de recambios e accesorios de vehículos de motor

52.12Comercio polo miúdo doutros productos en establecementos non especializados

52.21Comercio polo miúdo de froitas e verduras

52.22Comercio polo miúdo de carne e productos cárnicos

52.23Comercio polo miúdo de peixes e mariscos

52.24Comercio polo miúdo de pan e productos de panadería, confeitería e pastelería

52.25Comercio polo miúdo de bebidas

52.27Outro comercio polo miúdo en establecementos especializados en alimentación

52.32Comercio polo miúdo de artigos médicos e ortopédicos

52.33Comercio polo miúdo de cosméticos e artigos de tocador

52.41Comercio polo miúdo de téxtiles

52.42Comercio polo miúdo de roupa de vestir

52.43Comercio polo miúdo de calzado e artigos de coiro

52.44Comercio polo miúdo de mobles; aparellos de iluminación e outros artigos para o fogar

52.45Comercio polo miúdo de electrodomésticos, aparellos de radio, televisión e son

52.46Comercio polo miúdo de ferraxería, pinturas e vidro

52.47Comercio polo miúdo de libros, xornais e papelería

52.48Outro comercio polo miúdo en establecementos especializadosAgás o 52.486 e 52.487

52.11Comercio polo miúdo, con predominio de alimentos, bebidas e tabaco en establecementos non especializados

ANEXO II

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia.

En Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1997.

REUNIDOS

José Antonio Orza Fernández, na súa calidade de presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), representación que lle corresponde pola súa condición de conselleiro de Economía e Facenda de acordo coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape.

Antonio Couceiro Méndez, na súa calidade de conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, en representación desta consellería.

José Luis Fernández Núñez, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, na súa calidade de presidente da Federación Galega de Comercio.

Miguel Maristany Morado, en representación das cámaras de Comercio, Industria e Navegación da Coru

ña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa (as cámaras de comercio galegas).

EXPOÑEN:

Primeiro.-As partes asinantes deste convenio xuntan esforzos ante a necesidade de moderniza-lo comercio tradicional para facer fronte á competencia de establecementos de maior dimensión e ás esixencias do consumidor actual.

Segundo.-As institucións aquí representadas consideran, pois, esencial a mellora das estructuras comerciais de Galicia para, deste xeito, tentar mellora-la economía deste importante colectivo empresarial potenciando os seus establecementos de cara ó cliente, mellorando a súa calidade, eficiencia e imaxe.

Terceiro.-O presente convenio enmárcase dentro da liña de axudas á pequena e mediana empresa establecida ó abeiro do Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, do Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, que o modifica e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 modificada pola Orde do 24 de febreiro de 1997. En virtude do exposto, as partes subscriben o presente convenio de colaboración de acordo coas seguintes cláusulas:

Primeira.-O obxecto deste convenio é regula-las relacións entre o Igape, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as cámaras de comercio galegas, co obxecto de establecer unha liña de axudas para potencia-lo comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia a través de iniciativas do empresariado do sector.

Segunda.-As accións obxecto de apoio deste convenio estarán referidas ó financiamento mediante préstamos concedidos por entidades financeiras coas que se concerte o respectivo acordo, subsidiando os tipo de xuro dos préstamos que estas concedan para o financiamento dos investimentos.

Terceira.-Subsidiación e características dos préstamos.

Poderase conceder unha subsidiación ó tipo de xuro das operacións de préstamos acollidas a estas axudas de ata 4 puntos. Para acada-los 4 puntos de subsidiación, o solicitante deberá cumpri-los requisitos establecidos no punto 5 do artigo único da Orde do 24 de febreiro de 1997. Para estes efectos consideraranse actividades preferentes tódolos epígrafes que figuran no anexo III das bases reguladoras destas axudas ás que fai referencia a cláusula sexta do presente convenio.

Con carácter xeral, os préstamos subvencionados deberán te-las seguintes condicións:

Prazo máximo: cinco anos.

Amortización: trimestral.

Tipo de xuro: fixo.

Carencia: un ano.

