Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.663

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 24 de xullo de 1997 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Oza dos Ríos, Vilamartín de Valdeorras, O Covelo, Dozón, Mondariz e Salceda de Caselas.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu apartado tres, establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario.

Os concellos de Oza dos Ríos, Vilamartín de Valdeorras, O Covelo, Dozón, Mondariz e Salceda de Caselas solicitaron a cesión de uso dos inmobles sitos nos seus respectivos termos municipais pertencentes ás extintas cámaras agrarias locais.

Mediante Decreto 194/1997, do 3 de xullo (DOG nº 142, do 24 de xullo), desafectáronse varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Oza dos Ríos, Vilamartín de Valdeorras, O Covelo, Dozón, Mondariz e Salceda de Caselas.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente Rexistro da Propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade conforme o disposto nos artigos 24 da citada Lei 3/1985 e 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-la cesión do dereito do seu uso.

En virtude do anteriormente exposto, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Urbano.-Soar, no lugar de Castiñeiro, no municipio de Oza dos Ríos (A Coruña), dunha superficie de 164 m. Linda: norte ou esquerda, predio do número anterior; sur ou dereita, predio do Concello de Oza dos Ríos; leste ou espalda, terraplén do ferrocarril; e oeste ou fronte, estrada de Betanzos Agolada. Sobre este terreo construíuse un edificio sinalado co nº 2, composto de planta baixa e piso alto, dunha superficie por planta de 77 m.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1016, libro 128, folio 206, predio nº 14.125.

2. Rústico.-Predio nº 476 da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Oza e Santo Estevo de Parada, no sitio dos Lagos, municipio de Oza dos Ríos (A Coruña), cunha superficie de 2.645 m. Linda: norte, Encarnación Corral Sánchez (474), saída a camiño, e outros (745 e 437); sur, María Nieves Quiroga y Pardo Bazán (434); leste, Isaura Barallobre López (477) e Manuel Rilo Valiño (478); e oeste, María Nieves Quiroga y Pardo Bazán (434).

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1009, libro 122, folio 227, predio nº 12.739.

3. Urbano.-Edificio no lugar de Fondo da Vila, no casco urbano do lugar e municipio de Vilamartín de Valdeorras (Ourense), que mide 60 m aproximadamente. Linda: fronte-sur, estrada de Ponferrada a Ourense; dereita entrando-leste, casa de Antonia López Álvarez, parede medianil no medio; esquerda-oeste e espalda-norte, herdeiros de Leopoldo Brasa.

Inscrito no Rexistro da Propiedade do Barco de Valdeorras no tomo 484, libro 56, folio 72, predio nº 7.270, inscrición 2ª.

4. Urbano.-Terreo con casa dunha soa planta, sito no Campo da Feira do Covelo, municipio do Covelo (Pontevedra); mide 254 m. Linda: fronte, Campo da Feira; dereita, María Amigo Conde; esquerda, Sara Romero González; e fondo, María Amigo Conde.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ponteareas no tomo 933, libro 94, folio 98, predio nº 8.069 bis.

5. Urbano.-Soar situado no lugar de Castro, municipio de Dozón (Pontevedra), de 12 m de fronte por 28 m de fondo, o que fai unha superficie 336 m. Linda: norte, terreo dos herdeiros de José Lorenzo Castro e outros; sur ou fronte, estrada de Ourense a Santiago de Compostela; leste e oeste, con máis

de José Lorenzo Rodríguez. Sobre este predio construíuse un edificio composto de planta baixa para almacén e un piso alto para oficinas, que ocupa unha superficie de 66,99 m, e linda: fronte, estrada de Ourense a Santiago de Compostela; dereita entrando, franxa de 3 m de largo sobrante da edificación; esquerda, hoxe herdeiros de José Lorenzo Rodríguez; e fondo resto do predio.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 484, libro 32, folio 128, predio nº 4.062.

6. Urbano.-Predio ó que lle chaman Monte de Ovella, sita no municipio de Mondariz (Pontevedra), que ten unha extensión de 320 m. Linda: norte, herdeiros de José Fontán; sur, rúa de Merouces; leste, predio matriz propiedade do Concello de Mondariz; e oeste, Campo da Feira. Sobre este soar construíuse un edificio de unha planta que mide 140 m aproximadamente.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ponteareas no tomo 557, libro 98, folio 120, predio nº 13.490.

7. Urbano.-Terreo no lugar de Altamira, municipio de Salceda de Caselas (Pontevedra), de 265 m de superficie, sobre o que se construíu unha casa de planta baixa e un piso que ocupa unha superficie de 137,50 m. Linda: esquerda ou sur, camiño; fronte ou leste, estrada do Porriño a Salvaterra de Miño; norte, Carmen Sanjuán; e oeste, Dolores Sanjuán.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 765, libro 83, folio 146, predio nº 9.532.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

5909