Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración das xornadas sobre delincuencia organizada, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
As xornadas teñen por obxectivo dota-los membros dos corpos e forzas de seguridade duns coñecementos
neste tema que lles poidan ser útiles para o seu labor profesional.
Destinatarios.
As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
O número de prazas que se ofertan é de 250.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 23 de outubro de 1997.
3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Datas.
As xornadas celebraranse durante os días 6 e 7 de novembro de 1997.
O horario será en xornada de mañá (9:30 h.-14 h.) e tarde (16 h.-20 h.) o día 6, e en sesión de mañá o día 7.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos publicarase o día 28 de outubro de 1997 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.
Lugar.
Salón de actos da Academia Galega de Seguridade, sita na Estrada (Pontevedra).
Certificado de participación.
Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a estas.
Modificacións.
A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 1997.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade
5666