Excepcionalmente, e para os proxectos destinados á adquisición de bens inmobles nas condicións sinaladas nas bases, poderanse superar, sen ningunha restricción, os límites de prazo e carencia establecidos, aínda que a subsidiación non superará os 5 primeiros anos e será calculada como se o préstamo fose a 5 anos incluído un de carencia.

Cuarta.-A contía do préstamo subsidiable poderá acadar ata o 70% dos investimentos e será superior a 525.000 pesetas.

Pola natureza e dimensión empresarial dos establecementos obxecto de apoio, a contía do investimento subvencionable terá que ser superior a 750.000 pesetas e inferior a 10 millóns de pesetas. Os proxectos de investimento que superen esta contía poderán ser subvencionables a través dos convenios de apoio financeiro a PEMES subscritos polo Igape con entidades de crédito.

Quinta.-Para o financiamento dos citados investimentos prevese a formalización de préstamos por un importe máximo de 1.000 millóns de pesetas distribuídos da seguinte forma: destínanse 200 millóns de pesetas a cada unha das catro provincias galegas e o resto a un fondo común de reserva. No caso de que se esgote a dotación inicial atribuída a unha provincia, cubriranse as operacións correspondentes con cargo ó fondo común, e no caso de que se esgotase este, poderán empregrarse os fondos atribuídos a outras provincias que non fosen utilizados.

A Consellería de Industria e Comercio, a través das súas delegacións provinciais, as cámaras de comercio galegas e a Confederación de Empresarios de Galicia achegarán o persoal técnico e administrativo necesario para asegura-la difusión deste convenio, e o apoio técnico ós comerciantes no seu desenvolvemento. Correspóndelle ó Igape a verificación da solicitude, a reclamación de documentación complementaria, elaboración da proposta, a comprobación da liquidación e o pagamento dela.

Sexta.-As bases que regulan as axudas ós investimentos dos empresarios anéxanse a este convenio e están baseadas no respecto ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade, e na garantía da transparencia das actuacións administrativas.

Sétima.-Con carácter de seguimento do convenio e de proposta sobre a concesión ou denegación da subvención, créase unha comisión integrada por dous representantes do Igape, un representante da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio, un representante da confederación de empresarios

da provincia correspondente e un representante designado polas cámaras de comercio desa provincia. Esta comisión funcionará por seccións provinciais, que serán en todo caso presididas por un dos representantes do Igape, actuando o outro como secretario. As reunións serán convocadas polo presidente e celebraranse na sede dunha delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio con asistencia de tódalas seccións provinciais da comisión. A sede de celebración irá rotando entre as catro provincias. Poderán asistir ás reunións, con voz pero sen voto, os técnicos do Igape que elaborasen a proposta que se eleva á comisión.

Oitava.-O Igape resolverá e notificaralle ó solicitante, á entidade financeira e, se é o caso, á Sociedade de Garantía Recíproca, a concesión ou denegación da solicitude de subsidiación.

No presente convenio correspóndelle ó Igape a prerrogativa de interpretación e resolución das dúbidas que xurdan sobre o seu cumprimento, sendo os acordos adoptados neste sentido inmediatamente executivos.

Novena.-O presente convenio entrará en vigor a partir da data da publicación das bases no Diario Oficial de Galicia.

O período de solicitude de operacións ante a entidade financeira, conforme a este convenio, será desde a data da súa entrada en vigor ata o 15 de outubro de 1997.

Décima.-Será causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por algunha das partes de calquera das súas cláusulas. A denuncia, que deberá facerse con 30 días de aviso previo, suporá en todo caso deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas contraídas polas partes.

E en proba de conformidade e para que conste, así o din, asinan e outorgan na cidade e data indicadas no encabezamento, en cuadriplicado exemplar e para un só efecto.

-Instituto Galego de Promoción Económica

Asdo.: José Antonio Orza Fernández

-Consellería de Industria e Comercio

Asdo.: Antonio Couceiro Méndez.

