Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre policía científica, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
As xornadas teñen por obxectivo dota-los membros dos corpos e forzas de seguridade duns coñecementos no campo da policía científica que lles poidan ser útiles no desempeño posterior da súa laboura profesional.
Destinatarios.
As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
O número de prazas que se ofertan é de 250.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 19 de novembro de 1997.
3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Datas.
As xornadas celebraranse durante os días 27 e 28 de novembro de 1997.
O horario será en xornada de mañá (9.30 a 14 h.) e tarde (16 a 20 h.) o día 27, e en sesión de mañá o día 28.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos publicarase o día 24 de novembro de 1997 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.
Lugar.
Salón de actos da Academia Galega de Seguridade, sita na Estrada (Pontevedra).
Certificado de participación.
Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a estas.
Modificacións.
A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 1997.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade
97-5474

