Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 203/1997, do 24 de xullo, polo que se modifica o 397/1994, do 29 de decembro, de prezos públicos percibidos polo Instituto Galego de Estatística polas vendas das súas publicacións e os servicios de información que preste, tanto en soporte magnético coma en papel.

O Decreto 397/1994, do 29 de decembro, de prezos públicos percibidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), polas vendas das súas publicacións e os servicios de información que preste tanto en soporte magnético coma en papel, ten como obxectivo regular e fixa-los prezos públicos percibidos polo IGE como consecuencia da función propia deste organismo, recollida na Lei de estatística de Galicia, de dar publicidade ós resultados estatísticos.

Este decreto foi obxecto de modificación polo Decreto 127/1996, do 14 de marzo, no que se engadiron os prezos de novas publicacións do IGE ; esta circunstancia repitese nesta ocasión, cumprindo modifica-lo decreto novamente para engadir e regula-lo prezo da última publicación do IGE, sen altera-los prezos xa establecidos.

Na súa virtude, e de acordo co artigo 12 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase o artigo 3º do Decreto 397/1994, do 29 de decembro, que queda redactado nos seguintes termos:

Os prezos das vendas das publicacións editadas polo IGE serán as seguintes:

-Galicia en cifras anuario: 3.000 pesetas.

-Boletín de series estatísticas de Galicia, indicadores socioeconómicos de conxuntura: 1.000 pesetas.

-Estatística de mercado de traballo. Anuario: 3.000 pesetas.

-Estatísticas de comercio exterior. Galicia: 2.500 pesetas.

-Estatísticas de edificación e vivenda. Anual: 2.500 pesetas.

-Táboas Input-Output e contabilidade rexional. Ano 1990: 5.000 pesetas.

-Anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal: 2.500 pesetas.

-Proxeccións da poboación de Galicia. Tomo I: 3.500 pesetas.

-Proxeccións da poboación de Galicia. Tomo II: 2.500 pesetas.

-Atlas de empresas Galicia- Norte de Portugal: 2.500 pesetas.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

6141