-Confederación de Empresarios de Galicia

Asdo.: José Luis Fernández Núñez

-Cámaras de comercio galegas

Asdo.: Miguel Maristany Morado

ANEXO III

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e a entidade financeira... para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia.

En Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1997.

REUNIDOS

José Antonio Orza Fernández, na súa calidade de presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), representación que lle corresponde pola súa condición de conselleiro de Economía e Facenda de acordo coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape en representación deste organismo.

Antonio Couceiro Méndez, na súa calidade de conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, en representación desta consellería.

Don/Dona..., en representación da entidade financeira..., estando facultado para este acto en virtude dos poderes outorgados ó seu favor con data... ante o notario de... don/dona..., con nº... de protocolo.

EXPOÑEN:

1. Con data do 10 de xuño de 1997 o Igape, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e o Consello Galego de Cámaras de Comercio subscribiron un convenio ó abeiro do decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, que o modifica e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 modificada pola Orde do 24 de febreiro de 1997, para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O obxecto do convenio mencionado e as bases anexas a el, é a instrumentación dunha vía de financiamento destinada á potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, consistente en subvenciona-lo tipo de xuro dos préstamos concedidos por entidades financeiras coas que se concerte o respectivo acordo, e que se destinen ó financiamento de investimentos que se realicen en establecementos comerciais retallistas, ben de nova instalación ou de reforma deles.

En virtude do exposto, o Igape, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e a entidade financeira... subscriben o presente convenio de colaboración ó abeiro do Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, que o modifica e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 modificada pola Orde do 24 de febreiro de 1997, que se rexerá polas seguintes cláusulas:

Primeira.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia (en diante a «Consellería de Industria») e a entidade... (en diante a «entidade financeira») para o efecto de establecer unha liña de financiamento subsidiada para o comercio polo miúdo ó abeiro do Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para

o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, que o modifica e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 modificada pola Orde do 24 de febreiro de 1997, e de conformidade co convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia, subscrito con data do 10 de xuño de 1997 polo Igape, a Consellería de Industria, a Confederación de Empresarios de Galicia e o Consello Galego de Cámaras de Comercio, e as bases que regulan a concesión de axudas ó abeiro deste.

Segunda.-Desenvolvemento do convenio.

O desenvolvemento do presente convenio co fin de logra-los obxectivos sinalados na anterior cláusula, realizarase de acordo coas bases que regulan a concesión de axudas financeiras ó tipo de xuro ó abeiro do convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia que se anexan a este convenio e que forman parte del.

Terceira.-Compromiso da entidade financeira.

A entidade financeira comprométese a conceder préstamos nos termos e condicións establecidos neste convenio e nas bases que regulan a concesión de axudas financeiras ó tipo de xuro ó abeiro do convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarta.-Interpretación e resolución de incidencias.

Correspóndelle ó Igape a interpretación e resolución de incidencias e dúbidas que xurdan sobre a aplicación e cumprimento deste convenio, sendo os acordos adoptados neste sentido inmediatamente executivos.

Quinta.-Entrada en vigor e vixencia.

O presente convenio entrará en vigor a partir da data da publicación das bases no Diario Oficial de Galicia e a súa vixencia será a das operacións formalizadas ó seu abeiro.

E en proba de conformidade, así o din, asinan e outorgan por triplicado exemplar e para un só efecto na data e lugar do encabezamento.

-Instituto Galego de Promoción Económica

Asdo.: José Antonio Orza Fernández

-Consellería de Industria e Comercio

Asdo.: Antonio Couceiro Méndez

-Entidade financeira

...

Asdo:

DNI:

Relación de entidades financeiras que subscribiron o convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia.

CaixasBancosS.G.R.

Caixa GaliciaBanco Bilbao VizcayaAfigal
Caixa OurenseBanco Central HispanoSogarpo
Caixa PontevedraBanco Español de Crédito
Caixa VigoBanco de Galicia
Banco Gallego
Banco Herrero
Banco Pastor
Banco Popular
Banco Santander
Banco Simeón
Banco Etchevarría

4898