Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 24 de xullo de 1997 pola que se declara a alienabilidade do inmoble coñecido como antiga estación de inspección técnica de vehículos de Ourense, sita no Cumial, termo municipal de Ourense.

A Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE) solicitou a cesión do uso das instalacións da antiga estación de ITV sita no Alto do Cumial, co fin de impartir nas ditas instalacións cursos de formación e reciclaxe dos profesionais do sector de talleres de reparación de vehículos.

Mediante Decreto 144/1997, do 5 de xuño, (DOG nº 116, do 18 de xuño) desafectouse do dominio público o inmoble onde se sitúa a antiga estación de inspección técnica de vehículos, sita no Cumial, termo municipal de Ourense.

Co obxecto de posibilita-la cesión do dereito de uso do antedito inmoble, requírese, segundo o disposto nos artigos 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 60 do seu regulamento, a previa declaración da súa alienabilidade.

En virtude do anteriormente exposto, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, logo de informe da Consellería de Industria e Comercio,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alienabilidade do seguinte inmoble:

Urbano, nave de cincocentos cincuenta metros cadrados construídos nunha soa planta. Componse de dous corpos: o principal é completamente diáfano,

sen divisións, mentres que no anexo, que ten unha menor altura, se sitúan as oficinas, aseos e sala de caldeiras. Linda con máis terreo do predio onde está, que ten unha extensión superficial de catro mil setecentos oitenta e cinco metros con sesenta e cinco decímetros cadrados, que linda ó norte, co camiño veciñal de Ourense ó Cumial; ó sur, terreos de Gonzalo Arias Canelas; ó leste, terreos de Clementina Maseda e ó oeste, terreo de Ignacio Delgado.

O dito inmoble atópase inscrito no Rexistro da Propiedade Nº 1 de Ourense, no tomo 1600 xeral, libro 857 de Ourense, folio 196, predio nº 19878, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

6142